GalizaArchive for the '' Category

lume nas fragas do Eume, 1-4-2012

Xoves, Abril 5th, 2012

lista de contidos

lista de fotos do 1-4-2012, album en flickr:

http://www.flickr.com/photos/marianogrueiro/sets/72157629381213210/with/7045929619/

lista de vídeos do 1-4-2012:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLD0E06D10215265EF&feature=view_all

Sucedeu  un grande lume nas fragas do Eume. Díxose de todo. Se so puidera dicir unha frase: mirade ENDESA e seu control sobre as fragas do Eume, os eucaliptos no medio da fraga que medran sen control , tódolos cargos adicados o control da fraga e que so serven para fastidiar os veciños e cobrar seu soldo, e as organizacións ecoloxistas  que pensan que tomar medidas o xeito dos de Sea Shepherd son  e para os terroristas: para min os terroristas ecolóxicos son outros.

O dia 31 a noite cheguei a Ribadeo dende Allariz (fun visitar o primeiro outlet do libro galego) e enterome de que hay un incendio na fraga do Eume.

Sae na nova que produciuse un incendio nas fragas do Eume a partir das 15:30 e tódalas informacións son contradictorias, de xeito que decídome ir o día seguinte a facer un traballo de fotodocumentalismo do que alí está a suceder realmente.

Apuntan que vai ir o UME (unidade militar de emerxencias). Faime reflexionar a hora na que se produce o incendio, e maila nova do UME: dase a casualidade que ese día, o 31 de marzo de 2012, cando ia cara a Allariz pola A-52 cruzome en sentido oposto cun destacamento do UME, composto exactamente polo que describia a nova, varios camións de bombeiros, varios todoterreos e un vehículo de comunicacións. Fixome sempre en tódolos trastos que teñan rodas, e máis neste caso, posto que o vehiculo de comunicacións era un URO (fabricado en Santiago de Compostela), cunha antena parabólica plegada para comuniacións via satélite co centro de mando, que ocupa todo o teito. Pregúntome , como pode ser casualidade que xusto iníciase o incendio en A Capela cando saian os efectivos do UME na Galiza?

Estaban os pasados dias polos incendios que tivo Ourense, e cando me crucei con eles pola A-52 serían as 11:30, polo que cando se iniciou o incendio estaban xa de volta na sua base. Este e o dato: se tivera lugar o incendio as 10 da mañá do 31 de marzo en troques das 15:30, e probable que puideran ter chegado antes. Nin que alguén tivese agardado a que o UME voltase a León.

Poño en antecedentes sobre miña relación con toda a zona do Eume: miña familia materna ten a orixe na zona da Capela e As Pontes, e meu apelido Grueiro ven da zona de Monfero. Puidera dicirse que meu cerne ven da fraga do Eume, e tamén podería dicirse que estou unido a fraga do Eume de xeito vital sempre foi un referente para min de natureza e coma inspiración artística. E coñézoa ben.

O día 1 de abril de 2012 comecei o viaxe a zona tomando un café en casa Toñita, en A Capela, onde a xente estaba a comentar a carencia de medios e a baixada dos presupostos adicados as brigadas.

Saio pola estrada que vaixa cara o río. O kilómetro atópome un montón de xente en casa Peizás. Moitos xornalistas cos seus coches estan entrevistando o que semella ser o alcalde da Capela. Non paro porque xa leerei suas declaracións, e sego a vaixar a estrada, ata que uns kilómetros despóis atópome ante a carretera pechada pola Guardia Civil. Piden que me identique como así o fago

video: estrada da central pechada

http://www.youtube.com/CzT0ujA-bXY

Vou pola aldea de Coto, onde segue activo un foco do incendio, e comezo a facer fotos.

lume nas fragas do Eume, 1-4-2012

Video: Mariano grueiro facendo fotos no fume na Capela

http://youtu.be/HDDGqrm58vk

Cando remato e dou media volta atópome a volta todo o montón de medios de comunicación, que van todos xuntos. E algo que nunca entendín, nen hay anos nen agora. Cando preguntas de pequeno o porqué de tantos medios, respóstanche que e pola pluralidade. Pois alí de pluralidade nada, ian todos a vez dun sitio para outro . Varios medios levaban as suas reporteiras para conectar “en directo” para ofrecer a nova no medio do allo. Aquelo era so un dos focos na zona máis exterior da fraga, no concello da Capela.

