juanker dende israel e perdidas de tempo
luns, abril 19th, 2004
chúzame -
chúzame - Na facultade de informática da complutense de Madri,atopeime unha chea de xente falando de esquiar, e de cousas asi, de xeito que fun a biblioteca.
Segunda planta, e na sección de redes tiñan algun libro interesante.
Despois fun a facultade de Física. Teñen unha asociacion adicada a astonomia. E despois por un carreiro fun a facultade de matemáticas, onde tiñan unha chea de antenas para satélite no teito. Mais errei, aquelo poñía "centro nacional de meteorología".
E dalí fun por un carreiro ata un edificio cheo de lousas o redor del. Alí ensinan telecos, e na biblioteca hay unha seccion interesante -10 libros- sobre criptoloxía.
Madri e moi rural tamén, máis moitos (non penso facer coma os que falan da Galiza, penso sinceiramente que haberá de todo) dos que estudian nestes sitios teñen panico a Galicia e so se atraven a deixar o iate alí: a cousa e complicada cando non tes nos carreiros antenas que falan co hispasat.
Polas noites non ves as estrelas con tanto fume , por madri.
chúzame - supercoomputadores para super....super
Un profe de Virginia di:
He looked at various architecture options and was in the process of buying Dells when the deal fell through. He also worked with IBM and AMD and couldn't get the price to match. The budgets were coming in at $9 to $12 million dollars. The IBM with a PowerPC 970 was a first choice but the earliest delivery date would have been January 2004. Varadarajan said that you can't design a Supercomputer and wait that long for delivery. "You wouldn't buy a car and leave it at the dealer for a year and a half. We wanted a short three-month-build cycle and could not wait six months.
[....El estivo votando un ollo a varias plataformas, e de feito ia mercar uns Dell cando deu en pensalo millor. Traballara con IBM e AMD e non acababa de ter un precio. Os costes ian entre nove e doce millons de dólares. O IBM co PowerPC 970 foi a primeira elección, pero a data de entrega máis temprana era xaneiro de 2004. Varadarajan dixo que "ti non podes deseñar un coche e deixalo no distribuidor un ano e medio. Queriamos un ciclo de construcción curto, de tres meses, e non agardar seis" ....]
vaia ohhhhh..... aqui van agardar non seis meses senon un ano a que IBM España lles monte o parato.
En cifras.
Na tele e noutros medios dixeron que o supercomputador español sera quen de facer 40 billons de operacions por segundo, que terá tanta memoria coma 18000 ordenadores, e que terá 4500 procesadores xuntos.
Ou seña, que 70.000.000 euros / 18000 ordenadores, = 3888'8 euros por ordenador .... coime co ordenador, e despois metense con certas marcas..
Agora imos con Virginia.
Utilizaron 1100 ordenadores, cada un deles con 4 gb de memoria e 160 megas de almacenamento, o cal fai un almacenamento total de 176 terabytes.
¿Cantos terabytes tera o ordenador español?
128 Terabytes. e 9 terabytes de almacenamento. O de Virginia, ten 4'4 teraflops. Dous coma o de Virginia serían coma un do español.
¿Cal sera a sua potencia de cálculo?
40 teraflops. O de Virginia ten 17 teóricos. ou seña que con dous e pouco xa terían a mesma potencia. E iso sería 5 millons de euros (imos redondear e euro=dolar) X 2= 10 millons de euros...... o español custará 70, SETENTA millons de euros.
mmmmm
Isto de non ter carreira fai que me plantexe onde está o truco. Polo momento ollando as fotos da firma do acordo de compra, xa atopei un rapaz con tirantes [ligazón a foto, 2 megas]. Quen sabe, o millor o dos tirantes e o que ten a solución de todo este lio...
chúzame - Sintome estafado pola mesa.
Sempre defendin o apoio que teñen a lingua, pero con decisións asi, a min tamén danme ganas de escribir so en inglés.
A nova da traducción do windows XP o galego, chega moi, moi tarde. Non xa para mín, senon para moita xente que fuxiu dos ordenadores porque estes non falaban na sua lingua. E sei que baixo esta afirmación, os da mesa poderian dicir "precisamente iso e o que prentendemos, queremos que os que utilizan os ordenadores, poidan facelo en galego".
Na miña opinión, iso e hipócrita. Ou ben e que descoñecen onde vivimos. Estaría ben esas afirmacións se viviramos en Suecia. Ogallá que cambie a situación. Pero nunca o fará dese xeito.
Presionar a MS co apoio do software libre, e o recoñecemento implícito do uso deste como algo real na nosa terra. E se así e
¿Por qué non o apoian?
O apoio do software libre , teria que estar a marxe de distribucións, grupos políticos e institucións, e algo do que todos saimos beneficiados.
Supoño que é hora de unirse e tornar as estratexias.
Antes farei unha paréntese
Son usuario de mac, e nel utilizo tanto o Mac OS X -que coma sabedes e un BSD , coma o linux-. O que vou. O Mac OS X ten un apartado para configura-los idiomas, de xeito que cando instalas unha aplicación, esta moitas veces ten varias traduccions, e ponse un idioma ou outro segundo a lista das preferencias do sistema operativo. Dita lista de idiomas e enorme. Nos idiomas españois, aparecen o castelán, o catalá, o euskera.......¡pero non aparece o galego.
E dicir, e ata aparece o irlandés (gailge), con non moitos falantes ( por certo:eu inda non atopei nengunha aplicación feita en irlandes para este operativo, pero o dia que un desenrolador se decida a facela, poñerase a iso e punto. Pero eu se mañá quero facer unha aplicación que utilice todo este tema dos instaladores, en fin, que o galego non aparece.
¿Puxose a mesa en contacto con Apple? Ata onde eu sei, non.
E tampouco para pedir un Mac OS X en galego. Por un sistema operativo comercial ben feito, e con parte dos compoñentes -darwin- de código aberto, e pasan.
Non sei a vos, a min a mesa non me preguntou nunca as ventaxas ou inconvintes que ten o código aberto, pero inda asi dou un adianto.
Ese sistema de desenrolo, fai que eu cando utilizo linux, poida utilizar un navegador en galego.
Ese sistema de desenrolo, fai que inda que utilice un operativo propietario, poida utilizar un navegador traducido o galego. Coma eu co MacOSX e o mozilla, ou moita xente co guindos e o mozilla. Se os da mesa soubera a cantidade de xente que rematou instalando linux no seu equipo , despois instalar o mozilla para guindos , e comezar a preguntarse por qué non, de seguro que hoxe serían os primeiros en apoiar o uso do software libre.
Como xa dixen noutrora, a administración estase a gastar cartos en licencias que poderia gastalos en formación, en traducción, etc.
Con proxectos de traducción a nosa lingua de aplicacions de código aberto, queda polo chan todas esas "imposibilidades técnicas" das que MS falou moitas veces. E que non pida unha millonada por facelo.
A min non me saen as contas estar buscando traballo, e que diga que non hay persoas cualificadas, ou que levaríalle moito tempo e cartos, etc.
E ise , e outro máis dos motivos para utilizar nesta terra os BSD, linux, etc: permitenos ver a situación dende dentro, ver o que é real e o que non, e asi poder comparar a próxima vez que alguen nos diga que "para facer X cousa, hay que usar o producto de X".
As veces sí, pero non sempre é así.
Xa se foron apuntando ideas que parecenme estupendas. Estratexia da difusión.
E admito que eu, cando escoitei o da mesa e MS, viume algo a cabeza, e penso tentar facelo. E dame igual que estea xa feito, ou que o final todo quede en nada. Quero tentalo.
Un cede arrincable en galego, mais que utilice linux
Pouco, pouquiño a pouco, que todo sabemos o que e facer as cousas con paciencia.
Pero sen pausa.
Se isto fora una peli ianki, diria que con aquela pseudoamenaza, o único que conseguiron foi crear un feixe de enerxia que tirará inda máis para adiante. Se aqui alguen pensa (MS, mesa) que a xente reaccionaria deixando todo, equivocase.
[mode mutante desvariado on]
Un podera rematando exiliado para atopar traballo, pero hay cousas que non teñen precio. -Inclúome
[mode mutante desvariado off]
Vou deixar unha reflexión para a mesa.
Nun pobo aló arriba, teñen problemas para cambiar de ms a linux. E outros motivos técnicos aparte, e que moitos teñen medo a non saber manexar outros operativos, o reves do que soe suceder o que aprendeu con outras ferramentas libres e faslle cambiar, posto que non da nada por feito, e tradúcese o final nunha maior capacidade de adaptación e maior competitividade.
Os rapaces de agora son o futuro de mañá, e a traducción de MS e so unha excusa para que o dia de mañá, eses cativos teñan que utilizar unhas licencias que pagamos todos.
[Publicado coma comentario no glug]
chúzame - Acabo de ver un video promocional da empresa NTT Docomo sobre a sua visión de futuro do que se podería acadar no 2010. Emociona, en mestura de ledicia e tristura. Lembroume en certo xeito empresas españolas que queren facer cousas semellantes, falando de NTT e dos seus 38 millons de clientes. Claro, non din que os xaponeses usuarios de NTT utilizan servicios digamos que un chisco diferentes.
Pero lembremo-lo video de NTT . A idea era propoñer un futuro, e lembrome todos esos programas, novas, etc, que nos falaban do ano 2000 e todos facían prediccións.
Algo que lembro con agarimo era un exercicio dun libro de galego. Coido que foi no ano 1985. Tiña unha ilustración, sobre unha historia de dous rapaces, e falaban do que podería ser a Galiza do 2000. Ti non podías por menos que identificarte con eles , e tamen facíaste esa pregunta. O final da historia, había duas ilustracións, unha con mareas negras, contaminación, e cousas, ben moi feas. E outra con vacas no monte, ordenadores modernos, coches polo aire e rias limpas.
E unha magoa porque parece que andamos mais preto da ilustración de cousas feas. E non o digo por queixarme, digoo porque tocounos iso, e as cousas puideron ser doutro xeito.
Poden ser,, inda doutro xeito.
(....)
Voltei a ve-lo video. A xente que sae, tera tamén, o igual que a ilustración do libro de galego do ano 1985, miña idade. Hay un pouco de todo, pero todos utilizan a nova tecnoloxia que vira daquela, na sua vida diaria. E parece moi fermoso. Porque para eso e a tecnoloxía.
Farei un repaso das tecnoloxias que temos hoxe en Galiza e o uso que empregamos.
-ordenadores: infrautilizados. Sobreestimados e subestimados. Máis que ordenadores, faltan libros de informática en galego, e adaptados a nosa realidade.
-telefonía fixa: os Estados Unidos tiveron xa no seu momento na telefonía rural , unha prioridade. E eu penso nas vilas galegas que non teñen teléfono, ou con teléfono sen acceso a rede.
-telefonía móbil: centremonos. Un mobil do 2000 , conectado a un cliente de correo por texto (e con menues e en galego, por suposto) faria posible a conexión de moitas aldeas co resto do mundo. Custe no 2000: 20000 ptas do teléfono e 50000 ptas do ordenador. Custe no 2004 do mesmo equipo: por 20 euros un teléfono e 150 por un ordenador (tirando por arriba). A única dificultade atópase en que a/s compañias telefónicas facturan o gsm de xeito que seria económicamente inviable coas tarifas do 2000 ou do 2004 , pero a vez, a pouco que se pense, seria económicamente rendible.
-tecnoloxias inarámicas: a tvg poderia transmitir unha segunda canle cultural, dende hay anos (o sinal vai por duplicado, e os equipos actuais fan que non sexa precisa tal redundancia). Estaría ben mandar datos. Non se fixo nada diso, pero como xa escribin outra vez, aproveitanse as instalacions dos reemisores, para poñer equipos de transmisión telemática para a comunidade cientifica universitaria.
As redes telemáticas inarámicas, que pudidéronse implantar dende o 2000 na nosa terra, Están tamén infrautilizadas. Comenzanse a utilizar, e inda así, moi infrautilizadas. Moitas das compañías telémáticas pensan tanto nos cartos que perden moitos clientes potenciais (ou seña, que perden cartos). Lémbrome especialmente dunha señorita que coñecín en Donostia no vrao do 2002. Lembro coma R e eukaltel facían daquela un estudio sobre a viabilidade dunha conexión inarámica no rural. Recibían cartos dos fondos de cohesión europeos. Iso e extraño, porque son empresas moi grandes. Non coma outras, pero grandes.
Eu, dous anos antes pedira axuda para algo similar, e nada(digo axuda, fosen cartos, asesoramento, etc). Daquela, tampouco. He hoxe tampouco. Máis a diferencia de antes, agora vexo todos os complexos, nas compañías telemáticas, na administración, en moitos sectores, que nunca, agora tampouco , creron realmente na sua xente.
Pois non queda outra que crer en nos
Internet, publicacións dixitais...non vou seguir, quen queira unha análise máis intensa ou seria, aqui estou.
En duas palabras,que o igual que non se esta a aproveitar nen tan sequera o que a tecnoloxía nos ofrecía hay 4 anos, e probable que dentro de 6 pase algo parecido, máis nos sempre temos parte de responsabilidade.
Do mesmo xeito, agardo que o noso medio non sega parecendo o da ilustración fea aquela.... e tamen depende de nos que iso sexa asi.
chúzame - O CSS e usado nas páxinas web para definir cores, fontes, deseños e outras caracteristicas. Esta feito de xeito que faise unha separación entre a estructura do documento, e a sua presentación, o cal da como resultado un maior control sobre as caracteristicas de presentación, e reduce a complexidade da estructura dos contidos.
E para demostrar todo isto, nada coma un exemplo sinxelo e practico;
Asumirei que traballamos cun arquivo externo de texto para o css (poderiamos tamen poñelo doutro xeito).
Nun editor de texto creamos un nome de arquivo, por exemplo ligazonssensulinhar.css.
No código fonte do corpo da nosa páxina html, insertaremos unha ligazón o arquivo:
E agora traballaremos con el.
Imaxinemos que queremos poñer un corpo en tipografia verdana, pequeno e de cor gris ( #666666 ).
.ligazonssensulinhar {
font-family: Verdana, Arial, Helvetica, sans-serif;
font-size: small;
font-style: normal;
font-weight: normal;
color: #666666;
}
Ben, pero ademais , queremos troca-la cor azul das ligazons, por unha das mesmas características, no mesmo arquivo de texto ( neste exemplo, ligazonssensulinhar.css ) , engadiremos ademais:
a:link {
font-family: Verdana, Arial, Helvetica, sans-serif;
font-size: small;
font-style: normal;
line-height: normal;
font-weight: normal;
color: #666666;
text-decoration: none
}
Con isto poderia chegar, pero temos que ter en conta que faltan por definir as ligazons activas ou xa visitadas
a:visited {
font-family: Verdana, Arial, Helvetica, sans-serif;
font-size: small;
font-style: normal;
font-weight: normal;
color: #666666;
text-decoration: none
}
a:hoved {
font-family: Verdana, Arial, Helvetica, sans-serif;
font-size: small;
font-style: normal;
font-weight: normal;
color: #666666;
text-decoration: underline
}
a:active {
font-family: Verdana, Arial, Helvetica, sans-serif;
font-size: small;
font-style: normal;
font-weight: normal;
color: #666666;
}
Isto e un exemplo das posibilidades que nos ofrece o feito de traballar coas follas de estilo CSS.
Unha curiosidade, inda que a primeira proposta de CSS e do 1994, por Håkon Wium Lie, o primeiro navegador que soportou todas as especificacions, foi o internet explorer 5.0 para Macintosh, en Marzal do 2000
chúzame - Cada vez que nos medios falan de virus eu vexo un pais atrasado que vive nun soño de metracilato e radios kitch amarelas.
Existe un centro de alerta temprana para os virus, pagado con fondos públicos.
E todo isto e mintira.
E MINTIRA. NON EXISTE INDA NENGUN VIRUS QUE ATAQUE A TÓDOLOS EQUIPOS. SO A UN 3 % DE TÓDOLOS TIPOS DE SISTEMAS OPERATIVOS.
Terían que dimitir tódolos responsables dos medios: televisión, radio, prensa, etc que seguen a falar de ataque xeralizado do virus de turno. ISO E MINTIRA.
¿E logo?
Porque esos virus dos que falan so afectan a un sistema operativo.
Podemos instalar nos equipos informáticos unha chea de sistemas operativos, e tan so un, toda a familia de windows, da empresa estadounidense microsoft, cede ante tales virus.
Direi máis, a maior parte das veces son virus que se extenden polo correo electrónico, e non so requiren o uso do windows, precisan específicamente dun programa de correo da mesma empresa para que este se extenda. Se utilizamos calquer outra alternativa este non se espallará.
E mentres, no telexornal falan de virus. Chamase tal, e é moi perigoso, e transmitese por tal, e o que seña.
Eu utilizo para traballar o Mac OS X, o Mac OS e diferentes versións de linux. Todos estes sistemas operativos, quedan o marxe dos virus. Cando un destes virus chega o seu sistema, e como cando un ruso falalle ruso a un arxentino. Xa poden vi-los virus que veñan, que o sistema non lle pasará nada.
¿Por qué a administración pública segue a utilizas sistemas operativos que son sensibles os virus cando hay xa 30 anos que temos sistemas operativos que son inmunes a eles? Descoñezoo, e isto e de interése pública (da igual cal seña nosa profesión), dado que estamos falando de recursos de todos. Dame igual que unha empresa privada fale o que queira dos virus, e seu problema se quere investir en tecnoloxías enfermizas, pero o feito que dende o eido público se gasten cartos de todos en pagar antivirus, e en perder horas e recursos desinfectando virus, da que pensar.
Se como dicia, queremos instalar un sistema operativo inmune os virus, temos moitas opcións entre calquera dos sabores de linux ou BSD. Isto na plataforma intel (i386), na mac (powerpc), tódolos sistemas que temos a nosa disposición, xa son de por sí inmunes.
Se por puro masoquismo, ou por motivos de traballo, alguen precisa de seguir utilizando calquer tipo de windows, recomendo encarecidamente utilizar calquer programa xestor de correo que non seña o que trae de serie. Proxectos de código aberto como o Mozilla, integran un xestor de correo electrónico. Dentro da sua familia, tamén podemos recurrir a thunderbird. Ambolos dous proxectos, sen ter que pagar un peso . Sen ter que , legalmente, pagar un peso.
Iso sí, todo cambio ten un precio, e a proxima vez que fales cos compañeiros ou amigos, acabouse o tema dos virus. Para non caer no aburrimento, eu recomendo a fotografía, tanto no eido da creacción coma no seu estudio ou coleccionismo. Podemos comezar por revisar a obra de Helmut Newton (finado en xaneiro de 2004 o chocar co seu cadillac contra un hotel de Hollywood de Califormia -temos unha chea de pobos que se chaman Hollywood, coma unha vila preto de Belfast-), Ansel Adams, ou no eido galego, temos unha chea de creadores, coma Manuel Ferrol (que deixounos o ano pasado), Xulio Villarino (adicado a reportaxe e o documentalismo), ou tamén eu (sintoo, a miña obra inda non está en liña, en casa de ferreiro...).
Comments:|Comentarios
opaco on 30/01/2004
...espeto de pau?
Sen nome on 01/02/2004
Estou dacordo contigo. PD: acabo de descubri a túa bitácora. Está bastante ben. Noraboa.
ascárida on 02/02/2004
Home, decir que hay sistemas inmunes ós virus...
RyT from Debian GNU/Linux on 16/04/2004
O 90% da poboación cré que Windows é un estándar. Polo tanto os virus tamén son estándar.
chúzame - Binarios versus código.
¿Compilar ou cliclí?
Non e unha decisión fácil.
Agora teño posto no servidor o MacOS X (10.2.8), logo de dar por imposible atopa-lo xeito de facerlle funcionar únha webcam con linux, cun demo e sen as X. Non son James Duncan
dous paréntesis
1: ¿por qué se moitas das cámaras ip de hoxe en dia teñen coma software o kernel de linux, o apache , os drivers e pouco máis, eu non atopo ninguen que me resposte como podo facer iso mesmo nun equipo normal baixo linux? o outro dicia que o amor está no aire, eu digo que o que está no aire son os drivers para linux dunha webcam. E claro, sen X, que a gracia do servidor e te-lo Seat supermirafiori no chasis.
2: ¿Por qué non hay cámaras web da televisión galega en toda a costa de Lugo?
ben, iso se exceptuamos a miña

Iso, que o bo de un sistema coma o 10.2, e que engancha moito iso de ter paquetes xa preparados para poñe-lo mysql, ou outros.
O malo e que a metade das veces non funciona, e non rinde coma quixera.
Para iso, tiro de fink , que é a metadona ideal cando ves do Debian. Un dpkg, para entendernos. Fai uns dias deixei compilando todo.
Agardei
Agardei
Agardei.
Unha hora, duas tres.
Funme a revelar un tri-x de 35mm.
Cando voltei do laboratorio, isto seguia igual.
E rematou
O millor e que non funcionaba.
Asi que rematas con cara de dicir, millor a mao. Nin binarios, nin paquetes, nen agasallos de nadal. A monte, a colle-lo código, e a darlle. A editar os arquivos de texto para configurar.
Pero por outra parte e tan chusqueiro o asunto do cliclí, de executar un binario e ter solucionado o sendmail .
Sí, xa sei que deberia poñe-lo qmail, que se lle vai facer.
O millor e que vou vello
Comments:|Comentarios
MrJoNeS on 20/01/2004
Siempre código siempre :D, tienes que probar los ports de FreeBSD
Dr Zippie on 27/01/2004
El sistema de ports de FreeBSD es muy bueno, siempre tienes todo compilado para y por tu máquina, organización y corrección de dependencias ... En el caso de OS X, yo he tenido problemas con el FINK a la hora de instalar paquetes (y compilarlos) pero no a la hora de instalar directamente los binarios empleando la sintaxis de debian: sudo apt-get install *nombre_paquete*
chúzame -