Archive for the 'ecoloxia' Category

¿de verdade queren que comezemos a tormarnos a xustiza da nosa mao? Caso Prestige

Venres, Maio 9th, 2008

Que non fale do Prestige nen da estafa do plan Galicia non quere dicir que me teña esquecido un so dia nestes cinco anos do que pasou.

Hoxe e nova no xornal el pais que hay risco de que se vaia todo o garete. Non entrarei en detalles porque se non estamos un ano so para a introducción.

Esta era a ocasión do estado español para dicir "si, isto e e España, e como tal , aqui faise xustiza".

"esta e a quinta marea negra que chega as costas galegas, pero será a primeira na que se faga verdadeira xustiza" As veces penso que os únicos partidos coherentes son os de ultradereita: para eles xa que isto e un anaco de España, todo aquel que se cargue un anaco dela, merece ser axustizado. Punto.

Ademais dos imputados, eu estou inda a agardar moitos máis imputados

pepemari

don manuel (se ben me chegaron informacións de que fixo máis do que eu coidaba que fixera)

fefé

cascos-casquete

O ruso

O da realeza que liberou o ruso.

A muller do da realeza.

Non sego, xa sabemos o que pasou alí.

Para min e para a maior parte de persoas que se informen sobre o sucedido, aqui teñen que sentarse no banquillo moitos.

Aparte diso, tamén terian que indemnizar a maior parte de voluntarios, galegos, do estado español e do resto do mundo, que se viñeron a axudar. A eles tampouco os esquezo un so día.

Que queren, ¿Que tomemo-la xustiza pola nosa conta? Despois queixaranse, despois viran os choros.

Non estou sinalando nen ordeando, so digo que a moita xente, o do Prestige rematou de arruinarlles a vida, e poida que agora non teñan nada que perder. Poida que agora, moitas persoas, máis das que semellan, persoas que estiveron e estarán en silencio e sen chamar a atención, comecen a botar as suas contas, e digan, porque non, posto que isto vai camiño de acabar coma a causa xudicial do sindrome tóxico. Alongamento en dictar sentencia, nos recursos, no procedemento...o millor ata nen xuizo sae.

Onde está a xustiza? porque se mañá pasa algo, logo que non veñan a dicirnos que "vivimos nun estado democratico que non ampara a terroristas se non que nun estado democratico os partidos politicos e mailo poder xudicial son as vias para calquer reclamación".

O que está a pasar en Corcubión e case unha xustificacion, para moitos , da loita armada galega.

¿Afirmar isto e preconiza-lo terrorismo? non. Non estou dicir que iso seña a saida. So estou a dicir que e malo non deixar saidas democráticas. E coido que isto calquer que se chame demócrata ten que afirmalo: non e bo arrinconar ún gato.

Máis se algo disto pasase, tomariano coma a excusa para a militarización de Galiza. ¿será todo un plan argallado?

Coido que non, isto é o que é:os responsábeis do ecocidio están a influir para que suceda isto.

Os Pinos.
(Himno galego)¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán
.

Teus fillos vagorosos
en que honor soo late,
a intrépido combate
dispondo o peito van
;
se, por ti mesma, libre
de indigna servidume
e de oprobioso alcume,
rexión de Breogán

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos,
ós eidos ben antigos
con un punxente afán;
e cumpre as vaguedades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos,
¡oh, grei de Breogán!

Amor da terra verde,
da verde terra nosa,
acende a raza briosa
de Ousinde e de Froxán;
que aló nos seus garridos
xustillos, mal constreitos,
os doces e albos peitos
das fillas de Breogán;

que á nobre prole insinen
fortísimos acentos,
non mólidos concentos
que ás virxes só ben están;
mais os robustos ecos
que, ¡oh, patria!, ben recordas
das sonorosas cordas
das arpas de Breogán.

Estima non se alcanza
cun vil xemido brando;
calquer requer rogando
con voz que esquecerán;
mais cun rumor xigante,
subrime e parecido
ao intrépido sonido
das armas de Breogán.

Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade plos destinos
dos eidos de Breogán

Chuzame! chuzame -

os chemtrails do 11 e 12 de septembro de 2001 na Galiza

Luns, Decembro 10th, 2007

Agardei máis de seis anos e non vin na Rede comentarios do que vou contar, asi que darei por primeira vez meu punto de vista do asunto.

O 11 de septembro do ano 2001, alguen que estivese desconectado dos medios, observaria algo moi extrano no ceo de Ferrolterra/As Pontes.

Os chemtrails.

O 12 de septembro, máis inda. A ollo contara uns nove-once chemtrails a vez.

E uns poucos o 13 de septembro.

Endexamais vin tantos na miña vida.

¿Onde estaba a xente? Vendo a tele. Ou flipados mirando os televisores no Alcampo de Ferrol.

Eu puxen a radio do erreonce e adiqueime a pasear pola zona de Mugardos, pola fraga do Eume e por As Pontes.

Cando vin o que pasaba e que a cousa ia en serio, quedeime pechado nunha casa dunha aldea durante tres dias, escoitando a radio. Por iso nunca me crin a verdade oficial. Non puxen a tele e non esnifei o de fora.

Algun listo pensaría que tódolos aqueles chemtrails eran tráfico desviado. A min tamen se me pasou pola cachola.

Non cola, era Ferrolterra, non EEUU.

Non teño nen idea dos motivos polos que fixeron cos chemtrails, pero temos pistas.

O petróleo acábase, o banco europeo anda inflando o globo e os políticos falan de cousas que non interesan a xente. Os chemtrail tamén axudan.
A independenza galega non será obra de Castelao, senon da falta de TRE desta sociedade que vai esvaecendo por non querer deixar de medrar.

Os tempos son chegados

Chuzame! chuzame -

Albert Speer: Memorias. Erinnerungen.

Sábado, Agosto 18th, 2007

Albert Speer: Memorias
Image
Erinnerungen
Este fin de semana estiven a ler as Memorias de Albert Speer. Un libro que xa agardaba ler dende hay moito: Ver "O afundimento", decidiume a facelo.

A edición que lin, foi a traducción o castelán (non tiña libre máis que unhas horas do fin de semana para ler as 933 páxinas) da editorial El Acantilado. O texto non so me gustou, fixoseme curto.

Albert Speer foi un arquitecto alemán, que estivo vinculado o partido NSDAP dende coezos dos anos trinta. Co tempo, tivo unha relación máis forte con Adolf Hitler, e o final, rematou facendo unha gran cantidade de proxectos arquitectónicos para o réxime alemán. Mentres o lía, asi como as suas referencias a Mies van der Rohe, ou Peter Berhens, lembreime de cando estudiei -mentres estudiaba deseño gráfico na escola de artes de Oviedo- , a arquitectura do século XX, - co mestre Alfredo Navarro -, e matinei na razón de que Albert Speer fose para min so unha pequena referencia, posto que so coñecía seu traballo para a cancilleria alemana en Berlín, e algunha foto dunhas maquetas.

A figura pública de Speer e o mito de ser o arquitecto de Hitler. Coma el mesmo ben aclara, e non rexeita, se Hitler tivese amigos, un deles sería el, máis a figura histórica de Speer e suficientemente complexa para non poder resumilo deste xeito. Sería coma calificar a Susan Sontag coma a derradeira disidente dos Estados Unidos (que é o que dixo María Ramírez para El Mundo). Speer para moitos, e o millor arquitecto do século XX. Non sei se poderíamos chegar a esa afirmación, pero despois de comezar a ver a sua obra arquitectónica a través das suas memorias, coido que motivos non lle faltan, máis que coma teórico (Van der Rohe), coma proxectista, pola entidade do seu proxecto de Berlín, ou os proxectos para Nuremberg.

