diario binarioArchive for the '' Category

Simo 2004

Domingo, Novembro 14th, 2004
Simo 2004

on 14/11/2004

Cando me metin na última liña de metro que me faltaba para chegar a feira, xa sabia cales ian tamén alí.
E ali eu era o único cunha americana (porque cando levas americana, non teñen medo que fedelles nos racks), inda que tamén o único con botas militares (utilizoas porque son baratas e moi duras). Todos ian cunhas zapatillas coa deusa grega da victoria. non querian ser serios para levar americana, eran moi liberais, pero iso si, liberais de marca.
O metro chegou a estación, “campo de las naciones”. O sair, unha chea de columnas con carteis, anunciando, non xa o mobil, senon a personalización deste. Visita tal pabellon. O sair do metro , unha chea de maos repartgindo toda clase de folletos con ofertas. Cando xa case chegara os pabellóns, paréceme escoitar o son dun avión o acelerar. Pero cando estou máis preto, ábrese o campo visual, e vexo un gran globo aerostático inchándose. Microsoft, poñía.
Vou ata dentro, e teño que sair fora pór unha entrada. Entro de novo. A mochila ten que pasar polo escáner de seguridade, pero eu non paso por arco ningún: podeste inmolar, pero non e de educación levarte por diante máis de cinco persoas.
Xa dentro, o primeiro estand que me chama a atención e o de Apple, e venme unhas imaxes a cabeza. Aquelo e como o antigo mercado de gando de Salgueiriños. En lugar de uralita o teito e de metal, en lugar de xatos hay ordenadores, en lugar de tratantes, hay tratantes, e en lugar de porcos hay porquiñas. unha chea de porquiñas, e algun porquiño, facendo de reclamo sexual cara o fenómeno tecnolóxico.
E eu digome, que anacrónico.

