GalizaArchive for the '' Category

Firefox en galego. Tristan Ninot: vai tomar polo cu

Mércores, Maio 21st, 2008

estamos fartos de ser unha colonia. Manifestacion 1-12-2002, Santiago de Compostela

(fotografia: cc Mariano Grueiro “estamos fartos de ser unha colonia”, 1-12-2002, Santiago de Compostela. Manifestación polo ecocidio do Prestige)

“En España un 23,5% de visitas se dan en Firefox, un índice que es superior al de EE UU, pero que no llega a los índices de Polonia donde el 40% del tráfico se da en el navegador de Mozilla. A pesar de estos aceptables datos Nitot ha recordado y prácticamente hecho un llamamiento para crear una versión del navegador en gallego: “Hay una versión en catalán de Firefox construidas por voluntarios que les importa su idioma, al igual que la hay de euskera. Pero aún no hay una versión en Galicia, muchas veces me lo preguntan y mi respuesta es que si nadie de Galicia se presenta no habrá una versión en gallego, estamos dispuestos a que la gente trabaje con nosotros”.

Estas son as declaracions de Tristan Ninot , responsable europeo do couso do Firefox.

Vin as declaracions en Vieiros e no xornal El Pais.

Non me gusta ser duro cunha persoa coa que nin tan siquer teño tratado, pero son un insulto as suas declaracións.

Tristán Ninot, por min podes irte tomar polo cú, vaite rañar a piroliña a outro sitio coa tua cadeira de poder.

O igual que Jacobo Tarrio, estou farto de falar do tema. Se algun xornalista ten interese e quer facer un traballo de investigación mínimamente serio, que contacte comigo directamente e/ou comece a ler as datas e listas de correo de desenrolo.

A fundación Mozilla non nos fixo puto caso e punto.

A ver se os xornalistas se toman a molestia de facer algo de investigación e falar claro.

Son moitas , moitisimas as persoas implicadas para rirse asi delas.

Foron deceas as persoas que durante anos me teñen escrito para colaborar co proxecto de traducción do Firefox, e teslles que dicir que os xefazos da fundación Mozilla pasan de nos, asi que todo seu esforzo perdido.

Nos arquivos do bugzilla, o sistema de xestión da propia fundación mozilla podese comprobar a veracidade do que digo:

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=282997

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=368055Adxunto tamén un artigo que escribin un par de anos e que ven a conto disto:

amateurismo e profesionalidade no eido do software libre.

Aledome moito que as cousas cambiaran na Galiza a niveis oficiais. Fernando avisoume que a Xunta esta a buscar a varias persoas para fomentar e desenrolar unha web para a creacción dunha forxa de software libre. Se me din isto hay tres anos, pensaria que e ciencia ficción. Non por non ser posible, senon pola actitude do governo galego daquela.

Nembargantes, non participarei nesa convocatoria. Nesta porque non podo segundo os requisitos, e nas seguintes, coido que tampouco participarei. Por requisitos e porque sobro.

A razón e que entra as condicións, que podense descargar nesta ligazón, están Enxeñeiro/a Informático/a ou estudiante dos últimos cursos da Enxeñería Informática”.

Estas Cousas dan algo de baixón. ¿Fixen algunha vez algo?. Na lista de correo do grupo de traballo (que a estas alturas segue orfo de coordinador) da traducción o galego das aplicacións da fundación Mozilla dixen que me retiraba alomenos dous anos, sobre todo despois do pasado tute.

O millor teria que pensalo, e deixalo para sempre. Non hay sitio para min: non teño titulos de informática.

Segundo a sociedade, non teño a menor idea de informática. E non falo xa de min, senon de todala xente implicada no software libre. A etica hacker, a tomar polo cu. A posibilidade de ser labrego e experto en C++ nas noites de inverno queda para os meus relatos de ficcion.

Mariano Grueiro non ten nen idea de informatica e ten que deixar sitio os profesionais. E os labregos expertos en C++ que emigren.

E coma o de fotografia, todo isto faime matinar no que e ser profesional. No seu momento ninguen daba un peso pola calidade de todo o software que non fose propietario, inda en tempos nos que era imposible a traducción a nosa lingua (agora fano porque ven perigar seu modelo de negocio coa chegada do software libre).

Polo menos, aledome que as cousas cambiaran, e agora polo menos de xeito oficial se queira proomover o software libre. E unha sorta para as novas xeracións de galegos, que veran o eido informático doutro xeito.

Engadidos:

Respostas oficiais da fundación Mozilla ante a solicitude da traducción (ollo as datas):

Description: [reply] Opened: 2005-02-21 03:01 PST

User-Agent: Mozilla/5.0 (Macintosh; U; PPC Mac OS X Mach-O; en-US; rv:1.8a4) Gecko/20040927 Build Identifier: Mozilla/5.0 (Macintosh; U; PPC Mac OS X Mach-O; en-US; rv:1.8a4) Gecko/20040927 contact details: Mariano Grueiro grueiro@enderezo.com website: http://galician.mozdev.org language to translate: Galician languagecode-countrycode: gl-ES hi, I contact to register as a Galician (Galego) language translator. In the summary of languages appear Jacobo Tarrio as the translator, but I emailed (jtarrio@trasno.net) him and he told me that he will not continue with the work (his last contribution was a year ago), so I want to continue the Galician translation of Mozilla (and, in future, of Firefox and Thunderbird). I’m trying to get in touch with more people, to do a translation team but at the moment it’s only me. thanks Reproducible: Always

——- Comment #1 From Robert Kaiser 2005-02-23 06:13 PST [reply] ——-

We’ll add you to the Seamonkey (MNozilla Application Suite) lists soon. When you’re starting work on an other product, please just file another bug report here, and we’ll take the needed steps.

——- Comment #2 From Robert Kaiser 2005-02-23 06:55 PST [reply] ——-

Have you already tried to contact Jacobo Tarrío who is listed as the current owner of Galician Mozilla localization? See http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#mlp_gl-ES

——- Comment #3 From Mariano Grueiro 2005-02-23 10:57 PST [reply] ——-

(In reply to comment #2) > Have you already tried to contact Jacobo Tarrío who is listed as the current > owner of Galician Mozilla localization? > See http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#mlp_gl-ES yes, first of all than I did was contact with him (jtarrioATtrasno.net), and he told me than he will not continue with the job anyway, while I was waiting for the bugzilla-answer, I’ll knew a team who want to translate to Galician the Firefox thanks!

