Archive for the 'ecoloxia' Category

1-12-2002. A manifestacion: o espertar do sono (video documental)

martes, setembro 12th, 2006

Despois de ontes anunciar outro documental galego, teño que darvos hoxe duas novas.

Unha, fun admitido a conta de director de youtube , de xeito que xa poderei subir traballos meus que duren máis de dez minutos (era o que estaba a agardar para poñer na rede os traballos)

O primeiro traballo que subin foi o documental feito o 1-12-2002, " A manifestación: o espertar do sono". E sobre a manifestación que tivo lugar ese día en Santiago de Compostela. Foi convocada por Nunca Mais en denuncia do pasado as semanas anteriores co afundimento e ecocidio do petroleiro "Prestige".

Hay xa camiño de catro anos deste traballo. Estiven no dique seco, por moitas razóns. A demanda con avogados feita pola Xunta polo proxecto plan Galicia foi unha delas (graciñas casa encantada e hacklab compostela) . A cámara coa que fixen este traballo, estropeouse por mor da chuvia dese día. Tiña duas opcións, seguir grabando e estropear a cámara, ou non grabar e agardar que TVE, TVG e demáis televisións me contaran o conto.
Escollin a opción A e tería que agardar a película "Psalmus" - un traballo de Santiago Sanjurjo e meu - para voltar as andadas. Neste momento levo un ano coa rodaxe de "Tanhäuser", sobre a emigración galega.
Non dou por rematado este traballo de "a manifestación"; gustaríame, inda anos despois, poder entrevistar os protagonistas, isto e, a xente que ali estivo, e que den sua opion, tanto de antes dela, como o que se atoparon ali, e o que ven hoxe en dia.

Durante unha breve temporada, subin a rede o documental. As poucas veces que puiden ir a algunha xuntanza de burla negra (unha en realidade), puxen o meu chiringuito vendendo fotos e peliculas miñas, xa que non tiña outro xeito de distribución.

E agora, inda que sego sen ter medio de distribución físico, polo menos xa podo voltar a poñer cousas na rede:

http://www.youtube.com/grueiro

Pouco a pouco tamén vou subindo miñas fotos eiqui:

http://www.flickr.com/photos/marianogrueiro/

Desfrutade do traballo. E sobre todo, desfrutade do orgullo e dignidade dun pobo que dende ese dia voltou a facer sua a rua.

Chuzame! chúzame -

NON TODO E CARBON. Adianto do documental sobre as Encrobas no youtube

luns, setembro 11th, 2006

Teño que felicitar os que están facendo, - Xosé Bocixa - ,os que xa fixeron , o documental sobre As Encrobas. Ogallá non seña o único. Ogallá moitos máis veñan tamén. Decenas, centos de visións sobre o acontecido. Ogallá A eléctrica fixera tamén a sua versión, máis iso non vai pasar: a película da empresa e a que vemos tódolos dias., xente dicíndoche despectivamente que se non de a ver de onde quitamos a corrente. Agora cos aeroxeneradores non o din tanto, e agora inda preto deles os cortes de luz continuan na Galiza como hay decenas de anos.
Gracias a Chuza e a si home si puiden ver no youtube un adianto (teaser) do traballo. Chorei, e quero dicilo, chorei por pena, e sobre todo porque alguén lle deu a oportunidade a xente.


"Non hay nada que legarlle os que veñen detras, porque todo o que eramos, temolo aqui (e sinala a cabeza) e temolo aqui (e sinala o corazón)", di unha muller. Ten toda a razón
Niso a rede xoga un papel moi importante. Non podemos esquecer nosa cultura , e nosos sentimentos cara a nosa terra.