video: todolos xornalistas xuntos

http://youtu.be/Sfrn7WdxA_k

Dalí marchei a outra zona da Capela, de onde parte un sendeiro que vaixa ata o Eume e da o mosteiro de Caveiro. Ten de bo ese sitio que hay unha perspectiva moi boa da zona da Capela. O chegar un todoterreo de comunicación do UME , e un camión do UME. A vista, inda que boa, non e completa. Dende o fondo do val do Eume xurde moito fume , non denso como cando hay un incendio forte, senon como cando tes unha chea de pequenos focos de lume, que crean un fume menos denso e semella unha néboa que estase a esparcir por todo, dificultando a visión o lonxe.

lume nas fragas do Eume, 1-4-2012

E precisamente o lonxe vianse helicópteros descargando auga.

Dende alí penso que facer. Teño un vehiculo normal, non un todoterreo nen como sería desexable, unha moto trail, e o mellor seria ir a outra beira do río, no concello de Monfero. Para iso non hay moita máis alternativa (dado que está pechada a estrada da central) que voltar a As Pontes ou ata a Pontedeume, en ámbolos dous casos para rodear a fraga do Eume. Decídome a baixar ata Pontedeume e subo despóis ata Monfero, indo ata a parte de arriba da estrada da central. Atópome a particulares facendo fotos, pero non a ningún medio de comunicación. De camiño as fragas do Eume, xa no concello de Monfero, atópome o UME.

video: o UME en Monfero

http://youtu.be/ScNkQuVIbaw

Dali o final chego ata o meu obxetivo: o comezo da estrada da central do lado de Monfero.

lume nas fragas do Eume, 1-4-2012
Dende alí vense varios focos de fume

lume nas fragas do Eume, 1-4-2012
E unha zona perfecta para fotografiar os focos, máis non atopo a nengún xornalista.

Metome pola estrada cara abaixo pero os eucaliptos inpiden a visión e en canto poido dou a volta. Coincido dando a volta cun par de axentes do SEPRONA  con cadansua moto yamaha XT 600  (estupenda moto). Falo un anaco da situación, de que estou a facer fotos e de motu propio saco a miña documentación para identificarme, antes de que eles ma pedisen. Insisto, posto que, contra o que outros pensan, para min era moi importante a tarefa da GC controlando os accesos: moitas veces no caso de incendios provocados cando xa comezou o incendio volven prender lume se non hay ninguén que controle a zona. Os poucos segundos cruzome cunha patrulla da GC os que informo de que acabo de falar cos seus compañeiros.

video: voltando pola estrada da central

http://youtu.be/815O9i2J2Sk

lume nas fragas do Eume, 1-4-2012
lume nas fragas do Eume, 1-4-2012
Cando de novo volto pola estrada da central , polo lado de Monfero, nun cruce cun camiño deixo o coche un lado para non molestar e asi poder filmar un video e fotos nos que se vexa o lado da Capela co lume. O motivo de facelo alí e que hay un pequeno claro sen eucaliptos, que impiden a visión.

video: Mariano Grueiro falando do lume no medio da fraga do Eume

No video o chegar o final escóitanse berros: e nese momento cando  póñome a discutir cun forestal por algo iniciado por el. El recrimíname bloquear o paso co meu coche. O que non dí e que so parei o coche nunha estrada de terra permitindo o paso pola principal e so o tempo que dura o video. Calquera que se achegara o coche vería que estaba a carón del, máis el ia nun todo terreo pickup e non se preocupou en ningún momento de baixarse del, senon berrou dende el . Sí, un forestal, como desgraciadamente teño coñecido algún que non sabe que o todoterreo non e unha prolongación do seu corpo, se non unha ferramente de traballo máis. Se fago esta crítica e precisamente polo respeto que lle teño a sua profesión de forestal -e do SEPRONA-, e dos que se adican a protexer a natureza, e para os que viven da terra. Este home que daba ordes dende seu todoterreo recrimineille o que pasara a noite anterior con algún veciño e mencionarei despóis: calou a boca. Seu compañeiro que ia a carón seu, calou a boca. Como tampouco dixo nada o mozo adolescente que levaban detrás. Sabían que tiña razón. Rematei lembrándolle que xa tiña meus datos o Seprona, posto que precisamente se un esta traballando no entorno dun incendio e tes  dúbidas de xente no entorno dun incendio, o primeiro que tería que facer no lugar de dar voces e baixarse e pedirme a documentación.

lume nas fragas do Eume, 1-4-2012

A volta estiven a falar cun veciño da zona, que me contou que  esa noite diversos axentes puxéranlles pegas para sofocar o incendio.