——- Comment #4 From Tim Maks van den Broek 2005-08-21 03:19 PST [reply] ——-

(In reply to comment #3) > (In reply to comment #2) > > Have you already tried to contact Jacobo Tarrío who is listed as the current > > owner of Galician Mozilla localization? > > See http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#mlp_gl-ES > > yes, first of all than I did was contact with him (jtarrioATtrasno.net), and he told me than he will > not continue with the job > > anyway, while I was waiting for the bugzilla-answer, I’ll knew a team who want to translate to > Galician the Firefox > > thanks! Can Jacobo Tarrío confirm in this bug that he will not coninue the translation of the Mozilla Suite and can you provide the contact details of the new team.

Correo de despedida coma coordinador:

De: Mariano Grueiro <grueiro@enderezo.com>

Para: galician@mozdev.org

Fecha: 27-sep-2006 20:24

Asunto: coordinador

ola!

Levo varios meses matinando nisto, e inda que a varios de vos dixenvolo en privado, coido que non ten sentido agardar máis tempo.

Quero deixar o posto de coordinador da traducción.

Se tedes duvidas aqui estarei, pero en principio quero desvincularme como minimo durante dous anos das tarefas de traducción.

Coido que agora as condicións son diferentes que en xaneiro de 2005, cando pedira permiso a Xacobo Tarrio para continuar a traducción, posto que daquela ninguén -ninguén- queria facerse cargo dela.

A miña opinión persoal en canto a situación actual e que poderia estar ben crear un equipo dentro de trasno ou outros grupos. Sumar esforzos. Vexo moita interese por parte de moitos colectivos e persoas en atopar unha solución. Coido que iso e o máis importante para atopala.

Non podo deixar de dar miña versión.

No seu momento tentei seguir a secuencia que che obriga a seguir a fundación Mozilla para facerse cargo da traducción. O primeiro paso, por suposto, foi pedir permiso o traductor anterior, Xacobo Tarrio. Despois foron outros puntos, como suscribirse a lista de correo de coordinación de equipos de traducción, e presentar unha solicitude co bugzilla. Durante meses e meses, non respostaron, e cando por fin o facian era para dicir que a traducción levabaa Xacobo, e se nos pediramoslle permiso, que fora o que fixeramos en primeiro lugar. A pescadilla mordendose a cola, e neste tempo non se podia facer outra cousa que agardar a que Xacobo se puxera en contacto cos da fundacion para aclarar a cousa. Ou iso ou publicar unha versión que non poderia ser oficial, e iso coido que non teria que ser o obxetivo, porque se non seria como facer unha versión pirata. E para iso non precisamos autorización de ninguen, pero seguiriamos sen ter unha traducción o galego destas aplicacións.

Non deixo isto por cansancio, falta de interese ou desilusión, fagoo por como se puxeron as cousas: Xacobo quere traducir, pero pola sua conta, e durante meses non avisou os da fundación que nos faciamonos cargo dela . Dame igual que foramos nos ou outros, pero non deixar isto nun limbo burocrático que so serviu para desanimar a moitos dos posibles colaboradores. Polo camiño, moitas pedras, pero non me queixo porque vai co posto e porque e normal: un quere botar unha mao, seña co codigo ou resolvendo dúbidas gramaticais de caracter isoglósic; penso o que pensaba daquela, que todos poderiamos ter noso espacio en proxectos coma este. Outras persoas coa mellor das vontades quixeron publicar as suas versións, pero os da fundación erre que erre, e o final ata meteronse coma rebumbio no galiñeiro estamentos oficiais sen tan siquer lerse as normas da fundación.

Non, non estou desanimado, so e que temos cousas por facer, que non dependen de nos e que eu nunca poderei facer, unha e o de Xacobo, outra e da fundación e hay mais.

Unha delas e que asi como coido que no seu momento facian fala coordinadores, coido que eu agora estou de mais. Xa sei que seguramente son parcial en canto a isto, pero e a opinion que teño de min nos ultimos meses, e por iso tomei esta decisión. Non queria rematar por convertirme no que critico: prender de xeito oligarca un grupo como quen leva o timon dun chalano. Temos que unir tripulacións, e como vos dixen a situación agora en conto as cousas do software libre e a rede coido que foi a mellor.

Quero agradecervos a todos e cada un de vos o que levades feito e a ilusión posta. Pidovos desculpas os que enviastesme de xeito privado correos o meu enderezo e non os respostei, por motivos personais tiven que pasar moito tempo fora da rede.

Coido que ese e e noso comezo, non o final, e animovos a seguir adiante.

unha forte aperta

mariano

Chuzame! chuzame

This entry was posted on Mércores, Decembro 20th, 2006 at 10:47 pm and is filed under diario binario, informatica. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site. Edit this entry.

7 Responses to “amateurismo e profesionalidade no eido do software libre.”

  1. Agremon Says:
    Decembro 21st, 2006 at 8:49 pm ecasualmente remato de teclear ‘escoita’ como verba anti-spam. Pois eso. escoita. O que pasa é que teño que pensar ben o que dicir, e mentras podes escoitar dentro de ti. Sei que o fas. pero facelo de seguido non é doado. Por eso o repito: escoita (te). E segue no camiño, ó teu xeito.
  2. Marinha de Allegue Says:
    Decembro 22nd, 2006 at 8:53 pm eMariano!!! Cando ves por Kompostela??.
    Bo Nadal!!!Unha aperta.
    ;)
  3. Mariano Says:
    Decembro 22nd, 2006 at 9:34 pm eola Marinha!Tiña pensado estar maña – hoxe – 23 por Compostela, máis o final teño que deixalo para facer unhas fotografias da central térmica de As Pontes….coido que terei que agardar de novo uns meses ata ir por ahi.unha aperta Marinha, bo nadal e que teñamos un vindeiro bo ano.mariano
  4. fuji Says:
    Decembro 24th, 2006 at 1:31 pm e“os esforzos inuteis conducen a melancolía”
  5. anonimo Says:
    Decembro 25th, 2006 at 10:13 pm eMariano:Igual non vas moi descamiñado. Mira isto:http://chuza.org/historia/proposta-a-creacion-dunha-lista-debian-para-o-galego/
  6. eu Says:
    Decembro 25th, 2006 at 10:14 pm ehttp://chuza.org/historia/proposta-a-creacion-dunha-lista-debian-para-o-galego/
  7. Guillermo Says:
    Febreiro 12th, 2007 at 3:29 pm eHola, soy un defensor a capa y espada de lo que significa el software libre y me encanta que existan páginas como ésta para que el conocimiento libre tenga el reconocimiento que se merece. Tan sólo quería dar la enhorabuena portratar así este tema que, para muchos sigue siendo algo tabú y que tanto puede reportarnos de beneficio para todos. También quería comentar que existe una página donde se trata el software y conocimiento libre de una forma amena y en profundidad. A mí, personalmente, me gusta bastante. Os dejo el enlace por si queréis echarle un vistazo.
    http://www.territoriolibre.org
    Un saludo libre

metafaeiracode

*- Uxia DoBarro, Semion Lugovic, Ranganathan

*- mancomun, chuza, elpais, vieiros.

