politicaArchive for the '' Category

“Rompe tu voto” rompe teu voto contra o golpe de estado dos mercados

Xoves, Novembro 17th, 2011

qrcode

“Rompe tu voto” Rompe teu voto o 20N

Os mercados son os que de verdade governan

Isto e un ataque de denegacion de servicio contra o sistema das eleccions xerais o 20N

Rompe unha papeleta ou mais ( por exemplo, unha do PP e outra do PSOE, xa que eles téñense coma “o voto útil”, vótaos e bótaos logo), méteas nun sobre e vota.

Legalmente é un voto nulo.

Se o 32% de indecisos fai iso terán que anula-las eleccións de farsa , controlados polos mesmos bancos que controlan os mercados

http://www.facebook.com/pages/Rompe-tu-voto/242638389131485?sk=wall

Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo

Luns, Maio 5th, 2008

En Móstoles a pasada madrugada a xente ia de festa e as bandeiras españolas engalanaban as ruas.
Parece que o final non pasou nada. Sería polas alcantarillas.
Agora, un novo problema de seguridade.
Ribadeo, costa de Lugo.
Dentro de poucas horas terá lugar o enterro de Leopoldo Calvo Sotelo.
Abrirase o concello como capela ardente as tres da tarde, despois terá lugar o enterro.
E de suponer que o gobernó español ten un protocolo de seguridade para a morte de todos e cada un dos expresidentes, asi como do presidente en ejercicio.
En dito protocolo de seguridade, quedarán reflectidos os diferentes actos sociais, rutas, rutas alternativas e de evacuación, medidas de seguridade.
Polo tanto, e de suponer que mañá terán todo ven medido na praza de España de Ribadeo.
Coñezoa ben. Levar vivindo nesa praza media vida ten suas ventaxas.
Supoño que os responsaveis pasarán a comprobar tódalas vivendas, non vai ser que suceda o mesmo que o dia da voda de certo rei, aló en Madrí centro.
Pola miña non pasaron, pero isto e o conto de Móstoles.
Tamén teran observado o recorrido, cheo de alcantarillas inda sen soldar.
Móstoles e unha cousa e Ribadeo outra.
A traca final será o camiño do Cemiterio. Novas vivendas con soto que fan innecesarios esforzos como o de Carrero Blanco en Claudio Coello.
E non perder de vista aquela nova urbanización, a derradeira nese camiño.
¿xa?
Pois non.
E de suponer que o igual que no caso de Móstoles, asista a familia real, e dado que Ribadeo ten aeroporto en Vilaframil. (mellor dito, dito aeroporto e realización de Rafael del Pino, cuñado de Leopoldo Calvo Sotelo e expresidentes de Ferrovial), aterraran alí, e terán todo controlado (por ejemplo, que non esté ninguen agachado entre os eucaliptos da finca de Riocainzos de Rafael del Pino, onde seguramente dirixiranse certos importantes persoeiros.
O dito a semana pasada, se non pasa nada e porque non se quere, non porque non se poida.

Quen era Leopoldo Calvo Sotelo. España.

Leopoldo Calvo Sotelo, que morreu hay dous dias, era sobriño do que moitos din que foi o causante da guerra civil española, outro Calvo Sotelo, José Calvo Sotelo.
Na sua honra foi levantado un monumento (obra de Carlos Ferreira) na plaza de Castilla de Madrid.

En medio das torres kio, un obelisco e unha escultura presiden aquel sitio emblemático, aquela especie de kilómetro cero político. Unha especie de simbolo masónico feito de diagonais, algo como feito polos rosacruces.

A sua vez el e tio da ministra de cultura Mercedes Cabrera. O que non se soe nombrar e seu apelido, Mercedes Cabrera Calvo Sotelo.

Teño que decir que eu de rapaz era, o igual que meu pai, admirador deste home.
Máis foi esa admiración o que me levou saber del, e saber del foi o que me levou a rexeitar seus plantexamentos.

Sego coa familia.
Leopoldo Calvo Sotelo casou coa filla do ministro de educación franquista Ibañez Martín.
Os nosos destinos crúzanse: eu estudiei no colexio público Ibañez Martín de Ferrol. Daquela ou poñías El Ferrol del Caudillo, ou dábanche unha ostia. E tampouco cegaban as cartas poniendo Ferrol.
Souben o que significaba Ibañez Martín hay ben pouco tempo. Teóricamente ninguen agacha estes datos, pero na práctica non son doados de conseguires.
Leopoldo Calvo Sotelo era cuñado de Rafael del Pino e de Fernando Morán.
Foi Leopoldo o que nos mete una OTAN.
Chegaronme graves rumores que el tiña a chave do acontecido con sindrome tóxico. So o tempo dira se lle deixou a chave a alguén despois de seu paramento.
Meteunos ben na CEE.
Tampouco está todo aclarado co 23F.
Foi o que levou algún ano a RENFE. E tamen estaba no consello de Vespa España.