Internet semella democrático. Pouco a pouco vai deixando de selo. Twitease e retwiteanse frases feitas e fotografías de incendios de hay tempo. Esto último fai moito dano para o feito en si e resta credibilidade. As fotografías e videos que van neste artigo son meus (con licencia creative commons) e son dese día. Non son espectaculares, pero dan fé que contra o que se chegou a dicir, o incendio continuaba.

Podo dicir, porque o vin, que mentres habia medios comunicación e mandos que afirmaban que o lume estaba apagado, o lume seguía. Había medios, pero moitos parados, e a meirande parte de medios de comunicación quedouse, literalmente , na barreira, nun curruncho do laberinto que é a fraga do Eume. Conexións en directo diante dun curruncho de lume, e fotografías con teleobxetivo para comprimi-la perspectiva.

A realidade 0 1-4-2012, o dia seguinte de comeza-lo incendio,  non era tan espectacular, pero habia que buscala: moitas zonas queimadas a cal non deixaban acceder,so tiñas que dar o rodeo e ir enfronte . E vías unha chea de focos de fume . E falabas coa xente que vive na zona, non non arredores, se non no cerne mesmo da fraga. Iso non o fixo ninguen, e penso que tampouco interesa moito o público.

Polo camiño, quedan moitas dúbidas por respostar. As veces o interesante non e dar resposta a un par de preguntas, se non a plantexar interrogantes que ninguén fai.

Unha empresa sudafricana solicitou licencia para unha mina onde comezou o incendio . Iso parece escandaloso, pero hay algo do que ninguén fala. Un dos desastres ecolóxicos máis grandes pasa día a dia xunto a fraga do Eume: a central térmica do eume e un foco de xofre e sobre todo de CO2. Esta xunto o parque natural da fragas do Eume, pero a ENDESA antes e a ENEL agora ninguén lles dí nada. Sua construcción non foi democrática, senon que se produciu na época da dictadura, como tamén o encoro do eume, situado no medio da fraga do Eume. Por último a decisión do lago que se fixo xunto a central, que influiu e influe no entorno do Eume, foi unha decisión de ENDESA.

Dou fe que calquer intervención arquitectónica no recinto do parque pasa agora por máis maos , máis existen verdadeiras aberracións de caciques locais. E ninguén di nada, e non se falan delas nos medios.

Co da mina pasará como xa pasou, voces locais que afirman o traballo que dará, ignorando que ese tipo de solucións, o único que dan traballo e a mafia local e seus acólitos. O resto da xente atoparase unha terra queimada (as veces, literalmente) e a emigración. e cando emigre a xente  menos voces que protesten.

Asi de sinxelo funciona este mecanismo. E unha vez a xente emigrada, ¿quen defenderá os intereses da terra? A mafia local que pon publicidade institucional ou privada en medios que se quedan na barreira?.

Agora a mafia seguira a funcionar, a mina farana ou non, pero altos persoeiros, como cando o Prestige, pasarán primeiro pola zona do “desastre” (que non e tal, se non ecocidio). Uns meses despóis uniránselles os bancos e fundacións de empresas enerxéticas, que patrocinarán a repoboación da fraga, pretendendo limpar así sua imaxe. Os medios, desta sí, faran fotos a todos eses xerifaltes que veñan. E mentres, abrirá a mina, que dará traballo en época de crise.

¿iso e todo? Iso e so o comezo.

Pódense ver claramente en videos e fotografías como a fraga do Eume está ateigada de eucaliptos. E outro síntoma dunha mala xestión. Ningún político quere acometer algo que e políticamente incorrecto ante donos das terras con eucaliptos. E ecolóxicamente incorrecto. En realidade non se conta suficientemente cos donos das terras, nin na xestión diaria, nen en situacións de emerxencia. Os donos de terras non son o inimigo, o revés son a ferramenta máis eficaz para que o parque das fragas do Eume funcione ben, pero temos que o mesmo tempo que che piden unha licencia para tronzar unha árbore, permítenche plantar eucaliptos. E unha grande contradicción.