E os xatos comen na corte, e tamén ali a xente, a maior parte que na vida tocara un mac, estaba a probar de seguido os ipods, e se maravillaba cunha pantalla de trinta polgadas.
Coma se fosen xatos, están concentrados rumiando os botóns, empurrandose uns os outros para coller vez. Algún pon cara de listo, falandolle a outro: debe ser que algo leria no xornal.
No meu camiño entre os diferentes pabellóns, asáltanme unha chea de maos ofrecendome folletos. Sempre, unha muller nova e con minisaia. Anacronismo de novo, e unha inexorabilidade que percorre estas palabras: se non o digo, non se lembrará, máis se o digo, parecerá forzado, máis así era.
Eu, tódalas veces, paraba a mirar o folleto. Se me interesaba, ia a cabana (alí chámanlle stand, o cal literalmente e soporte. coime, aquelo son cabanas), e se non, sorrialle e dicialle que non me interesaba. Non o entendía nen o entendo, pasei por case tódalas cabanas, e se algo me interesaba, eu era o primeiro en pararme, e se non, non paraba ¿De que servían entón aquelas mulleres en minifalda? Tiñan unhas pernas moi fermosas, pero inexorablemente, de cada vez que tentaba falar con elas para que me resolvesen unha dúbida con determinado producto, enviábanme a cabana.
Cheguei o da marca do globo aerostático que vira a chegada, era unha das cabanas máis grandes, pero estaba case valeiro, en comparanza con outros. Era como se dixeran: mirade que cabana máis grande temos. (o final de todo, estaban as suas azafatas escangalladas riba das sillas, vendo como unha chea de homes entre vinte e trinta anos miraban xogar a un da empresa nunha pantalla enorme).
Tamén estaba o de telefónica. Como sempre lle pasa a esa empresa, aquel barroquismo lindaba xa co manierismo. Uns carteis anunciaban a “chegada da videochamada”. Coime, dixenme, pero se hay sitios que non telen nen fixo, nen cobertura para o móbil. Tanto tiña.- Alí había unha chea de bacoriñas con minisaias, pero estas poñíanche cara de noxo, como se elas se atopasen no monte Olimpo. Non lles faltaba razón.
Tamén vin a algun rapaz novo de traxe, con cara de circunstancias, tentando amoldarse o seu papel. Xa coñecía esa expresión da terra: poñena os que comenzan a ir as mariscadas clientelistas.
E tamén vin, as poucas horas, corredor valeiro, con dous animadores deitados descansando. E uns bancos baleiros, a xente prefería descansar cun bocata forrado de papel de aluminio, noutra esquina, pese a que alí poñía que era zona de relax.
E o que ten o barroquismo: o rey sol ten que contratar a nenos para que xoguen con el.
Alí o único que funcionaba era que unhas rapazas novas ian enviar mensaxes de texto dende uns equipos. E eu digo, se non socializamos a tecnoloxia, ¿de que serve?
Había tamén un par de equipos amosando unha presentación, cun cartel no medio “las antenas no son peligrosas para la salud y benefician la expansión de la sociedad de la información”. Se non dicia isto, dicia algo moi semellante. A parte que máis me gustou foi na que expoñían uns teléfonos antigos (non falarei de Tesla, que seica para iso están os que fan pelis alternativas, millor sera adicarlle un monográfico), sobre todo os que antes de 1910 tiñan unha manivela e un magneto, para que soara un sinal na centraliña, e que dende alí lles puxeran en comunicación. Debido a isto, non tiña numeros, carecia destes, posto que o número era “marcado”(enfchufado con clavixas”, pola operadora. O que son as cousas co mal que o pasa a mulleres. Ata os anos sesenta so había mulleres de operadoras, e despois utilizábanas para poñer minisaias.
E por ali pululaba unha cabana de red.es, que seica e un proxecto do novo governo para levar internet a todo o país. Alí tiñan un folleto que poñía “internet rural“, e que dicia, literalmente, “internet rurral permite que todos los entes locales participantes en el programa puedan acceder a Internet con calidad”, e outras barbaridades polo estilo, como que e para “nucleos aislados”. Mira que teñen que liala, hay que ir por partes:
¿como que illados?
Ou seña que como din eles, “na nada”, collen, e fan unha presa de tropecentas mil toneladas, tendo que construir vivendas, estradas, comunicacións, unha loxistica de varios anos,etc, pero despois, resulta imposible levar a rede para lugar illados . Ou seña, que poden levar millons de toneladas de cemento e torres de alta tensión, pero e un esforzo inhuman levar uns postes pequenos con fio de cobre estreitiño.
¿Qué e “internet con calidad”?
Imaxinemos un 486 con linux, conectado por porto serie un terminal gsm, e navegando cun navegador web de texto, traducido, e con paxinas axeitadas. Algo tan sinxelo sacaría do illamento a miles de persoas, pero como se empeñan en lialo, chegamos a absurdos en que din que podense facer videochamadas, o cal significa unha necesidade inxente de ancho de banda, tanto polo propio terminal, como de tráfico de datos a través das redes telefónicas. Pero e máis complexo dar rede no rural.
¿entes?
Oink oink, diria o xabarín, e o entenderíá mellor. Sei ben castelán, pero o de entes..hay que ser ben rapóso para utilizalo. Dicindo iso non dis nada, o millor refireste a unha cidade ou unha parroquia, ou a un barrio de Madri.
¿entes locales participantes?
Ahhhhh……. ¡acabaaaaramos!
Non e para todos, e so para os que se monten o chiringuito na cabana esta. Unha vez preguntei nas Pontes por algo así, pero non serviu de nada: tiña que ser aprobado pola deputación. E daba igual o solicitado que estivese, non era algo de relevancia para o proxecto.
Claro, enton dis, se non e de relevancia, que o e?
Pois segundo o panfleto, pode obterse a segunda lectura: ” daremos internet, cun ancho de banda por determinar, a determinados sitios que nolo soliciten, e ignoraremos o resto, inda que tamen o precisen, ou o precisen máis. E farémolo porque somos moi bos, posto que estan no quinto curuto, alo onde non se chega máis que ando hay que ir a unha casa rural a branquear os cartos dos fondos europeos coa nova amante que e unha funcionaria que pediu o traslado onde traballo eu”.
Así, que marchei da cabana de red.es sen atreverme mirar xa o folleto de “internet na educación”. Visto o visto, a ver quen tiña valor.
Mirei o chan cando xa pasaran unhas horas, e observei que estaba cheo de lixo. Aquelo era talmente como o mercado de gando, so que ali a bosta cae cando lle pasan mangueira.
Tamén pasei por unha chea de cabanas que non me chamaron a atención, ata que cheguei a unhas que poñían nonseiquechunchuan, Taiwan. Tiñan uns productos interesantes, e pregunteilles que quen os vendia en España. Ninguén. E ninguén en Europa. E preguntaronme se eu era distribuidor, e claro, dixenlles que inda non, pero que quen puidera selo. E en todo momento moi correcto co seu inglés (eles falaban chino e inglés), dandome explicacións de todo,e ata un folleto, que cando cheguei a casa, vin que imprimiran cunha impresora. Máis o que a tecnoloxía que ali expoñía, solucionaba moitos problemas. Como o de internet no rural. Encantoume a sua exquisita atención, lonxe da prepotencida de moitos cos que falara antes. Vaia paradoxa.
Fun comer, e aquelo estaba ateigado. Vaia, e chamoume máis a atención o feito de ver todo con botes tirados, e moito lixo no chan. Era moi extrano por dous motivos, habíá papeleiras, e aquelo era unha feira sobre productos tecnolóxicos. Tería que ser algo do que a humanidade estivese saitsfeita, por poñer o máximo os valores de ciencia e arte. Máis os arredores estaban cheos de lixo.
Do pouco que me interesou despois, foi da cabana de hispalinux, tamén moi amables, e dun posto dunha editorial sobre linux. Faleilles dun libro que ando escribindo en galego sobre linux, e deronme seus datos para contactar con eles. Por un intre estiben por dicirlles.

Ehhhhhhhh…..houhhhhhhhhhhhh……dixen que e un libro en galego, en ga-le-go, e sobre linux, liiiinuuuuxxxxxx ¿entendedes? non ten futuro! , posto que algo asi me respostaron en Galicia, o igual que comentarios parvos.

Pois eles o que fixeron foi darme os seus datos de contacto, sen maior complicacións.

Inda que non toda a xente ten o mesmo sentido. Cando saia, parei un pouco nunha cabana que era un postodunha librería. Vaia paraiso, todo de informática, e con moito de O’Reilly, polo que estaba en inglés (O’Reilly traducese agora o castelan, pero distribúeo Anaya Multimedia). Nesto que escoito por detras

– Jodeeeeeerrrrr, jodeeeeeeerrrrrr, tiiiiio, miraaaa, un libro de possssfissssss, diossss, tio, a ver si lo tienen en español. Oye, oye, oye, …..(o encargado estaba atendendo un cliente negro, pero estes dous pipiolos vestidos coa deusa da victoria grega falaban como os reis do Olimpo pretendendo atención exclusiva, o outro non contaba. Seguro que viñan da cabana das videochamadas, ou dunha mariscada), el libro de possssfisssss lo teneeis en españoll?

– No, noh, loh tenhemos, eestos libros di orrhaili estahn (tiña acento inglés) todos enn inglés

. Ah, vaaaale

Claro , e eu digome

¿Non ven, xa que tanto entenden de informática, que O’Reilly e de fala inglesa? Tanto ten, pero ¿se os seus pais lles mandan o colexio a fora, que carallo -perdon por esta interxección, tan precisa por outra parte, para dar énfase- aprenden?¿ e que lles resulta tan dificil ler en inglés?
Claro , despois son os que chegan de volta a terra rindose do galego, falando de Irlanda, de njnijammpsiorerrr, de glasgou, e de que sei eu.

Pois o final non che foi tanto avance a feira esta. Supoñíase que era un avance, pero eu so vi unha sociedade neoburguesa. Non polos cartos e polas comodidades, non as vexo mal, senon por esta forte ignorancia que ademáis non ten piedade coa parte da sociedade que non poden acceder a estos bens .
“Algo farían” ” que traballen” e cousas semellantes, dinxe de xeito ignorante. Zinn, o autor de ” The other history of United States“, xa nos advertía disto tamén. Moitas das cabanas eran realmente cabanas, “o pobo do futuro” ” o hotel do futuro” “domótica”.
E eu pensei, e a corrente…¿de onde sae? Se non se lembra un disto, a convivencia na sociedade fracasa. O igual que o simple ruido pode rematar coa convivencia da xente, se non existe un respeto mínimo. Construimos unha sociedade onde suponse que o respeto existe,porque hay contraprestacións, máis
U-las elas?
Non vin placas solares alimentando a ordenadores.
Non digo que non estivesen, pero alí non vin placas solares que alimentasen a servidores, ou servidores de baixo consumo eléctrico. A ninguén lle preocupaba, e a sua vez, iso foi do que me deixou máis preocupado. O feito desta ruptura da sociedade. Seguramente, dentro duns meses, o mesmo lugar que ocupaban uns servidores cheos de fontes de alimentación, serán ocupados por placas solares nunha feira sobre ecoloxía, pero iso será un fracaso máis. Iso, e non fotografías de homes (sempre homes!) de garabata e traxe cun portatil riba das pernas, mentres sorri nonse sabe por qué, e o éxito e o fracaso. Iso, e non esas persoas que non se sabe ben porque sairon a rua co seu equipo portatil. A iconoloxía actual, chegou tamén a un manierismo tal que e dificil de entender: o éxito e ter traxe e garabata, e facerse fotos cun portátil, sorrindo. O fracaso e estar incomunicado por vivir nunha parroquia. Non. O fracaso e que esta feira ignoraba de onde ben a corrente, e o moito que depende da natureza.
Ata habíá unha cabana dunha empresa de productos do refinado de petróleo, anunciando sua páxina web. O que vendía amosando esa cabana, non era vender máis gasolina, era vender o estilo de vida de viaxar sen problemas. Por iso ia a feira tecnolóxica, para ensinar a sua ferramenta. Pero da natureza, non habíá moito.
E outra reflexión.
Nestas últimas semanas de outono de 2004, vexo en xornais de novas económicas, coma expansión, anuncios do plan galicia, anuncios do departamento galego de inversións (igape), máis non estaba nesa feira. E si estaba Andalucía, Extremadura, Madrid ou Asturias . Poñen anuncios na CNN, falan de tecnoloxías, e despois ves como unha tenda de barrio pon un “stand”. Agora nen teñen que gardar as formas. Inda lembro da ultima feira galega tecnoloxica a que fun, o mite, na que a cabana feita e para ver realidade virtual. Seira sinxelo dicir “mellor evadirse”, pero o feito e que hay que ter responsabilidade. Eu pola miña parte o que podo facer e contar a feira como me foi nela.
Mentres ia de volta o metro, voltei a coincidir ucns informáticos, os cales, non soen gustarme. Non me gustan cando esquenceron o sentido da arte. E din que o poden todo, e coma me pasou hay cinco anos, poñiaslle linux nun powerpc, e dician “isto e un emulador” , facias unha rede con catro cousas, e dician “isto non seríá estable” Poñias un equipo coma servidor durante 211 dias e protestaban: “isto non seríá rendible”. Seus sistemas, inda son menos posibles, reais e rendibles, pero esa xeración loctite, na que as cousas son porque si, comeza a fraguar, convertíndose en neoburguesía.

Puxen agora os sobriños do capitan Grant, fenomenal zarzuela do mestre Manuel Fernández Caballé (baseada na novela de Xulio Verne, os fillos do Capitan Grant”), e a cama, que foron moitas emocións. A soñar coas videochamadas as deusas do Olimpo, cos seu ceo tinguido de terminais compilando, agardando a rematar, e que saia o sol binario que nos redima desta feira de gando.

son unha merda, son un noxo. o galego non e nada

Sábado, Xuño 26th, 2004

Ou iso e o que as veces penso con contestacións coma:

De: Google AdSense x adsense-pt@google.com
x
Fecha: sáb. 26 juni, 2004 02:30:07 Europe/Madrid
Para: mariano@xxxxxx
Cc: Google AdSense
Asunto: Status da inscrição do Google AdSense

Prezado Mariano,

Agradecemos sua inscrição no Google AdSense. Obrigado por seu interesse
em veicular anúncios do AdWords no seu site. Atualmente, oferecemos
suporte limitado para outros idiomas que não sejam o inglês e exigimos
que as novas inscrições no programa AdSense sejam para sites com
conteúdo primordialmente ou totalmente em português, inglês, francês,
italiano, alemão, espanhol, japonês, holandês, sueco, finlandês,
norueguês e dinamarquês. Como o conteúdo do seu site não corresponde a
nenhum desses idiomas, não podemos aceitá-lo no momento.

Esperamos em breve poder expandir nosso suporte para outros idiomas.
Colocamos a sua inscrição em espera até que possamos aceitá-la. Quando
isso for possível, entraremos em contato pelo endereço de e-mail
informado.

Agradecemos a sua compreensão.

Atenciosamente,

Equipe do Google

Si, recoñezoo, non me dou por vencido así polas boas, asi que tenteino de novo.

Pero nada.
Non somos nada, mal que lles pese os meus amigos que defenden o galego como irmao do portugues.

Que dicir, que o millor -seino- se utilizase outra gramatica non teria estes problemas, pero que lle vou facer, e a que coñezo. So iso.

Así que , denostados polos que se din “españois” e denostados por Portugal. Tampouco podo ser galego, porque enton sería un “separatista-integrista de esos” ou que sei eu.

E logo que son entón?
So son eu.

Ninguen me quere, logo so quereranme as visitas a este gueblo. Ou o millor entran trabucados.

Nada, pois a darme mais, o millor acabo coma un compañeiro meu do meu pobo, da miña idade, que non puido mais e fixo o que fixo. Entendoo ben.
Entendoo moi ben.
Demasiado ben.
E ninguen escoitarame, coma dende este recuncho dixital. Que mais ten, quedame o consolo de reflectir o que penso, bastante e. Logo daranme o garrote vil, e en vez de ser alemán serei holandés- vos xa me entendedes- . ou a saber.
Non digo máis, xa moito foi, e se non repasádeo.
E eu mentres pregúntome porque son un noxo, por qué , inda sendo trilingüe. Antes chamábanllle ignorancia, pero isto e o que ten algunhas cousas, que canto mais sei, realmente, menos o entendo.

Comments:|Comentarios

Lúci on 28/06/2004
certo parece , pero non t rindas. bicos , seguimos aqui
Barnikel on 29/06/2004
¡Ánimo, home! Xa ves que sí que hai xente que estamos contigo, o que pasa é que non escribimos. Eu levo un par de semanas léndote e este é o meu primeiro comentario: ¡non te deprimas, ou! O sarcasmo e o escarnio son armas moito máis efectivas e menos abrasivas co teu espírito, ¡dalles caña!
mariano on 29/06/2004

gracias hoh, se nen pido ter razon,pero as veces leva un cada tunda…

codigo de busquedas para a galipedia

Xoves, Xuño 17th, 2004

Escribin un pequeno anaco de codigo para o Mozilla , se o pos na barra de direccións, faiche unha busqueda directa dun termo (podes deixalo como favoritos). Fíxeno baseandome noutras cousas que vin pola rede.
So hay que copiar e pegar:

javascript:Qr=”;if(!Qr){void(Qr=prompt(‘Wikipedia en Galego. Teclea a palabra que queiras atopar’,”))}if(Qr)location.href=’http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Search?search=’+escape(Qr )+’&go=Ir’

Na barra das direccións.
O pegas, daslle a retorno e sairá unha ventaniña preguntando a palabra, so hay que poñela, e levarache directamente a ese termo da Wikipedia en galego. E se non aparece nada,sempre podes editalo e poñer o que poidas 😉

Tamen podes acceder a el premendo aqui

Agardo que lle seña a alguen de utilidade.

(recoñezoo, sei que este pequeno anaco de codigo vai cambiar a historia galega contemporánea. Calquera pode poñelo como ligazón, comezará a poñerse en páxinas persoais, logo en comerciais e por ultimo nas da administración, co tempo a xente animarase máis e mais a encher termos, a granenciclopediagallegoqueporfinengallego perdera lectores e aumentarán os da galipedia, e a nova rapazada seralle dificil entender que houbo un dia no que existian so unhas ducias de termos na galipedia, e preguntaranse que que se facia neses tempos cando non había galipedia. Ride ride, que sabedes que é certo, e non pretendo recoñecementos -o recoñecemento teria que ir os que colaboran co que poden coa galipedia, e este codigo e un xeito de que todos poidan aproveitar todo ese esforzo. Precisamente irase pasando isto anonimamente, de xeito social -cantos weblogs había hay catro anos?- , e chegará -ogalla!!!- a normalizarse 😛 )

outro ciber mais de madri

Xoves, Xuño 17th, 2004

Este preto de metro noviciado.
Acabo de pasar un sitio que se chama “instituto de España”(e digo eu, ¿será para aprender a ser español? en tal caso, mal vamos, aquelo parecía abandonado).
Despois, inda coa impresión, vexo un nonseique de xustiza, vixiado pola guardia civil, e co calor que vai, tiven que meterme nun ciber a enfriarme. Porque aqui e todo moi raro, poñen cubos de cristal, e despois métenlles aire acondicionado.

Ah, claro, como a corrente sae de ningures….si, isto encaixa co que escoitei de Galicia agora: Galicia=cu do mundo=lonxe= ningures, inda que tamén Galicia= cu do mundo= menosprezo, -e así chegaríamos a enquisa do outro dia na que di que moitos mozos galegos identifican a falar galego= paleto.

Isto e extrano de todo. Este ciber ten un entrechan , e está cheo de armarios de refrescos. Os monitores son de pantalla de cristal líquido, o rato e optico, de microsoft, e as duas dependentas son latinoamericanas, e eu me digo porque será isto, se porque entenden máis destas cousas dos ordenadores (os amigos brasileiros para min teñen do mais avanzado certas cousas de linux), ou porque pagan pouco¿? non non, vaia ideas que teño, ademáis, estou a dez metros da guardia civil, se isto fose ilegal, tomarianse medidas, non?.
Non sei, as sillas son de aluminio, como de terraza, as papeleiras son de cor inoxidable…todo e moi de revista de deseño pero sen estar moi pensado, sen estar deseñado: os haloxenos que puxeron encastrados para “facer bonito” agora estan cheos de fume o redor.
O adhesivo dunha cristaleira imaxinaria despegase por momentos, o navegador que utilizo so pode ser o explorer -non coma noutro ciber de gran via, no que podo utilizar o mozilla- e as condicións de uso son -ninguen as lee xa as fan longas para iso, pero o que o programou esquenceu que neste guindos o copiar e pegar segue funcionando.
Non teñen desperdicio, e puxen en negriña cousas que me chamaron a atención:

______________________________________________

La aceptación de los términos y condiciones generales que a continuación se establecen es condición necesaria para el uso de los servicios prestados por Conéctate Zona Internet, S.L. El incumplimiento de cualquiera de los términos y condiciones de uso aceptados, facultará al personal de Conéctate Zona Internet, S.L. para interrumpir con carácter inmediato la prestación de cualquiera de sus servicios y exigir el abandono inmediato del local, advirtiéndole del derecho que asiste a Conéctate Zona Internet, S.L. en relación a posteriores solicitudes de servicios.
En todo caso, Conéctate Zona Internet, S.L. tiene reservado el derecho de admisión en sus locales pudiendo ejercitarlo al solo criterio del Gerente del mismo, denegando el acceso o exigiendo el abandono del local a cualquier cliente.

ADVERTENCIA

Conéctate Zona Internet, S.L. advierte que algunos de los contenidos de Internet pueden resultar inapropiados para el público en general y los niños en particular. Conéctate Zona Internet, S.L. no contrasta la totalidad de los contenidos a los que se puede acceder a través de Internet, limitándose a contrastar que el proveedor de contenidos manifiesta que el material que facilita es legal. En consecuencia Conéctate Zona Internet, S.L. no se responsabiliza de la legalidad de ningún contenido existente en Internet ajeno a su propiedad intelectual e industrial.
En caso de localizar en Internet algún material que quebrante la legalidad vigente en España, rogamos se lo comunique a nuestro personal.

NORMAS DE USO DEL EQUIPO

Conéctate Zona Internet, S.L. se reserva el derecho de suspender el servicio a cualquier cliente que utilice nuestros equipos con propósitos ilegales, inmorales o contrarios al orden público. Se advierte que la utilización de nuestros equipos con fines criminales puede ser objeto de persecución legal.
Expresamente y con carácter no limitativo, esta terminantemente prohibida la utilización del equipo para:

1. Acceder, copiar, archivar y/o descargar contenidos obscenos o indecentes.
2. Enviar contenidos obscenos, indecentes, ofensivos o de carácter amenazador.
3. Enviar mensajes de correo electrónico de forma masiva, sin conocimiento ni autorización de los receptores con cualquier intención, incluidas las comerciales (spam).
4. Distribuir, descargar o copiar cualquier tipo de contenidos protegidos por derechos de propiedad industrial o intelectual
5. Cargar, archivar o copiar cualquiera de los software disponibles en los ordenadores y servidores propiedad de Conéctate Zona Internet, S.L. sin autorización expresa del Gerente del local.
6. Enviar cualquier tipo de material (incluidos virus y replicantes) cuyo efecto cause cualquier daño en los equipos y/o sistemas de Conéctate Zona Internet, S.L. o terceros.(teñen guindos, iso significa utilizar un sistema que ten virus.vaia, iso non e ir contra a norma 6?

Conéctate Zona Internet, S.L. no será en ningún caso responsable de las actividades realizadas por sus clientes en contra de las prohibiciones anteriormente señaladas.(pero non estaba prohibido?

DESCARGA Y COPIA DE FICHEROS

Los contenidos descargados por los clientes, sean o no objeto de impresión o copia en cualquier soporte magnético, serán tratados por Conéctate Zona Internet, S.L. de forma estrictamente confidencial. Conéctate Zona Internet, S.L. no revisará, accederá o intentará conocer por cualquier medio el contenido de los ficheros impresos y/o grabados por sus clientes.
En consecuencia, Conéctate Zona Internet, S.L. no será responsable de la violación de cualesquiera derechos de propiedad industrial o intelectual por parte de sus clientes.

un gueblo xapones-castelan

Mércores, Xuño 9th, 2004

E moi curioso, esta aqui

patentado en Europa o caciquismo

Sábado, Xuño 5th, 2004

Santiago, redacción, por pepeperez.
A oficina de patentes de Compostela ven de rexistrar a nivel mundial o concepto de caciquismo.
O caciquismo, patentado como método economico-social de participacion coyuntural, parece querer ser adoptado polas administración autonómicas, para o cal recibiran subencións de fondos europeos, os fondos FEDER, todos aqueles concellos que queiran aplicar o concepto de caciquismo, e extendelo polos mesmos.
Para levar a cabo esta tarefa, sairán a concurso directo por adxudicación de postos de confianza, unha serie de prazas de caciques, que serán as persoas responsables da aplicación deste método innovador.

A patente foi rexistrada por unha multinacional estadounidense, chocheichonchuneichon, que ten unha sede en Madrid, chochecheichon Es – pain . O seu responsable , declarou que as suas redes de telecomunicacións , están a disposición deste proxecto, para que asi Galicia “entre en converxencia con Europa e dese xeito afastar os riscos que teñen as zonas rurais de perder a brecha dixital”.
Meterse na brecha, segun este responsable de chanchanchuaneixon, parece ser o obxetivo.
A multinaciona percibira dereitos de autor por esta patente.
No exterior do acto , manifestáronse unha serie de elementos radicais, que en declaracións a prensa, afirmaban que “o caciquismo non e patentable, e só un xeito de opresión que adolecemos os galegos dende hay séculos, e todo isto supon un despilfarro dos fondos europeos”.
Os devantidos elementos radicais, vestidos con camisetas do que parecían ser churras, foron postos a disposición das forzas de seguridade, por unha unidade de intervención especial que veu expresamente de Valladolid.
Noutro eido de cousas, a festa da empanada do millo transxénico, foi inagurada polo consell……..

Isto, que poderia ser unha ficción, parece que pode ser real, visto que a unha compañia estadounidense deulle por patentar o dobreclí . Non e incrible, e real e todo apoio contra a lei das patentes informática e pouca.

Quen sabe se un dia unha desas empresas dalle por patentar o caciquismo. A verdade e que seria un negocio que medraría explosivamente en Galicia. Serian poucos os que non terian que pagar os dereitos de autor

Máis información en galego sobre o que anda a pasar eiqui.

Por certo, que máis poderiamos patentar, similar o caciquismo ( e tan só para dar oportunidades esta ‘nova economía’)?

Comments:|Comentarios

Agremon on 05/06/2004
Ó mellor era unha boa idea o patentalo… así pasariamos a regulalo e haberia algunha norma á que se terian que someter, e poderiamos esixir máis transparencia ós caciques.
dorfun on 05/06/2004

dende logo poderíamos patentar a fraga directamente (se non se “autopatenta”)… non che hai outro coma él… afortunadamente!

Jenna Bush non se atreve a escribirme

Venres, Xuño 4th, 2004

o departamento de Defensa de Estados Unidos investiga a Mariano Grueiro

ACTUALIZACION A CATRO DE XUÑO DE 2004
O final vai ser certo tanta paranoia. Hoxe vou acceder o meu weblog e atopome con que desapareceron da base de datos os artigos dos ultimos dias (de ahí que agora antes vexades números, escribin artigos valeiros para que este conserve o mesmo identificador que tiña o segundo artigo sobre Jenna Bush.

Todo isto deuse porque

a – alguén accedeu a base de datos e borrou os artigos

b – Os de dinahosting perderon a base de datos, e despos puxeron a base de datos que tiñan grabada de hay uns dias.

Ben, non sei que sera peor. Tentarei reescribir o artigo que fixen, mesturandoo co que pasou agora

Sucede que vai ser certo o que escribin hay uns dias sobre Jenna Bush. Recibin unha visita do departamento de defense dos EEUU, tal e como podedes ver na captura de pantalla. Eu pensei, vaia, será porque se gugeleas meu nome e o dela, aparecemos, ou tamen se gugeleas a visita, o meu weblog e o primeiro en aparecer [ actualización: xa non aparece! nen tan sequera na caché do gugel! -isto digoo no momento de escribilo, por suposto, en poucas horas,a menos que alguén volte a borrar a base de datos, aparecerá de novo. A menos que o robot “teña orde” de deixar de capturar datos-

O final si que vou ser paranoico, e van ter razón todos os que falan de conspiracións.

Vaia Jenna, ¿non sería máis sinxelo escribirme un correo e quedar para un té? vaia,

________

guys from the cia or nsa or whatever… I repeat it one more time…don’t be afraid about Galicians! Come and we will go for a cup of tea!

Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

Comments:|Comentarios

dorfun on 04/06/2004
acabo de quedar aparvado!!! mira que eu co do gran irmán e todas esas cousas era medio esceptico… pero o de google, parécema de coña… a gota que colma o vaso!!! agardo que sexa só coincidencias!!!
mariano on 04/06/2004
A min foi precisamente o que máis me chamou a atención. Non coñezo xeito human -inda – de facer desaparecer un resultado del: ata cando deixa de existir unha páxina, os resultados seguen no google, e normalmente tamén podes visita-la caché. Esa foi a causa de que non fixera captura de pantalla daquelo, so teño a miña palabra para dicir o que pasou.
fromooze… on 04/06/2004
non me fio da túa palabra 🙂 E non te van dar nada polos artigos desaparecidos? Nen sequera explicación?
mariano on 04/06/2004
o millor tiña que poñer todo en persoais.enderezo.com , asi se o sistema vense abaixo, teria que aceptalo sen outra
Agremon on 06/06/2004

Mundo, entérate: Mariano Grueiro está vivo, e ten dereitos e ten razóns. O mesmo que Jenna Bush.

¿Miña web cumple coa LSSI?

Sábado, Maio 22nd, 2004

22/05/2004

Atopei na rede unha páxina na cal pódese coñecer se a nosa web cumple coa LSSI ou non, atoparédela eiqui.
E moi curiosa. En realidade , dalle a volta: a LSSI, básicamente e unha lexislación que rixe sobre , por exemplo as persoas que fagan, manteñan ou aloxen webs. Nela reflictense multas extraodinarias (extraodinariamente caras) para quen non a cumpre. O paradóxico do asunto e que faise dificil saber se unha páxina cumple ou non con esta lexislación. Moitas -e moitos- , foron os que optaron por desenchufarse ante esta situación.

E todo isto, ante a complacencia de moitos, ora oposición, ora mestres de universidades, ora empresariado. Vou falar claro onde outros miran para outro sitio: eu coido que máis que a vontade de establecer un marco legal e de protectorado ante o usuario, que era a excusa desta lei, o único que conseguen e quitarse a autónomos e empresas pequenas do eido de internet, favorecendo claramente a determinados contidos e a empresas grandes.
Se nos damos unha voltiña e guuguelamos un chisco, veremos como será prácticamente imposible atopar un autónomo, unha persoa física e non xurídica que dea aloxamento. Todo e de sociedade limitada para arriba. Nunha terra coma a nosa con tantos artesanos, a situación normal, coido eu que seria atoparnos unha chea de traballadores, o mesmo que podemos atopar carpinteiros ou albaneis coa furgoneta, teriamonos que atopar unha chea de galegos co seu negocio pequeno baseado na rede.
Non e asi, polo momento, e normativas coma esta, son as que provocan unha gran dificultade.
Ben pensado, aparte de a estes traballadores, ou hipotéticos traballadores, e a tódalas sociedade que seria beneficiada dunha maior cantidade e calidade de contidos e de servicios ¿A quen lle interesa unha lexislación axeitada? Máis ben a ninguén, as empresas grandes interésalles ser máis grandes, e os grupos políticos interésalles estar a ben con elas, pois delas reciben apoios financieiros para seus partidos. Terei agora que dicir que neste eido estan mellor nos Estados Unidos de América, posto que alí o que fan e publicar tódolas aportacions que se fan os partidos políticos. De feito, e inda que neste intre non me lembro dela, existen diferentes sitios na rede onde poden verse as relacións directas entre politicos, partidos políticos,empresas e directivos delas.
E todo e legal

O final saiume un artigo no cal incido sobre a política -no seu verdadeiro sentido da palabra- querendo falar da rede, pero son os lexisladores e agardo telo demostrado con estas liñas, os que tiveron afan de mesturar entrámbalas disciplinas. Pero non podemos darnos por vencidos, nen podemos perdernos nas consecuencias (ou obxetivos?) desta lexislación, e voltemos o rego, ¿ Como poder comprobar se a nosa páxina cumpre coa lexislación da LSSI ou non?.
Ben, se consideramos que a nosa saude mental non corre risco e querémoslle botar un ollo, veremos que hay un apartado no que dí que se temos dúbidas, podemos consultarlle a eles. Non queda moi claro concretamente a quen, máis iso e normal, posto que e unha lei que omite concretar calquer cousa que non seña o importe das multas. Máis como coñecemos o lexislador, o que faremos e dirixirnos a el.

Se optamos pola recomendable e intelixente solución de utilizar o traballo dos que nos precederon, nesta web atoparémonos un formulario que , legalmente, solicita o ministerio que revise a nosa web, para confirmarnos se está dentro da legalidade ou non.

Cheguei a esa web dende esta outra, cuxo autor fala de que dende o 12 de Outubro de 2002, levamos xa case seiscentos días de censura na rede.

Non lle falta razón, [ e o que son as cousas, mirando o código da sua web, meta name=”keywords” CONTENT=”emilio garcia loeda, loeda, emilio, garcia, perl, html, gsm, etacs, gprs, umts, kixtart, galicia, españa, spain, ventosela, ribadavia, programacion, linux, windows nt, madrid, dhtml, javascript, java “ , vexo que esta persoa e de Rivadavia], e é unha magoa que moita xente debido a esa lexislación aprobada ante a conmiseración de moitos fose aprobada: contidos con tanta liberdade como os desa páxina, dan fe do que pode perderse.

muller e linux

Luns, Maio 17th, 2004

17/05/2004
Uxia DoBarro manexando seu equipo con Ubuntu

(Uxia DoBarro co seu Ubuntu)

Por qué parece que a muller non ten tanta presencia coma o home na informática?
Por qué segue habendo neste eido tanto machismo imperante?
Por que todo isto?
Por moitas cousas.
Ontes visitei O sitio de Erinn Clark , que presentará nas conferencias de desenreladores de Debian deste ano (Coma min, e usuaria de Debian e vexetariana), unha conferencia sobre Muller e Debian.
Dende sua paxina ten ligazóns un howto moi interesante (iso si , está en inglés) sobre muller e linux, asi coma un grupo de mulleres que gostan do linux, linuxchix.
E para rematar, un bo artigo sobre as causas do afastamento. Que hay homes patéticos. (e eu engadiria, e mulleres que calano).

paxinas persoais en galego, un geocities en galego

Domingo, Maio 16th, 2004

o que son as cousas.
Cando nos iniciábamos na rede, era normal abrir unha conta nun servicio de Estados Unidos, para facer a tua primeira páxina -que tempos-
Anos despois, hoxe cada vez máis galegas e galegos temos acceso un equipo informático conectado a rede . Non moitos, pero máis que antes.
Os ordenadores van máis rápido, os sistemas operativos non avanzaron moito, e os libres avanzaron moito, e as páxinas persoais dos galegos…..seguen na diáspora.
Non entendo ben porque a emigración dixital segue adiante, pero tiven unha idea.
Por que non evita-la diáspora dixital, dando aloxamento en Galicia
E iniciei un proxecto para dar un enderezo as paxinas persoais: http://persoais.enderezo.com.
Non hay detras unha grande empresa, nen tan sequera institucional . Por suposto que todo apoio seria ben recibido, pero iso non me votou atrás, un sempre esta a tempo de apagar todo.

E posible, de feito agardoo, que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar un proxecto similar.
So agardo que non se tarden outros oito anos.

Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

Comments:|Comentarios

  1. agremon on 17/05/2004
  2. mira á túa beira, un pouquiño detrás: …’que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar’… por eiquí andamos
  3. dorfun on 20/05/2004
    parabéns pola proposta… vouna publicitar!

nota a 31 de agosto de 2006. Despois de moitas paradas tecnicas por mor de cortes de tensión, ataques, e finalmente falta de mantemento pola imposiblidade de actualizacion tecnica, a cousa esta parada, por iso esta desactivada a ligazon. Pero non esta morta a idea. Inda non