a RedeArchive for the '' Category

En guerra telemática

Mércores, Setembro 22nd, 2004

22/09/2004

Na Galiza estase a desenvolver unha das guerras máis fortes dos últimos séculos.
Como calquer guerra, influe o factor sorpresa, e as estratexias

Telefónica e Vodafone, o 12 de febreiro de 2004, comezan a dar servicios UMTS

O seu precio: tarxetas entre 500 e 400 euros, e cada megas custa entre un euro, e euro e medio.

A descarga dunha distribución de linux, ou seña, un cede de 600 megas, custaria 600 euros.

http://www.cadenaser.com/articulo.html?xref=20040212csrcsrtec_2&type=Tes

Falanse dunha chea de siglas que o consumidor ten que aprender vaixo risco de ser ignorante social.

Coido que eu son o primeiro deses ignorantes, posto que non entendo esa relaciòn de custes, e ese xogo de siglas.

Esta fin de semana, aparecìa nunha revista que veñen cos xornais do domingo, unha declaración dun directivo de Vodafone, dicindo cousas sobre o de que as redes inarámicas non tiñan futuro.

Curioso.

Hay catro anos non falaban delas.

Hay dous, dicían que eran para a oficina.

Hoxe xa non se rin: pasan a atacalas, a dicir que de nada valen.

Apliquemos a lòxica aristotèlica.

Se de nada vale, de onde ven o medo?

Ah. Preto das pontes, na Faeira, non hay interné. Nen telefonía GSM, nen GPRS. E dubido que o UMTS chegue alì antes de seis anos.

Na Galiza estase a desenvolver unha das guerras máis fortes dos últimos séculos.
Agora gustarìame que todos foran conscientes dela.
Si. Cando a revolta irmandiña todo era claro. Máis coido que nesta todo anda claro tamén.

Comments:|Comentarios

boricualibre on 28/09/2004
Enton mellor lle pido a un amigo que me toste a Debian Sarge. 600€ e moito diñeiro de Deus. ¿E baixar o Window$$ XP tamen costaria 600€?
mariano on 29/09/2004
o juindos xp xa esta en galego, so tes que mercalo…. e descargar o parche, heheheh
MaRSoP on 11/10/2004

Asegurate de q al comprarlo no te cobren más de 600..

un webmail diferente

Martes, Xuño 8th, 2004
Hay dias que como me de por viaxar lonxe,…en fin, era por pasarme a decepción que un ten cando levan a cabo cousas, cousas, e mais cousas fora que aqui rexeitaron hay anos.


Sí, un dia destes teño que publicar o informe volvoreta e o informe esquío (informática en calquer aldea galega, con equipos conectados as 24 horas nunha rede telemática propia. isto xa foi aló no ano 2000…..)

______

Agora estaba lendo sobre unha experta que di como directivos de farmaceuticas recoñeceron que suas industrias poderían desenvolver calquer vacuna no terceiro mundo, posto que xa temos os medios. E outro experto social establecendo relacións directas entra saude e desenvolvemento económico. As contas así saen. (Africa enferma=primeiro mundo continua as colonias, en lugar de practicar a nivel social [sei que soa raro iso de que todos coman e teñan traballo e non estoupe a guerra e a perversion, pero pensade que hay so 50 anos, moitas cousas que hoxe son normais, noutrora eran privilexios de poucos, e hoxe precisamente esa democratizacion sosten o sistema] teoria de xogos. Agora trocade saude por tecnoloxia e Africa por Galicia …)

Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

Comments:|Comentarios

Agremon on 09/06/2004

Teoría de xogos… o malo é que na mundo actual (e moitas veces ó longo da historia) a teoría dos xogos (o dilema de cooperación ou confrontación) considérase dende o punto de vista persoal, e xa se sabe: cando un non coopera pero leva ventaxa, sae con ventaxa e o resto apandan.

saturacion de internet no 11m

Martes, Xuño 8th, 2004

Inda case ninguen fixo un estudio serio diso.
Vou deixar anotados un par de ligazons para cando poida, voltar sobre o tema.