Que era Leopoldo Calvo Sotelo para os ribadenses.

Hoxe Ribadeo está cheo de xornalistas e cámaras, preguntando como imbéciles a xente que qué pensamos. A min non me preguntaron e como o fagan non o poñeran.
O que direi del e o que sempre sempre sempre escoitei dicir: “Ribadeo no tiene industria porque Calvo Sotelo no lo quiere”

Se eu lle digo isto ún xornalista, este pedirame fontes, pero ¡e que era vox populi!, “Ribadeo no tiene industria porque Calvo Sotelo no quiere, no le gusta que se estropee y afee todo.” A min que agora non me vexan con que vaia home máis campechano que paseaba polas catro calles coa sua Muller porque sí, aquello era verdade e isto tamen.

Ah logo que non digan que tanto fixo por Ribadeo, isto e o outro, no que converteu Ribadeo, tanto por accion como por omisión foi nisto:

– a ria votouse a perder, esta chea de areas do tesón. Debido os yateiros e debido a permitir que pouco a pouco se permitise. Iso si, no seu libro de pláticas de familia (seino porque no seu momento gasteime os vintepico libros que custaba o libro xa que cando saiu non o regalou a biblioteca de Ribadeo: supoño que agora xa estara porque seria mercado polo concello. Ademais de mercalo lino catro veces. O seu rexeitamento e maniqueismo cara a lengua galega dende a primeira frase, non ten prezo. E bo ejemplo da inteligencia barriosalmantina-postpozuelina) as gardapáxinas ou páxinas interiores da cuberta, eran unha carta náutica. Vaia hoh, foi unha ironia das boas. Unha carta náutica dos anos 60 da ria de Ribadeo, tipo “que azul era mi ria” ou “ que verde era mi valle”. Mirade o Google Earth e xa veredes o que é hoxe en dia.
– unha industria yateira que so beneficia as clases altas alleas. Ditas clases altas en boa porcentaje caracterízanse por facer un mal uso da sua cultura, e polo seu rexeitamento sistemático dos nosos valores culturais. So lles xustifico cando penso que hay que comenzar por un mesmo, a facerse respetar.
– Unha chea de imbéciles que soportar se trabillas cara a xente.
– Constructores. Propios, alleos e xentuza vida a máis. E isto xuntouse nos últimos anos coa barbulla, e mandou a tomar por saco a nosa costa.

Unha industria turistica baseada non no valor engadido da historia, a natureza, senon do yatismo e a caipiriña, trouxo isto:
– Cocaina a reventar. Coca de almorzó e de cea. Coca en restaurantes, e máis coca inda nos bares e casa que nas tendas de roupa. Estou ata o cu de xente, inda coñecidos facendo uso e abuso. O negocio da fariña move moito. Moitos cartos moitos intereses e moita merda.Que se vaian a tomar polo cu xa! Puto negocio da fariña! Meu avo era muiñeiro mais non dese grao!
– Ruido. Non e unha broma, e unha putada. E unha perda de saude, e paréceme patético que aquí tódolos grupos políticos, TODOS, mirasen para outro lado. O igual que no caso da coca, moitos intereses, pero os magnates son os donos dos pufes. En Berlin vin que poden cohexistir os locais nocturnos de hostelería e o descanso dos veciñós. Ou os políticos ribadenses gastáronse os cartos en putas ou non sei en que carallo gastaron os cartos das viaxes. Eu case non viaxei e vin isto, ¿eles que facian? A velas vir!
– Ecoloxía. E unha magoa ver o desprezo da que poderia ser nai de tódalas iniciativas de futuro, económicas e persoais
– Futuro da xuventude: Paro , emigración, desfeita dos novos emprendedores da cultura emprendedora. Diso podo falar rato largo, que son protagonista das tres opcións.