Gustariame que alguen me contase as suas historias con respecto a mina de As Pontes, porque so teño a miña historia persoal e as do meu redor. Non digo que poida facer un documental, pero se teño as suficientes historias algo poderei facer. Neste momento non podo ir, casa por casa, pero meu correo volta a funcionar, a si que se tedes algo que dicir, dadelle uso a conta:
Quixera saber a historia dos que tiveron que rematar marchando, e dos que fixeron a que inda hoxe en dia e cos seus 356 metros a construcción máis alta do estado español. Os que fixeron esa chimenea. Quixera saber todo iso e para facelo agora teño so a rede, e a maior parte dos protagonistas non teñen acceso a rede, ven o sei, pero habera algún, ou familiar ou coñecido que si.
Despois de ver o resumo do documental das Encrobas , eu tamen digo que son da Faeira (As Pontes). Lembro inda cando eu era un cativo, o "cura das Encrobas", Moncho Valcarce, dando a misa na Faeira. E daquela eu non sabia quen era. Hoxe el non esta pero outros han de lembar o que pasou, e han de contar o que esta a pasar.
Han de roelo.
NON TODO E CARBON

Chuzame! chúzame -

PINK POMBAS in the stock market: Brenntag and Caldas de Reis

mércores, setembro 6th, 2006

hi folks!

today we have a nice new: Brenntag talk in it`s corporate website about Caldas de Reis.

HO-HO-HO

And what these people talk about?
they say that "Due to the contaminated fire-fighting water, the nearby river has been partly contaminated with chemicals, primarily toluene. Brenntag deeply regrets the incident and – regardless of the question of responsibility – will play an active part in a possible remediation of this part of the river.".

ERROR

Sorry, the true answer it is not this, and the prize it will go to the people who are ringing now to the 902-VAI-TOMAR-POLO-CU.

The true is that Brenntat it is lying to their investors in the stock market who maybe thinks that it is enought to now that Brenntag have a lot of enviromental certifications. The rude true is that Galician people it is now soooo tired after what happened with the ecocide of the fueltanker Prestige and a summer of fire.
And now come Brenntag with his white (so white, bleaching white) papers and say that all it is OK and Bambi will come to give Toluene to the Galician boys in Christmas.

Today I feel so good because I was reading the Brenntag's magazine, TOGETHER, and I thought, Thank Lord, and thank you Brenntag, because a month ago I even do not know who or what was Brenntag, but now, I will be like your John Waters in PINK FLAMINGOS. We will do our PINK POMBAS

oh boys, Bambi Brenntag come to the Umia not only with Toluene ("Some chemicals, principally toluene and styrene were washed into the nearby river Umia with the fire-fighting water. The extraction of drinking water has temporarily been suspended.") , but with this: (Galician government)

1,1,1,2-Tetracloroetano HRGC-MS µg/L
1,1,1-Tricloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1,2,2-Tetracloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1,2-Tricloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1-Dicloroetano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1-Dicloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,1-Dicloropropeno HRGC-MS µg/L
1,2,3-Tricloropropano HRGC-MS µg/L
1,2-Dibromo-3-cloropropano HRGC-MS µg/L
1,2-Dibromoetano HRGC-MS 150.0 µg/L
1,2-Diclorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,2-Dicloroetano PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
1,2-Dicloropropano PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,3-Diclorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
1,3-Dicloropropeno HRGC-MS µg/L
1,4-Diclorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
2-Clorotolueno HRGC-MS µg/L
4-Clorotolueno HRGC-MS µg/L
Bromobenceno HRGC-MS µg/L
cis-1,2-Dicloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
cis-1,3-Dicloropropeno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Clorobenceno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Dibromometano HRGC-MS µg/L
Diclorometano PE-BV/0012 HRGC-MS 710.0 µg/L
Isopropilbenceno HRGC-MS 30.0 µg/L
n-Butilbenceno HRGC-MS 70.0 µg/L
n-Propilbenceno HRGC-MS 110.0 µg/L
p-Isopropiltolueno HRGC-MS 35.0 µg/L
sec-Butilbenceno HRGC-MS 50.0 µg/L
tert-Butilbenceno HRGC-MS µg/L
Tetracloroeteno PE-BV/0048 HRGC-MS 720.0 µg/L
Tetracloruro de carbono PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Trans-1,2-Dicloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Trans-1,3-Dicloropropeno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Tricloroeteno PE-BV/0012 HRGC-MS µg/L
Trihalometanos
Bromodiclorometano PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
Bromoformo PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
Cloroformo PE-BV/0048 HRGC-MS 65.0 µg/L
Dibromoclorometano PE-BV/0048 HRGC-MS µg/L
BTEX's
1,2,4-Trimetilbenceno PE-BV/0015 HRGC-MS 600.0 µg/L
1,3,5-Trimetilbenceno PE-BV/0105 HRGC-MS 260.0 µg/L
Benceno PE-BV/0048 HRGC-MS 30.0 µg/L
Estireno HRGC-MS 8540.0 µg/L
Etilbenceno PE-BV/0015 HRGC-MS 720.0 µg/L
m+p-Xileno PE-BV/0015 HRGC-MS 1720.0 µg/L
o-Xileno PE-BV/0015 HRGC-MS 350.0 µg/L
Tolueno PE-BV/0015 HRGC-MS 1640.0 µg/L
Chuzame! chúzame -

Merda

mércores, setembro 6th, 2006

Onde as dan as toman, unha sesion de googlebombing: merda , merda , merda (curso rapido de googlebombing: se ligas unha palabra cunha paxina, podes conseguir que o buscar un termo -merda- apareza o que ti pensas que se corresponde -paxina- ).

Este googlebombing non está supeditado a ningun control de calidade medioambiental Iso nonseicantos.
Todo seña para informar os accionistas de Brenntag e subir sua cotización na bolsa.

Aproveito a ocasion para rendir meu agradecemento e homenaxe o hacklab compostela. Sen eles eu hoxe non estaria de volta na rede. Grazas.

Chuzame! chúzame -

carta aberta o presidente de Brenntag D. Heinrich Eickmann

mércores, setembro 6th, 2006

(a fotografia e de Adega, posta aqui con fins informativos e ligazón a sua páxina)

Carta aberta o presidente de Brenntag D. Heinrich Eickmann

Galiza ten acollido diferentes comunidades o longo da sua historia. Compartiu suas riquezas coas diferentes civilizacións que pasaron por esta terra.

Sei que, coma xestor de algo tan delicado e o mesmo tempo tan necesario para a industria occidental coma os productos químicos, será coñecedor dos problemas ecolóxicos que tivo Galicia no século XX e no que levamos de século XXI:

o réxime do dictador Francisco Franco quitou as terras o pobo para enchelas de enormes masas forestais. Este vrao unha gran cantidade destas teñen ardido , por diferentes causas.

o dictador Franco permitiu tamén a apertura de duas das centrais térmicas que máis contaminan de toda Europa: Meirama e As Pontes. Agora e a dona destas centrais, a empresa ENDESA, que será absorvida pola empresa alemana EON, Alemaña terá unha responsabilidade engadida sobre Galiza.

Na Galiza teñen habido máis mareas negras que noutro lugar do planeta Terra. A última e maior delas foi a provocada polo petroleiro Prestige.

Sei que vostede non e responsable das pasadas miserias ecolóxicas, pero ten que entender que nosa xente esta cansada e alporizada por tantas agresións contra seu medio ambiente. Vostede non e responsable do que pasou co buque petroleiro Prestige, nen co que ten pasado coas fragas, pero si que é cupabel de xestionar unha empresa que tivo un incendio que provocou un vertido de residuos tóxicos cara un rio. Son vostedes os responsabeis de escoller precisamente o emprazamento, e se non tiveron posto en marcha as suficientes medidas de seguridade, son culpables. E se tampouco previron medidas de seguridade suficientes para evitar que no caso de incendio os productos cheguen o medio ambiente, eu fagolle tamén responsable disto.

Sua páxina web fala de medio ambiente e de trazabilidade, pero a cadea de fallos indica pouco amor polo medio ambiente.
Unha sociedade que, en Galicia, viviu sempre ligada o seu cerne, seu medio natural. Din ser honestos coa sociedade, pero na sua web non aparece a nova do incendio, e do posterior vertido de residuos tóxicos. Non aparece nada, nen a nova nen tan siquera unha nota de desculpa, e ocultan a verdade os accionistas internacionais de Brenntag.

Agardo que as próximas semanas, aparte de que se fagan cargo dos costes económicos de diferes desta catástrofe ecolóxica, seña feito público un comunicado pedindo perdón o pobo galego polo que ten sucedido.
Agardo que mentres teñan aberta, tanto esta como outras factorias no estado español, as devanditas fábricas señan exemplares na sua seguridade medioambiental. Se vostede non fai isto, as empresas adicadas a producción de productos químicos industriais perden seu argumento de ser necesarias, porque o único que fan e rematar co mesmo medio ambiente que lle suministra as materias primas, e fan un dano máis grande que o ben que fagan.

O vertido tóxico no rio Umia foi un erro e Galiza precisa que lle digan exactamente iso, que e un erro, que non e normal e que vostedes piden desculpas.

Mariano Grueiro

actualización as 16:15 do . Brenntag acaba de publicar nas suas paxinas como nova o ecocidio do Umia asi como os cartos que levan gastados en limpar todo.  QUE CASUALIDADE.

ligazóns:

seccion de medio ambiente de Brenntag.

xestores de Brenntag.

paxina de novas de Brenntag.

Análise dos vertidos por parte da Xunta.

Adega.

Merda con control de calidade . Iniciativa de Vigoblog para que dean de baixa a empresa Brenntag da organizacion de empresas responsables co medio ambiente).

Onde as dan as toman, unha sesion de googlebombing: merda , merda , merda   (curso rapido de googlebombing: se ligas unha palabra cunha paxina, podes conseguir que o buscar un termo -merda- apareza o que ti pensas que se corresponde -paxina- ). Este googlebombing non está supeditado a ningun control de calidade.
versión en aleman a continuación (ollo, foi feita por un traductor en liña de xeito automatico, dubido que poida entenderse. Se alguen quere traducila e enviarma, adiante, conformome con que un aleman poida entendelo por encima)

Buchstabe öffnete sich zum Präsidenten von Brenntag D. Heinrich Eickmann

Galizien hat empfangen unterschiedliche Gemeinschaften während seiner Geschichte. Er hat seine Fülle mit den unterschiedlichen Zivilisationen geteilt, die durch diese Masse geschahen. Er gab Gold nach Rom, Bäume für die große Marine und den Wolfram für das Drittes Reich; während ihrer Geschichte waren die Zivilisationen viele, die durch Galizien überschritten.

Daß, wie Manager von etwas, das und notwendig für die westliche Industrie, chemische so empfindlich ist Mittel gleichzeitig mögen, Experte der ökologischen Probleme sein die Galizien in Jahrhundert XX und der gehabt uns hat, nahm von Jahrhundert XXI:

* das Regime des Diktators Francisco Franco löschte Masse, um sie nach enormen Waldmassen zu füllen. Dieser Sommer ein große Menge dieser Wälder hat, durch unterschiedliche Ursachen gebrannt.
* der Diktator Francisco Franco erlaubte auch die öffnung von zwei der Wärmekraftwerke, die aber von allem Europa verschmutzen: Meirama und als Pontes. Jetzt, die der Inhaber dieser Kraftwerke, die ENDESA Firma, absorvida durch die deutsche Firma AEON gewesen ist, hat Deutschland eine Verantwortlichkeit, die auf Galizien hinzugefügt wird. Sie
*en Galizien sind gewesen schwärzere Gezeiten als in einem anderen Ort der Planet Masse. Letztes und das grössere von ihnen verursachten durch den Prestigeöltanker.