Hay que fomentar o desbroce e limpeza dos montes, e  que queiran prantar árbores autóctonas,e hay que dar facilidades os donos que queiran facelo. Por contra solicítase un permiso.Máis so hay que visitar o parque para ver o cheo que está de eucaliptos. Hay que prohibilo xa, e os que teñan eucaliptos alí, que os quiten en canto se poida (agora e cando os que teñen eucaliptos dinme que e imposible e eu cando queiran invítolles ún café e ensinolles un catálogo das papeleiras galegas que venden papel procesado: non existen, a meirande parte son fábricas italianas, máis non toca falar diso). E hay que dar facilidades os donos que queiran plantar especies autóctonas. O cal rinde de varios xeitos, non so o dono da finca. Inda teño por coñecer a parella que queira ir únha casa rural a ver eucaliptos. Cando visitan nosa terra soen querer ver paisaxes naturais con árbores tradicionais. De xeito que un entorno coidado soe ser atractivo para o turismo, e deixa na nosa terra cartos e emprego.

Xa que no resto de Galicia un pode facer barbaridades e non pasa nada, como mínimo nestes oasis como as fragas do Eume habería que ser riguroso. E riguroso non e dar voces dende un todoterreo, se non facilitar a vida dos veciños que queren facer ben as cousas.

A terra que ten árbores autóctonas está mellor preparada para outras explotacións forestais e de horta.

Multas: cantos profesionais da investigación dos lumes hay na Galiza? E co das multas e penas, sí, hay que elevalos, pero o que temo e que se presione os donos de terras con cousas parvas, que non se investiguen feitos graves. Como dixen antes, parece a fraga parece un xoguete de ENDESA. E cousas asi non as lees nos medios, dado que endesa patrocina o tempo e a sección de opinión de moitas televisións e radios. A normalidade deste feito fai que non matinemos nel. ¿por que empresas enerxéticas patrocinan seccións de medio ambiente , de opinión e do tempo?

Alternativas? Esixencia da cidadania unha mellor xestión.

 Nota: ante algunha preugnta recibida. Nen traballo nen estou de colaborador, para medios non xa oficiais se non alternativos. Ofrecinme, inda hay pouco, ata de balde. Non lles interesa seica. Normalmente nen se molestan en respostarme (e despois falaran de falta de cartos, ou de falta de medios). Pois aqui sego, neste curruncho da rede poñendo meu punto de vista.

Benvidos porcos e poliños

Venres, Xaneiro 27th, 2012

Benvidos porcos e poliños.

O xefe morreu. Celebrástedes unha boa mariscada pagada por todos e a festa debe continuar.

Ana Botella di que señamos voluntarios. Por exemplo, nas bibliotecas.

Estou dacordo. Máis esta terxiversando cando fala doutros paises. En paises avanzados, nunha biblioteca xamáis prescinden de bibliotecario. Un, con tempo libre, (xa que isto dase en paises con pouco paro) vai axudar os rapaces ou adultos  a facer os deberes , ou de contacontos.

¿Pensabades que non iamos dicir nada? O malo que ten de arrinconar a xente e que cada vez ten menos que perder.

Benvidos, porcos de mariscadas, e poliños chiadores ós porcos. Ide a rezar a cidade das Filloas do xefe finado.

Na foto, a biblioteca pública de Toronto.

Fraga: que te leve o demo

Domingo, Xaneiro 15th, 2012

Manuel Fraga cantando “que te leve o demo”


homenaxe de Mariano Grueiro a Isaac Díaz Pardo 5-1-2012

Xoves, Xaneiro 5th, 2012
homenaxe a Isaac Diaz Pardo por Mariano Grueiro

 

http://www.youtube.com/watch?v=um3dtFPaUsE

homenaxe a Galiza feito home. Non esquenzo o affaire Sargadelos pero tampouco o laboratorio de formas, a colaboracion con Luis Seoane, monografias que so saian en edicions do castro, carteleria xa dende o 36…imaxinou a Galiza do futuro e ata foi quen de creala. Nada me tería gustadomais que entrar a traballar para el no 99 ou no 2002. Pero nen tiven nen teño mais curriculo ca min mesmo. Isaac morreu e a nave queda sen governo.
Sen governo.
Ata sempre Isaac
Saude e terra

“Rompe tu voto” rompe teu voto contra o golpe de estado dos mercados

Xoves, Novembro 17th, 2011

qrcode

“Rompe tu voto” Rompe teu voto o 20N

Os mercados son os que de verdade governan

Isto e un ataque de denegacion de servicio contra o sistema das eleccions xerais o 20N

Rompe unha papeleta ou mais ( por exemplo, unha do PP e outra do PSOE, xa que eles téñense coma “o voto útil”, vótaos e bótaos logo), méteas nun sobre e vota.

Legalmente é un voto nulo.

Se o 32% de indecisos fai iso terán que anula-las eleccións de farsa , controlados polos mesmos bancos que controlan os mercados

http://www.facebook.com/pages/Rompe-tu-voto/242638389131485?sk=wall

homenaxe a Hernán Naval, ano 2002

Domingo, Xullo 17th, 2011

No ano 2002 fixoselle unha homenaxe a Hernán Naval no auditorio que agora leva seu nome en Ribadeo.

Hoxe puiden subir o video a rede

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/RsyLDD3akuw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5OZFtnxoPbU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/gYYjyP8qHVQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/bPoo7ksMyts" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Púxenme a ler o blog de Antonio Gregorio sobre unha táboa redonda que se celebrou en Ribadeo sobre o mestre, e así foi como matinei se non tería xeito de dixitalizar este material que tiña por perdido. A calidade e pésima pero ben merece a pena a lembranza.

Festa do Instituto Cultural Brasil Galiza

Venres, Outubro 22nd, 2010
Hora
Sábado, 23 de octubre · 19:00 – 21:30

Lugar Casa do Brasil de Madrid, Avda. Arco de la Victoria, s/n, CP 28040

Creado por:

Más información
Programa:
19:00 Apresentação do ICBG
– Intervenções de Cássio Roberto, presidente da Casa do Brasil e Concha Rousia, Presidente pela parte galega do ICBG; apresenta Jurjo F. Martins, Delegado do ICBG em Madrid.

– Recital poético-musical com Ana Cibeira, Begoña Regueiro, Concha Rousia, Jurjo Martins e Rafa Yáñez.
… – Concerto com Brasileg@s (Uxía, Sérgio Tannus, Fred Martins), Aline Frazão (Angola) e Leo Minax (Brasil).

21:30 Coktail de Encerramento

Entrada livre

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
Evento: Festa de apresentação do Instituto Cultural Brasil-Galiza

Local: Casa do Brasil de Madrid, Avda. Arco de la Victoria, s/n, CP 28040
Metro: Moncloa e Ciudad Universitaria. Ônibus: U, 46, 82, 83, 132, 133 e 162.

O ICBG é uma organização destinada a promover o conhecimento mútuo entre o Brasil e a Galiza e o mantimento, desenvolvimento e criação de laços culturais e sociais entre ambos os povos, as suas tradições, história e língua.

Promotoras deste evento:
Casa do Brasil (Madrid)
Casa das Crechas (Santiago de Compostela)
Sociedade dos Poetas Advogados de Santa Catarina (Brasil)
Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa.

ESPERAMOS A TODOS E TADAS VÓS !!Ver más

a hipocresía do ruido, do sonido e da música en Ribadeo

Martes, Agosto 31st, 2010

Quen non estivera nunca en Ribadeo e se puxese a investigar pola rede, pensaría que e un lugar case idílico.

Un ascensor para vaixar a ver o dragón de dúas cabezas, perdón, a ria con dous nomes (en realidade so ten un, pero cada beira dalle un nome diferente de facto), ascensor que remata sendo unha atracción en si mesmo, un atraente casco vello (con casas tanto restauradas como que cáense (gugulea “ribadeo falls” para ve-lo traballo de Antonio Gregorio sobor delas ), Unha paisaxe fermosísima nos arredores, unha ría (outra repetición pero e que esta ría e única )que tórnase praia duas veces o dias polo medio, e os de Ribadeo chamámoslle a este amoreamento de sedimentos “Tesón”), vida política ribadense totalmente inútil nas formas no xogo político entre os diferentes grupos, digna de estar o nivel da política que se fai na capital do reino (de España). Unha vida cultural abraiante, unha chea de locais de hostaleria.

Non e tan bonita a couas, e comezarei por estes últimos.

Cando vives en Ribadeo hay un problema que non sae proporcionalmente reflectido na rede: o ruido en Ribadeo de noite.

Este ruido faise co consentimento de hosteleiros, políticos e forzas da orde.

Coma bo amante de Rachmaninov, o death metal e outras variantes musicais, quero primeiro contextualizar: este artigo non vai contra a música, e menos inda cos locais de ocio cun mínimo de responsabilidade. Desfruto tanto tomandome unhas bitrras escoitando a suicidal tendences coma tomándome un Alvariño se no local poñen Mozart.

Mais non caiamos na trampa dos que demonizan o que se queixa. Eu queixome da vista gorda que se fai para certas cousas, mentres que outras son materia imposibel. ¿Queda claro, caciques do carallo?

Fáise moi util utilizar a teoría de xogos para explicar a situación, e concretamente o xogo do presidiario. Estás na cadea e outro tamén está , podes denuncialo máis se o fas o millor o outro faino e estarás máis tempo. O ideal seria chegar únha situación de entendemento, máis co caciquismo presente, o outro presidiario en plan sobrado coida que mandándoche os cans el librase. (podería seguir un bo rato falando de teoría de xogos; confórmome coma outras veces en suscita-la interese, busque vostede “teoría de xogos” no eido matemático e entenderá moitos algoritmos sociais).

Se vives en moitas das ruas da zona vella ou nova de Ribadeo non hay dios que durma. Punto.

Ante unha afirmación tan sinxela non hay solucións, so xente barrendo para fora. Veciños que calan, ou que calamos (esta é unha autocrítica imprescindibel , sorte non todos son tan cobardes coma nos), hostaleiros que pasan de autoregularse, (algo que vai contra deles: cando queiran lévolles a moitos sitios de España nos cales os propios locais respetan horas de peche, illamento do ruido, carteis pedindo responsabilidade os clientes cando saian a rua), empresarios non hostaleiros que miran para outro sitio, políticos de dereitas, de esquerdas e ate nacionalistas (!!!) que pensan que Ribadeo e un far west, e forzas de orde que inda que son uns mandados, as veces teñen un comportamento reprobable (por sorte estos últimos non son maioría pero sei de máis dun caso de colaboracionismo chivato entre forzas de orde e hostaleiros/empresarios. Isto para min non e de recibo).

Propoño un boicot. Máis que propoñelo, hay xa varios anos que o fago. Paso de ir os locais que dan problemas, e a tódolos negocios. Sí, o millor de cando en vez estarei nalgún deles. Fixeno e fareino so cando seña imprescindibel e / ou cando teña un forte compromiso social. Son bo pagador e os meus cartos iran o peto de empresarios máis intelixentes.

E famoso en Ribadeo o dito de “en Ribadeo cada un paga o seu”. Abofé.

O que non lle guste isto, xa pode quitarme coma amigo do facebook. Outras estratexias tipo ameazas e demáis por un sinxelo artigo como este, so levarán unha degradación da situación.

Esquecíame. Criticar a políticos, a tódolos grupos, que aqui hay para todos.

Danme noxo os concertos que montan en Ribadeo no vrao. Deberían regular o número máximo de decibelios.

En agosto era imposible durmir ata que non remataban ¿a quen se supon que lle fan o favor cos concertos?¿non será o propio grupo e seus representantes, a SGAE e demáis? Porque aquelo non era música, era ruido. Os concertos tiñan unha calidade en moitos casos pésima, e non so este ano senon noutros. E conxuntos que salvávanse, fracasaban no de todos: un volume brutal, e non falo dese estupendo disco de Obus. falo de que as veces o volume de ruido e inversamente proporcional a cantidade de público que hay e sua calidade musical.

¿Que pasa, que eu podo poñer unha jota aragonesa a tope as duas da mañá unha chuviosa noite de outubro abrindo as ventás?¿logo non?¿por qué non?

Pero se os veciños non nos queixamos, semella que nos gusta. Nen a min nen os veciños que coñezo lles gusta un carallo.