Ribadeo non ten industria, nen polígono, nen nada. So ten unha chea de parches aquí e aló, e xuventude emigrando: iso e o que fixo Leopoldo Calvo Sotelo.
O que ven nun yate, millor dito, o que ten invernado un yate de policarbonato, verá o que quere ver. Caipiriñas ricas ricas, un tirito por aquí, una chiquita por allá, vámonos a hacer unha ruta. Nada que obxetar se todo iso estivese ben feito, pero o que non podes e destrozar o patrimonio cultural arquitectónico, como se deixou e se deixa caer, porque parte del e da familia de Calvo Sotelo e seus amigos. Pasou o tempo e sgora parece que a xente teña que ver pufes (pub´s) pechados como gran logro arquitectónico ribadense “aquí se metia coca fulanito, ministro ou gobernador, ou constructor” rezaran as placas metálicas dos edificios

Non son tan cobarde para decir isto agora, dixeno sempre. E tampouco son tan cabrón para esaxerar as cousas.

Como persoa , o certo e que tiven un trato moi limitado con el, e a pesar disto, respecto a Leopoldo quédome con tres lembranzas.
1- e inda que isto para moitos esta escea soe surrealista: Eu lendo moitas veces o antigo testamento na parroquia. Lembroo sentado coa familia escoltándome.
2- Leopoldo paseando co seu ciclomotor vespino, mercado no taller de Oliveros e sen seguridade. En momentos así, a comezos dos anos noventa do século XX en Ribadeo, parecia que desfrutase do pobo.
3- Vendéndolle magdalenas cando traballaba de dependente. O contrario de moitos wanabees do barrio do Pilar de Madrid que che tratan cun desprecio como se foran marqueses do barrio de Salamanca de Madrid, esta persoa si tiña un minimo de educación e saber estar. Nestas mesmas circunstancias tamén coñecín a Fernando Moran, cun trato inda millor se cabe
Que descanse en paz, de verdade.

grazas o Partido zulú das Terras Galegas polo seu apoio

Venres, Marzo 28th, 2008

Entereime agora que no seu momento durante a campaña do 9M  tiven o apoio do Partido zulú das Terras Galegas na campaña.

Grazas, e tamén mil grazas o PzTG polo título outorgado de podcaster-zulú. Sintome honrado polo seu apoio.

Esta xente currouse unhas papeletas boísimas para as eleccións, non deixedes de visitar o blogue de zimmer103.

1640 grazas. Resultados 9M: Primeiro candidato independente por Lugo.

Martes, Marzo 11th, 2008

Pensei sinceiramente que teria uns 10-15 votos, e atopariame plenamente satisfeito.

Miña candidatura tivo 1640 votos, convertíndose na primeira candidatura dun independente en Lugo, e inda por riba de partidos de tamaño medio coma PyD e Cidadans. Reunindo un 0,50% dos votos (de cada doucentos votantes en Lugo, un votou por min). A maior porcentaxe de tódalas provincias do estado español polo que se presentaba o POSI. Non esta mal para alguen sen carnet político.

Moitisimas grazas a todos. Gracias a todas e todos, a cada un de vos que colleu e púxolle unha cruz a meu nome o dia nove de marzo de 2008, a pesar de non ver un so cartel, nen ter entrevistas pola radio nen a televisión, nen dar mitines e tampouco ceas electorais, nen ser invitado ún debate.

Grazas a Antonio Gregorio, e a podgalego, e máis a vieiros. E máis o POSI.

Eu penso que isto teria que server de tiron de orellas a uns cantos partidos, empresas e medios de comunicación que pensan que teñen todo moi atado.Os que votastes e levades a vida votando o partido que se fixo co 50 % dende 1977 en Lugo ( AP- PP): tranquilos que cando teñades que emigrar ou sementar, ou colleitar, ou queirades saber como facer funcionar o voso erreonce diesel con aceite de xirasol, ou que facer cos cortes de corrente, tranquilos, que eu tamen vos atenderei.

Os que votastes a dereita non me preguntedes como sair da vosa hipoteca-trampa: ata o momento nengun político foi quen de poñer un límite para o endeudamento, e como agora estamos na UE, non se podera devaluar a peseta para aumentar a competitividade. Ides comervos esta crise con patacas. E connosco. E asi veredes que so nos tedes a nos, a xente.

Os demáis, non fai falta dicir nada isto. Se non son senador e porque o pobo pensa que outros o faran millor que eu. Ben, eu tamén agardo que sexa asi, e que José Manuel Barreiro Fernández, Armando Castosa Alvariño, María Carmen Gueimunde González e Luis Angel Lago Lage saiban a responsabilidade que teñen agora.

Eu so sei que as empresas dia a dia exprimen máis, so sei que a xente xa non se ri de min cando lles falo do cenit do petróleo e o gas (peak oil), nen fai gracias coa montaña de merda que ten Alcoa agochado nun monte en San Cibrao e un dia arrasara con todo. (Despois Alcoa dira que xa fai moito….eu tamen sei contar cousas)

Xa o din os velliños amigos meus: “Mariano, a xuventude inda voltaredes o campo, hoh”

O malo e que nos últimos 30 anos démoslle as costas o campo.