Supoño que isto é como cando se fala do feísmo [feismo: termo que inventei aló por 1997 para chamarlle a toda a arquitectura da cidade e do rural, durante a dictadura de Francisco Franco, que posue unha falta de referentes coa arquitectura anterior . Co tempo, dinme conta que , de xeito paralelo, outros autores e autoras, empregaron este mesmo termo, e co mesmo concepto ca min] Por noxo ou vergoña, omítese, pese a sua importancia.
Falarei de arquitectura galega un anaco: en Santiago de Compostela estanse a facer unhas construccións (seis edificios , no monte das ghaias) que chamaranse " a cidade da cultura ". O uso final parece ir co título: alí estarán moitas cousas da cultura galega. Máis eu non sei moito do tema. Comezaron aló por 1999, onde rexeitaron unha proposta de César Portela, para escoller finalmente o de Peter Eisenman.
Peter Eisenman, quixo facer tamén alí unha homenaxe a John Hejduk.
Para min, a obra de John Hejduk destaca porque adicabase a facer unha arquitectura que carece de valor útil, e tanto lle tiñan os materiais ou a cultura no cal desenvolver seus proxectos. Os seus edificios estaban a marxe de deseños pensados no práctico.
De Portela, que citei antes, so direi que cando quixen ir ver seu cemiterio de Fisterra, chamoume a atención que a pista sen asfaltar que da acceso, estaba chea de regos feitos pola chuvia, posto que carecía de regos transversais, para levar a auga, algo que xa che ensina tua avoa cando xogas con ela a facer regos de patacas.
O cemiterio de Portela gustoume, máis estes detalles tamén teñen sua importancia.
A miña opinión sobre a cidade da cultura de Compostela e clara: parece unha homenaxe o feismo galego.
A homenaxe a John Hejduk e tamén outra homenaxe o feismo galego, ou seña, a homenaxe a emigración, a ignorancia, o noxo que provocou o noso trauma colectivo de rachar co noso cerne, a do funcionario acomplexado que o destinan a Galiza e que despois víngase pensando que , coma tamén di o funcionario acomplexado galego, calquer cousa de fora é o millor.

Detras de cada aldea hay unha obra de Hejduk.
Tras cada obra oficial, hay unha mariscada que nombra o seu Eisenman.
Portela está infravalorado, e o pobo está acomplexado.
Merecemos ter libros de Taschen sobre o feismo galego. Ou seña, que eu tamén merezo meu curruncho na Taschen.
E tamén merecemos que alguén en Estados Unidos faga homenaxes a arquitectura galega, ¿Qué e se non que un arquitecto estadounidense homenaxee outro arquitecto estadounidense nun sitio que é sobre a cultura galega?

Pois algo asi sentín o comezar a ler a obra de Albert Speer. A sorpresa.

Na primeira parte, na que descrebe a serie de edificios rematados, e proxectos para a cidade de Berlín, impresiona a calquer estudiante da arte ou da arquitectura.
Descubro que foi el o que fixo o Zeppelinfeld, grandemente influido polo altar de Pérgamo,no que se celebrarían os congresos do partido en Nuremberg. Verdadeiramente, aquel entorno de bandeiras de dez metros e focos cara o ceo, foron un dos grandes japenins do século XX.
Foi unha sorpresa ler a narración do que sería unha especie de nova acrópole contemporánea en Berlín: unha sala de congresos de 230 metros e 120 de altura, para 150.000 persoas de pé, ou o novo pazo dos deportes de Nuremberg, que sería a maior instalación deportiva de todo o mundo. Coma ben dí Speer, non eran proxectos irrealizables, como pasara noutros momentos da historia, senon que eran totalmente posíbeis. De feito, en Berlín comenzáranse as prospeccións e derribamentos para facer espacio as obras, e en Nuremberg comezaran a facer as obras.

QUOTE:

Peter Behrens, maestro de Gropius, e Mies vand er Rohe farían, propostos pola AEG, seu contratista habitual, a construcción na gran avenida dos novos edificios administrativos desa firma comercial"

Despois ven unha segunda parte, da época na que Speer introducenos nos anos nos que estivo de ministro do armamento ,

QUOTE:

Lenard dixeralle a Hitler que os xudeus exercían unha influencia perniciosa na física nuclear usando a teoría da relatividade

Con frases así vese que baixo a excusa de dictaduras , democracias ou partidos, hay sinxelamente loitas de intereses persoais.