¿de verdade queren que comezemos a tormarnos a xustiza da nosa mao? Caso Prestige

Venres, Maio 9th, 2008

Que non fale do Prestige nen da estafa do plan Galicia non quere dicir que me teña esquecido un so dia nestes cinco anos do que pasou.

Hoxe e nova no xornal el pais que hay risco de que se vaia todo o garete. Non entrarei en detalles porque se non estamos un ano so para a introducción.

Esta era a ocasión do estado español para dicir “si, isto e e España, e como tal , aqui faise xustiza”.

“esta e a quinta marea negra que chega as costas galegas, pero será a primeira na que se faga verdadeira xustiza” As veces penso que os únicos partidos coherentes son os de ultradereita: para eles xa que isto e un anaco de España, todo aquel que se cargue un anaco dela, merece ser axustizado. Punto.

Ademais dos imputados, eu estou inda a agardar moitos máis imputados

pepemari

don manuel (se ben me chegaron informacións de que fixo máis do que eu coidaba que fixera)

fefé

cascos-casquete

O ruso

O da realeza que liberou o ruso.

A muller do da realeza.

Non sego, xa sabemos o que pasou alí.

Para min e para a maior parte de persoas que se informen sobre o sucedido, aqui teñen que sentarse no banquillo moitos.

Aparte diso, tamén terian que indemnizar a maior parte de voluntarios, galegos, do estado español e do resto do mundo, que se viñeron a axudar. A eles tampouco os esquezo un so día.

Que queren, ¿Que tomemo-la xustiza pola nosa conta? Despois queixaranse, despois viran os choros.

Non estou sinalando nen ordeando, so digo que a moita xente, o do Prestige rematou de arruinarlles a vida, e poida que agora non teñan nada que perder. Poida que agora, moitas persoas, máis das que semellan, persoas que estiveron e estarán en silencio e sen chamar a atención, comecen a botar as suas contas, e digan, porque non, posto que isto vai camiño de acabar coma a causa xudicial do sindrome tóxico. Alongamento en dictar sentencia, nos recursos, no procedemento…o millor ata nen xuizo sae.

Onde está a xustiza? porque se mañá pasa algo, logo que non veñan a dicirnos que “vivimos nun estado democratico que non ampara a terroristas se non que nun estado democratico os partidos politicos e mailo poder xudicial son as vias para calquer reclamación”.

O que está a pasar en Corcubión e case unha xustificacion, para moitos , da loita armada galega.

¿Afirmar isto e preconiza-lo terrorismo? non. Non estou dicir que iso seña a saida. So estou a dicir que e malo non deixar saidas democráticas. E coido que isto calquer que se chame demócrata ten que afirmalo: non e bo arrinconar ún gato.

Máis se algo disto pasase, tomariano coma a excusa para a militarización de Galiza. ¿será todo un plan argallado?

Coido que non, isto é o que é:os responsábeis do ecocidio están a influir para que suceda isto.

Os Pinos.
(Himno galego)¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán
.

Teus fillos vagorosos
en que honor soo late,
a intrépido combate
dispondo o peito van
;
se, por ti mesma, libre
de indigna servidume
e de oprobioso alcume,
rexión de Breogán

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos,
ós eidos ben antigos
con un punxente afán;
e cumpre as vaguedades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos,
¡oh, grei de Breogán!

Amor da terra verde,
da verde terra nosa,
acende a raza briosa
de Ousinde e de Froxán;
que aló nos seus garridos
xustillos, mal constreitos,
os doces e albos peitos
das fillas de Breogán;

que á nobre prole insinen
fortísimos acentos,
non mólidos concentos
que ás virxes só ben están;
mais os robustos ecos
que, ¡oh, patria!, ben recordas
das sonorosas cordas
das arpas de Breogán.

Estima non se alcanza
cun vil xemido brando;
calquer requer rogando
con voz que esquecerán;
mais cun rumor xigante,
subrime e parecido
ao intrépido sonido
das armas de Breogán.

Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade plos destinos
dos eidos de Breogán

Gaspar, Cuquita, os pubs de Ribadeo e o criterio do Cuartel de Ribadeo

Martes, Maio 6th, 2008

Gaspar, Cuquita, os pubs de Ribadeo e o criterio do Cuartel de Ribadeo

Saiu fai uns meses a nova de que os de El Farero (grupo de amigos e asociación cultural de Ribadeo) foran denunciados pola Guardia Civil .
Unha denuncia por bañarse no peirao de Porcillan e outra por tocar unha especie protexida.

Unha mágoa  que por uns mozos en Ribadeo que non están todo o puto dia esnifando fariña a Guardia Civil se meta con eles.
Non ten sentido que por rozar un golfiño sexan denunciados, e que a tortura durante semanas con colillas prendidas, o apaleamento, ultraxe e morte da foca Cuquita en 1988 sega impune.
Cuquita era unha foca que apareceu un dia pola ria. Aledábache un animal asi, e era cariñosa coa xente. Todo o mundo ia acariciar a foquiña e facerse fotos con ela. Un dia apareceu con queimaduras de cigarrillos. Outro día, matárona a paos.
Algún parvo dixo ignorantemente que fora porque comía o pescado. A foca matouna un salvaxe e punto. Nesa época tamén se dicia “Eu a miña muller pégolle o normal” Todavia algún dira que “menganita non lle botaba sal a comida e por iso seu home zoupáballe”.

Chámame a atención coma a Guardia Civil de Ribadeo queira multarnos por bañarnos no porto deportivo. Con máis motivos terian que prohibilo antes, cando existia un porto mariñeiro, e os mariñeiros chegaban de faenar. A xente arriscaba -arrisca- sua vida pescando para traer o xornal. Eu nesa época , coma outros, entrenaba na ria os 365 días do ano. Nen temporal nen caralladas, e iso dábanos un respeto mútuo.
En troques agora e utilizado polos ricos de Ribadeo. Lanchitas e iates utilizados maiormente no vrao. Repito, polos ricos de Ribadeo que crense moito porque len a Moitessier e fálanlle de tu o rapaz enchufado de turno que lles da o lasure no inverno o iate , e a Guardia civil non so lles multa os rapaces, se non que omite o sufrimento de persoas que non poden durmir, persoas que tolean, persoas que teñen dereito a vivir e que tamén pagan seus impostos: tódolos ribadenses que viven preto da zona dos pubes e demáis ocio nocturno de Ribadeo que non sabe pechar a sua hora.