Agora , a pedir contas os senadores.

Grazas unha vez máis. 1640 grazas.

Vieiros entrevista a Grueiro, candidato o senado por Lugo co POSI

Luns, Marzo 3rd, 2008

Rectifico o que dixen anteriormente sobre que a nova da miña candidatura non sairía nos medios, porque Vieiros fixome unha entrevista. A entrevista atópase en formato texto e máis audio, coma un podcast.

Podgalego tamén se fixo eco da nova, o cal fixome moita ilusión.

Graciñas a ámbolos.

Mariano Grueiro, candidato o senado por Lugo co POSI

Venres, Febreiro 22nd, 2008

Pois sí, presentareime nestas eleccións coma candidato polo POSI o senado por Lugo.

Os vindeiros días irei deixando artigos encol disto.

Hoxe, coma sei que non vai vir a prensa a preguntarme, deixo este artigo coma unha sección de preguntas frecuentes.

Primeira cuestión ¿ Por qué me presento coma candidato o senado pola provincia de Lugo co partido POSI?

Sinxelo, porque pedironmo 😉

Inda hoxe continuo sen estar afiliado a ningún partido político, e agora tampouco estou afiliado o POSI. O POSI ofreceume esa posibilidade e eu acepteina.
Considero que e moi importante poder ter variedade de partidos a hora de votar, e iso e especialmente importante en Lugo.

¿Algún dato máis con respecto a isto?

Si, hay dous feitos puntuais recentes que remataron de decidirme.

A manipulación dos poderes nas maos de Manuel Pizarro, que se votou a política. Este home, responsable da empresa máis contaminante de Europa sita na Galiza, nun debate ontes co ministro de economía Solbes, dixo que As Pontes tiña dereito a gañarse a vida co carbón (“Somos partidarios del carbón y que se investigue. Sitios como Asturias y As Pontes tienen derecho a vivir del carbón, y también me pregunto qué piensan hacer con el gas natural.”). Pois a corrupción institucional co medio ambiente (as Pontes e o maior contaminante europeo e inda agardo a chamada de Manuel Pizarro para pedirme desculpas) , cultura (destrucción do círculo lítico) e política (millor que non de nomes) nas Pontes e ampla. Eu de industria competitiva vin pouco e de contaminación, toda. E se falamos de gas natural, falemos da bomba de gas de Mugardos e os problemas que xenera iso a Ferrolterra.

Este señor teria que estar condeado por moitas das cousas que fixo. Poderia tirar por outras vias alegais, pero coido que inda que todo o sistema anda podre, non hay nada coma tentar utilizalo para darlle a volta. As veces penso se todo isto non e parte do proxecto artístico SO2. Manuel Pizarro semella que fixera un happening de si mesmo.

Outro feito que me influiu para aceptar a candidatura. Foi ver como un dos senadores por Lugo foi Francisco Cacharro Pardo. ¿Sabedes o que fixo Cacharro Pardo en toda a lexislatura? 200 iniciativas? 50? 25 cecais?
Non.
So unha.
Repito, so unha iniciativa.
E cal foi esa iniciativa, algo a favor dos gandeiros ou labregos? algo para dar acceso a rede?
A única iniciativa de Francisco Cacharro Pardo foi preguntar polos invitados a inaguración dunha ponte.
Isto non mo estou a inventar, pódese consultar na páxina do senado.
Abofé que se saira escollido actuaría con máis resonsabilidade que el.

¿Por qué presentarme coma senador e non coma deputado?

Porque co senado non escollemos unha lista, senon una persoa. E porque permíteche participar de xeito directo nas iniciativas lexislativas que atinxen a xente e maila terra.

¿Existen probabilidades de que saia elexido?

Con estes medios, non. Precisaría – tomando os datos da lexislatura anterior- 90000 votos , e agás sorpresas, non vai acontecer. Nembargantes, iso non quita para que poida comportarme tan serio ou máis que outras candidaturas máis coñecidas que van o colo de partidos maioritarios con medios. Cada voto recibido e unha obriga con el, saia ou non escollido para representar a Lugo no senado.

¿Que pasa se saio elexido?

Que levarei a cabo o que di o partido POSI. Por suposto tamén levaria a cabo iniciativas propias que non entrasen en contradicción co partido. É doado.

¿Qué partido e o POSI?

Partido Socialista Obrero Internacionalista. Sección en España da IV internacional.

