ecoloxiaArchive for the '' Category

Costa Rica irmanada con Caldas de Reis. Os asesinos ecoloxicos de Brenntag atacan de novo

Xoves, Decembro 14th, 2006

Noutrora falara do ecocidio de Brenntag de Caldas de Reis.

Ata publiquei unha carta o presidente de Brenntag.

Hoxe teño que falar de que un ecocidio identico sucedeu en Limón, Costa Rica.

Un camión. Unha explosión e os de Brenntag voltan o ataque.

Vergonza tiña que darvos lacazans!

As Pontes, vila asolagada

Domingo, Decembro 10th, 2006

En principio a data de finais de 2007 para parar a explotación da mina de As Pontes e enchela de auga segue adiante, segundo leo no blog da federación ecoloxista galega.

Quixera contactar con guerrilleiros das fragas, pero non sei o xeito.

grupo de flickr sobre o PRESTIGE

Domingo, Decembro 10th, 2006

a realidade dos medios

Acabo de crear no flickr un grupo encol do ecocidio do prestige.

Fixeno porque ia subir fotos un grupo xa existente pero non atopei nengún que acollera esta temática.

Tratariase de reunir fotografias sobre as mareas negras, as manifestacións, as consecuencias de hoxe en dia, etc. Calquer cousa relacionada.

E un grupo público e calquera pode poñer fotos. So fai falta ser membro de flickr (e de balde a conta basica, so hay que rexistrarse no sistema do yahoo eiqui).

Agradecese se cando se suban as fotos estas están ben cheas de metadatos (ou etiquetas, ou tags ou como cadaquen o chame).

E importante subir so fotos propias, para que os de flickr non poñan problemas.

A poñerse:

http://www.flickr.com/groups/prestige/

o fuel do prestige provocou alteracions hormonais e xeneticas os que traballaron con el.

Domingo, Decembro 10th, 2006

we are sick of being a colony. Estamos fartos de ser unha colonia

A nova sae no 20 minutos e no ABC, a conto da publicación no xornal científico Environment International do traballo de Beatriz Pérez Cadahía, Josefina Méndez Felpeto e Blanca Laffon Lage, da universidade da Coruña.

Se isto afecta a quen traballou co fuel, que non afectara a toda a cadea no medio ambiente, con fuel a un metro de profundidade catro anos despois.

ligazón a outros artigos científicos relacionados.

hoxe dia 1 decembro, dia da Galiza. Nen esquezo nen perdoo.

Venres, Decembro 1st, 2006

Hoxe e 1 de decembro.

Hoxe tería que ser o dia de Galiza.

Hoxe e non o 25 de xullo.

En troques de celebrar unha santidade, teriamos que pontificar o pobo galego, que en presencia ou ben de intención, estivo o 1 de decembro de 2002 na manifestación polo ecocidio do petroleiro Prestige.

Hoxe cumprense os catro anos daquela manifestación

Nada de Santiagomatamorosycierraespaña. O noso patrón e o pobo galego

Os heroes, o pobo.

Milleiros de homes, mulleres e nenos.

Ese dia fun facer fotos e rematei facendo tamén un documental.

Velaqui as fotos.

Velaqui o documental.

Daquela tivera moitas dificultades en atoparlle o xeito para subilo a rede.

Agora, nestes tempos chegados de web 2.0, todo o traballo esta distribuido por ela.

Nen esquezo nen perdoo os responsabeis.

E quero lembrar que naquelas datas Suso de toro foi dos poucos que dixeron e din as cousas claras. Meu recoñecemento para el, que daquela e inda agora parece que so reciba malleiras de todos lados.

Esiximos responsabilidades.

Ata Bush dixo nunca mais.

Aznar: precisase procesamento. E por riba diso prometia millons de axudas daquela.

Rajoy: querian poñelo de presidente de España polos servicios prestados ( son unos hilillos dixit. )

Fraga: se tanto di defender a Galiza , ¿por qué puxo por diante os intereses de partido e marchouse de cacería?

Alvarez Cascos: ten moitos intereses no allo.

Cuiña estraperlista.

A TVG e boa parte dos medios, mintindo. Inda lembro da resposición do programa LUAR cando parei a tomar un café para quentarme despois da choiva da manifestación. Parei nun bar de estrada, e en troques de aparecer o pobo galego naquel dia que foi o espertar do sono, a TVG pretendeu silencialo coa resposición de LUAR, como se todos e cada un dos que estiveramos ali non foramos conscientes que aquela mañá en Compostela cambiou o destino da nosa historia.

E inda quedan moitas preguntas por respostar.

Esta burla do pobo galego chegou o seu cénit co plan Galicia.

Un plan que consistia na implantación dunha sinalética pertencente a unha identidade corporativa mafiosa.

Daquela comecei o que hoxe inda non rematei, dar testimonio dese esperpento.

Como resultado deste proxecto artistico telematico, a Xunta demandoume e difamoume, contratando un bufete de avogados de Madrid. (unha vez máis, grazas, casa encantada).

A excusa era o dominio, pero querian que parase tamen o resto do proxecto (fotos, ensaios…podcast…todo).

A dia de hoxe, www.plangalicia.com pertence a xunta pero esta sen ser utilizado. Se por eles fose eu iria o carcere, e nen tan sequera preocúpanse por utilizar o dominio. Pagaron con cartos públicos centos de veces máis do que custaba rexistrar un dominio, pero inda hoxe, segue sen ser utilizado.

Ninguen se desculpou por isto, nen comigo, nen co resto do pobo galego, por esta burla.

Pero aqui seguimos, e seguiremos mentres poidamos, por todo o que nos botaron por riba nosa:

CHAPAPOTE POR NOS.

CHAPAPOTE POR NOS

“Si se dispara el dióxido de azufre, por ejemplo, se inyecta más carbón importado en la caldera”. CONTAMINAN PORQUE QUEREN

Mércores, Novembro 22nd, 2006

CONTAMINAN PORQUE DALLES A GANA DE CONTAMINAR.

Baixo a frase “Si se dispara el dióxido de azufre, por ejemplo, se inyecta más carbón importado en la caldera”, ENDESA admite claramente que a central térmica de As Pontes, agora pertencente a ENDESA e no futuro a E-ON, contamina máis porque lles da a gana. Se quixeran contaminaria menos, pero non lles seria tan rendible. Polo menos tan rendible se non teñen que pagar multas por contaminar, ne indemnizacións. Existe unha parte da ecuacion economica correspondente os custes ecoloxicos e humans, pero so falan de parte da ecuacion.

Gracias o blog do meu amigo Antonio Gregorio entereime que o pasado domingo saiu un artigo no xornal El Pais falando da central térmica de As Pontes, e o que o rodea.

Primeiro tirón de orellas, di que non hay oposición no pobo cara a central

¿E eu que son, o defensor da central? unha miñoca? Meu cerne está alí, e meu cerne está cheo de óxido de xofre.

O artigo está firmado por un tal L.G. se alguén o coñece que lle diga que se so mira nos traballadores da central, poucos atopará en contra.

Que mire tamen en todas a miles de persoas que tiveron que emigrar por un entorno hostil, a nivel ecolóxico, social e económico ( non preciso tecnicismos, traduzo: contaminación, caciquismo e reconversión).

Seica di o alcalde que se a central para morre todo.

Coido que está cego, porque o pobo xa morreu.

Foi pouco a pouco, pero morreu. Morreu como o verme vaise metendo na mazá, deixa a mazá e esta apodrece, e quen so ve mazas podres parécelle normal.

A situación actual de As Pontes non e normal. Claro que a xente estará contenta de que lle dean traballo. A xente que ten traballo, porque a outra xa emigrou. Iso chámase hipocresía e caciquismo.

O autor di que “No hay concurso escolar o exposición en la que no salga a relucir. Maquetas sobre la reforestación de la escombrera de la mina, a cargo de la empresa propietaria, Endesa, decoran el Ayuntamiento. Y todo es gratitud hacia la empresa que financió el nuevo polígono industrial, que da trabajo a mil personas.”

Pois eu quero expoñer nas Pontes, e non para darlle as gracias a ENDESA.

Se alguen de As Pontes ten valor para axudarme, xa sabe cal e meu correo.

Se non non pasa nada: miña conta pro de flickr so ten como limite 2 gb de subir fotos o mes, e sen limite para velas.

Endesa: chora coma PEME o que non soubeches defender como empresa con responsabilidade corporativa medioambiental e social real.

Mais, que hay mais para todos, “Los años en los que quemaba 12 millones de toneladas de lignito local, cargado de azufre, han quedado atrás.”

Pois si que pasaron hoh, pero os que xa emigraron non lles van a dar cartiños para voltar e empezar de novo. Lembro de ver a choiva acida. Lembro como todos calaban. Lembro esa puta merda de chiculate sobre os capos dos coches, Lembro esa merda chovendo sobre os pinos. Inda de cando en vez aparece de supeto un como queimado. Foi a choiva acida.

Pero ENDESA pensou e pensa que chega con dar cartos a CORAL, as asociacions para calarnos a boca a todos. ENDESA pensou que pode agasallar democracia.

Mais a democracia non se agasalla. Todos temos dereito a poder asociarnos, a poder desfrutar da cultura. Iso ensinoumo un mestre que se chamaba HERNAN NAVAL , e que tiña algo que vos non, e chamase INTEGRIDADE.

Jesus Abadia, xefe de medio Ambiente da central, di que hay un centro de medición na Coruña e 17 puntos de control

Onde estan os datos das medicions deses puntos de medicion dende 1976? someteronse a auditoria e fixeronse publicos dende esa data? NON, LOGO E TODO MINTIRA.

Agora , señores importantes de ENDESA, diredes misa e falaredes de responsabilidade corporativa, crowdsourcing , teredes unha fundacion ENDESA e inventaredes novas  coas que xustificar voso comportamento ante  os vosos accionistas.

Pois ide dicindo misa tamen en ingles:

Miña misa en ingles chamarase A TERRA PUTA.

E polo menos miña misa non se celebra en igrexas iluminadas a costa de contaminar e agredir a GALIZA.

pd: o blog de Choiva Azeda faise tamen eco do asunto.

As Pontes e o cu de Europa e ENDESA cala a boca

Luns, Novembro 13th, 2006

A central térmica de As Pontes e o maior foco contaminante de toda Europa.

Punto.

Así, como soa.

E non o digo eu: o di a empresa de consultoria inglesa EMRC
A chimenea e As Pontes de festas

Ligazóns relacionadas:


Xa podedes visitar o monstro de xeito virtual: central termica das Pontes con Google Earth 4

Xoves, Outubro 12th, 2006

Por se alguen lle interesa, xa se pode visitar a traves do Google Earth, version catro, a central térmica de As Pontes.

Unha vez que descargas o arquivo (tendo antes instalado a version 4 do Google Earth), levache directamente a As Pontes, e crease unha realizacion da termica por vectores.

O traballo esta feito por imaxefree.com da Coruña.

Para quen lle seña de utilidade, antes que alguen lle meta algo que tumbe a chimenea. Supoño que non sera a opa de EON ou Gas Natural a Endesa, senon…senon outra cousa.
Como detalle de curioside, tedes unha persoa na barandilla na parte superior da cheminea.

( “Mariano, pero como podes opoñerte a central ? se esa central da postos de traballo a galegos, de que vai vivir a xente se quitan a central.” “A resposta e sinxela meu, algunha vez preguntastevos canta xente de As Pontes tivo que irse pola puta central? Cando ides comezar a preguntarlles estas caralladas a todos eles, e o que e mais importante, cando ides pedir desculpas a eles e seus fillos e as xeracions vindeiras por ter apoiado a puta central?” )

Nota: acabo de enterarme que chuzaron esta nova, e que no chuza xa estaba a sua vez a nova dende hay varios dias. Pois non tiña nen idea: se me enterei da vectorizacion da central termica foi grazas unha busqueda no Google.

CHAPAPOTE POR NOS

Venres, Outubro 6th, 2006

CHAPAPOTE POR NOS

Fondos europeos para destruir a ria de Ribadeo

Xoves, Setembro 14th, 2006

Vou amosar unhas fotografias feitas o ano pasado (concretamente o 27 de marzal de 2005) no peirao de Mirasol en Ribadeo.

Quero denunciar duas cousas:

  1. Que ocultase a cidadadania que isto fixose coa axuda de fondos europeos
  2. Que o concello de Ribadeo adicouse dende principios dos anos 90 do seculo XX , a ir facendo pequenas ampliacións da ria de Ribadeo, cargandose esta pouco a pouco, para que o ser pouco a pouco de cada vez a xente non se una nen proteste polo sucedido.

Digo isto cando , como comenta no seu weblog Antonio Gregorio, vaise facer outra ampliacion máis.

Primeiro amosarei tres fotografias do acceso a obra:

Acceso a obra do recheo do porto #1

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións).
Acceso a obra do recheo do porto #2

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

Acceso a obra do recheo do porto #3

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)
Nestas tres fotografias observase a manipulación: como por lei e obrigatorio poñer os carteis de obra, estes poñensi, si , pero fano de xeito oculto.
Como estan dentro da obra e esta prohibido acceder, a xente non pode ver o seu contigo, que agora amoso nestas duas fotos:

Cartel da obra da ampliacion do porto de Ribadeo

Este cartel podiase ver o lonxe mais ou menos, inda que con dificultade.

O seguinte cartel era xa imposible de velo sen internarse moito:

Cartel da obra da ampliacion do porto de Ribadeo

Vexamo-la incoherencia.
Anteriormente diciasenos que a UE paga cartos por sacar area da ria. E aqui estan a dicirnos que a UE paga cartos por botala a uns metros esa area.

Por culpa das ampliacións teñen máis area, enton quitan a area pero con ela voltan a facer outra ampliación, co cal so van conseguir ter proporcionalmente inda máis area e máis problemas para a navegación.

Seria desexable un minimo de lexislación en deseño gráfico, polo menos en sinalética pública, para que non pasen estas cousas. En detalles asi vese o avanzadous ou non que estamos. Non digo crear un corpo de inspección de deseñadores gráficos, pero tampouco permitar estas cousas, porque entón estos carteis con información pública non cumplen coa sua función.

O igual que o concello de Ribadeo cala co do ruido polas noites, cala tamén con isto.
Conclusión:

Por culpa das sucesivas ampliacións do porto dos mercantes, acumulouse unha gran cantidade de sedimentos en forma de area na ria, provocando o aumento do teson (que e como se lle chama a esa area que sempre puido verse en baixamar. Iso si, en moita menor cantidade que agora). Iso foi a mais e a sua vez esta a provocar máis problemas, como cambio de correntes, ou que no astaleiro das Figueiras cada vez teñen máis problemas para sacar os barcos. En definitiva, cada ampliacion do porto de Ribadeo e rematar un pouco máis coa ria. Xa non so pola propia ampliación, que tamén, senon polas consecuencias colaterais que esta a provocar.

A continuación, unhas vistas xerais da ampliación:

Por certo, este porto e utilizado en boa parte para sacar a pasta de papel da papeleira de Navia -Asturias-

draga e excavadora

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

draga vertendo area no recheo do porto

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

recheo do porto de Ribadeo e paseo maritimo

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)