sociedadeArchive for the '' Category

“Paz a los muertos. Allende era una catástrofe. Pinochet dejó un país mejor que el que encontró”

Mércores, Decembro 13th, 2006

Paz a los muertos. Allende era una catástrofe. Pinochet dejó un país mejor que el que encontró”

Manuel Fraga, 12-12-2006

Hoxe como en 1906

Venres, Novembro 10th, 2006

O administrador do blogue da casa pediume que puxese miña opinión no seu blogue, e asi o fixen.

Adxunto o artigo e os posteriores comentarios dos lectores do blogue:

________________

Hoxe como en 1906

No seu momento deixei unha anotación no meu blog en referencia o docudrama da televisión de Galicia chamado “A casa de 1906”. Sego a pensar niso, e iso que reito que nen tan sequera vin o programa. Porque a miña opinión non e sobre o programa en si mesmo, senon polo concepto do programa en si.
Non, non e que non me tome en serio o traballo o redor de todolos profesionais que hay arredor desta serie. E non quero desprezalo, por detalles de producción dos que informa seu blo e sua páxina vexo que foi moi coidado, o conto non e iso. E non e tampouco que non queira mollarme. E que entro noutro punto ben distinto ¿Ata que punto e lesivo o programa para persoas que vivan en condicións de vida semellantes, na actualidade?

Coñezo a moitas persoas que estan en condicións semellantes as que o programa afirma que pertencen a 1906. Eu quero que esas condicións de vida pertenzan o pasado, que señan parte da nosa historia, pero coido que inda non chegamos a ese punto, inda que parte do rural e das cidades galegas si esten no 2006.
A conto de escribir este artigo e ensinar fotos da rodaxe a diferentes persoas, os comentarios foron os seguintes:

“Tal como esta a casa esta preciosa”

“Eu so a tocaria para poñer calefacción”

“¡Eu quero unha casa coma isa!”

E comentarios semellantes cos que coincido. Pero insisto, non falemos xa do programa en si mesmo, senon do seu concepto

Eu contentariame cunha serie, que non digo que seña realizable económicamente, pero si conceptualmente, e que se chamase

HOXE COMO EN 1906
Seria unha casa no rural galego, tal como a que sae no docudrama, ou inda máis real, como do feitico dos anos 60 ou 70 do século 20, no medio dunha aldea rodeada de eucaliptos, que saca auga dun pozo , e sen luz electrica, ou ben que ten luz eléctrica, pero con cortes aleatorios de tensión, que fan que teñas que utilizar un transformador como protector de sobretensións para ver a televisión (porque, ninguen sabe a razon, nesa realidade carente de tantos medios, a televisión chega a tódalas partes) , transformador de corrente da época das televisións de válvulas. Admito que cada vez hay menos sitios asi , pero isto sucede por unha razón sinxela. Pola emigración. centos ou miles de familia emigraron inda nos anos oitenta e noventa do século XX por non poder conlevar ese xeito de vida coa realidade da sociedade actual. Moreas de sitios non teñen xa problemas coa auga e coa corrente, e que non teñen nen internet nen cobertura de telefonia movil. E dado que telefonica privatizouse a finais do século XX e xa non ten obriga de dar o servicio universal coma antes, as veces o unico xeito de estar comunicado e ter o teu coche e ir o pobo para facer a compra,mercar o xornal e ir un ciber onde ler o correo, e copiar e pegar do diskete no que escribiches o dia anterior no ordenador da casa os correos que queres mandar. (para ver como telefonica segue a enganar o rural galego, ler o artigo “Telefónica estafa o rural galego ” de fai duas semanas do meu blo, no cal demostro con documentos esa situación)
Esa e para moitos a sociedade do rural galego de 2006, unha sociedade fora da sociedade da información, porque non ten acceso os medios da sociedade da información, e porque falando xa do eido documental e da biblioteconomia, ten sorte xa se aparece na literatura gris. Ou nen iso. Dende a Union europea non poden facer nada porque esta realidade rural non existe. Non hay documentación, non fan benchmarking , logo non existe.
Nunha casa real do rural, sobrevives so se tes coche , e este e impresicivel, posto que xa que a administación pública inda esta en camiño no eido telemático da administración electrónica, e non podes acceder a rede, e obrigatorio ter coche para facer a compra ou ir o traballo. O autoemprego telemático non e unha opción, e o autoemprego gandeiro pasa por décadas de crise.

Tamén podemos plantexarnos o programa doutro xeito ¿por qué non se escolleu facer un docudrama sobre a sociedade galega urbana de 1906?
Non foi a mala fé , e seguro que foi para buscar o seguinte contraste:
socidade rural de 1906 versus sociedade urbana de 1906.
Suponse que por orde, esto seria algo asi como o seguinte:
sociedade rural de 1906>sociedade urbana de 1906>sociedade rural de 2006>sociedade urbana de 2006
¿Qué pasaría se fixesemos un programa como “o piso de 1906″ ou ” a casa na cidade de 1906″? Buscouse a inconoloxía rural, o voltar o cerne, o saber de onde vimos. Seria moi interesante a reflexión sobre un hipotético programa que amosasse a sociede galega non no rural, se non nas cidades, en 1906.

Como as veces non e suficiente con todo o que conto, falarei dunha experiencia moi concreta miña. Vivin durante varios meses nunha casiña nunha aldea, rodeada, semellante o programa hipotético do que falaba antes. Tiña corrente eléctrica con moitos problemas: a pesar de ter preto varias torres de alta tensión, o suministro doméstico era patético e eran precisos aparatos de protección contra a sobretensión. A auga colliase dun pozo, e cando un tiña corrente, aproveitaba para encher un xeito de depósito. Se non, a cubos. De precisar auga quente, tiña que quentala en olas , na cociña de madeira. Cando queria quentar algo, o camping gas, ou un microondas se habia corrente. Non estou a falar de 1906, nen de 1984, senon de 2001. As emisoras de radio sintonizanse, pero con dificultade, o mesmo que as televisións. que so vense un par de canles e a raias. O 11 de septembro notei cousas que curiosamente na cidade serian dificiles de observar: unha chea de estelas de avións quedaron debuxadas no ceo. Cheguei a contar entre oito e doce a vez, cando normalmente so chegas a ver un máximo de tres a vez, por ser unha zona de paso das rutas dos avións. Eses dias foi un caos aeroportuario, pero dende as cidades so sabian iso polos medios de masas. Eu so tiven que mirar o ceo para ver como andaban as cousas. Na radio, os dias seguintes , escoitaba que o mundo cambiara, pero dende ali as cousas, deixando de lado as foulas dos avións, seguian igual, como cinco anos despois. So ves explotacións gandeiras que van desaparecendo.


Non quero rematar sen poñer os aspectos positivos, que os ten , o docudrama ” A casa de 1906″: a xuventude galega e os galegos das cidades, poderan ver os costumes que tiñamos os galegos en 1906. E moi positivo o uso da empatía para darmonos conta de cal era a situación daquela. E ver o que avanzamos ou deixamos de avanzar, e comparalo coa situación actual. Costumes como a matanza que agora so poderían facerse con máis dificultade (iso fai que utilicemos inda máis o coche porque non podemos utilizar o autoconsumo) ou a xestión que facemos do noso tempo de lecer, fan que nos plantexemos se non fomos para atras.

Esta e unha sociedade galega real. Un xeito de sociedade galega rural postindustrial da que ninguen fala, pero que esta ahi, a camiño entre o camping gas e as tarxetas de memoria para escribir no ordenador os correos que maña enviarás dende o pobo, cando vaias facer a compra, mentres de camiño ves aldeas pantasmas con explotacións gandeiras xa pechadas a golpe de subención.

Para outro día, deixarei as causas de que tantas casas de 2006 señan como as de 1906, se non sera porque o traballo o seguen a dar os caciques nos povos , e por iso as cousas non cambiaron tanto. Xa en 1906 eran moitos os que tiñan que emigrar porque non eran santo da devoción do cacique local, ou ben porque non podian alimentar os seus a base de esmolas , como agora pasa coas subención que semellan neoesmolas. Ou se non que alguen diga porque trabállase nos concellos por 300 euros. Pero todo isto , outro dia se non non remato.

_________________

Comentarios a este artigo no blog de a casa de 1906: (preme aqui para ir) -para comentarios neste blog, vai abaixo de todo-

12 comentarios

Cerrar esta ventana Ocultar comentarios

El usuario anónimo dijo…
a min non me parece o sitio para dicir isto, pero bueno… e non sei que ten que ver co programa, amigo. Creo que te tes que centrar un pouquiño

10 noviembre, 2006 00:07

El usuario anónimo dijo…
anda carlos vai durmir e deixa a xente en paz que despois da tua actuacion hoxe xa me qedou claro a clase de persoa que es

10 noviembre, 2006 01:58

Mariano dijo…
Tes razón, usuario anónimo 1, en que non ten que ver co programa, senon co seu concepto, por iso no seu momento a primeira mensaxe deixeina no meu blo, non no do programa. O administrador deste blo deixoume unha mensaxe no seu blo porque viu axeitado que eu participase nel e así o fixen. Se tratase de opinar sobre participantes etc sen velo si me atoparia descentrado, con motivo.
Con respecto o que falo, coido que e interesante unha carta que viña ontes no xornal de El Pais:

De lo difícil que es vivir en un pueblo

Mónica Escudero Álvarez y Antonio Robles Cascallar – Palacios del Sil, León

EL PAÍS – Opinión – 09-11-2006

Cuando llevas viviendo en una ciudad toda tu vida y tienes de serie teléfono, fijo y móvil, Internet, radio, carreteras, sanidad… no te puedes imaginar que todo esto te lo tienes que currar y mucho si de pronto te vas a vivir a un pueblo. En nuestro caso a un pueblo de la montaña de León, en el Bierzo. Salientes, perteneciente al Ayuntamiento de Palacios del Sil, es un lugar precioso, rodeado de montañas de 2.000 metros donde habitan corzos y osos, con mil rincones pintorescos por los que pasear. Aquí hemos rehabilitado un antiguo pajar para hacernos nuestra casa y estamos trabajando en el que será nuestro futuro medio de subsistencia, una casa rural.
En Madrid, nada más levantarme encendía la radio para escuchar las noticias; mientras salía del metro mandaba un SMS a mi madre; al llegar a la oficina abría Internet para revisar mi correo y echar un vistazo a los diarios digitales. Todo eso ahora es ciencia-ficción. Aquí no hay cobertura para los móviles, Telefónica no pone más teléfonos porque para ello debería tender cableado nuevo y no le resulta económicamente rentable, no hay teléfono público, la cabina más cercana está a 17 kilómetros, del ADSL ni hablamos, la radio se escucha sólo de noche y mal, el médico viene una vez al mes, si hay suerte. Y todo eso ocurre en el siglo XXI, en un país de la UE. ¿No se habla en todas partes de desarrollo rural? ¿Por vivir en un pueblo somos ciudadanos de tercera? Hay vacas en España que están conectadas a Internet y muchos ciudadanos no tenemos acceso a él, ni siquiera algunos podemos hacer una llamada de teléfono. Cuando nuestra casa rural esté funcionando y nos llame un madrileño para reservar habitación para el fin de semana tendrá que venir la vecina con sus bastones a avisarnos de que tenemos una llamada.

10 noviembre, 2006 07:51

Lord Thor, sir of Faerun dijo…
Yo creo que a este tio se le pira mucho la pinza.
Galiza no esta en el tercer mundo, mis abuelos (que viven en castilla a 101km de madrid) tienen una casita preciosa donde e pasado todos los veranos de mi infancia, sin agua corriente, sin luz y sin tv, en los años 80 le expropiaron varias tierras para poner una linea de alta tension, a la cual el no tiene acceso a no ser que pague un transformador, sabemos como son las grandes compañias y lo poco que les importa las personas sin poder economico, pewro no por eso este programa sea “inmoral” como nos quiere hacer ver este paisano, yo creo que es un tio con MUCHO tiempo libre. No solo en Galiza hay gente que no tiene unos servicios minimos, pero son una excepcion.
Y como dije en un comentario anterior,la realidad de este planeta es mucho mas dura que la forma de vida de 1906 o del mas profundo rural gallego. En america, asia africa y oceania hay gente que no puede ni construirse una chabola con palos por falta de medios, y en europa del este la cosa no esta mucho mejor. El mundo esta lleno de guerras, de injusticias y de barbaridades, pero eso no es motivo para que no podamos entretenernos viendo la tele, si este hombre actua asi con todos los programas/series/peliculas de ficcion, no me extrañaria que solo viese el futbol. ¿habra visto la pelicula “ciudad de dios”? esa es una realidad mucho mas dura que la del rural gallego, y veridica, que a dia de hoy sigue siendo asi de dura. Eso hace que sea mas importante este tipo de programas, porque a parte de entretener nos hace concienciarnos de lo dura que es esta vida fuera de las paredes del cubiculo de una oficina. Por eso es tan popular este programa aqui en galicia, porque nos recuerda que las patatas no nacen en una bolsa en el super.
Creo ke me e enrollado de mas y viene el jefe Chao.

10 noviembre, 2006 12:32

Mariano dijo…
Defendo a realidade actual do rural galego, iso e todo.

10 noviembre, 2006 16:56

El usuario anónimo dijo…
E vamos a ver…q terá que ver todo este rollo…q non interesa a ninguén..menuda paranoia tio…por dios oh!! como se che vai a pinza!! q terá q ver esta parrafada toda co prooograaama…menudo rollo soltache..bueno..eu xa..nin o acabei de ler vamos!!

10 noviembre, 2006 17:30

El usuario anónimo dijo…
ostras, wells, isto non é un post. É un discurso de carallo

10 noviembre, 2006 17:42

Mariano dijo…
Douche a razón en parte porque e verdade que hay lugares no terceiro mundo onde non teñen absolutamente nada, pero o problema non e ese.
O problema e que no primeiro mundo suponse que as cousas tiñan que ir minimamente ben, pero hay focos tercermundistas moi preto, en moitos casos a poucos kilómetros de cidades que suponse que o teñen todo.
Hay un cidadan de primeira, e a 20 km hay cidadans de segunda en aldeas, que non teñen opción a nada. (xa a palabra o di, “cidadan”, de cidade).
Non teñen máis remedio que irse a cidade.

Trátase do ben que saben vender os políticos a moto. Certos lugares rurais na Galiza non teñen acceso os principais adiantos máis sinxelos dunha cidade ou pequena poboación. Falamos de corrente eléctrica, teléfono fixo e auga corrrente.

O debate non e que no terceiro mundo non teñan nada, que por suposto e terrible, senon o porque e en certos lugares do que se supón que e o primeiro mundo, o abandono e total.
Cal e a razón disto, cando nos Estados Unidos poñen nunha vila unha chea de ordenadores conectados con servicio a todo o mundo? (http://www.terrasoftsolutions.com/showcase/video/451-RR/200505.mp4, e http://www.terrasoftsolutions.com/showcase/video/hpc-room/hpc.mov, minuto 3:01) E ilóxico. E un problema de boa vontade dos governos locais e autonómicos (tamén pasa en Castela e outros sitios, como ben apuntas, non so en Galicia).

Deixan o abandono eses lugares porque consideran que non e importante.

Vaiseme a pinza, teño que recoñecelo, pero estou no meu dereito, sobre todo se vaiseme polo rural galego

10 noviembre, 2006 23:11

Lord Thor dijo…
Hombre, entiendo tu preocupacion, pero son cosas que son asi porque son asi, no puedes comparar Madrid con A Coruña, madrid solo en la ciudad de la imagen tiene 50 salas de cine enormes, y en la coruña entre los rosales y el puerto suman como mucho 30,Es por la densidad demografica, no podemos aspirar a que se iguale los servicios en una ciudad de 250mil habitantes a una aldea de 180, se que no es justo, pero los sistemas capitalistas se rigen asi, incluso en un sistema marxista o feudal, las ciudades tienen mas poder, y por lo tanto mas prestaciones y servicios, lo que digo esque no entiendo que tiene que ver eso con un programa mitad reality mitad educativo, esto quizas nos sirva a la gente cosmopolita (es asi como se llama a los ciudadanos de ciudad) para aprender que la comida no aparece en el super, y que se pueden andar 2km sin cojer el coche, por eso yo aplaudo la intencion de este programa, ke semos muy vagos señores!!! xD

13 noviembre, 2006 12:32

Mariano dijo…
Inda fai dous anos, cando Telefónica xa estaba privatizada, un alto directivo de Telefónica confirmoume de xeito persoal o remate dun congreso o que eu sempre me temin: que cando tiña titularidade pública, o servicio telefónico tiñase como algo universial.
Isto e, que inda que nas aldeas os costes disparabanse en comparanza coa cidade, a cuestión era ofrecer un servicio público, vivisen onde vivisen.
Así, deume exemplos concretos de como nos anos oitenta tentaban facer o que fixera falta para levar teléfono as aldeas, casos nos que os custes ascendian o que hoxe rondaria e superaria as decenas de miles de euros. Tiñan as primeiras placas solares e utilizabanas para centraliñas rurais, etc.
Hoxe nada diso e posible, pese a vivir no mesmo pais e sistema económico.
O estado poderia lexislar para impoñer isto, pero non o fai, pese a que coa tecnoloxía actual levar o acceso o servicio telefónico ou a rede tería económicamente unha diferencia moitisimo menos os anos oitenta.

E inxusto que non se poidan garantir servicios minimos, posto que asi xa non somos unha sociedade de 2006, senon unha mistura entre focos de poboación de 2006 e outros de 1906.

13 noviembre, 2006 22:08

El usuario anónimo dijo…
Mariano(predona a confianza), a ti nótaseche ben que nunca nunha aldea viviches, deuche o tarantán nacionalista e fúcheste vivir unha esperiencia ó medio do monte. Pois claro que hai aldeas que aindan teñen as condicións que se ven no programa! (que non son para nada as de 1906), porque quedaron abandonadas aló polo setenta e moitao ou ochenta e algo, cando a prosperidade económica en galicia chegou a todos os que estaban dispostos a traballar no mar, fixeron casas con todas as comodidades que se podían pagar daquela e deixaron as das aldeas que pertencian ó señor do lugar, o cal nunca as vende porque vive deses arrendamentos por tres xeneracións e coudad así (por catro pesetas vamos!)
conste que eu tamen tuven a suerte de nacer nun núcleo urbano, e sempre tuven aseo e auga corrente na casa, pero sei o que é ir mexar á corte dandolle a espalda ás vacas, de todas formas non por algunha esperiencia esporádica no rural xa sabes de que falas, eu falo pola boca da xente bella, porque as orellas están pa escoitar, e eles precisamente son os que portan a nosa cultura, a que de verdá debemos gardar; e a toda esa xente encántalle ve-lo programa, asique recomendoche que faigas menos mitin(o teu galego delatate) e vexas polo menos por unha vez o programa, porque parece que és dos que che gusta opinar sen saber, un “falavarato” se dice na miña terra.
PD: un comentario está ben, todos opinamos o que queremos, pero non esteas machacando co politequeo, que tratase de divertirse vendo un programa de televisión, darásme a razón que é mellor que gran hermano, ou tampouco o viches nunca?

17 noviembre, 2006 12:42

Mariano dijo…
Aqui non se trata se demostras quen viviu ou non viviu nunha aldea.
Trátase de manifestar que inda hay xente que vive con moi poucos medios en zonas rurais galegas, ou se non explicame ti, como te chames porque non tes nome, que quere dicir que teñamos xente a dia de hoxe que non teña teléfono fixo nen móvil e que se enferma no medio da noite, ou baixo unha nevada non saiba que facer nen poida avisar a ninguén.

Para unha persoa coma ti e coma min que procedemos de medios urbans parécenos inaudito que poida pasar isto .
E asegúroche que iso non e nengún mitin político, e unha realidade que sucede.

Non estou en contra de que se faga un programa como a casa de 1906.
Estou en contra de que se faga un programa como a casa de 1906 e de que deba parecernos algo exótico ou fora de lugar o que esta a suceder no rural galego, porque iso existe agora dentro e fora de Galiza.

E penso que ser nacionalista non e malo, se non todo o contrario.
Outra cousa e malentender ou malinterpretar o que para un e o nacionalismo.
Aqui non se trata de dicir que e malo ser nacionalista. O malo e non ser racionalista.

19 noviembre, 2006 22:05

 

 

A casa de 1906 ¿A casa do rural de 2006?

Martes, Outubro 31st, 2006

Seica agora poñen pola galega un docudrama chamado “A casa de 1906” na que os participantes teñen que sair adiante con medios de 1906.
Nunca vin a serie. Tomei a decision en canto entereime da sua tematica.

A min pareceme moi mal, porque en moitos sitios as condicions de vida no 2006 case non cambiaron. No rural galego máis marxinado alguns teñen electricidade, non teñen agua corrente e tanto moviles como telefonia fixa coma internet son ciencia ficcion. Iso fai que estean peor que antes porque agora parte da sociedade si ten esos medios. Dicir que esas condicións quedaron atras son como rirse deles.
Xa din miña opinion nalgun foro galego.

ASTANO, ano 1985: festival rock, en youtube

Luns, Outubro 30th, 2006

Calidonia subiu a rede o festival rock celebrado no ano 1985 como oposicion a masacre do naval.

Atopeino de casualidade buscando, como fago cada certo tempo, a plabra “ASTANO” en diferentes media.

Vin que Calidonia anunciouno hay uns dias no seu blog. Tamén fixose eco disto ZERO VACAS.

Unha gran desgraza que temos inda e que o contrario do que pasou coas masacres industrais noutros paises, nos case non temos nen material documental, nen documentais, ficcion, etc, sobre o sucedido.

Eu vivia en Ferrol, e lembrome dos carteis do festival. Lembro inda millor cando xogabamos no colexio público Ibañez Martín coas pelotas de goma que utilizaba a Policia Nacional contra os nosos pais cando se manifestaban pedindo conservar un posto de traballo co que manternos a nos.

Daquela eu non sabia porque tiña ese nome. Chamase Ibañez Martín porque ese era o nome dun dos ministros de educación de Franco.

Ibañez Martín tamén foi sogro de Leopoldo Calvo Sotelo, ex presidente do governo español.

Un dia descubrin un manifesto sindical nun libro do meu pai, pero non conservo outro material da epoca. Fixeronse moitas cousas, pero nen eu nen moitos temos mais que as nosas lembranzas.
Esta e a ligazon poñendo a palabra “ASTANO” en youtube.

Esta e a ligazon o video da presentacion.

Esta e a ligazon os videos de Calidonia en Youtube.

Por favor, fago dende aqui unha petición, se alguen ten material sobre a reconversión (con ASTANO, BAZAN, etc), quere facelo publico e non sabe como, pode enviarmo o meu enderezo electronico, ou ben o apartado 120 de Ribadeo.

outras ligazons:

accion do EGG sobre a torre espacio de Madrid :)

Luns, Setembro 4th, 2006


Recibin outro comunicado do EGG. A xeito de resumo, declaranse autores do incendio da torre Espacio.

A razón de escoller ese obxetivo foi que a torre Espacio e propiedade de Villar Mir, o propietario da mina de seixo de Serrabal, a mesma persoa que se opuxo firmemente o AVE galego por pasar este pola sua mina, pedindo unha indeminación multimillonaria que facia imposibel a nivel presupuestario que esta se levase a cabo e finalmente aceptou o trazado facendo varios acordos baixo corda.
Tamén aclaran que tanto o fotógrafo Daniel G. López coma a xornalista Cristina Alonso , profesionais informativos do diario ABC, que publicaron o luns 4/9/2006 unha reportaxe sobre a torre espacio, non teñen nada que ver con esta acción, que o parecer foi levado a cabo polo comando Madrid do EGG.
Meus comentarios persoais sobre este comunicado son os mesmos que no caso do anterior.

