seixo negroArchive for the '' Category

Veña, festa

Luns, Setembro 6th, 2004

Veña, festa
Festa rachada
Que paga manuel

Papá, papá, e quen paga a manuel?
Papá foi o paro por non dar pagado o prestamo da furgoneta de peixe.

Festa, festa rachada

Dirty old town

Luns, Setembro 6th, 2004

Vila cocha e vella, agora chámanlle feismo as casas que fanse a xente sen cartos ou sen máis cultura que traballar toda a vida na Suiza, na eira, mentres outros podían levar a seus fillos a que aprendesen a facer cubos de cristal.
Vila cocha e vella.
Isto parécese cada vez máis a Irlanda.
A Irlanda do XIX.

Non apodrecen as patacas eiquí,
máis morre a mar e maila terra

I kiss my girl.
Pero as mozas emigraron.
Porca e vella vila!

lingua inexistente

Mércores, Xuño 9th, 2004

son voz da lingua inexistente
o calado da lingua prostituida
o inexistente do eido durmido.

son o mar das pedras que non son negras
o vento das voces que non falan
a sede dos mantidos que non beben

Eucaliptos rumorosos

Domingo, Xuño 6th, 2004

Cada día hay máis eucaliptos xunto do mar.

Sonche para que nos colguemos mentres buscamos onde se meterían os rumorosos.

Antes mexaban por nos.

Domingo, Xuño 6th, 2004

Antes mexaban por nos.
E algúns dicían que chovía.

Agora matannos mexándonos fuel oxidado,
e din que temos axudas para emprendedores.

Eu coñezo a unha chea de emprendedores.

A maioría emigraron, e outro que quedou vai tomar viño barato o cafebar, despois de satisfacer as conciencias de fondos europeos e funcionarios do ministerio.

Viño barato.
Así e como remata o espírito emprendedor galego.

Ardora mutante

Domingo, Xuño 6th, 2004

Mortas as algas.
Cando voltemos a te-la ardora, será polos bidóns radioactivos granbritánicos de 1980.

Aquela foi a nosa transición.

Ou por peixes mutantes.

Cando voltemos te-la ardora.

U-la vida

Domingo, Xuño 6th, 2004

U-la vida.
U-la.
U-la ela.
U-la.

Onde quedou esquencida.

U-la vida.

U-la.

U-la ela.

Cartaces

Domingo, Xuño 6th, 2004

Cartaces.
“Protesta mañá venres”.
“Manifa hoxe na Quintana”.
“Plan Galicia”.
“Precísanse voluntarios, chamade axíña”.

“Plan de axudas para os afectados. Os afectados terán que presentarse en persoa na oficina 3128, departamento de Xibias” – [todos pasamos polo aro-proxy de seu SQUID]

“Axudade con xoguetes os nenos galegos”.

“Plan Galicia, Xacobeo 2004”.

“We’re sick of being a colony”.

“Concertos do xacobeo”.

“festa da empanada”.

“teatro de vangarda”.

“Por favor, levade calzado e lubas de goma, que xa non temos”.

“Xornadas telemáticas para a axuda de zonas rurais”.

“Costa da morte, redacción. O sepelio celebraráse mañá. A empresa petroleira CONTRATADA polo goberno para a extracción do fuel, axudará o rescate dos corpos, cedendo GRATUITAMENTE material”.

Ontes sentei naquelas penas

Domingo, Xuño 6th, 2004

praia do seixo negro #2

Ontes sentei naquelas penas, e mirei de lonxe a Burela, o fondo.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA.

A fábrica , de aluminio, alimentada a costa da contaminar o Forgoselo , a costa de pelexas por entrar a traballar entre fillosdé, a costa de empresarios de quentáki que lukfor young studente, near 20, good english speach,no seu hotel de compostela ,
e contaminando a costa.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA

A dereita está aquela piscifactoría que servía para enche-los bandullos dos que manexaban a tio Paco.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA.

O meu carón, un chalé construido riba de onde descansan meus antergos castrexos, celtas, chamádelle equis.

NON QUERO FALAR DE POLÍTICA.

Eu so quixera ir a praia
máis os ollos que ven o mar, ven o demáis.
Eu so quixera ir a praia
Eu quixera que os que escriben non foran tortos.
Eu vivo nun mundo irreal para os libros.
Eu quixera non falar de politicas, máis as polis so están nos libros.
Eu quixera que non nos votaran máis merda riba nosa.
Eu quixera que outros galegos mirasen o redor de sí.

Sairía a terra

Domingo, Xuño 6th, 2004

Son.
Delegación compostelana.
Veña, todos alcoholicos.
ESTRELLAESEÁ.
Veña, noxo de almorzo.
Bebe.
Non sei nen como sego vivo.
Veña, outra.

Fora o rumor do mar apaga o son da botella escachada sobre as penas.