Respecto a bomba atómica alemana, eu sempre defendin a tese de que podian facela, inda que o propio ministro responsable, Speer, diga o contrario. -
Seguindo esta tese, saira a mediados de marzo de 2005 un libro do Historiador berlines Rainer Karlsch, no que afirma que sei que puideron facela, inda que nunca da potencia da utilizada por eeuu, publicado por DVA. (eu baseábame sinxelamente en textos do matemático David Bodanis. .

Hay unha terceira parte, onde atopámonos coa decadencia do tercer reich: a vontade de destrucción do Fuhrer da sua terra, e a de Speer de opoñerse.

QUOTE:

"Se o pobo alemán sucumbe nesta loita, será que foi demasiado feble. Neste caso, non terá superado sua proba ante a historia e únicamente estará adicado o afundimento"

Esta frase de Hitler, do catro de agosto de 1944, e sobre todo a última frase, está estes dias de actualidade a conto da película "Der Untergang" - o afundimento-, e amosa moi ben a verdadeira realidade de pensamento, máis aló da apariencia, que tiña Hitler do seu pobo. Máis e por xente coma Speer, polo que pode dicirse que o pobo alemán sí superou a proba.

Por último, veñen as conclusións , da época do xuizo, onde cada liña mereceria estar en moitos dos cadernos de texto de hoxe en día. Por so citar unha:

QUOTE:

"Nengunha vontade human podería deter esta evolución se o automatismo do progreso dera outro paso cara a despersonalización do home e privaralle de máís responsabilidade dos seus actos."

Di isto falando das causas da guerra, concretamente respecto das técnicas actuais de comunicación-control de masas, e so podo dicir respecto a isto que sorprendeume a miña coincidencia con el: tiña miñas propias ideas e sorprendeume que sendo esta a primeira vez que leo un texto desta persoa, meus puntos respecto a esta área coincidan tanto con el.

Speer votou vinteun anos na carcere. Hay moitos libros que falan de se todo foi unha mentira para librarse da morte no xuizo de Nuremberg ou non. Nembargantes, recomento esta lectura.

____________

En relación co tema do estadio,posteriormente o fin da guerra, houbo unha serie de verquidos no que era o comezo das obras do estadio , unha excavacion que posteriormente convertiuse en lago - verteronse escombros industriais contaminados- , e un dos poucos restos que quedan en Nuremberg do proxecto.
Debido a estes verquidos, hoxe en dia as augas son tóxicas. Teñen H2S. Lembreime unha vez mais que os arredores de As Pontes son a zona europea con maior contaminación de SO2.

mais informacion deste apunte en:
http://www.angewandte-geologie.geol.uni-erlangen.de/silber02.htm

a reaccion e:

8 H+ + SO42- --> H2S + 2 H2O + 2 OH

os datos son do doutor Alfons Baier (quen non esté interesado pola bioquímica, o millor o está polo seu retrato, encántame):

http://www.angewandte-geologie.geol.uni-erlangen.de/alfons.htm

respecto o que dixen de As Pontes:

http://www.galeon.com/sloren/sosgali.htm

mais non esquezades que o millor son so un ignorante que di estas cousas so porque non vai o cesga - centro de supercomputacion de Galicia - :

http://www.cesga.es/ca/defaultC.html?Proxectos/Fotoq2.html&2

Chuzame! chuzame -

2003? 2005. Praia de Os Castros

Sábado, Agosto 18th, 2007


Image
Esta non e unha fotografía do 2002 ou 2003. E do 2005. De onte, na praia de Os Castros, concello de Ribadeo, provincia de Lugo. Lembrame a cando de pequeno viamos con normalidade ter unha pedra na bañeira para limpar o chapapote. Os nenos de agora teran a mesma sensación de normalidade. Pero , entón e agora, isto e unha situación anormal.
Galiza tivo unha marea negra. A quinta e mais grande de todas.
A maior marea negra non fixo que Galiza fose declarada zona catastrófica.
A marea negra foi negada.
Se facías fotos do chapapote chamábanche manipulador (por iso eu fixenas dos carteis do plan económico plan galicia )
Pero non por negas os feitos o fuel esvaece. Os políticos de hay tres anos falaban de praias limpas, cando todos sabemos que se deixas un coche riba da area da praia, o millor nun mes non ves o coche, máis será porque está so a uns centímetros baixo a area do sitio no que quedou.
A xente emigra, o caciquismo aumente, moitos temos esperanza, pero hay que comezar por recoñecer os feitos. E os feitos e que a costa , dous anos despois, inda non está limpa, e con ela, todo o ecosistema que depende dela.