A alternativa a creervos que isto e ou non certo e pensar que o do outro dia dos DNS foi por chapuza e que isto tamen, e con poucos dias de diferencia. Iso e imposible, ouh?

izar, astano bazar. a

Martes, Setembro 14th, 2004

Sintoo polas suas nais, pero agora so me queda afirmar que a maior parte dos politicos, escritores, artistas, funcionarios de grupo A, B, C, D, funcionariado especial, vividores do conto, cociñeiros de mariscadas, xefes de mafiosos, torturadores de cunetas, profesores de renda antiga, conselleiros clientes de sadomaso, concelleiros que mercan audies usados, son todos un puto feixe de preñacadelas.

preñacadeliñas.
Non teñen puta vergoña.
E tamen meto neste saco os traballadores que non loitan polos seus dereitos. O unico que fan e condenar os seus fillos a estar no mesmo cruce de camiños vinte anos despois.
E coa afirmacion que che da vivilo en primeira persoa, podo dicir que este puñeteiro grupo de vividores, poden seguir autodenominandose galegos. O contrario que moita xente de moitos movimentos, non serei eu quen os bote da terra, pero non por iso deixarei de afirmar o erro nesas actitudes, que o unico que fan e non facer de Galiza unha franquicia (que palabra, eh, FRANQuicia) de España. No fondo iso seria para moitos aceptable. O que estan facendo e de Galicia coma unha franquicia do barrio de Salamanca. E por esas non paso.
Xa poden irse a tomar por saco.
Ah.
Tamen danme puta vergoña os xornais , xornalistas e fotografos que se deixan vender de mal xeito. Hoxe son eu o que escribe sobre Benjamin, asi que se deixen de queixar da ignorancia dos obreiros e dos seus fillos: son eles os ignorantes.
Que se vaian a vivendi a pedir traballo, o farian moi ben, pero que deixen de dicir que o seu traballo informa.
Que puta pena.

pequeno ensaio sobre os contra-argumentos das miñocas

Mércores, Xullo 7th, 2004

Ben.
Consideración, desconsideración.
Becas.
¿Reminiscencias do pasado?
Quen sabe.
Xa non e reclamado coma dereito.
A educación e para todas, para todos.
Logo todos teñen dereito a educación.
Logo todos poden ter acceso a educación.
Logo xa comezamos os erros.
Non todos os que queren, teñen acceso a educación.
E ante este argumento oponse ún contra-argumento.
“as cousas son así e máis persoas teñen ese problema, e a historia de cadaquén e longa, e..”
Utilizase iso sen pensalo realmente.

Porque de feito moitas persoas teñen ese problema, pero que digo que moitas…que digo… todos, tódalas persoas que queren, non son as que teñen acceso.
E sen embargo paradóxico que as persoas que utilizan este contra-argumento, soen ser xeralmente persoaas que nunca tiveron problema para acceder a calquer nivel do eido educativo.
E, por tanto, un argumento-vergoña,
un argumento que quere tapar a sensación de culpabilidade.
Si , culpabilidade.
Non digo, polo menos inda non dixen, que ditas persoas sexan culpables de algo, máis e probable que ante a pregunta antes referida, queda patente no outro interlocutor, a sensación de valeiro e ignorancia, por ter que pasar a unha introducción así.
A situación vóltase máis agresiva, e sóltase o contra-argumento, e a guerra, inda sen pretendelo, está asegurada.

E así e coma a parte máis feble, porque non esquezamos, todo comeza cun inocente argumento da ventaxa do acceso os estudios, remata ante un ” non queiras estar a un nivel superior, mantente o teu nivel….o nivel da tua clase”.
E por tanto e educación unha ferramenta de distinción clasista? parece ser.
Solucións?
Vivir moito.
Cando vas probando tódolos argumentos, probandoos na tua vida, chegas a unha conclusión.
Contra-argumentos coma o citado anteriormente, son unha carallada, imbécil, e sobre todo, inútil, por todo o que pecha de superficial e de negativo.
E coma entón, tentar o diálogo co contra-argumento?
Coma xa dixen, a experiencia de un feixe de armas contra-argumentais, sobre todo se estas experiencias parten de supostos abertos o faio. O que e un anti-valor na nosa sociedade. E unha socieade tan preocupada polo éxito, que o fracaso, inda como ferramenta para chegar o éxito, e denostado. Comezase a estudiar linux ou outros sistemas operativos que tiveron éxito, comezase a estudialos nas facultades de economías, e eu digo que non se trata de cambiar a etiqueta da caixa, tratase da cultura do fracaso, a que ten éxito: se linux e agora o que é , e gracias o estar aberto os faios, e a enmendalos, non a tapalos.
Contra-argumentos coma o citado, son perigosos, pois son incoherentes (son a descripción dunha inexperiencia que quere ser experiencia.
E remata en macroincoherencias sociais. (E dicil, a nivel macroeconómico, macrosocial, etc).
Todo o que leve dito, que inda que poida parecer complexo, e extremadamento sinxelo para unha persoa educada na nosa sociedade occidental ( a mesma que é un ser adulto coma tal non os quince anos coma antes, senon os trinta. Coido que isto require outro ensaio: a nosa sociedade tel tan complexidade que e chegaremos o punto de ser nenos na nosa sociedade, e iso vese claremente nas cidades, na abundancia de tantos locais con grandes lunas, paredes brancas e camareiros vestidos de negro, reminiscencias dunha infancia sen gozo), unha sociedade coma a nosa, que economiza en valores e perdeu a capacidade de asombro.
Un exemplo sinxelo que parte do argumento e contra-argumento do principio: as becas.
As becas son ese elemento que inda que xa conseguiu ser recoñecido na sociedade coma icono, non foi así coma obxeto de uso.
E gostaría de seguir de xeito lixeiro con este argumento, pero velaquí que quen saltou a xeito de repetición e sen ter sequera matinado nel, o contra-argumento, agora coa carraxe da batalla perdida, dirá outro super-contra-argumento, coma

” e acaso algo funciona de verdade nesta sociedade?”

Deixarei a crítica deste super-contra-argumento para despois, agora seguirei o rego.
Se o primeiro contra-argumento e malo, este e peor, inda peor.
E inda máis imbécil, máis idiota, máis estúpido.
E ir contra a propio argumentación: se quen salta con ese argumento (neste caso un super-contra-argumento por estar frustrado), precisamente e alguén da sociedade quen o propon: e o argumentador, e como tal, pertence a ela.
E o que fai, cal sorte non de super-home nietzsiano, senon de infra-miñoca conservadora.
Parecen longas todas estas liñas, máis pode verse de cheo coma somos nos os que procesamos, normalmente de xeito inconsciente e en décimas de segundo, toda esta fraga de datos, de iconos, de argumentos.
Iso ten a sua razón de ser, por economía dna comunicación, máis o problema ben dado en situacións nas que o referente non se corresponde co referido, facendo así unha fagocitación da realidade.
Iso e pésimo, posto que así os valores, e os significantes creados para coñecer a realidade, non se corresponden cunha realidade, senon cunha invención.
E se máis e máis persoass seguen no camiño de utilizar esa invención coma realidade, todo tornará nun dedo acusador contra os que vexan e falen da realidade.

¿ Cal e oa sua vez a resposta ante o segundo exemplo de contra-argumento de infra-miñoca?

As bibliotecas

Chegas, colles un libro e eo lees.
Con cousas así, vemos un avance real na sociedade.

No caso das becas, e algo a medio rematar, nesta sociedade que voltou a enfermar e segue sen querer reparar definitivamente esta parte.

Comments:|Comentarios

Agremon on 09/07/2004

Gustoume. Como facelo chegar á xente? Á non interesada? Á que ten outra estructura montada que lle impide ver cousas evidentes? Á que por estar montada na súa propia vida non ten máis que olleras para o resto? ‘A que só le alg que outro ‘relato do verán’? Á que non le, mira sen ver?

o heroe jacobs e dous fracasados

Mércores, Xuño 30th, 2004

Poño a tele.
Un home maior,de barba branca, un nonseiqué Jacobs, falando en inglés, di que ‘i’m a failed, I’m a failed!’ (son un fracasado, son un fracasado!).
Lembro entón que é un documental sobre os estranxeiros que foron a España a defender a democracia.
Moitos deles morreron e outros, inda a dia de hoxe, fan toda clase de homenaxes e sintense orgullosos de ter participado na defensa da liberdade. Era coma unha cruzada europea pola liberdade.
Logo sua filla, en castelan con acento indeterminado (castelán de México?) , di “o meu pai o que se refire e que sintese un fracasado porque di que eles inda que pelexaron pola democracia, non puideron facer nada para evitar a chegada da dictadura española”. E outra muller di “unha vez mercámoslle unha disco coas cancions das brigadas internacionais, saiu hay pouco. El emocionouse, e púxose a chorar. Chorou coma un cativo. Foi a única vez na miña vida que o vin chorar”.
E eu sintome outro pouco fracasado, porque acabo de apagar a tele, nunha mestura tamen de vergoña por estar nun pais que se di democrático, pero que inda non fixo -que eu saiba- nengun agradecemento público a todos eses europeos que viñeron a esta terra a defender a democracia, nun país que cos boricua fixo unha das maiores masacres da historia da humanidade (feito que non che din de pequeno, so que no imperio español non se poñía o sol), nun país que fala de querer a paz, pero a costa dos mortos que deron a vida por ela, e seguen sen ser recoñecidos ( E u-la paz dos seus familiares que seica non teñen cadaver o que visitar?).
Teñome que desafogar traducindo artigos científicos do francés porque eran precisamente franceses e outros europeos os que foron a España para defender a democracia.
E eles, inda os que hoxe viven, non o esquecen.
Asi que eu, que desfruto desta liberdade, o que significa que o unico que poden facer e marxinarme, deixarme en paro e facerme un alcohólico mentres matino do porque da sinrazón da estupidez, pero non pegarme dous tiros -polo menos diante de todo o pobo- como facian ata non moito neste pobo, tampouco esquezo seu esforzo.

“alto a la invasion”

Luns, Xuño 7th, 2004

07/06/2004

As eleccions europeas son as miñas favoristas en canto a propaganda electoral, posto que todos teñen oportunidade de falar.
E como todos podemos falar, eu falarei dunha opción política (e que acabo de poñer a tele e ver un anuncio deles) que afirma que estamos sendo invadidos polos moros […] e que fai falta votar por eles se queremos rematar coa invasión do islam. Que se queremos apostar por Europa, que lles votemos

Votar non sei, pero teño que voltar pola sua tenda, que teñen productos moi interesantes -aconsello a visita-.

E mentres que eu comezo a plantexarme se en caso de sair estar persoas, en fin eu correria perigo en España dado que falo nunha lingua de regionalistas, separatistas y paletos e dado que teño na casa unha gramática de árabe , vexo que a continuación sae un de Izquierda Unida falando que se queremos apostar por Europa, que lles votemos.

Eu cada día sei menos de política, pero coido que está ben que cada quen exprese suas ideas e asi votar en coherencia, non como fan moitos que din unha cousa por diante, e por detrás fan outra.(esta soe se-la tendencia).
Iso e criticable, polo menos nunha democracia, posto qué é unha das suas enfermidades, e que pode rematar en demagoxia.
Asi que quen queira apostar por Europa que me vote
Seu voto sera nulo, pero cada vez que escoito a partidos maioritarios– non estes dous- falar de Europa, sen citar as politicas europeas, ou da sua apliccion na sua terra , en fin ,millor que me vote e asi non pasara un dia depre nas urnas .
E non riades, que de seguro que en moitos pobos galegos so se abrirán dous ou tres paquetes de papeletas, e o resto quedarán precintadas, co cal se queres votar por outra opción terás que facelo desprecintando os paquetes, diante da guardia civil -isto pasoume hay catro anos en Ribadeo, e non e coña, ante a vista de guardia civil, prensa local, e xente do partido popular e partido socialista de Ribadeo.
Viñan a dicir que se alquen queria votar por eles, que o abrise.
Iso sí, todo era secreto, o lado , despois de desprecintar o paquete de papeletas a vista dunhas dez persoas, podias meterme detrás da cortina para poñer teu voto nun sobre.
Legalidade ante todo.
Hipócritas. Iso sí, depois mais dun politico deste pobo ribadense saira nos libros galegos, e outros xa o fixeron (se alguen sigue esta ligazon, que se prepare para non marearse ante un libro de 247 paxinas -non teño en conta o índice onomástico- que as tres veces que cita algo en galego, faino para facer referencia a asesinatos, ignorantes, etc).

Ben, eu tampouco estou libre de culpa ,quen sabe se un dia lles da por poñerme nun libro (iso si , coido que tardaran en aceptarme aqui, a este paso coñeceranme antes os rapaces xaponeses)

Xa dixen bastantes cousas serias, e non son eu un columnista de La voz de Galicia ( e digo eu, se e de Galicia por qué non se chama A voz de Galiza, A voz de Galicia ou A voz galega.? está visto que teño o dia parvo).
Agora quedo vendo escribiuse un crime (outro deses productos que poñen as duas da maña e co cal ninguen, o mesmo que pasa cando poñen concertos de hay dez anos, levase a engano) , na galega, mentres vexo como un fotógrafo de modas inda utiliza unha cámara coma a miña (vaia, agora que o penso, que mérito ten, esta serie e dos oitenta…estou feito un romántico coas cámaras)

Isto e o que temos: cando parecía que ia facer (dun xeito -o que son as cousas, e falando de política- , políticamente correcto) un discurso facil contra a extrema dereita, ou despois contra os partidos dos extremos , rematei reflexionando se políticos que pensamos que son moi centristas, (coma os citados anteriormente nas ligazóns) non serán o final os máis radicais. Sí, aqueles mesmos que tamén serían os primeiros en facer leña de tódolos partidos non de centro.
Informarse. Ler. Formar un criterio. E o que veña despois, pois así tamén sempre teremos curiosidade en coñecer porque a outra parte pensa coma pensa.
E falando de todo un pouco, e curioso non atopar en galego títulos tan dispares coma Stupid white men, Mein Kampf e outros.

Comments:|Comentarios

Agremon on 08/06/2004

Só por darlle a reviravolta: Mein Kampf seria como sendo indio ler unha do oeste, e o outro ‘é dos americanos, aquí non é necesario, non somos estúpidos’. En fin… Mellor de eso que dalgunha política (por sorte, non de todas, aínda que se lles poda aplicar o mes mo que ós ricos na biblia, o de pasar polo ollo da agulla)

mobiles de 117 euros para celebrar fusions , estafando no rural galego

Domingo, Abril 25th, 2004
on 13/04/2004

Acabo de falar con Paola, de vigo.
Todo comezou polo seguinte:
Ontes chaman a miña nai para que se de alta nunha chea de servicios de unión fenosa. Ela dixolles que falaran comigo.
E hoxe chamáronme.
Nada, o principio a conversa comezou asi , e nun perfecto castelán
“buenas tardes, le llamamos de auna. Auna se ha unido a Unión Fenosa y al Banco de Santander, y para celebrarlo, le hemos seleccionado para regalarle un teléfono móbil. Su número de teléfono ha sido premiado, y le llamamos para informale de que el teléfono móbil que le regalamos tiene vibrador, melodías polifónicas, , bateria de litio , pantalla con miles de colores y la posibilidad de descargar melodias . Si a usted le interesa, dentro de unos nueve días se lo llevará un comercial, y usted solo tiene que pagar nueve euros en concepto de gastos, y después comprometerse a tener un consumo mínimo de seis euros durante diciocho meses.
-Ben, pois moitas gracias, pero entón tería que pagar un total de 9+ (18×6) (iso son 117 euros).
-¡Pero es que seis euros al mes son solo mil pesetas!
– Xa, xa, enténdolle, pero verá, eu xa teño móbil, de xeito que, ¿para que quero outro móbil? E dicir, se gasto esa cantidade agora, para que vou duplicala. Tamén poderia utilizar ese novo móbil, máis entón deixaria de utilizar o outro móbil, máis o outro móbil xa o teño,se non non utilizaría ningún, e se non utilizase ningún, para que quero o que vostedes me “agasallan”.
-Bien, es una oferta que lanzamos.
– (mentres eu pensaba sobre como estes véndenche o móbil, teñen os teus datos, revenden os datos, e inda por riba todo e para celebrar unha fusión empresarial) Mira, o que si teño interese en coñecer e cando levades fibra óptica a Ribadeo (o pobo no que vivo).
-Espera , que voy a preguntártelo.
(…..)
-Mira, una chica me dice que dentro de tres o cuatro meses.
-Ben , pois iso si que me interesa. O que pasa e que agora non entendo nada. Verás, hay unhas semanas, estiven nun congreso, supoño que se eres de Auna,xa estarás o tanto, e o de vilas dixitais, e alí, preguntei sobre Ribadeo, e viñeronme a dicir que inda non tiñan interese. Ou que si, pero que so en parte. Por todo isto, chámame a atención que agora me digas que van levala asi polas boas en tres ou catro meses.
-No, pues no se nada de ese congreso, espera que te paso a esa chica.
(……..)
-Hola, buenos tardes
-Boas tardes, ( e fagolle a pregunta de novo. ela dime que se chama Paola. Entre tanto lio, xa non sei como se chama a primeira teleoperadora)
-Digoche máis, ¿non vos interesaría levar a fibra a beira dos pobos e despois que outra empresa o redistribuise? sería máis cómodo para vos?
-Bien, ya estamos trabajando con el tema del PLC (o plc e o xeito de levar datos a través da corrente eléctrica).
-Si, si, coma o ADSL, de ahí a que se faga…
-No, si ya se hace, se está utilizando en Murcia, y en otros sitios (eu nese momento pensei en Alporchones e casi lle falo de TODO E FRIKI e o surreodadaismo ardórico).
-Non me refiro a iso, refírome o feito de que o ADSL depende de ter unha centraliña a distancia non superior a 3274 metros do usuario, e a vez que esta teña o aparato do ADSL. O PLC e un sistema similar, e tes que distribuilo dende subestacións, co cal o rural galego segue marxinado.
-Como? es que no entiendo bien el gallego.
Nese momento, en deferencia que sempre tiven os estranxeiros, faleille en castelán (coma se me pide que lle falo en inglés, non todo o mundo tivo a sorte de aprender o galego)(claro, e nese momento, digome “Mariano, esta xente quere estafar a xente do rural, vendendo móbiles que custan 117 euros, e fálalles en castelán. Seguro que o fan “sen malicia”pero o feito e que o fan porque asi parécelles que son máis serios nos negocios. E eu dígome ¿por qué non lle falan galego a xente para facer negocios? aparte diso, noto un acento de fora, ou seña, que a persoa que está vendendo estes productos a unha clientela galega, non son galegos. Digoo porque ….¿ e que os galegos non sabemos traballar cun teléfono?).
-Bien , es que ya se sabe, a Galicia llega lo último. Es decir, al final, llevan las cosas a Galicia.
-Lo sé, lo sé. Espere, que voy por un nombre, ¿puede esperar un minuto?
-Si.
Asi que fun a axenda, e alí atopei o nome. Javier Mourelle Mouro (que é o responsable de enxeñeria de clientes da zona norte.)(eu pregúntome entón, que carallo terá que ver

  • a enxeñeria
  • os clientes
  • onde está a “zona norte” ¿a zona norte de Galiza, a de Asturias, a de Leon, a de Urbequistán? )
  • – ¿No lo conoce? es de su empresa
    – No
    Entón faleille do que alí escoitei , e que xa comentei neste weblog, incluido o que a esta xente importanlle pouco o rural galego, e que tratan a xente como tontos do cu
    -Yo no creo que les tratemos como tontos del culo -dime ela-

    -Pues creo que no diría eso si hubiese estado allí. Hay grabaciones de todo, al igual que cuando quiera puede repasar y buscar todo lo que le estoy diciendo, sé que están grabando esta conversación, como siempre hacen. Por cierto, donde estoy hablando y con quien?
    -Con Paola, de Vigo
    -Yo me llamo Mariano, tanto gusto. Bien, supongo que trabajaran desde lo que ustedes llaman un “call center”, ¿donde está el call center de su empresa?
    -En Vigo.
    – Bien, si necesitan a alguien para trabajar, porque no me llaman (dixenllo pensando en tres factores

  • non saben o que é falar en galego
  • descoñecen a realidade galega
  • non estaban o tanto da realidade telemática galega)
  • – Estás trabajando?
    eu penseino ben, poderia dicir o que fose, pero o feito e que esta conversa , por temás tanto técnicos como sociais, non pode mantela moita xente máis aló das primeiras frases, asi que dado que se ela posuira os coñecementos, poderia ver que eu os tiña, e por tanto que mais daría esa titulitis tan extendida polo sur de Europa, respondinlle:
    -No
    – Tienes estudios?
    – No
    Daquela pareceume notar certa sensación en plan ” este debe de ser un farsante/unha persoa deprimida que non ten outra cousa que facer/ isto parace a cámara oculta de Torrebruno”.
    Anteriormente plantexeille a posibilidade de entrevistarme con quen quixeran, Cando me puxo excusas dixenlle que podía ir a Vigo, e cando me seguiu dando excusas, falando de Madrid, dixenlle que podiame ver en Madrid con quen quixera. Coas excusas rematadas, pediume o meu móbil ( foi curioso: eles chamáronme para ofrecerme un móbil e os 7 minutos eran eles os que me pedian o meu para ter unha entrevista con eles en Madrí. Sempre dixen que un galego traballando pode da-las tornas a todo).
    -Por cierto, no conoce soluziona?
    -No
    -Soluziona, con zeta.
    -No.
    -Para que se de cuenta que no le miento, puede poner soluziona.com en cualquier navegador. Es una consultora de unión Fenosa. Y me llama la atención que sea de esa empresa y no lo conozca. Bien, usted llega a la página y verá todo en inglés, pero también está en castellano ( e eu preguntome porque non está en galego, posto que di “español”, pero claro, segundo a constitución española existe o español-galego, español-euskera, español-castelán e español-catalá). Bien, me preguntaba porque Soluziona no tiene hecho ningún informe sobre nada de esto. en fin, ya tiene mis datos, las ideas y de lo demás. No pretenda que ahora insista más, porque si no será como si dentro de tres años, uno de sus directivos se me acerca y me dice, “porque no hablo usted conmigo”. “porque no queria hablar con las 478 personas entre usted y yo”. Primero tienen que organizarse mejor entre ustedes. En fin, gracias por la atención Paola.
    -Hasta luego.
    -Ata loguiño.
    Coido que máis que adicar esta conversa a técnica, ben poderia ser un manifesto da película Psalmus, un proxecto surreodadafrikista: poden verse nestes diálogos, os conceptos venda, lingua, murcia, e outros,totalmente imprescindibles para o surreodadafrikismo

    Conclusións:

  • Auna e dadá.
  • Caixa Galicia, que ten parte de Auna, e gore.
  • Fenosa e surrealista
  • o call center está en Alporchones.
  • as telefonistas galegas seguramente venden móbiles o mercado sueco, e non falan en sueco senon en galego, epor iso fenosa contrata a murcianas para falar en castelán os galegos.
  • tódalas compañías de comunicación son tontas do cu.
  • Santi e máis eu somos tontos do cú, pero polo menos facemos películas sobre as nosas paranoiasPosted by:|Feito por: MarianoGrueiro
  •  
    Comments:|Comentarios

    Javier on 13/04/2004
    Im-presionante, buenísimo ¿Y al final comprastes el móvil?
    Mariano on 13/04/2004
    non 😉
    Sabela on 14/04/2004
    Pobre paola 😛 un bico
    Xoel on 14/04/2004
    Saúde Mariano! Pois deberías telo comprado, cona! (con perdón) Esa xente tb ten que comer, todos temos que comer, até en áfrica. Apertas amista!
    on 14/04/2004

    oides, non era regalado? Facemos isto: no proximo cumpreanos para celebralo vendovos o meu cepillo de dentes, por so 10 euros o mes 😉 óla Sabela, canto tempo! bicos -xoel, irás a Ourense?