Se os hostaleiros queren sair adiante que comezen a pinchar boa música, e dean alcohol de calidade. Inda lembro o garrafón que me deron nun sinxelo gintonic nun local de Ribadeo. Cálome o sitio , non por medo se non por vergoña que inda pasen estas cousas. ¿Pensan acaso que os clientes somos parvos ou que? acabaron perdendo, as contadas veces que voltei a entrar nese local, pedinme unhas estrellagalicia.

¿Pensan os veciños que calan que calando amañan algo? Certo e que nunha convivencia todos temos que ceder, pero ata certo punto. E a partir de certo punto non se pode quedar ben con todos, hay que dicir “ata aquí”.

E os políticos? eu non lles voto e punto, paréceme patético que a picien deste xeito, porque ata o momento non fixeron máis que intervencións cara a galería.

Meu consello e que nas próximas eleccións , fagan unha foto a calquer vaca e poñan a foto coma papeleta.

Voto nulo? sí, porque son a nulidade, logo non merecen un proceso electoral serio.

Habería que falar doutros pobos de Galiza, pero so queria falar do meu pobo esta vez.

Esta e a situación de Ribadeo. Hay xa camiño de dez anos, como pasa o tempo! que comecei a recibir ameazas das miñas publicacións da rede. E digo ameazas. A certa xente semella que lle custe demasiado crearse un blog para criticar miñas ideas, que sería o paso lóxico, confrontación de ideas. Pois non, ameazas puras e duras, e as veces teñen pasado a acción. Se alguen lle parece paranoia, que busque no google “mariano grueiro plan galicia casa encantada” e flipará con certos párrafos nos cales eu era que considerado case que un terrorista….por facer fotos duns carteis e publicalas na rede. Iso e materia doutro artigo.

post data: falando de clásica e de metal, do que é ruido, e do que non o é.

Co gallo de renovar meu book de fotógrafo, fágolle fotos de balde (con certas limitacións técnicas , licenza creative commons e demáis, pero de balde) a grupos galegos.

Repito, de balde, xa vedes que malo son coa música. Miña axenda anda sempre moi ocupada (desculpas cando tardo en resposta-los correos) pero para estes proxectos sempre pode buscarse un anaquiño de tempo.

Próximamente, o mesmo para modelos galegas (e galegos), maís iso adiante, que agora ando ateigado de cousas! saúde e boa música!

Queremos galego. Presentación en Madrid

Xoves, Outubro 15th, 2009

O mercores 15 asistín no Círculo de Bellas Artes de Madrid a presentación da vindeira manifestación da plataforma queremos galego que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro día 18.( as 12 da mañá sairá da Alameda; autobuses aqui)

Había outras persoas tanto do eido da cultura galega como da sociedade en xeral, e pasouse a expoñe-los datos. Entre eles, que o consello de Europa afirma que nosa lingua está en regresión, e que a menos que sexan tornadas unha serie de políticas isto non pinta ben.

Ofreceronse diferentes datos que veñen a contrastar cos dados coa plataforma oposta, Galicia Bilingüe.

  • O informe Pisa afirma que os resultados de língua e comunidades bilingües e superior as comunidades cunha soa língua.
  • Din que hay presión por parte dos monolingues en galego, pero en sitios como A Coruña hay so un 3 % de monolingües en galego
  • Coa lexislación derogada pretendíase chegar un 50% de asignaturas en galego. Cando lle dixen isto último ún madrileño, sua resposta foi “¡lo que tenian que hacer es poner todas las asignaturas en gallego!”
  • Contra o que se di, existe unha gran tolerancia de galegofalantes cara a castelanfalantes. Isto e asi día a día, e inda que poida suceder o contrario esa e a excepción.

Meus parabens o coordinador, Xurxo F. Martins. Polo ben que saiu todo e  a variedade do que se fixo. Leronse varias poesías , unha delas de Celso Emilio Ferreiro, fermosísimas, e tiñamos un par de músicos, un guitarrista brasileiro, e un gaiteiro madrileño que facíao de seu con todo dereito.