Chuzame! chuzame -

o filme “quen matou o coche eléctrico”, na rede por tempo limitado

Sábado, Xuño 16th, 2007

Xa que non se fixo distribución comercial deste documental o ano pasado "who killed the electric car", poño a ligazon para velo dende a rede, (en inglés), e estará na rede pouco tempo:

http://video.google.com/videoplay?docid=-3546315576859340929

En Europa, aparte dun coche eléctrico indio que comeza a importarse agora (que e bastante inseguro), e a alternativa de Vectrix nas motos, o único coche eléctrico que coñezo e o Smart EV, máis polo momento so en renting para empresas e únicamente no Reino Unido.

Chuzame! chuzame -

Dous interesantes artigos sobre Reganosa

Sábado, Xuño 16th, 2007

Dous interesantes artigos sobre Reganosa:

Ártabra 21 ten un artigo  de Manuel Afonso Domínguez (de Plataformas Offshore da UDC, membro do Colectivo Universitario Opositor á Planta de Gas da Ría de Ferrol - www.f-cape.org), sobre as consecuencias da instalación e uso das instalacións de Reganosa en Mugardos.

http://artabra21.blogspot.com/2007/06/verquidos-na-ra.html

GZnacion ten un artigo de Carlos Aymerich , "catro verdades sobre Reganosa".

http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=2243 

Chuzame! chuzame -

me cago nos vosos mortos, a fin da Mourela. Bernardo Bastida, preso politico

Xoves, Xuño 7th, 2007

Vanse cargara Mourela, seica deixan algo pola excusa.

A Mourela. Un dos poucos ¿cantos mais hay? circulos liticos que temos no pais. Non e algo novo, sabemos del dende o século XIX.

As excavadoras estan pasando por riba de noso patrimonio. Se alguen coñece os palistas desas maquinas, que lles informen do que estan a facer.

Detiveron o patron de Ferrol, Bernardo Bastida, que iniciou unha folga de fame, por considerarse preso politico. E eo. Terian que levar presos a outros:

- o que utilizou nos anos 90 do seculo XX as pedras do circulo litico para a fonte das boliqueiras. Unha vez destruidas estas, todo foi máis sinxelo.

-os que nos tiveron sen infraestructuras 30 anos e agora querenas facer a calquer prezo

- os funcionarios que deron autorizacions medioambientais e de seguridade a REGANOSA.

Magoa non saber unirmonos todos mais, porque todo ten relación.

Hay anos que ENDESA leva por estrada carbón dende Ferrol a As Pontes -tema da autoestrada que virialle ben-

Agora REGANOSA quere cargar gas en Mugardos e levalo cara As Pontes para ENDESA.

Hay unha pintada na Mourela que resumia ben o que sentimos
emprazamento A Mourela, As Pontes
De agora en diante, so me queda o arquivo fotografico no flickr para ollar os restos da Mourela. E fotos de hay un século.
emprazamento A Mourela, As Pontes
Cando hay tres meses anunciaba dito arquivo, non pensaba que acabase todo asi.

Menos mal que todos teran sua ración de SO2

¿por qué tanto falar do SO2? . Cedo.

Chuzame! chuzame -

colonizacion ecoloxica galega

Mércores, Marzo 7th, 2007

A idea de adicar un apartado a contaminación galega no meu arquivo de flickr, veume cando un par de dias antes de nadal, fun dar unha volta polo entorno da central de As Pontes ( A Coruña ).
Mariano Grueiro e a central de As Pontes
Vin un carro galego decorado con luceciñas de nadal na central térmica de As Pontes.
central térmica As Pontes: el carro gallego
Dende que era pequeno vin un feixe de iconoloxia galega semellante nesa central, e sempre pregunteime ¿Que queren conseguir con ese carro?

