
Como dixera xa noutrora, no ano 1981 tiñamos a IBM lanzando o seu novo producto, o IBM PC. Era pouca cousa. E lento a rabiar. Máis tiña algo único: as letras IBM no frontal, o que levou a dicir en boca de moitos expertos "mirade, esta e unha máquina ideal para os negocios, e ven dos nosos amigos de IBM. Lembremos que daquela IBM estaba únicamente adicada as grandes empresas, e a creares grandes ordenadores (mainframes), de un cuarto de millón de dólares. O seu carón, o novo modelo PC , que saiu a venda por 1500 dólares.
Pero a hora de producires este modelo tiveron dous erros: inda que tiñan un bo equipo de enxeñeiros a hora de faceres novos equipos, non tiñan ningunha experiencia en producires un equipo cun procesador de baixo custo (lexase menos potente), e outra cousa importante: que o persoeiro de IBM adicado o software, tiña fama de ser moi lento.
De xeito que tomou dúas decisións que inda hoxe lamenta, escoller o procesador 8080 de intel como bo compromiso entre custo e potencia, e respecto o sistema operativo, escolleu a unha pequeniña empresa, chamada microsoft, a cal encargoulle facer un sistema operativo.
Pero nada mais aparecer o PC pasou o seguinte: para faceres un ordenador, so fai falla un procesador, un sistema operativo e unha bios, e IBM, tan só tiña a bios. E coma non firmaron nada o respecto, tanto Intel coma Microsoft, venderon a sua tecnoloxía a outras empresas, e so foi cuestion de tempo, atopar xa a venda o código das bios. Resultado: os clons do PC. E así comezou o que chega ata hoxe, copias dun estándar, co que IBM perdeu no seu momento billons de dólares.
A moralexa disto poida que seña que por qué apple non licenciou a tecnoloxía, pero antes temos que matinar no seguinte: IBM nunca licenciou o faceres clons, e de feito no seu momento tivo litixios con outras empresas, mais a cousa foi demasiado tarde: outras empresas xa copiaban e vendían o que teria que ser , e quedou a medias, o maior éxito de vendas de IBM.
E nesa situación, na que aparece IBM, cun modelo de ordenador que vendíase o comezo so porque IBM era a fabricante dos grandes servidores (daquela chamados mainframes), e que despois por riba ofrecen outras empresas a un precio máis económico , ¿que máis poderiamos agardar?
Pois e entón cando, no ano 1984, Apple saca a luz o modelo Macintosh.
E tiña grandes novidades, coma o rato, a conexion e rede, a impresión laser, e o máis importante, a interface gráfica de usuario, ou coma o coñecemos hoxe en día, sistema operativo baseado nunha interacción gráfica co usuario.
Todas estas, eran tecnoloxías da empresa Xerox, que nun campo de traballo que tiña adicado a investigación, desenvolveu todo isto. Máis, pensaba Xerox "¿para qué queremos nos todo isto? Nos fabricamos fotocopiadoras". E nesa situación, invirten unha chea de cartos en Apple, e invitan os seus responsables a visitar o seu campo de investigación. Quedan abraiados, e inmediatamente queren poñer estas novas tecnoloxías no macintosh, un novo modelo que estaban a desenrolar. Un cando pensa nisto agora, tamen se pregunta o que pensarían os xefes de negocio. de Xerox. Ben, millor non facelo: daquela mercaron un monton de PC´S, ate ahí que non daban importancia a estas tecnoloxías. Iso sí , co tempo admitirían o seu erro.
E nesas os xefes de negocio de Xerox chaman a Microsoft e pregúntanlles se non poderían desenrolar un novo sistema operativo para os PC´S cunha nova interface gráfica. "Si , hoh, claro, , terémolo en seis meses". E estes xefes de Xerox coidaban que ate os macintosh, incorporarían este novo sistema operativo de Microsoft. Coitadiños. A primeira versión do Windows versión 1.0, inda tardaría ¡tres anos!
E a verdade e que dende aquela non cambiou moito todo isto. Apple e os Wintel seguiron ahí, anunciando cada vez mellor tecnoloxía (procesadores máis rápidos, etc), pero as percepcións da xente non cambiaron : a maior parte de xente segue a pensar que os PC´S son a mellor opción para os negocios, e que os macintosh son "apropiados" para a educación e o eido das publicacións (deseño gráfico , etc). E destaquemos que digo "apropiados" e non "millores": esa, e exactamente a situación actual do que se pensa sobre a plataforma mac.
Mariano Grueiro, Febreiro 2000
Comments:|Comentarios
João on 07/01/2004
Bem, eu sempre fum dos AMIGA de Commodore, até que acabarom com todo... Também tinha rato e interfaz gráfico... Eram tempos!!. Mentres os PCs estavam no trabalho, os AMIGA na casa, jogando e programando... Os apple recordan-me muito a aqueles AMIGA 500.
chuzame -