A plataforma de queremos galego e apolítica, o cal coido que é boa cousa para non caer en defectos anteriores. Explícome. Lembro dunha pseudosección fixa que habia diferentes programas, da cadena COPE (aquí un exemplo, aqui outro , ou tamén aqui), onde se contactaba con Galicia Bilingüe e na cal poñíase a caldo o galego pola sua opresión sobre o castelán (sic). A reacción de violencia cara esta xente foi totalmente negativa ,e déuselle unha razón que nen tiñan nen teñen. Os bilingües non son Galicia Bilingüe, na cal so fala de carencias do castelán e trata o galego coma unha lingua de opresión. Os verdadeiros bilingues somos os galegofalantes.  Inda que o que máis abunda e a diglose, e dela pareza que non queiran falar).

Faleino con Xurxo: temos que ser autocríticos, temos que ver as cousas que temos feito mal, e tamén temos que tirar para diante. Moi para diante, porque en troques do que se dí, a situación do galego non ten boas perspectivas se estudiamo-las estadísticas que din coma cada vez hay menos falantes que teñan o galego coma lingua materna.

Eu non poido ir o domingo. Ogalla puideran ir tódolos que quixeran a Compostela.

Engado a nota oficial de prensa:

Acto de presentación pública da plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO

Organizador(a):
Xurxo Fernández Martins
Red:
Global
Fecha:
jueves, 15 de octubre de 2009
Hora:
11:30 – 14:30
Lugar:
Madrid, Sala Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes

Descripción

Acto de presentación pública da plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO en Madrid Na Sala Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes este xoves 15 de outubro ás 11.30 da mañá

Mañá 15 de outubro a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, nacida en Galiza este pasado verán co obxectivo de “unir persoas, entidades e institucións na defensa da lingua e da cultura galegas”, constitúese formalmente na cidade de Madrid. Vaino facer nun acto público que terá lugar ás 11.30 da mañá na sala Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes. A esta presentación xa confirmaron a súa asistencia diferentes entidades sociais vinculadas coa promoción da cultura e a identidade galegas no exterior e personalidades do ámbito cultural, musical, cinematográfico ou académico, así como un amplo grupo de cidadás e cidadáns anónimos, algúns galegos de orixe, outros de adopción, que tamén expresarán así a súa adhesión aos principios que defende QUEREMOS GALEGO.

O acto que mañá ás 11.30 se desenvolverá no Círculo de Bellas Artes pretende ser tamén un acto expreso de apoio á manifestación que QUEREMOS GALEGO convocou para este próximo domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela, que se prevé multitudinaria. Nela, de feito, está previsto que participe un amplo colectivo de persoas residentes en Madrid, así como noutras zonas limítrofes, ademais de persoas doutros puntos da emigración. Algunhas das persoas representativas que tomarán a palabra no acto de mañá serán Xurxo Fernández Martins (coordinador de QUEREMOS GALEGO e da Mesa pola Normalización Lingüística en Madrid), Antón Patiño (pintor e intelectual galego residente en Madrid), Rubén Pardiñas (produtor, autor do documentario Fronteiras, sobre o galego exterior) ou Mariano Grueiro (fotógrafo). Tamén confirmaron a súa adhesión entidades como a Asociación Galega do Corredor de Henares, os centros galegos de Fuenlabrada e Alcobendas ou a Asociación Galega de Mulleres no exterior Rosalía de Castro.

Cóntase para este acto, malia non ser posíbel a súa presenza física, co apoio e adhesión de persoas do ámbito universitario como os profesores Carlos Taibo, Juan Carlos Moreno Cabrera, Xavier Frías Conde ou Manuel Rodríguez Alonso; Asunción Canal (leitora de galego na Universidade Complutense); intelectuais como Inés Canosa; ou músicos como Uxía Senlle, a cantora galega máis universal na actualidade ou Vicente Araguas, co fundador e integrante do grupo Voces Ceibes, alén de poeta, novelista e crítico literario.

Na presentación leranse textos galegos como o poema Penélope, de Xosé María Díaz Castro, ou Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro. Para rematar, un dúo de guitarra e gaita interpretará o Himno Galego.

Daniel Cortezón morreu

Luns, Outubro 5th, 2009

Daniel Cortezón morreu, pero deixa moito tras de si.

Coma el, eu tamén son “escritor autodidacta”.

Non sei ben que dicir. O millor seria momento de falar del, e lembrar tamen a Dionisio Gamallo e Hernán Naval.

Cortezón ten entrada na wikipedia galega e a catalana. Non chego a entender, ou si, coma sua obra non ten máis repercusión.

Para a cultura galega sua obra e incrible.