¿Facer ver que son moi galegos? ¿Simular que non e unha conquista?

Porque dende pequeno sempre me extranou ver aquela gran chimenea, aquela gran obra, nunha comarca pobre de inversións.
central termica As Pontes
Que alguén me corrixa, pero coido que se nunha zona tan pobre como e esta de onde son, se fixeron a construcción máis alta de toda España, foi porque se non arrasarian co xofre toda a comarca.

E fixerono , inda asi. Choiva áceda durante anos.

¿U-los traballos prometidos? ¿U-la riqueza? Eu so vexo unha terra queimada.

Pero cando de verdade quixen facer algo concreto, foi cando fun ata o que no futuro será a central de ciclo combinado de As Pontes.
carril bici, central ciclo combinado As Pontes
Construiron un carril bici.
carril bici, central ciclo combinado As Pontes
A alguen coma min, que adiqueime varios anos o ciclismo de montaña de competición, tería que aledarme de que na Galiza se faga un carril bici máis.

Pero ese carril e so un panfleto publicitario. E pura pantalla, imaxe.

Claro, a central de ciclo combinado queimará gas natural.

¿Que pensa que creeremos nos que soltan esas chimeneas, frores ouh?

CO2. Dióxido de carbono.

A chimenea de As Pontes solta tanta merda (xofre) que tiveron que importar carbon e mesturalo. Para traer o carbón dende o peirao de Ferrol, tiñan que facer unha estrada, pero venderon esa estrada coma unha futura via de alta velocidade. Despois algo feito con fondos europeos. Despois do ecocidio do Prestige, venderono coma parte do plan Galicia. E no futuro, venderano coma eu que sei.

Esa mesma estrada, na que ENDESA ten moito que ver, foi a que ia botar abaixo o que hay na Mourela.

¿E despois de todo isto teñen valor a dicir que miran polo medio ambiente?

ENDESA, EON, ENEL. A mesma merda e.

Cos listos que falan de que enton a ver de onde se saca a corrente. ¿Acaso pensades que a so uns kilómetros desta central, a xente que vive nas aldeas ten un suministro eléctrico normal? Nen acceso a rede teñen.

Isto e unha colonización. A riqueza galega irase fora, e Galiza será cada dia máis pobre.

Pero co que rematará sendo pobre, e como sega a perder seu espirito.

Se mantemos o noso espirito, poderemos seguir adiante.

Sego a buscar datos desta central. Sei que o CESGA sabe cousas. E tamén hay historias de traballadores, galegos e non galegos. Xa sabedes meu correo.

Colonizacion ecoloxica galega. Non e que sexan ecoloxicos , senon que colonizan nosa ecoloxia.

Ata agora estaban felices porque nos seus informes corporativos non se reflicte sua ecohipocresia.

Ata agora.

Chuzame! chuzame -

metenme comentarios lixo na seccion do blog de ecoloxia

Venres, Decembro 15th, 2006

Si e que pensan que debemos ser parvos. Comentarios spam na sección de ecoloxia. Vaia, e iso co antispam funcionando. E xusto nesa sección ¡Que casualidade!

ENDESA, a ver se comezas a quitar lixo  propio en troques de botar lixo telemático nos demais.

Chuzame! chuzame -

Costa Rica irmanada con Caldas de Reis. Os asesinos ecoloxicos de Brenntag atacan de novo

Xoves, Decembro 14th, 2006

Noutrora falara do ecocidio de Brenntag de Caldas de Reis.

Ata publiquei unha carta o presidente de Brenntag.

Hoxe teño que falar de que un ecocidio identico sucedeu en Limón, Costa Rica.

Un camión. Unha explosión e os de Brenntag voltan o ataque.

Vergonza tiña que darvos lacazans!

Chuzame! chuzame -