Daß du nicht für das letzte ökologische Elend, aber sie verantwortlich bist, muß, einschließen/versteht, daß unsere Leute, die dieses von so vielen Angriffen gegen sein Klima ermüdete. Du bist nicht verantwortlich für, welchen Durchgang mit dem ölschiff Prestige noch mit welchem es mit den Wäldern geschehen ist, aber schuldig ist, eine Firma zu handhaben, die ein Feuer gehabt hat, das den überlauf der giftigen Reste zu einem Fluß verursacht hat. Du bist sie verantwortlich, zum dieser Position in der Tat zu wählen, und wenn sie nicht oben die genügenden Sicherheitsmaßnahmen begonnen haben, sind sie schuldig. Und wenn sie nicht die Sicherheitsmaßnahmen vorweggenommen haben, die auch nicht genügend sind, das im Falle des Feuers zu vermeiden, welches die Produkte zu Klima kommen, auch ich tue die Person, die zu ihm von diesem verantwortlich ist.

Seine Seite Netzklima Rede und trazabilidad, aber die Kette von Ausfällen zeigt wenig Liebe durch Klima an. Eine Gesellschaft, die, in Galizien, immer gelebte genommene Wurzel zu seinen natürlichen Mitteln hat. Sie behaupten, mit der Gesellschaft ehrlich zu sein, aber in seinem Netz erscheint es nicht die Nachrichten des Feuers und der neuere überlauf der giftigen Reste. Die Nachrichten scheinen nicht nichts entweder weder noch mindestens eine Anmerkung der Entschuldigung und verstecken die Wahrheit zu den internationalen Aktionären Brenntag I
",0] ); D(["ce"]); //-->

Der Hoffnung, daß die folgenden Wochen, neben denen sie werden, Kosten der ökonomischen Kosten dieser ökologischen Katastrophe eine amtliche Nachricht allgemeine erbittene Entschuldigung zur Galician Bevölkerung durch die geschehene Sache gebildet werden.

Ich hoffe, daß, während geöffnetes hat, so viel dieses wie andere Fabriken im spanischen Zustand, diese Fabriken in der Klimasicherheit mustergültig sind. Wenn du nicht dies tust, verlieren die Firmen, die der industriellen Produktion des chemischen Mittels eingeweiht werden, ihr Argument, um notwendig zu sein, weil die einzige Sache, daß sie, ihn selbst Ende Klima ist, das Rohstoffe zu ihm zur Verfügung stellt und eine Beschädigung verursacht, die grösser als das gut ist, als.

Der giftige überlauf im Fluß Umia war eine Störung und Galizien Notwendigkeiten, denen sie sagen, daß genau, die eine Störung ist, das ist nicht Normal und daß du um Entschuldigungen für diesen Grund bittest.
Mariano Grueiro

Chuzame! chúzame -

Rodolfo Langostino invade o castro de As Grovas, Ribadeo

venres, setembro 1st, 2006

(Preme na foto para ver a máxima resolución)

Unha invasión de Rodolfos Langostinos prepárase para invadir o castro de As Grovas en Ribadeo.
O tutor desta plaga de langostinos, a empresa Pescanova, declarou despois duns fogos artificiais, e por boca do seu presidente,Manuel Fernández de Sousa que "metense con nos, pero os noruegeses de «Stolt Sea Farm» deixanlles facer unha granxa de rodaballos preto do castro de Baroña. (suponse que iso otorga dereito a PESCANOVA a facer o que lle pete)

Dase a circunstacia que Ribadeo vive do turismo, pero pese a zona tan rica de xacementos arqueolóxicos da zona ribadense, a maioria estan sen investigar nen manter, e xa non digamos que estan sen explotar turisticamente
Existe un cargo de director da Gerencia de dinaminación turística de Ribadeo, Juan Luis Erice Calvo Sotelo (conferenciante, ex xestor de coñecemento de Egon Zehnder, e sobriño do ex-presidente de governo Leopoldo Calvo Sotelo), asi como unha fundación comarcal da mariña oriental. Seu director e Manuel Valin Valdes, e ata o momento tampouco declarou nada. E de agardar que estas persoas, xestores de entidades públicas que teñen coma obxetivo coidar do entorno como ferramenta para o turismo, o mesmo que o concello de Ribadeo, tomen medidas no asunto, porque baixo a hipotetica posta en marcha de novos postos de traballo, pretendese ignorar as repercursións sobre o patrimonio, e sobre todo ecolóxicas. Xa en Fuerteventura tiveron problemas por non tomar medidas e Ribadeo non sera menos.
Tal e como indicaba Antonio Gregorio, de Ribadeo, no seu weblog, a documentación da piscifactoría menciona que a máxima filtraxe sera de un milimetro (ou seña, que se por moita suciedade que teñas, pasaslle a batidora, todo iso vai directamente o mar)

José Martínez Couselo, no seu blog "acento gallego", xa indica que despois do ecocidio do Prestige e cando todo o mundo falaba do Plan Galicia, PESCANOVA dixo que ia facer algo por Touriñan. Esa factoría de Touriñan e a que hoxe queren facer en Ribadeo. E sinxelo falar cando os políticos dician que darían 12.000 millons de euros para o PLAN GALICIA. ¿onde están? ¿onde está PESCANOVA?

Ligazóns relacionadas con Rodolfo Langostino, o okupa dos castros galegos.

Documentación do proxecto da piscifactoría de PESCANOVA en Ribadeo.
Ponte en contacto con Grumete, o amiguiño mariñeiro de Rodolfo Langostino, para que se alquile un piso con el e deixen en paz os castros.
Lexislación de aplicación da piscifactoria.
Foro de a las barricadas.
O tribunal superior de xustiza galego paraliza as obras de Rinlo.

Unha paxina moi interesante de estudiantes de historia da UNED con seccions de arqueoloxia .

weblogs Ribadenses que falan deste tema:

Antonio Gregorio.
Vida socio-politica de Ribadeo

Esta e a piscifactoría do noso amigo Rodolfo Langostino. Outro dia falaremos da piscifactoría que quere facer preto de ali o irmán do ex-ministro , Ramón Alvarez Cascos, titular de Acuinor tamén en Ribadeo.

Chuzame! chúzame -

Ley de costas?

xoves, agosto 31st, 2006

chalet entre a praia de Illas e a de Os Castros

(preme na foto para ler as anotacións da mesma)
Teño entendido que existe a obligatoriedade de deixar unha marxe de cen metros (100 m.) para contruir preto da costa.
No seu momento, Greenpeace protestou pola construcción dun hotel que violaba esta ley.

(foto de Greenpeace. preme na foto para ver a maior resolución) 

Isto e asi polos abusos cometidos nos ultimos anos , pola construcción de xeito indiscriminado no litoral do estado español.
E nos, como bos españois, non nos libramos na Galiza de construccións elitistas, que non se pode permitir calquer persoa, como e o caso da foto que amoso hoxe.

O chalet en cuestión non ten perda, atópase entre a praia de Illas e a praia dos Castros.

Varias persoas por separado dixeronme en varias ocasións diferentes que debaixo desa casa habia unhas mámoas ou un enterramento antigo semellante, inda que eu iso non o vin.

Pero non o vin por duas razóns:

1- Eu non estaba cando construiron esa casa, asi que non podo sabelo.
2- Debido a que agora hay unha casa, endexamais poderei ver esas mámoas. So vexo a casa.

Ben poderia ser certo. Teño a persoal teoria, e sei que non son o único, que a área do literal que esta o oeste de Ribadeo e unha das máis ricas en xacementos arqueolóxicos de cultura castrexa (chamalle castrexa, celta, etc). Pero estan sen explotar, outra cousa a revisar as razóns diso.

Preguntámonos ata que punto é ético que, habendo esta ley , pasen estas cousas, pasa que fanse estas construccións, non de necesidade, senon de luxo, amosando ante todo o mundo que non todos somos iguais ante a ley como ben di a constitución española.

Din que o litoral vai ser sementado, non dunha casa, senon de moitas casas. De agrupacións de casas as que chaman non lugares ou aldeas ou parroquias, senon urbanizacións, que é como unha parroquia laica. Laica xa non de santos e relixión, Senon laica de ética e cerne.

Chuzame! chúzame -

choromicas profesionais a dous anos do ecocidio

luns, novembro 8th, 2004
choromicas profesionais a dous anos do ecocidio

on 08/11/2004

Si, o 13 celebrase o aniversario do ecocidio, e miña querida lavoz fala hoxe de que non hay cartos para radares, de que os becarios emigran, de que....en fin, eu coido que a cousa non esta tan mal:

  • de voltar hoxe outro ecocidio, reaccionariase millor. Non polos medios, que non hay màis nen màis cartos, senon pola mobilizaciòn popular da xente, que xa ten experiencia.
  • Os investigadores teñen problemas e emigran porque queren. Si, esta frase e unha parvada, admitoo, pero màis parvada e segir coa esmola, e non reclamar en firme. Ou hay cartos ou non os hay. Se non os hay, pois habera que aguantarse, pero parece que os hay para outras cousas. Ese e o problema.

    Xa teño un novo xeito de ver todo isto, parafraseando o titulo dunha pelìcula de finais dos noventa. Contra o que pasou en Sarajevo, Susan Sontag non falara de nos cando morramos.

  • Chuzame! chúzame -

    Azkintuwe, xornal mapuche

    sábado, xuño 5th, 2004

    Se eu digo a palabra azkintuwe, coido que non a moitas persoas lles dira moita.
    Pero mapuche cecais si.
    Ou Santiago de Chile, cidade que me gustaria un día coñecer (alguén da pensión?)
    Todo isto ven porque este e o nome do xornal oficial da comunidade mapuche.
    E que son os mapuches?
    E o pobo orixinario do que hoxe coñecemos coma Chile e Arxentina.
    Teñen unha paxina oficial de informacion do pobo mapuche

    Eu comecei a saber deles máis cando estalou o escándalo da estafa que lle fixo a multinacional española ENDESA. (se alguen quere saber o que pasou, que siga a ligazón. a min dame noxo contalo).
    Máis envexo a sua integridade como pobo que faltanos na Galiza, e que pouco a pouco (sí, asi e, e se non o vemos máis claro, e porque é evidente que algo así nunca saira na tvg) vamos tendo nesta terra.

    Ben, cando souben daquelo, lembroume o que pasa nos arredores da central de As Pontes, aquela na que cando ias de excursión, regalábanche unha camiseta e un relacións públicas disfrazado cun casco, e argumentábache que gracias a centrais como aquela, unha discoteca custábache tres euros e non sesenta, querendo calarnos a boca.
    Claro, iso de excursión, se vives por aló, non entras nen de coña en toda a tua vida, máis terás que emigrar, porque as terras están contaminadas.
    Onda miña avoa sachaba as patacas, plantáronlle unha torre de alta tensión, e non puido protestar ante aquilo. Unha viuva con nenos nunha aldeiña galega -como tantas avoas!-, que tivo que ir renunciando as terras sen nengunha contraprestación. Ela e seus fillos -insisto, como tantos outros casos-, tiveron que rematar emigrando dunha terra que noutrora alimentaba a familia.
    Ningúen fala disto porque con tanta subención a poesía vangardista, e con tantos intereses o redor daquilo, quen será a voz das fragas? Andan todos moi ocupados en encharse a falar de Michael Moore ( si , o mesmo que ninguen coñecia cando del falaba hay anos) .... un dia teño que dicirlle a ese home que se dea unha voltiña, que seguro que o de ENDESA inspiralle. ( e coido que o seu accionariado tamén lle interesaría coñecer o que hay detrás de acender a luz)
    E voltando a Chile, celebro que gracias a rede poidamos coñecer seu xornal. A última e que os mapuches neganse a deixar suas terras, e xa algun anda no carcere, mais na cope non falan diso
    Deixo outra ligazón dun vocabulario araucano(mapuche) - castelán.
    Dende Galicia, meu apoio este pobo do que tanto descoñezo.

    Comments:|Comentarios

    Agremon on 05/06/2004
    A cuestión é que os nosos pequenos apoios prestámolos de xeito xeneroso pero tan descoñecido como os mesmos temas que apoiamos. Como organizalo mellor? Non é a pregunta do millón, senón a pregunta da Terra, pois é o que se está xugando: o futuro da nosa Terra e de nós como inquilinos dela.
    Mariano on 05/06/2004

    Non me preocupa, ata unha obra xigante comeza cunha pedra pequena....e as persoas cando queremos temos unha incrible capacidade de ósmose (lémbrate do soft. libre e o seu xeito de traballar)

    Chuzame! chúzame -

    Stein e o ecocidio

    luns, xaneiro 5th, 2004

    Stein e o ecocidio
    on 05/01/2004

    Non quero meterme co traballo do meu colega Norman Stein, pero si matizar o seu traballo sobre Galiza. Explicome. Fai uns meses publicou un almanaque con fotos da marea negra do prestige. E parte das ganancias iran a parar a organizaciòns ecoloxistas. Iso non me parece mal.

    Pero o que me parece moi mal e que se fale de "catàstrofe". Non pedimos a xente que nos visita que se fagan uns expertos en cultura galega, a nosa iconoloxia, desgracias e heròes. Non. Pero nunca que non chamen as cousas polo seu nome. Isto non e unha desgracia, nen unha catàstrofe. E tampouco mala sorte. Nen tampouco unha desgracia divina. Por iso non participei na selecciòn de fotos que organizaba o colexio de xornalistas de Galicia. O igual que no caso de Stein, pareceme estupenda a labor de divulgaciòn que fan, pero non queria que aparecese miña obra baixo o amparo da palabra . catástrofe

    Allan Sekulla falaba no 2003 de iconoloxía, de percepción, de cousas moi interesantes, pero tamén falaba de catástrofe industrial. Él e , ademáis de fotógrafo, escritor e crítico.
    Él foi o que expuxo sobre o prestige. El ten a voz, porque danlle voz. E coa sua voz, deixa para a historia, coa obxetividade dun fotógrafo, coa rigurosidade dun escritor, coa valentía dun crítico....que isto e sinxelamente unha catástrofe industrial da cal falar coma icono da sociedade.
    Tal vez será un icono, pero non das catástrofes industriais. E a sua análise atópase valeira, pola carencia da experiencia.

    Mais dende Alemaña poderemos mercar o seu discurso. Discurso que non tardou moito en facer. Todo un profesional.
    Eu en contra, que tamen estou tentando deixar constancia da situación , vexo que so acabo de comezar. Cando teña mais traballo feito, supoño que estaría ven contactar coa editorial de Allan.

    Gracias precisamente a tentar reflectir a realidade do que esta pasar no seo da nosa sociedade (non as miñas ideas, senon o que chega a min: tan so subxetivismo obxetivo), logrei que a obra que adico a marea negra do prestige, pasara cen veces màis desapercibida que moitos aficionados que presentaron a sua obra en diferentes exposiciòns. Temos que ser coherentes e chama-las cousas polo seu nome. Poderemos quedar sen axudas, sen terra ou sen saude. Pero non podemos deixar de chamar as cousas polo seu nome. E dado que o petròleo non sae polo momento dos carballos, haberia que mirar dende porque pasaba pola costa ese fuel, de quen era, onde ia, porque parou no mar, porque do mar chegou a costa, porque segue na costa, porque din que non existe fuel ningun. Vou parar, que estas son outras historias ¿Què como lle chamo eu o que pasou ? Ecocidio

    Comments:|Comentarios
    João on 07/01/2004
    Eu puxera-lhe já no seu dia, eco-atentado, mas eco-cidio vale-me igual. Nunca Nunca na vida vou esquecer o som das máquinas escavadoras na praia, pitando ao dar marcha atrás, mentre o cheiro da peste essa te marea, e o vento zoa, e nom podes falar com ninguem...

    Chuzame! chúzame -