Fai uns meses vin por Ribadeo carteis de diferentes festas en pubes. Nelas dise “fiesta ibicenca” (¿irán vestidos Ad lib?) ou “Fiesta Bacardí limón” (supoño que será unha festa na que se consuma Ron da familia Bacardí con bebida do Eroski de limón, ou ben que a familia Bacardí dá unha festa).  Pero tanto nun caso coma noutro está o lema, (en cutre tipografia pseudo caligrafiada, desas que se baixan do emule: nunha caligrafía a mao unha letra non e xemelga da mesma) “vivir sin  dormir”
¿Que tomadura de pelo e esta?

Non me faltou nada, e digo nada, a presentarme no cuartel da Guardia Civil de Ribadeo, e denunciar a morte a paos de cuquita. Por suposto , acompañada da  foto (non a teño escaneada, pero aqui , aqui e aqui poden verse fotos de cuquita nese tempo) de Cuquita,  que me fixen con ela cando eu debia ter uns once ou doce anos.

Sorte que respeto as forzas e corpos de seguridade do estado, porque a intervención en Porcillán, directamente, non a entendo.

– Non entendo coma un porto de mariñeiros e rapaces pode converterse nun porto de ricos que non traen riqueza nun pobo no que esos rapaces emigran dende hay anos.
– Non entendo que despois de que por culpa dese porto a Ria esté desaparecendo e o tesón esté gañando papeletas para converterse no novo resort de apartamentos galego.
– Non entendo que Bloque Nacionalista Galego (lalo), Partido Popular (Jose Carlos Rodriguez Andina), PSOE (Balbino Perez Vacas) e de novo Bloque Nacionalista Galego (Fernando Suárez) pasasen pola alcaldía e ningún dos catro se molestasen en mirar pola saude do pobo Ribadense. E o mesmo conto as forzas vivas de Ribadeo. Moito clero e moito intelectual pero nada. ¿Queren leccións de Madrid, do que tanto falan? Porque tanto encherse a boca de falar de Madrid, e en Madrid cortáronse ruas para que os veciños voltasen a desfrutar do silencio. En Ribadeo, que se supon pobo “turistico”, nada de nada. So alcohol barato para que a xuventude  e non tan novos esquezan que os políticos fundíronse a maos cheas as axudas europeas e agora hay que emigrar.
– Coa cantidade de xente que hay adicandose a fariña (cocaina), e a factoría de aluminios Alúmina esté botando miles de toneladas no medio dun eucaliptal, o Seprona metendose cuns rapaces por facer divulgación da natureza .

Comezo a pensar que todos os que as veces calamos para manter o Statu Quo, fixemos mal, moi mal.

Como me lembro do riquiña que era Cuquita, e da derradeira e cruel lección que me deu.

(Aqui e aqui lembranse inda de Cuquita)
(xa chegaron as multas)

Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo

Luns, Maio 5th, 2008

En Móstoles a pasada madrugada a xente ia de festa e as bandeiras españolas engalanaban as ruas.
Parece que o final non pasou nada. Sería polas alcantarillas.
Agora, un novo problema de seguridade.
Ribadeo, costa de Lugo.
Dentro de poucas horas terá lugar o enterro de Leopoldo Calvo Sotelo.
Abrirase o concello como capela ardente as tres da tarde, despois terá lugar o enterro.
E de suponer que o gobernó español ten un protocolo de seguridade para a morte de todos e cada un dos expresidentes, asi como do presidente en ejercicio.
En dito protocolo de seguridade, quedarán reflectidos os diferentes actos sociais, rutas, rutas alternativas e de evacuación, medidas de seguridade.
Polo tanto, e de suponer que mañá terán todo ven medido na praza de España de Ribadeo.
Coñezoa ben. Levar vivindo nesa praza media vida ten suas ventaxas.
Supoño que os responsaveis pasarán a comprobar tódalas vivendas, non vai ser que suceda o mesmo que o dia da voda de certo rei, aló en Madrí centro.
Pola miña non pasaron, pero isto e o conto de Móstoles.
Tamén teran observado o recorrido, cheo de alcantarillas inda sen soldar.
Móstoles e unha cousa e Ribadeo outra.
A traca final será o camiño do Cemiterio. Novas vivendas con soto que fan innecesarios esforzos como o de Carrero Blanco en Claudio Coello.
E non perder de vista aquela nova urbanización, a derradeira nese camiño.
¿xa?
Pois non.
E de suponer que o igual que no caso de Móstoles, asista a familia real, e dado que Ribadeo ten aeroporto en Vilaframil. (mellor dito, dito aeroporto e realización de Rafael del Pino, cuñado de Leopoldo Calvo Sotelo e expresidentes de Ferrovial), aterraran alí, e terán todo controlado (por ejemplo, que non esté ninguen agachado entre os eucaliptos da finca de Riocainzos de Rafael del Pino, onde seguramente dirixiranse certos importantes persoeiros.
O dito a semana pasada, se non pasa nada e porque non se quere, non porque non se poida.

Quen era Leopoldo Calvo Sotelo. España.

Leopoldo Calvo Sotelo, que morreu hay dous dias, era sobriño do que moitos din que foi o causante da guerra civil española, outro Calvo Sotelo, José Calvo Sotelo.
Na sua honra foi levantado un monumento (obra de Carlos Ferreira) na plaza de Castilla de Madrid.

En medio das torres kio, un obelisco e unha escultura presiden aquel sitio emblemático, aquela especie de kilómetro cero político. Unha especie de simbolo masónico feito de diagonais, algo como feito polos rosacruces.

A sua vez el e tio da ministra de cultura Mercedes Cabrera. O que non se soe nombrar e seu apelido, Mercedes Cabrera Calvo Sotelo.

Teño que decir que eu de rapaz era, o igual que meu pai, admirador deste home.
Máis foi esa admiración o que me levou saber del, e saber del foi o que me levou a rexeitar seus plantexamentos.