  • caos co ADSL de telefónica
  • telefonos e internet conxestionados en Espana

    _________

    cando poida edito isto

  • Jenna Bush non se atreve a escribirme

    Venres, Xuño 4th, 2004

    o departamento de Defensa de Estados Unidos investiga a Mariano Grueiro

    ACTUALIZACION A CATRO DE XUÑO DE 2004
    O final vai ser certo tanta paranoia. Hoxe vou acceder o meu weblog e atopome con que desapareceron da base de datos os artigos dos ultimos dias (de ahí que agora antes vexades números, escribin artigos valeiros para que este conserve o mesmo identificador que tiña o segundo artigo sobre Jenna Bush.

    Todo isto deuse porque

    a – alguén accedeu a base de datos e borrou os artigos

    b – Os de dinahosting perderon a base de datos, e despos puxeron a base de datos que tiñan grabada de hay uns dias.

    Ben, non sei que sera peor. Tentarei reescribir o artigo que fixen, mesturandoo co que pasou agora

    Sucede que vai ser certo o que escribin hay uns dias sobre Jenna Bush. Recibin unha visita do departamento de defense dos EEUU, tal e como podedes ver na captura de pantalla. Eu pensei, vaia, será porque se gugeleas meu nome e o dela, aparecemos, ou tamen se gugeleas a visita, o meu weblog e o primeiro en aparecer [ actualización: xa non aparece! nen tan sequera na caché do gugel! -isto digoo no momento de escribilo, por suposto, en poucas horas,a menos que alguén volte a borrar a base de datos, aparecerá de novo. A menos que o robot “teña orde” de deixar de capturar datos-

    O final si que vou ser paranoico, e van ter razón todos os que falan de conspiracións.

    Vaia Jenna, ¿non sería máis sinxelo escribirme un correo e quedar para un té? vaia,

    ________

    guys from the cia or nsa or whatever… I repeat it one more time…don’t be afraid about Galicians! Come and we will go for a cup of tea!

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

    Comments:|Comentarios

    dorfun on 04/06/2004
    acabo de quedar aparvado!!! mira que eu co do gran irmán e todas esas cousas era medio esceptico… pero o de google, parécema de coña… a gota que colma o vaso!!! agardo que sexa só coincidencias!!!
    mariano on 04/06/2004
    A min foi precisamente o que máis me chamou a atención. Non coñezo xeito human -inda – de facer desaparecer un resultado del: ata cando deixa de existir unha páxina, os resultados seguen no google, e normalmente tamén podes visita-la caché. Esa foi a causa de que non fixera captura de pantalla daquelo, so teño a miña palabra para dicir o que pasou.
    fromooze… on 04/06/2004
    non me fio da túa palabra 🙂 E non te van dar nada polos artigos desaparecidos? Nen sequera explicación?
    mariano on 04/06/2004
    o millor tiña que poñer todo en persoais.enderezo.com , asi se o sistema vense abaixo, teria que aceptalo sen outra
    Agremon on 06/06/2004

    Mundo, entérate: Mariano Grueiro está vivo, e ten dereitos e ten razóns. O mesmo que Jenna Bush.

    ¿Miña web cumple coa LSSI?

    Sábado, Maio 22nd, 2004

    22/05/2004

    Atopei na rede unha páxina na cal pódese coñecer se a nosa web cumple coa LSSI ou non, atoparédela eiqui.
    E moi curiosa. En realidade , dalle a volta: a LSSI, básicamente e unha lexislación que rixe sobre , por exemplo as persoas que fagan, manteñan ou aloxen webs. Nela reflictense multas extraodinarias (extraodinariamente caras) para quen non a cumpre. O paradóxico do asunto e que faise dificil saber se unha páxina cumple ou non con esta lexislación. Moitas -e moitos- , foron os que optaron por desenchufarse ante esta situación.

    E todo isto, ante a complacencia de moitos, ora oposición, ora mestres de universidades, ora empresariado. Vou falar claro onde outros miran para outro sitio: eu coido que máis que a vontade de establecer un marco legal e de protectorado ante o usuario, que era a excusa desta lei, o único que conseguen e quitarse a autónomos e empresas pequenas do eido de internet, favorecendo claramente a determinados contidos e a empresas grandes.
    Se nos damos unha voltiña e guuguelamos un chisco, veremos como será prácticamente imposible atopar un autónomo, unha persoa física e non xurídica que dea aloxamento. Todo e de sociedade limitada para arriba. Nunha terra coma a nosa con tantos artesanos, a situación normal, coido eu que seria atoparnos unha chea de traballadores, o mesmo que podemos atopar carpinteiros ou albaneis coa furgoneta, teriamonos que atopar unha chea de galegos co seu negocio pequeno baseado na rede.
    Non e asi, polo momento, e normativas coma esta, son as que provocan unha gran dificultade.
    Ben pensado, aparte de a estes traballadores, ou hipotéticos traballadores, e a tódalas sociedade que seria beneficiada dunha maior cantidade e calidade de contidos e de servicios ¿A quen lle interesa unha lexislación axeitada? Máis ben a ninguén, as empresas grandes interésalles ser máis grandes, e os grupos políticos interésalles estar a ben con elas, pois delas reciben apoios financieiros para seus partidos. Terei agora que dicir que neste eido estan mellor nos Estados Unidos de América, posto que alí o que fan e publicar tódolas aportacions que se fan os partidos políticos. De feito, e inda que neste intre non me lembro dela, existen diferentes sitios na rede onde poden verse as relacións directas entre politicos, partidos políticos,empresas e directivos delas.
    E todo e legal

    O final saiume un artigo no cal incido sobre a política -no seu verdadeiro sentido da palabra- querendo falar da rede, pero son os lexisladores e agardo telo demostrado con estas liñas, os que tiveron afan de mesturar entrámbalas disciplinas. Pero non podemos darnos por vencidos, nen podemos perdernos nas consecuencias (ou obxetivos?) desta lexislación, e voltemos o rego, ¿ Como poder comprobar se a nosa páxina cumpre coa lexislación da LSSI ou non?.
    Ben, se consideramos que a nosa saude mental non corre risco e querémoslle botar un ollo, veremos que hay un apartado no que dí que se temos dúbidas, podemos consultarlle a eles. Non queda moi claro concretamente a quen, máis iso e normal, posto que e unha lei que omite concretar calquer cousa que non seña o importe das multas. Máis como coñecemos o lexislador, o que faremos e dirixirnos a el.

    Se optamos pola recomendable e intelixente solución de utilizar o traballo dos que nos precederon, nesta web atoparémonos un formulario que , legalmente, solicita o ministerio que revise a nosa web, para confirmarnos se está dentro da legalidade ou non.

    Cheguei a esa web dende esta outra, cuxo autor fala de que dende o 12 de Outubro de 2002, levamos xa case seiscentos días de censura na rede.

    Non lle falta razón, [ e o que son as cousas, mirando o código da sua web, meta name=”keywords” CONTENT=”emilio garcia loeda, loeda, emilio, garcia, perl, html, gsm, etacs, gprs, umts, kixtart, galicia, españa, spain, ventosela, ribadavia, programacion, linux, windows nt, madrid, dhtml, javascript, java “ , vexo que esta persoa e de Rivadavia], e é unha magoa que moita xente debido a esa lexislación aprobada ante a conmiseración de moitos fose aprobada: contidos con tanta liberdade como os desa páxina, dan fe do que pode perderse.

    o tempo dame a razon, pero abúrreme

    Venres, Maio 21st, 2004
    21/05/2004

    Non teño moita ganar de falar, pero lendo cousas coma


    Competencia

    El rector vigués, Domingo Docampo, valoró de este proyecto que no invada el campo comercial ni se convierta en competencia desleal, ya que sólo tendrán acceso a esta cobertura los miembros de la comunidad universitaria, que necesitarán una clave de acceso.

    José María Barja destacó la importancia del proyecto en un momento de convergencia, mientras que su homólogo santiagués, Senén Barro, reconoció la importancia de inmersión en la sociedad de la información y del conocimiento, «e conseguiremos que a sociedade galega se implique nos novos tempos».

    Penso, ¿por qué?¿Acaso se vives das vacas ou da pensión do teu avó xa non tes dereito a entrar da rede ?
    Vaia

    Con respecto a nova de que a universidade subencionara -vaia palabra- portatiles e montara unha rede inaramica, , vexo que non me fixeron puto caso hay catro anos /tres anos/ dous anos , posto que coma non era universitario, en fin, supoño que andaría a velas vir, pero mirade por onde coido que e o reves.
    E inda que o emprego destas interxeccións puidera denotar unha menor credibilidade, eu digo que a credibilidade e perdida polos que se enchen o peto e din que e normal unha vixesimoseptima reconversión.

    Mentres, Manuel Fraga afirma que axuda a sociedade, pero eu sego agardando dende hay catro anos unha resposta para o proxecto volvoreta e o proxecto esquio. (o que fixeron agora nas universidades e unha pequena parte do que eu propoñía no proxecto esquio. Un dia destes cando teña ganas de festa vusco alguen que queira publicalo)

    paxinas persoais en galego, un geocities en galego

    Domingo, Maio 16th, 2004

    o que son as cousas.
    Cando nos iniciábamos na rede, era normal abrir unha conta nun servicio de Estados Unidos, para facer a tua primeira páxina -que tempos-
    Anos despois, hoxe cada vez máis galegas e galegos temos acceso un equipo informático conectado a rede . Non moitos, pero máis que antes.
    Os ordenadores van máis rápido, os sistemas operativos non avanzaron moito, e os libres avanzaron moito, e as páxinas persoais dos galegos…..seguen na diáspora.
    Non entendo ben porque a emigración dixital segue adiante, pero tiven unha idea.
    Por que non evita-la diáspora dixital, dando aloxamento en Galicia
    E iniciei un proxecto para dar un enderezo as paxinas persoais: http://persoais.enderezo.com.
    Non hay detras unha grande empresa, nen tan sequera institucional . Por suposto que todo apoio seria ben recibido, pero iso non me votou atrás, un sempre esta a tempo de apagar todo.

    E posible, de feito agardoo, que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar un proxecto similar.
    So agardo que non se tarden outros oito anos.

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

    Comments:|Comentarios

    1. agremon on 17/05/2004
    2. mira á túa beira, un pouquiño detrás: …’que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar’… por eiquí andamos
    3. dorfun on 20/05/2004
      parabéns pola proposta… vouna publicitar!

    nota a 31 de agosto de 2006. Despois de moitas paradas tecnicas por mor de cortes de tensión, ataques, e finalmente falta de mantemento pola imposiblidade de actualizacion tecnica, a cousa esta parada, por iso esta desactivada a ligazon. Pero non esta morta a idea. Inda non

    Dictaduras tecnolóxicas: condenados a sede

    Martes, Abril 20th, 2004

    Dictaduras tecnolóxicas.

    Tanto falar de brechas dixitais e todo témolo diante.

    A cmt, que e un sitio que ata hay uns dias poucos coñecian -eu sí- , e que sen embargo, influia na vida de todo o mundo que queira comunicarse de xeito non presencial. Comisión das telecomunicacións.

    Estes dias hay polémica, porque o concello de Altarfe fixo un plan para dar acceso a todo o mundo. ( coma eu quixera facer xa hay catro anos).
    O caso e que hay pouco houbo unha
    denuncia, e todo o proceso atópase en perigo.
    E aqui comeza outro friki-chou:

    A excusa de todo e que o concello fai a competencia desleal as compañías de telecomunicacións.

    A ver se enterome ben do que pasa.
    Sucede que hay unha xentiña que di que non poden dar acceso a rede, a moitos usuarios, e sen embargo se ti queres dar acceso a rede, denúncianche.
    Se en lugar de datos falaramos de auga, significa que moita xente non ten acceso a auga corrente, e hay alguén que quere levala a cubos, e a esa persoa que sube o monte cos cubos dinlle “oes, que non podes, faslle a competencia desleal a estos ” -” pero se estos non queren levala” “sí, si, pero a ley ten que cumplila todo o mundo”

    Pois que noxo de ley.

    Os pastilleros xa están a poñe-las cousas sobre a mesa, e outros tamén.

    Estamos deixando de vivir na era de acuario para vivir na dictadura tecnolóxia. Tes dereito a dicir o que queiras, se e utilizando nosos micros. Tes dereito a usar a biblioteca, se les nosos libros.

    1984-2004.

    O que falaba de Catalunya, so errou en vinte anos.

    Pero non podemos deixar que esto continue.

    O meu procesador de textos, e o Abiword.
    Un procesador de textos gratuito e libre que calquera pode baixarse de balde aqui ( ou se queredes o binario para mac aqui).
    Pois ben, proxectos coma este, corren perigo cunha lei, que socarronamente chámase “de patentes de software -programas-“, e que se leva a cabo, a probada polos representantes de todos (entre eles, os eurodiputados do PP, BNG, PSOE, etc), o que provocara e que eu cando queira escribir cun procesador de texto, teña que pagalo. E dicir, moitos voluntarios que traballan desinteresadamente, xa non poderán levar a cabo seu traballo.
    Supoño que e o que pasa cando moitas ONG’as cada vez más institucionais son as que acuden a zonas de conflicto internacional, posto que dese xeito, menos testigos.
    Lembro que cando saiu a ley do voluntariado, dende a ONG dende a que daquela estaba de voluntario, fixemos unhas xornadas para analizar a nova ley do voluntariado. Baixo a excusa de máis control, máis axudas, existia a vontade dun control férreo sobre todo o que se movese.

    Control, control, control….. ten que ver. Eu digome que se as forzas que se teñen en querer controlar, se puxeran en traballar, isto iria doutro xeito.

    E agora lembrome da galipedia, (enciclopedia libre en galego), cando hay so uns meses falabas dela, ninguen a coñecia, e non tiña moitas entradas . Ben, tiña unha chea, en proporción a xente que colaboraba.
    Pero agora xa hay máis de mil entradas. Mentres outros controlan, outros traballan, e alédome de ter colaborado un currusquiño con algún proxecto destes, porque todo e pouco , dende a difusión ata o traballo en sí.

    ponte juifi , ovella eléctrica

    Mércores, Abril 14th, 2004

    on 14/04/2004

    o juifi


    “oes Mariano, que e iso do juifi”
    – E do que che falei hay catro anos
    – E porque agora falan do juifi?
    – Porque telefónica non sabe falar galego (so catala se visitas sua paxina guef onlain), e por que dese xeito ten o traxe novo do emperador.

    Hehehe.
    Risa parva.
    Agora seica Santiago vai ser a primeira cidade galega con rede inarámica. Ribadeo tena dende o 2000, pero claro, e un pobo 😉
    Isto parece un contuvernio deses.
    Ontes falei con Paola, e hoxe vexo que os de soluziona organizan unhas xornadas.

    Pero non puiden enterarme de máis porque non me entraba a páxina co meu navegador, o Mozilla en galego.

    Sería porque o meu navegador fala galego?
    Quen sabe. Parece que fora eu o paranoico da lingua, pero a xente ponse a pensar cando lle ensinas estas capturas de pantalla. Xa non probei a entrar co Debian e Mozilla.

    En fin, pregúntome para que son esas presentacións, ou conferencias, que as dan os mesmos que hay un tempo non lle vian futuro as redes inarámicas , inalámbricas , wifi , juifi ou como queiran chamarlle agora para tentar vender o que non venderían chamándolle as cousas co seu nome.

    En fin…..

    Non, de en fin nada. un despois ten que emigrar mentres os que antes pasaban de ti, seguen pasando. Que pasen , que pasen, que mentres outros pasan, outros traballamos

    Eu acuso

  • O igape, cada vez que tentas falar con eles e pidenche exemplos de empresas galegas que utilizen “linux e as cousas esas”. Iso si, para crear unha empresa baseada noutras solucións, non che piden exemplos galegos. Non quero negarlles a sua vontade a hora de apoiar empresas xa existentes, pero terian que mirar o que se fai non moi lonxe das fronteiras galegas.
  • Soluziona págase con cartos feitos de Fenosa, ten todo o dereito, porque e unha empresa privada. Pero non presta o mesmo servicio no rural que na cidade, a pesar que as cidades non saen perxudicadas polas suas infraestucturas.
  • O resto da administración autonómica, cando escudase en que “ese non e meu traballo”. Xa. Aquí entran dende mestres ata funcionarios.
  • Paro xa, isto xa da para ir comezando, e nin comezamos (isto daria para falar e falar…).Quen diga que estou equivocado, que diga porqué, e que expoña o que pensa nos comentarios. Iso seria moi positivo, pois trátase de chegar a algures.
    Autocritica positiva, e o que precisamos. Noutros paises funcionan asi e vailles ben, porque asi melloran moito. Culturas onde valorase o erro como elemento de ensinanza. Aqui co clima asfixiante, pareces un iluso cada vez que tentas facelo.
    Tanto me ten, a critica podeche facer aprender moito.
    Non me preocupa meter a pata,que eles se comezen a preocupar de facer mellor o seu traballo: estamos todos no mesmo barco, e se esto afundese, afundirase todo, parece que non lles quedou claro co recente ecocidio.
    Ogalla un dia teña que correxir todo o que digo, iso significaria ou ben que non recibo o mais minimo apoio a hora de poñe-las cartas sobre a mesa, (e en tal caso todos, no seu conxunto, merecerémolo por seguir poñendo excusas) ou ben todo mellorou.
    Opto pola última.
    Coido que outro dia falarei do juifi,pero hay que comeza-la casa pola zanxa, non polo juifi. Errare humanum est, gustariame facer mellor as cousas ,pero non son perfecto, e tampouco soño con ovellas eléctricas

    australia, con catro anos de atraso

    Mércores, Marzo 31st, 2004

    on 31/03/2004

    Con respecto o que poderia ir Galiza.
    Australia da rede os seus utilizando ferramentas que hay tempo que nos poderiamos ter comezado a utilizar .
    E curioso isto de personalizar, pero non che queda outra cando xa parece que estas fora de lugar. Non polo que digas, senon coma che tratan.
    Coma un marciano,asi miroume moita xente do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia, e de moitas outras administracións, o propoñerlle un proxecto ben parecido o que fixeron en Australia. Ali acaban de poñer en marcha un proxecto para dar acceso a rede por medio de redes inarámicas, satélites e linux

    .
    Isto e de tolos, aqui hay catro anos que poderiamos ter feito algo asi. Pero nunca acvaban de crelo, teñeno que facer primeiro en Australia

    E asi, o millor o dia de mañá un ten oportunidades, non?
    Non.
    Hay unhas semanas, falando con alguen da administración galega, cain na conta do grande faio, a ignorancia. Aquela que fai que os que poden axudarche non o fan porque pensan que ti non es suficientemente bo. Os mesmos que despois colganse medaias. Familia, amigos,administración….hay unha chea de xente na Galiza infectada por este virus, e contra el so coñezo tres vacinas: traballo, traballo, traballo.

    Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

    Comments:|Comentarios

    Eu on 01/04/2004
    Querido, em galego nom existe o Y 🙂
    Mariano Grueiro on 01/04/2004
    querida, tampouco existe “acvaban “, nen outras cousas que un pon cando escrebe rapido. ¿por qué sempre facer referencia a lingua castelá? mmm teras que collerme noutra 😉 outra nota; tamen o outro dia dixeronme que non existia “Galiza” . Tanmo me ten, utilizo entrambalas dúas. Máis eu preguntoche , que pensas do que escribin? algunha alternativa que aportar? a gramatica esta ben , pero tamen o esta o sair adiante
    Eu on 01/04/2004
    Escreve como queiras. Nom direi nada mais.
    Mariano Grueiro on 01/04/2004
    Non hoh, gracias polo apunte, referiame a que podes -tamén- apuntarme o que penssas sobre Australia-Galiza en canto o uso dos recursos. Veña, bicos
    Sabela on 14/04/2004
    X algo kero ir eu a Australia, xq ch son listos de coidado xDD
    mariano on 14/04/2004

    sonche, si….;)