Archive for the 'sociedade' Category

o xogo grande-pequeniño

domingo, abril 4th, 2004

on 04/04/2004

Estiven reflexionando sobre os que poderian ser alguns usuarios do club de golf da illa da Toxa, dixenme, vaia, estou vendo a persoas que o millor chegan de moi lonxe ata o aeroporto, vaixan do avion (seguramente un McDonell Douglas antigo), collerá nun coche unha autoestrada ata Santiago de Compostela, de ahí outra autoestrada ata un desvío para a via rápida de doble sentido cara O Grove, momento no que moitos diran "oes, encántame Galiza, estas carreteras comarcais tan pequeniñas".
O final da via rápida chegarán a unha rotonda, e a unha estrada ata O Grove, no cal os protagonistas da viaxe pensarán

"uhm, esta estrada e realmente pequena, debe ser un costume autóctono regional". Despois chegaran ata unha illa, e comezaran a xogar o xogo do grande-pequeniño ata chegada a noite.

Así durante uns dias, momento no cal farán o percorrido inverso, e cando volten os seus lugares de orixe, diran "encántame Galiza.
Coñezo moi ben Galiza, o mesmo que coñezo moi ben Zurich ou a Costa Azul, pois en todos estes sitios paso moitas horas xogando o xogo do grande-pequeniño, o cal faime entrar en contacto con toda a cultura de cada terra, e por suposto gustame a viaxe para chegar o lugar de xogo do grande-pequeniño, porque vexo o entorno.
Hay unhas autoestradas marabillosas, e ata as estradas pequeniñas tamén están moi ben (nótese o concepto autoestrada-grande , viarápida-pequeniña).
Oh, Quero voltar a Galiza, encántame, encántame.
Ademáis, cando vou o Beach club, a auga do mar está moi limpiña.
Vou o Beach club cando canso de xogar o xogo do grande-pequeniño, porque alí falo cos amigos e coas amigas.
Non e como a cafetería do hotel, no Beach club, podeste relaxar , incluso máis, porque hay un campo, e herba, e auga, e a xente nen tan sequera esta xogando o xogo do grande-pequeniño.
A xente tan só está ali.
Supoño que por iso se chama o clube da praia.
Non hay moita area, pero e coma un grupo de amigos. Todos somos moi amigos, e alí hay xente de todas partes. Hay xende do barrio de Salamanca, hay xente do Barrio do Pilar, e hay xente de El Pardo.
Ata hay xente de La Moraleja.
Hay todo tipo de xente, e iso e moi positivo a hora de enriquece-la convivencia.
O que me gusta destes lugares e a cantidade de xente de cantidade de sitios que están aquí.
As veces non está todo o mundo, claro.
O millor vas a tua terceira residencia, e ves catro residencias que están valeiras na semana santa, pero....¡iso e normal!
TODO O MUNDO vaise a Sevilla, porque alí a semana santa está moi ben, e levas peineta, e todo e máis formal.
Pero ben, iso, Galiza e moi fermosa, eu coñezo ben Galiza, tamén vou as veces as operas, nese aditorio de LaCoru, e cando teño tempo vou na avioneta ata Ribadeo.
Alí teño un amigo que ten un aeroporto, e voto un par de días.
Ben, agora máis.
E que antes non podías votar moito tempo, pero agora podes xogar o grande-pequeniño preto de alí, en Asturias, porque so tes que cruzar a Ria.
Ben, o campo do xogo do grande -pequeniño xa non está en Galiza, pero e que coñeces Galiza enseguida, so tes que coller a avioneta, ou o yate, posto que Ribadeo ten porto deportivo, e xa chegas, e todo esta moi ben. E mais pequeniño que LaCoru pero o igual que LaToja esta tamén moi ben.
E nada.
E iso, Coñezo dende hay anos a Galiza e gustame moito."

Chuzame! chúzame -

“Aquelo e unha carroña que non ten sentimentos”

venres, marzo 5th, 2004

"Aquelo e unha carroña que non ten sentimentos"
Recentemente escoitei este testimonio.
Unha persoa queixabase dese xeito da atención recibida por unha inspectora de saude en Burela.
Vou a contextualizar un chisco.
Burela e internacionalmente coñecida polo seu bonito do norte.
En Burela atópase o hospital da costa, o hospital o que tes que ir cando vives na mariña de Lugo e tronzas un óso.
Atópase tamén a inspección, noutro sitio. A inspección de saude tes que ir, cando por calquer motivo non podes traballar: dese xeito a seguridade social do estado español, comproba que efectivamente non deixas de traballar porque deuche por ir a tomar os vermús para ver os programas da tele no bar, senon que efectivamente, non podes traballar.

Ben, a esta persoa citada anteriormente, unha inspectora díxolle que "usted se está aprovechando de esta situación, y ahora mismo le doy de alta".
Ante esta situación, a persoa afectada tentou defenderse, máis recibiu un "se está en contra desta decisión , denúncieme".
Denuncieme.....tremenda valentía!
Denuncieme..... que me digan coma unha persoa nesa situación, dada de baixa por enfermidade, pode denunciar cando dificilmente chega a fin de mes. Denuncieme....... pois si, denuncia a merecía, pero aproveitase que non está tratando coas baixas de abogados e funcionarios de grupo A , senon con mariñeiros, amas de casa, obreiros, caixeiras de supermercado.....Denúncieme....

Ou seña, que inda por riba que tes problemas económicos e de saude pola baixa, tes que aturar como unha persoa que se supon capacitada para desempeñar ese traballo, che di esas cousas.
Doe.
Xa podes pedir cita pola rede pero hay cousas que parecen de hay corenta anos.
Esa persoa, semanas despois, tiña cita para un especialista. No hospital da costa da mariña. E o primeiro que di o especialista, despois de ler o expediente, foi
"hay unha cousa que non entendo ¿Como é que está vostede de alta? Vostede non pode traballar neste estado!"
E entón recibiu información de toda a historia. Coincidiu con esa visión, pero non pasou de ahi....

Eu súmome tamen a afirmación
CARROÑA, con maiúsculas.
Descoñezo o que cobrarán e as ordes que lle darán a eses inspectores, pero toda esta historia lembroume dun caso que coñezo ben. foi hay xa uns cantos anos, máis de dez e máis de doce, pero non moito máis.
Un obreiro do naval chegou un dia buscando a baixa definitiva.
Nesta época en que moitos xornalistas califican de vagos os traballadores navais, aquel obreiro chegou solicitando aquela baixa. Foi tamén unha inspectora de saude de Burela (outra diferente) a encargada en avaliar o caso.
Ben, sempre daba excusas. Chegou a dicir que era algo psicolóxico.
Este obreiro estaba podre de cancro. Despois de 6 anos por médicos, e rematar así "Apareceu de súpeto". Coime, de súpeto, 8 anos de síntomas. Se chega a ser despacio...
Aguantou un ano máis.
Fun o seu enterro, e o dia seguinte, cando a familia xa esquecera todo aquelo das baixas, recibiuse unha carta da inspección de saude.
Seica a cousa xa ia resolverse, tan so tiña que personarse a propia persoa en Burela para firmar un par de papeis máis.
Este obreiro, era meu pai.

Chuzame! chúzame -