Sego coa familia.
Leopoldo Calvo Sotelo casou coa filla do ministro de educación franquista Ibañez Martín.
Os nosos destinos crúzanse: eu estudiei no colexio público Ibañez Martín de Ferrol. Daquela ou poñías El Ferrol del Caudillo, ou dábanche unha ostia. E tampouco cegaban as cartas poniendo Ferrol.
Souben o que significaba Ibañez Martín hay ben pouco tempo. Teóricamente ninguen agacha estes datos, pero na práctica non son doados de conseguires.
Leopoldo Calvo Sotelo era cuñado de Rafael del Pino e de Fernando Morán.
Foi Leopoldo o que nos mete una OTAN.
Chegaronme graves rumores que el tiña a chave do acontecido con sindrome tóxico. So o tempo dira se lle deixou a chave a alguén despois de seu paramento.
Meteunos ben na CEE.
Tampouco está todo aclarado co 23F.
Foi o que levou algún ano a RENFE. E tamen estaba no consello de Vespa España.

Que era Leopoldo Calvo Sotelo para os ribadenses.

Hoxe Ribadeo está cheo de xornalistas e cámaras, preguntando como imbéciles a xente que qué pensamos. A min non me preguntaron e como o fagan non o poñeran.
O que direi del e o que sempre sempre sempre escoitei dicir: “Ribadeo no tiene industria porque Calvo Sotelo no lo quiere”

Se eu lle digo isto ún xornalista, este pedirame fontes, pero ¡e que era vox populi!, “Ribadeo no tiene industria porque Calvo Sotelo no quiere, no le gusta que se estropee y afee todo.” A min que agora non me vexan con que vaia home máis campechano que paseaba polas catro calles coa sua Muller porque sí, aquello era verdade e isto tamen.

Ah logo que non digan que tanto fixo por Ribadeo, isto e o outro, no que converteu Ribadeo, tanto por accion como por omisión foi nisto:

– a ria votouse a perder, esta chea de areas do tesón. Debido os yateiros e debido a permitir que pouco a pouco se permitise. Iso si, no seu libro de pláticas de familia (seino porque no seu momento gasteime os vintepico libros que custaba o libro xa que cando saiu non o regalou a biblioteca de Ribadeo: supoño que agora xa estara porque seria mercado polo concello. Ademais de mercalo lino catro veces. O seu rexeitamento e maniqueismo cara a lengua galega dende a primeira frase, non ten prezo. E bo ejemplo da inteligencia barriosalmantina-postpozuelina) as gardapáxinas ou páxinas interiores da cuberta, eran unha carta náutica. Vaia hoh, foi unha ironia das boas. Unha carta náutica dos anos 60 da ria de Ribadeo, tipo “que azul era mi ria” ou “ que verde era mi valle”. Mirade o Google Earth e xa veredes o que é hoxe en dia.
– unha industria yateira que so beneficia as clases altas alleas. Ditas clases altas en boa porcentaje caracterízanse por facer un mal uso da sua cultura, e polo seu rexeitamento sistemático dos nosos valores culturais. So lles xustifico cando penso que hay que comenzar por un mesmo, a facerse respetar.
– Unha chea de imbéciles que soportar se trabillas cara a xente.
– Constructores. Propios, alleos e xentuza vida a máis. E isto xuntouse nos últimos anos coa barbulla, e mandou a tomar por saco a nosa costa.

Unha industria turistica baseada non no valor engadido da historia, a natureza, senon do yatismo e a caipiriña, trouxo isto:
– Cocaina a reventar. Coca de almorzó e de cea. Coca en restaurantes, e máis coca inda nos bares e casa que nas tendas de roupa. Estou ata o cu de xente, inda coñecidos facendo uso e abuso. O negocio da fariña move moito. Moitos cartos moitos intereses e moita merda.Que se vaian a tomar polo cu xa! Puto negocio da fariña! Meu avo era muiñeiro mais non dese grao!
– Ruido. Non e unha broma, e unha putada. E unha perda de saude, e paréceme patético que aquí tódolos grupos políticos, TODOS, mirasen para outro lado. O igual que no caso da coca, moitos intereses, pero os magnates son os donos dos pufes. En Berlin vin que poden cohexistir os locais nocturnos de hostelería e o descanso dos veciñós. Ou os políticos ribadenses gastáronse os cartos en putas ou non sei en que carallo gastaron os cartos das viaxes. Eu case non viaxei e vin isto, ¿eles que facian? A velas vir!
– Ecoloxía. E unha magoa ver o desprezo da que poderia ser nai de tódalas iniciativas de futuro, económicas e persoais
– Futuro da xuventude: Paro , emigración, desfeita dos novos emprendedores da cultura emprendedora. Diso podo falar rato largo, que son protagonista das tres opcións.

Ribadeo non ten industria, nen polígono, nen nada. So ten unha chea de parches aquí e aló, e xuventude emigrando: iso e o que fixo Leopoldo Calvo Sotelo.
O que ven nun yate, millor dito, o que ten invernado un yate de policarbonato, verá o que quere ver. Caipiriñas ricas ricas, un tirito por aquí, una chiquita por allá, vámonos a hacer unha ruta. Nada que obxetar se todo iso estivese ben feito, pero o que non podes e destrozar o patrimonio cultural arquitectónico, como se deixou e se deixa caer, porque parte del e da familia de Calvo Sotelo e seus amigos. Pasou o tempo e sgora parece que a xente teña que ver pufes (pub´s) pechados como gran logro arquitectónico ribadense “aquí se metia coca fulanito, ministro ou gobernador, ou constructor” rezaran as placas metálicas dos edificios

Non son tan cobarde para decir isto agora, dixeno sempre. E tampouco son tan cabrón para esaxerar as cousas.

Como persoa , o certo e que tiven un trato moi limitado con el, e a pesar disto, respecto a Leopoldo quédome con tres lembranzas.
1- e inda que isto para moitos esta escea soe surrealista: Eu lendo moitas veces o antigo testamento na parroquia. Lembroo sentado coa familia escoltándome.
2- Leopoldo paseando co seu ciclomotor vespino, mercado no taller de Oliveros e sen seguridade. En momentos así, a comezos dos anos noventa do século XX en Ribadeo, parecia que desfrutase do pobo.
3- Vendéndolle magdalenas cando traballaba de dependente. O contrario de moitos wanabees do barrio do Pilar de Madrid que che tratan cun desprecio como se foran marqueses do barrio de Salamanca de Madrid, esta persoa si tiña un minimo de educación e saber estar. Nestas mesmas circunstancias tamén coñecín a Fernando Moran, cun trato inda millor se cabe
Que descanse en paz, de verdade.

a antorcha olimpica da Champions Lidl arde en Barreiros

Xoves, Maio 1st, 2008

O 17 de abril comezaron oficialmente os xogos da Champions Lidl. Unha muller quizo prenderlle lume a sua vivenda cando a Garda Civil ia desaloxala para o embargo da vivenda .

Estamos na Champions Lidl económica, e comezaron os xogos, que teñen como sedes mundiais a Pocerolandia e Barreiros (na zona da Mariña, tamen coñecida como Mariña Dor)

grazas o Partido zulú das Terras Galegas polo seu apoio

Venres, Marzo 28th, 2008

Entereime agora que no seu momento durante a campaña do 9M  tiven o apoio do Partido zulú das Terras Galegas na campaña.

Grazas, e tamén mil grazas o PzTG polo título outorgado de podcaster-zulú. Sintome honrado polo seu apoio.

Esta xente currouse unhas papeletas boísimas para as eleccións, non deixedes de visitar o blogue de zimmer103.

alugueres en Ribadeo, breve comentario no blogue de Antonio

Venres, Marzo 28th, 2008

Este e un comentario que deixei no blogue de Antonio

E a antesala da recesión.

A casuística ribadense indicanos que moitos donos de vivenda poden non alugar nen utilizar a vivienda sen que lles pase nada, xuridica e económicamente.

O mercado inmobiliario de venda está morto hay ano e medio, e respecto os alugueres o que pasa e que moitos donos de piso que pretendian pagarse o pazo adosado no que vivian co que cobraban polo aluguer, e agora xa lles custa non subir o aluguer pola subida que lle están metendo os tipos de interese da hipoteca coa subida do euribor.
Asi que pasaran uns meses tentando poñer o mesmo precio co aluguer, ou inda subilo.
Ese e un erro
Terian que ter vendido, levo anos avisando disto, e nada, e cando no 2005 preguntabas a xente se non cria que ese piso que custou tres millons e agora costaba corenta millons, baixaria de precio, moitos dician que non, e cando preguntabas cal sería o límite, algun parvo asegurábache que non había límite.

Agora o que digo e que o que non vendeu, que venda a fume de carozo.
Vai ter perdas, que non pense que seu piso custou 190000 e quere vendelo por 210000. Que o venda por 180000, ou por 140000.
Claro que vai ter perdas, e pagar un prestamo persoal para rematar de pagar a hipoteca.

Ben, iso e millor que a alternativa.

A alternativa chámase inmobilizado negativo
Ou chámalle negative equity , termo máis común.

A conto disto, e de vergonza o que esta facendo a maior parte da prensa.
Cando os temos da burbulla inmobiliaria, ¿De que falaban?
Os moi pailáns falaban de famoseo, de mamoneo e de neopolítica.
Esta semana a prensa, encabezada por el pais, falan da crise ¿pero non era so desaceleración?
Que conto.
E advirten dos riscos de deixar que o banco se quede a vivenda(ligazón eiqui)

Explicarei o conto do negative equity: o banco quere os cartiños, e cando a vivenda perde o seu valor económico , o cal era imposible polos que dician iso de “a vivenda nunca baixa”, o banco quere os cartiños.
E como non tes cartiños, tes dous problemas:
– Xa non che darán crédito inda que nunca tiveras impagados. O banco di “teu piso de vinte millons agora custa quince millóns, pagaches un millon pero aparte dos dazanove millóns que nos debes, eses catro millóns son de perda de valor. Non che prestamos os cartos para un coche novo”.

– Se pensas que o banco quedará coa vivenda….O banco subastará a vivenda, e inda faltarán cartos ¿Quen pagará eses cartos? pois tí meu rei, e nese momento pensarás que por que carallo a prensa nestes anos non che advertiu deste risco. Pensarás que por qué na escola non che advertiron do que significan os intereses dunha hipoteca ou dos riscos de invertir en vivenda. So tiñas unha xeración anterior dicíndoche ” nos pagamos a vivenda o 18%”” nos pagamos a vivenda o 18%”” nos pagamos a vivenda o 18%”

Parece mentira, pero o que acabo de dicir moitos néganse a creelo.
E non so os que acaban de mercar a vivenda, senon os que xa a pagaron hay anos e agora téñena en aluguer , que son moitos dos que alugan.

Terían que darse conta que a inflación actual significa que temos unha baixada de soldos real, e a vivenda está baixando de prezos, co cal ou baixan o precio de aluguer ou non terán a quen alugala.

Os que non me votaron…..que lle pidan agora explicacions os partidos políticos : PP , PSOE, BNG, UPRI… o que pensan facer para solucionar isto.

Algun pensou que eu esaxeraba cando na mensaxe da campaña eu prometia facer plans de emerxencia se saia escollido senador, plans de urxencia sobre a vivenda, e tamén para que a xente non pase fame ou remate no paro.
Non falaba de África, senon de España, de Galiza.
Algún lembrarase de todo iso nos vindeiros meses.
A crise inda non comezou. Arrincou so, e so vai acelerar de verdade cando levemos un ano, aló polo 2009.

Ou seña, cando comecen os embargos, as catástrofes familiares, aumente o paro de verdade, e os donos das vivendas asuman que pagaron cartos por nada, que unha boa parte dos centos de horas que traballen os vindeiros anos foron so para pagarlle os contratistas e as comisións das inmobiliarias. Era todo mintira. E o erro de trabucar valor e prezo. E cando asuman o que custan suas vivendas, e cando venderán o precio real, que será o precio que a xente poida pagar. O cal non será o que pode pagar agora, senon o que lle pode prestar o seu banco, que tampouco será moito. Incrementaranse de novo as taxas de suicidio , alcoholismo e drogadicción. O cal o estado venlle moi ben, porque todas esas serán persoas que se degradan e non pensarán nen protestarán. Se os concellos queren que non pase isto, dareilles un consello grátis que abofé tomaranse tamén a cachondeo: que aumenten os presupostos para as bibliotecas públicas e acceso a internet, e poñan en marcha comedores públicos (“cocina económica”; que funcionen adquirindo os productos a hortas locais) para rendas baixas e “medias” . Esta idea non e copyright se non CC, asi que citen o autor polo menos.

A conto do comentario de Antonio sobre que os alugueres en Ribadeo non baixan, direi que o caso de Ribadeo difere da media.
Ribadeo e un pobo na que vin patrimonio arquitectónico caerse non xa por falta de axudas ou de problemas de vendas.
O problema e de herdeiros.
Hay un feixe de persoas que en Ribadeo que teñen tantos cartos arreo.
A min tanto me ten, pero alguen tería que obrigarlles a que non boten a perder o patrimonio arquitectónico. Xa hay leis, so hay que aplicalas.
Por iso digo que en Ribadeo pasará o que xa coñecía doutras épocas: a burbulla arrasará co precio das vivendas pero será comun ver que xente millonaria que non venderá a sua, ou deixará caer suas ruinas antes de vendelas, porque viven do conto.
Mentras, xente moza terá que emigrar porque cos seus traballos -quenes teñan traballo- non poderan pagarse vivenda.

E tempo de esixir responsabilidades a cope de la costa, que tan ocupada estaba falando de trangalladas, ou os políticos dando licencias a saco, e os bancos, enganando os clientes. As catro calles están cheas de oficinas bancarias: Caixa Rural, Caixa Galicia, Banco de Galicia, Banesto, Banco Gallego, Banco de Santander, Banco Pastor en douscentos metros, e seguro que me deixo algún.

Nota para os independentistas: o estado español convenlle que agora todos nos puxeramos a poñer bombas, coma ETA nos anos 80. Porque iso taparía moita merda que fan eles. Os que queiran facer algo, que o fagan de xeito democrático, ou polo menos alegal, porque non se vai avanzar nada doutro xeito. Quen queira facer algo que solicite a fin dos cartos que veñen de Europa e que están demostrando ser o que alimenta o cancro dos caciques galegos. Ou que faga plans alternativos, xa que os politicos non son quen de facelos.

Dos que se meteron nas vivendas e dos pais dicindilles que eles pagaran sua vivenda o 18 % non me meto. No que fixeron teñen xa seu purgatorio.

1640 grazas. Resultados 9M: Primeiro candidato independente por Lugo.

Martes, Marzo 11th, 2008

Pensei sinceiramente que teria uns 10-15 votos, e atopariame plenamente satisfeito.

Miña candidatura tivo 1640 votos, convertíndose na primeira candidatura dun independente en Lugo, e inda por riba de partidos de tamaño medio coma PyD e Cidadans. Reunindo un 0,50% dos votos (de cada doucentos votantes en Lugo, un votou por min). A maior porcentaxe de tódalas provincias do estado español polo que se presentaba o POSI. Non esta mal para alguen sen carnet político.

Moitisimas grazas a todos. Gracias a todas e todos, a cada un de vos que colleu e púxolle unha cruz a meu nome o dia nove de marzo de 2008, a pesar de non ver un so cartel, nen ter entrevistas pola radio nen a televisión, nen dar mitines e tampouco ceas electorais, nen ser invitado ún debate.

Grazas a Antonio Gregorio, e a podgalego, e máis a vieiros. E máis o POSI.

Eu penso que isto teria que server de tiron de orellas a uns cantos partidos, empresas e medios de comunicación que pensan que teñen todo moi atado.Os que votastes e levades a vida votando o partido que se fixo co 50 % dende 1977 en Lugo ( AP- PP): tranquilos que cando teñades que emigrar ou sementar, ou colleitar, ou queirades saber como facer funcionar o voso erreonce diesel con aceite de xirasol, ou que facer cos cortes de corrente, tranquilos, que eu tamen vos atenderei.

Os que votastes a dereita non me preguntedes como sair da vosa hipoteca-trampa: ata o momento nengun político foi quen de poñer un límite para o endeudamento, e como agora estamos na UE, non se podera devaluar a peseta para aumentar a competitividade. Ides comervos esta crise con patacas. E connosco. E asi veredes que so nos tedes a nos, a xente.

Os demáis, non fai falta dicir nada isto. Se non son senador e porque o pobo pensa que outros o faran millor que eu. Ben, eu tamén agardo que sexa asi, e que José Manuel Barreiro Fernández, Armando Castosa Alvariño, María Carmen Gueimunde González e Luis Angel Lago Lage saiban a responsabilidade que teñen agora.

Eu so sei que as empresas dia a dia exprimen máis, so sei que a xente xa non se ri de min cando lles falo do cenit do petróleo e o gas (peak oil), nen fai gracias coa montaña de merda que ten Alcoa agochado nun monte en San Cibrao e un dia arrasara con todo. (Despois Alcoa dira que xa fai moito….eu tamen sei contar cousas)

Xa o din os velliños amigos meus: “Mariano, a xuventude inda voltaredes o campo, hoh”

O malo e que nos últimos 30 anos démoslle as costas o campo.

Agora , a pedir contas os senadores.

Grazas unha vez máis. 1640 grazas.

Vieiros entrevista a Grueiro, candidato o senado por Lugo co POSI

Luns, Marzo 3rd, 2008

Rectifico o que dixen anteriormente sobre que a nova da miña candidatura non sairía nos medios, porque Vieiros fixome unha entrevista. A entrevista atópase en formato texto e máis audio, coma un podcast.

Podgalego tamén se fixo eco da nova, o cal fixome moita ilusión.

Graciñas a ámbolos.

Mariano Grueiro, candidato o senado por Lugo co POSI

Venres, Febreiro 22nd, 2008

Pois sí, presentareime nestas eleccións coma candidato polo POSI o senado por Lugo.

Os vindeiros días irei deixando artigos encol disto.

Hoxe, coma sei que non vai vir a prensa a preguntarme, deixo este artigo coma unha sección de preguntas frecuentes.

Primeira cuestión ¿ Por qué me presento coma candidato o senado pola provincia de Lugo co partido POSI?

Sinxelo, porque pedironmo 😉

Inda hoxe continuo sen estar afiliado a ningún partido político, e agora tampouco estou afiliado o POSI. O POSI ofreceume esa posibilidade e eu acepteina.
Considero que e moi importante poder ter variedade de partidos a hora de votar, e iso e especialmente importante en Lugo.

¿Algún dato máis con respecto a isto?

Si, hay dous feitos puntuais recentes que remataron de decidirme.

A manipulación dos poderes nas maos de Manuel Pizarro, que se votou a política. Este home, responsable da empresa máis contaminante de Europa sita na Galiza, nun debate ontes co ministro de economía Solbes, dixo que As Pontes tiña dereito a gañarse a vida co carbón (“Somos partidarios del carbón y que se investigue. Sitios como Asturias y As Pontes tienen derecho a vivir del carbón, y también me pregunto qué piensan hacer con el gas natural.”). Pois a corrupción institucional co medio ambiente (as Pontes e o maior contaminante europeo e inda agardo a chamada de Manuel Pizarro para pedirme desculpas) , cultura (destrucción do círculo lítico) e política (millor que non de nomes) nas Pontes e ampla. Eu de industria competitiva vin pouco e de contaminación, toda. E se falamos de gas natural, falemos da bomba de gas de Mugardos e os problemas que xenera iso a Ferrolterra.

Este señor teria que estar condeado por moitas das cousas que fixo. Poderia tirar por outras vias alegais, pero coido que inda que todo o sistema anda podre, non hay nada coma tentar utilizalo para darlle a volta. As veces penso se todo isto non e parte do proxecto artístico SO2. Manuel Pizarro semella que fixera un happening de si mesmo.

Outro feito que me influiu para aceptar a candidatura. Foi ver como un dos senadores por Lugo foi Francisco Cacharro Pardo. ¿Sabedes o que fixo Cacharro Pardo en toda a lexislatura? 200 iniciativas? 50? 25 cecais?
Non.
So unha.
Repito, so unha iniciativa.
E cal foi esa iniciativa, algo a favor dos gandeiros ou labregos? algo para dar acceso a rede?
A única iniciativa de Francisco Cacharro Pardo foi preguntar polos invitados a inaguración dunha ponte.
Isto non mo estou a inventar, pódese consultar na páxina do senado.
Abofé que se saira escollido actuaría con máis resonsabilidade que el.

¿Por qué presentarme coma senador e non coma deputado?

Porque co senado non escollemos unha lista, senon una persoa. E porque permíteche participar de xeito directo nas iniciativas lexislativas que atinxen a xente e maila terra.

¿Existen probabilidades de que saia elexido?

Con estes medios, non. Precisaría – tomando os datos da lexislatura anterior- 90000 votos , e agás sorpresas, non vai acontecer. Nembargantes, iso non quita para que poida comportarme tan serio ou máis que outras candidaturas máis coñecidas que van o colo de partidos maioritarios con medios. Cada voto recibido e unha obriga con el, saia ou non escollido para representar a Lugo no senado.

¿Que pasa se saio elexido?

Que levarei a cabo o que di o partido POSI. Por suposto tamén levaria a cabo iniciativas propias que non entrasen en contradicción co partido. É doado.

¿Qué partido e o POSI?

Partido Socialista Obrero Internacionalista. Sección en España da IV internacional.

Coma as veces os partidos comunistas pérdense en siglas, datas e máis datos, resúmoo de xeito sinxelo.
A POSI e un partido comunista que propugna a cuarta internacional. Trotsky e outros tentaron levalo a cabo antes do comezo da segunda guerra mundial, pero os intereses dos xefes económicos votaronlles todo abaixo. Durante a segunda guerra mundial, asesinaron todos os responsables desta corrente de pensamento, e inda despois. Lembremos que xa so en EEUU non había un, senon dous partidos comunistas. Xa so por todo isto teñen meu respeto e apoio.

Neste PDF atópase un resumo encol do partido.

O contrario que outros partidos comunistas españois, o POSI non acepta a monarquía.

E dos poucos partidos que teñen o valor de enfrentarse as drogas: pensan que son usadas polo estado para manipular o proletariado e desvinculalo da sociedade. E de valorar este punto , en especial na nosa terra, na que aparte do EGPGC ninguén tivo o valor de enfrentarse de frente a este problema.

¿Como o POSI quere rematar coa situación de marxinación obreira actual?

Ve outra via que non o independentismo pero que inda asi e moi interesante: pensan que o millor e unir toda a masa traballadora do estado español, porque estamos divididos e os poderes sacan partido disto a nivel lexislativo. Coincido sobre todo coa última parte desta reflexión. Nesta ligazón tes máis detalles.

¿Que pensan da monarquía?

Pensan que a El Rei habería que darlle unha xubilación. Punto. Sen traumas, sen agresividade. Somos un estado moderno e como tal temos que comportarnos, sen necesidade de ninguén que nos tutele. Posto que suponse que o estado español e un estado democrático e moderno, sen que veña o cacique de turno a dicir que pega catro tiros e remata todo. ¿A que estamos a xogar? Temos democracia en España ou non? ¿Verdadeiramente podemos defender en liberdade nosas ideas? .

O partido POSI define a España coma unha “Unión de repúblicas libres dos pobos do estado español”.

Eu prefiro que existan e se voten a varios partidos dereita en Lugo, coma Falange Española de la JONS (F.A. de la JONS), Falange Auténtica (F.A.) ou Alternativa Española (AES), e non o suposto PP, porque quen lles vota os verdadeiros partidos de dereita, sabe o que está a votar e non se leva a enganos, e non un partido de dereitas cacique que foi o cancro da Galiza durante tanto tempo, Que xoga o centrismo e non pasa de pailán.
Cadaquén e libre de votar a quen lle pete.

¿E para as próximas eleccións?

Nengún outro en partido se puxo en contacto comigo, así que en principio non seguirei, a menos que alguen volte a pedirmo: daquela voltarei a pensalo. Teño miñas propias ideas, pero cos meus actos demostro que son como se me ten acusado, nengún radical, e proba disto e esta candidatura.

¿Cal crees que e o estado das cousas e que pensas facer?

A resposta merece un minimo de análise, de xeito que respostarei cun artigo a isto os vindeiros días. Adianto que os partidos terían que antepoñer ante todo a actual crise enerxética co cénit do petróleo (peak oil), politicas de urxencia coa enerxia, proletariado e blindar a protección cos productos de primeira necesidade. Reforma lei hipotecaria, vivenda garantida. Frear no posible a brutal taxa de paro , emigración e fame que imos ter.

¿Faras campaña?

O POSI pediu un crédito ún banco para material da campaña. Foille negado, pero non asi a partidos maioritarios. Iso e inxusto e manipulador.

Inda que en Lugo tiven a total colaboración por parte da xunta electoral a hora de presentar a candidatura, o feito e que os medios son os que son: ningúns.
Non teño medios, e así e imposible sair escollido. Pero non polas ideas que represento, senon porque os partidos maioritarios son os que teñen os medios. Ben sei o ridículo que sería facer unha campaña na rede, cando boa parte da poboación de Lugo non ten acceso a rede.

O POSI foi investigado polo ministerio do interior, porque un rumor do xornal El Mundo dicía que o POSI era un partido encuberto de ETA. O que me faltaba xa, ser investigado polo CNI por relacións con ETA ¡veña hohhh! Xa de paso que me busquen relacións con Don Manuel Fraga Iribarne. (Esta é a fonte desta nova)

Con respecto as eleccións era boa cousa que todos fosemos a votar. E se pensamos que tódolos políticos e tódolos partidos son un noxo, votar en branco ou nulo (por exemplo, poñer no voto “Rosalía de Castro”: se 10000 persoas fixesemos iso, seria algo moi serio).

ligazóns relacionadas: