Fai uns dias fixeron chegar o meu poder dous documentos que proban a nova estafa que a empresa de telecomunicacións TELEFÓNICA esta a argallar no rural galego. E esta vez xa nen se trata do acceso a rede no rural galego: son so as altas de liña telefónica no rural galego.
Poñereivos en antecedentes: o parecer, este cliente leva dende o 2002 agardando pola instalación dun teléfono fixo, e a poder ser, tamen ter acceso a internet.
Baixo unha premisa en principio tan sinxela, tornouse imposible por un detalle : o devandito cliente vive no rural galego, nunha aldea da Coruña
Nestes catro anos pasoulle de todo, dende que TELEFONICA (ou TELEFÓNICA) prometeu por activa e por pasiva que "o mes que ven vai o instalador a casa" ata que se lle enviaron cartas dicindolle que "esta prevista a implantación do novo servicio de acceso a internet dentro duns meses".
Xa hay varios anos que este puxose en contacto comigo para terme o dia da situación, e se hay uns dias decidiuse enviarme estes dous documentos foron por unha razon sinxela: isto linda xa cunha estafa ou tomadura de pelo.
Ben, pois a esta persoa, a que para maior comodidade e para conservar o seu anonimato, chamaremos Pepe, que vive nunha aldea a que chamaremos Neovila, recibe unha carta (menos mal que non din que quitan o servicio de correos por falta de cobertura no rural) co membrete de TELEFONICA. Puxose en contacto comigo e cando lle preguntei de que departamento de TELEFONICA se trata, respostame que o departamento chamase "TELEFONICA". Non puiden creelo ata que non o vin: non poñia departamento algun, de xeito que se queres reclamar, non poidas, porque so teras unha referencia, pero non sabes se estas a falar co departamento de telefonia rural (¿existira iso?), investigación e desenrolo, etc. A carta ten o logotipo de TELEFONICA e nada mais. Isto e como se te chaga unha carta dun ministerio e pon "MINISTERIO". E preguntas ¿ministerio de que?¿secretaria de que? e na carta so puxera "MINISTERIO".
Primero chegou a primeira carta, dicindo no segundo párrafo que "instalarase no seu domicilio unha liña telefónica con tecnoloxía radioeléctrica".
Parémonos aqui un intre ¿Que clase de tecnoloxía radioeléctrica? Outro TRAC? O TRAC era o sistema utilizado nos anos 90 (1990´s) para poñer liñas telefónicas no rural galego, cando xa a comezos dos anos 90 se desestimara levar o fio de cobre a todo o rural galego. Poderiamos falar moito do porque desta decisión política e económica pero non e o momento, segamos co TRAC: Chegaban o faiado da tua casa e poñían ali o aparato en cuestión. Funcionaba por ondas de radio, técnicamente era como se utilizaras un MOVILINE desos antigos que utilizaban radiofrecuencia analóxica. Despois enchufaban un cable que baixaban ata a cociña ou onde fose o teléfono, e ali conectabas teu telefono fixo. Era un teléfono movil so que os aparatos e as tarifas eran de fixo.
Xa hay varios anos que existe no mercado -tendas de electronica- outra alternativa a ista tecnoloxía e que as veces aconsello: ter un aparato semellante o antigo TRAC, pero funcionando con tecnoloxia GSM.
O trebello e unha caixa que leva seu espacio para que lle poñas unha tarxetiña SIM. Conéctase a rede movil, porque a efectos técnicos e outro movil máis, pero e unha caixa máis grande que un móvil. Por unha das suas beiras ten unha conexión que é un enchufe para poñer un teléfono fixo. Listo, xa temos un neoTRAC. Tecnolóxicamente está máis avanzado, pero para o usuario case parece máis cutre: xa non tes as tarifas do TRAC, e a cobertura e inda moito peor , non existe unha utilización propia do espectro electromagnético, senon que utilizas de xeito compartido as redes de móviles. ¿cando e practico? cando tes cobertura de movil e queres falar cun aparato de telefonia fixa, pola razon que seña.
Continuamos a ler a carta , na que di que "es preciso que se ponga en contacto con nosotros con la mayor brevedad posible......" .
Vaia, mete medo: catro anos agardando pola instalación dunha simple liña telefónica e agora...QUEREN METER PRISA O CLIENTE! . Xa me imaxino a escena de Pepe dicindolles "...e que hay tres anos que a compañia Z instaloume a liña". O problema e que no rural galego, so hay unha empresa que teña o monopolio de instalación de liñas telefónicas, e esta empresa chámase TELEFONICA.
No cuarto párrafo di "Agradeceriamoslle unha pronta contestación pola sua parte, confirmando a interese nesta instalación. Noutro caso, entenderemos que renuncia a sua petición , polo que proc ederemos a sua baixa...." CHE CHE CHE CHEEEEEEEEEEE MANOOOOLOOOOO PAAAAAAAARA O CARROOOO SOOOOOOO.
A ver: Despois de catro anos pasando do cliente, agora non so queren que contestes apresa, senon que o fas rapidito, ou dante de baixa. Sen comentarios.
Dias despois , Pepe recibe unha carta identica, so que engadiron en letra legriña un comentario:
"AVISO: enviamoslle unha NOVA CARTA que inclue un número de referencia ACTUALIZADO para facilitar as xestion de alta de liña no 1004".
A cousa vaise complicando máis e deixa ver a filosofia chapuceira de TELEFONICA. E vou razonar punto por punto porque penso que "chapuceira" e un calificativo correcto e non un insulto, a hora de falar de TELEFONICA.
- Se engades unha nova información o cliente, que xa hay que ser chapuceiro, integrao no corpo da carta. Pero non, o unico que fixeron foi abrir o procesador de textos, e enchufarlle o párrafo.
- Como danse conta que esta carta e case identica a enviada antes o cliente, poñen o texto, todo o texto, en negriña, para que se saiba que iso que se di nese párrafo e importante. E poñen tamen varias palabras EN MAIUSCULA, como fago eu tamén neste artigo parodiando sua escritura. Supoño que tanto TELEFONICA coa min aprendimos isto da importancia das maiusculas nos chat. Moi ben para unha carta dunha empresa.
- O parecer levan un rexistro, pero a idea foi posterior o enviar as cartas, primeiro enviaron as primeiras cartas, logo danse conta que faltalles facer unha base de datos documental, e crean un novo campo chamado referencia, e informan nunha nova carta o cliente. E en lugar de explicarllo de xeito sinxelo o que fan e poñelo na mesma carta.
- Pero a ver ¿ non habia que ir a fume de carozo correndo o pobo máis cercano (porque lembremolo......SE NA ALDEA NON HAY TELEFONOS COMO VAS A CHAMAR O 1004!!!!!!! ) para falar con TELEFONICA ? se facias iso nada mais chegar a carta a tua casa non tiñas número de referencia, co cal non saberían atenderte.
Con todos estos antecedentes, no que o unico que sabes e que a devandita empresa segue igual de prepotente cara o cliente e sen a máis mínima sensibilidade cara o rural , Pepe ponse en contacto con TELEFONICA para que un tecnico vaia a sua casiña na neovila para a instalación.
Semanas máis tarde, chega o técnico.
Vai o faiado e dille a Pepe....
-¡PEPE, NON SE PODE FACER!
E Pepe di
-E logo
E o instalador dille
-E que non hay cobertura
O diálogo transcurre coa pregunta obrigada:
- ¿Pero non se ia poñer un sistema novo?
- Que va, que va...as caixiñas estas teñen coma un movil dentro e conectanse a rede de movistar. Nada hoh, a ver se para máis adiante poñen máis cobertura. Se e que xa levo toda a semana perdida, que ontes estiven na outra aldea de Neocorme e Neoveiro e pasalles o mesmo.
Pepe enton lembrase dunha conversa que tivera comigo, cando faleille de poñer na sua casa este sistema: a casa de Pepe non ten cobertura de Movistar, nen de Orange (Amena), e so ten cobertura de Vodafone se sae da casa e anda uns metros. E dicir, que ante unha urxencia medica, millor sera que poida levitar ata 100 metros diante da casa, porque se non tera serios problemas para ser atendido.
O caso de Pepe na sua Neovila, e de tantas neovilas que hay Galiza adiante: a empresa TELEFONICA e tan prepotente que pensa que chega a todolos sitios, asi que sua "nova tecnoloxia radioelectrica" foi nin mais nen menos que utilizar a rede de telefonica MOVISTAR.
E un insulto cara todos eses clientes que nen movil poden utilizar nas suas vilas, pensar en utilizar esa mesma tecnoloxia para darlles unha liña. ¿E que esos directivos e enxeñeiros nunca saen dos seus despachiños da sede de TELEFONICA I+D (telefónica investigación e desenrolo) da avenida de América de Madrid?
Porque para ideas tan brillantes e para un trato o cliente coma este, non facia falta que lles puxeran un edificio propio.
Sera por iso que agora, o igual que xa fixo o Banco de Santander coa sua vila financieira, TELEFONICA vaise montar unha pequena vila no noreste de Madrid. Dase conta que coas novas tecnoloxías rindese máis no rural. Iso si, faran un rural de seu, con acceso a rede. Falan moito de " responsabilidad corporativa " , máis a ver cando comezan a ter responsabilidade coa sociedade. Con toda ela.
Anotacións:
1
Durante estos anos sempre me preguntei como e que o estado central ou o governo galego non toman cartas no asunto , polo menos con medidas puramente lexislativas:
- obrigar as compañías telefónicas que dan acceso a rede a dar acceso o rural, e mentres non o den, obrigarlles a dar unha solución de maior nivel -satélite, UMTS-, tarifando o servicio básico.
- o mesmo coa rede das compañias de telefonia movil, se non dan 3G crear tarifas
Isto pode parecer extrano dende o punto de vista dos que sufren esta deixadez....pero temos que lembrarnos o exemplo dos TRAC. Aquelo non deixaba de ser un movil, máis o que pagabas era unha tarifa de fixo
2
Transcripción dos documentos
CARTA UNHA:
Estimado/a cliente,
En primer lugar nos gustaría expresarle nuestro agradecimiento por elegirnos como operador de referencia para sus necesidades de comunicación.
Nos es grato ponernos en contacto con usted para, en respuesta a su solicitud de servicio, reiterarle nuestra disposición a proceder, en breve, a la instalación en su domicilio de una línea telefónica atendida con tecnología radioeléctrica.
Para poder realizar esta instalación en su domicilio es preciso que se ponga en contacto con nosotros a la mayor brevedad posible, llamando gratuitamente al 1004 su Linea de Atención Personal, para concertar día y hora.
Le agradeceríamos una pronta contestación por su parte, confirmando el interés en esta instalación. En otro caso, entenderemos que renuncia a su petición, por lo que procederemos a su baja, sin perjuicio d eque en cualquier otro momento desee realizar una nueva solicitud de servicio.
Quedamos a su disposición para cualquier aclaración, o si desea más información al respecto, pudiendo ponerse en contacto con nosotros gratuitamente en el 1004, su Línea de Atención Personal.
Atentamente,
**********na parte inferior da carta , despois de "atentamente", non existe nengun tipo de firma nen indicación de departamento algún, está en branco. na parte superior da carta aparte da dirección de destino, so pon "TELEFONICA"************
CARTA DUAS:
a única diferencia coa carta anterior e que antes de poñer "Estimado/a cliente,", poñen un párrafo en negriña:
AVISO: le enviamos una NUEVA CARTA que incluye un número de referencia ACTUALIZADO para facilitar las gestiones de alta de línea en el 1004
3 Teño acceso a estes orixinais, e autorización de Pepe para reproducilos. De xurdir calquer problema, Pepe non ten problema en sair a luz. Pepe non vive de falar ben ou mal de TELEFONICA - e eu tampouco-, dahi que en principio queira seguir anonimo.