Coma as veces os partidos comunistas pérdense en siglas, datas e máis datos, resúmoo de xeito sinxelo.
A POSI e un partido comunista que propugna a cuarta internacional. Trotsky e outros tentaron levalo a cabo antes do comezo da segunda guerra mundial, pero os intereses dos xefes económicos votaronlles todo abaixo. Durante a segunda guerra mundial, asesinaron todos os responsables desta corrente de pensamento, e inda despois. Lembremos que xa so en EEUU non había un, senon dous partidos comunistas. Xa so por todo isto teñen meu respeto e apoio.

Neste PDF atópase un resumo encol do partido.

O contrario que outros partidos comunistas españois, o POSI non acepta a monarquía.

E dos poucos partidos que teñen o valor de enfrentarse as drogas: pensan que son usadas polo estado para manipular o proletariado e desvinculalo da sociedade. E de valorar este punto , en especial na nosa terra, na que aparte do EGPGC ninguén tivo o valor de enfrentarse de frente a este problema.

¿Como o POSI quere rematar coa situación de marxinación obreira actual?

Ve outra via que non o independentismo pero que inda asi e moi interesante: pensan que o millor e unir toda a masa traballadora do estado español, porque estamos divididos e os poderes sacan partido disto a nivel lexislativo. Coincido sobre todo coa última parte desta reflexión. Nesta ligazón tes máis detalles.

¿Que pensan da monarquía?

Pensan que a El Rei habería que darlle unha xubilación. Punto. Sen traumas, sen agresividade. Somos un estado moderno e como tal temos que comportarnos, sen necesidade de ninguén que nos tutele. Posto que suponse que o estado español e un estado democrático e moderno, sen que veña o cacique de turno a dicir que pega catro tiros e remata todo. ¿A que estamos a xogar? Temos democracia en España ou non? ¿Verdadeiramente podemos defender en liberdade nosas ideas? .

O partido POSI define a España coma unha “Unión de repúblicas libres dos pobos do estado español”.

Eu prefiro que existan e se voten a varios partidos dereita en Lugo, coma Falange Española de la JONS (F.A. de la JONS), Falange Auténtica (F.A.) ou Alternativa Española (AES), e non o suposto PP, porque quen lles vota os verdadeiros partidos de dereita, sabe o que está a votar e non se leva a enganos, e non un partido de dereitas cacique que foi o cancro da Galiza durante tanto tempo, Que xoga o centrismo e non pasa de pailán.
Cadaquén e libre de votar a quen lle pete.

¿E para as próximas eleccións?

Nengún outro en partido se puxo en contacto comigo, así que en principio non seguirei, a menos que alguen volte a pedirmo: daquela voltarei a pensalo. Teño miñas propias ideas, pero cos meus actos demostro que son como se me ten acusado, nengún radical, e proba disto e esta candidatura.

¿Cal crees que e o estado das cousas e que pensas facer?

A resposta merece un minimo de análise, de xeito que respostarei cun artigo a isto os vindeiros días. Adianto que os partidos terían que antepoñer ante todo a actual crise enerxética co cénit do petróleo (peak oil), politicas de urxencia coa enerxia, proletariado e blindar a protección cos productos de primeira necesidade. Reforma lei hipotecaria, vivenda garantida. Frear no posible a brutal taxa de paro , emigración e fame que imos ter.

¿Faras campaña?

O POSI pediu un crédito ún banco para material da campaña. Foille negado, pero non asi a partidos maioritarios. Iso e inxusto e manipulador.

Inda que en Lugo tiven a total colaboración por parte da xunta electoral a hora de presentar a candidatura, o feito e que os medios son os que son: ningúns.
Non teño medios, e así e imposible sair escollido. Pero non polas ideas que represento, senon porque os partidos maioritarios son os que teñen os medios. Ben sei o ridículo que sería facer unha campaña na rede, cando boa parte da poboación de Lugo non ten acceso a rede.

O POSI foi investigado polo ministerio do interior, porque un rumor do xornal El Mundo dicía que o POSI era un partido encuberto de ETA. O que me faltaba xa, ser investigado polo CNI por relacións con ETA ¡veña hohhh! Xa de paso que me busquen relacións con Don Manuel Fraga Iribarne. (Esta é a fonte desta nova)

Con respecto as eleccións era boa cousa que todos fosemos a votar. E se pensamos que tódolos políticos e tódolos partidos son un noxo, votar en branco ou nulo (por exemplo, poñer no voto “Rosalía de Castro”: se 10000 persoas fixesemos iso, seria algo moi serio).

ligazóns relacionadas: