literatura | literatureArchive for the '' Category

Daniel Cortezón morreu

Luns, Outubro 5th, 2009

Daniel Cortezón morreu, pero deixa moito tras de si.

Coma el, eu tamén son “escritor autodidacta”.

Non sei ben que dicir. O millor seria momento de falar del, e lembrar tamen a Dionisio Gamallo e Hernán Naval.

Cortezón ten entrada na wikipedia galega e a catalana. Non chego a entender, ou si, coma sua obra non ten máis repercusión.

Para a cultura galega sua obra e incrible.

Cartas a un joven español. / AZNAR, Jose Maria. = os vintedous euros millor gastados

Mércores, Outubro 24th, 2007

aznar

Dous euros máis barato que o de Calvo Sotelo.

Refirome a Leopoldo, o sobriño, o ribadense expresidente de governo, que no seu momento publicou unhas memorias parciais chamadas “pláticas de familia”. Merqueinas por 24 euros, editorial la esfera de los libros.

Cando vin hoxe que José María Aznar facia algo semellante, funme o Hipercor a mercalo. Tiñan un feixe deles riba dunha táboa. “Cartas a un joven español“, di o titulo.

Vintedous euros. Que poucos cartos para te-la oportunidade de ler a un amigo do señor ArBushto.

Dirixese a un tal Santiago. Terei que dicirlle a Santiago Sanjurjo que vou escribir un libro dirixido a el, eu chamariao “Cartas de un joven español” ou “Cartas a Chema” ou tamén “Cartas al mas tonto de la calle Ibiza”.

Admito ter descargado, moitos libros, sobre todo con licencia libre, pero este tiña que mercalo. E sei a quen van os cartos. E se inda non o sei, sabereino millor cando remate de leelo.

Polo momento xa estrenei o meu blog en castelán; tiña a conta creada pero estaba agardando unha oportunidade. Oportunidade coma esta.

Non sei se quedarei o comezo do libro, coma me pasara co Die Blechtrommel de Günter Grass, ou se sera entretido, coma o da sua muller Ana Botella (” Mis ocho años en La Moncloa”), pero coma dixen, este libro merece un “carta de un joven español”.

Feita , por suposto, por un “joven español”.

libros que ando a ler

Xoves, Agosto 23rd, 2007

Image
Estes son meus, pero como teña que pagar vinte pesos , de xeito directo ou en forma de impostos indirectos, por tódolos libros que collo da biblioteca, vou apañado.

the snapper, de Roddy Doyle

Sábado, Agosto 18th, 2007

The snapper, segundo libro que escribiu Roddy Doyle aló por 1990. E segundo libro do que despois chamaría ” a triloxía de Barrytown”. The snapper e a historia do embarazo de Sharon, irmá de Jimmy Rabbitte, protagonista do anterior “the Comminments”, que moitos lembraran pola película. En realidade, estes dous libros, xunto con “The van”, forman o que Roddy Doyle chamaría “a triloxía de Barrytown”.

Barrytown e un barrio imaxinario, no norte de Dublín, con personaxes e fala semellantes as que atopas cando paseas polo norte de Dublín. A min todo Barrytown, e supoño que o igual que outros moitos, fáiseme familiar. Seméllame Ferrol, inda que podería semellarse tamén moitos barrios de obreiros de Galiza.

The snaper e a historia dun embarazo.

Sharon queda embarazada despois dunha festa, ten vinte anos , non sabe quen e o pai do seu futuro fillo, e mentres vive coa sua familia segue co seu traballo no super. A modiño imos percorrendo o camiño do embarazo con ela. Foi unha dozura ver coma Roddy Doyle vaise parando a falarche do seu día a dia, as veces nos escritores que suponse que teño máis preto botoo en falta

a temática da loita armada vs terrorismo na literatura galega

Sábado, Xuño 16th, 2007

Meu blog sae coma segundo resultado cando un pon “exercito guerrilleiro” no Google.

Non atopo a suficente información na rede encol desta área.

Lembro isto o coñecer, via chuza, que a Patricia Janeiro coa obra “a perspectiva desde a porta”, por un voto non lle deran o premio Xerais (interesante o blog de Bretemas, de Manuel Bragado, editor de xerais, para seguilo) e que isto fose porque na sua obra fala dunha avogada dun independentista galego.
Teño no asteleiro unha obra na que o protagonista non e xa un independentista galego, senon directamente alguen que pon bombas pola Galiza en certos sitios porque está farto do desprezo a terra que teñen politicos e empresarios galegos ¿Estou xustificando isto entón? Claro que non, pero a realidade esta ahi: hay quen se atopa tan desesperado polo noso sistema que so ve ese camiño. Abofe que o entendo. Por iso mesmo gosto de abordalo  o escribires, máis alguen me dira que eu xustifico tales feitos. Logo pasa o de sempre, explicacións a  forzas de seguridade cando so teñen que ler con atención o que digo. O que me faltaba, que un dia me deteñan por falar disto, mentres que ninguen faga nada porque alguen arruine o medio do que se supon que e España. Se tanta España  é, cona, que deteñan a tanto mafioso dunha vez ¿ouh?

Eu pregunto ¿e non se xustifica máis a violencia co feito de calar ante os que se fixeron millonarios cos cartos de axudas europeas que endexamais chegaron o seu destino final? E ninguén fala deles porque e millor falar do caralludo que vai todo.

Claro, máis entón, ¿e que temos que premiar a este tipo de temáticas? pois claro que non, remitome o caso da fotografia. ¿ten que ser millor unha foto de paisaxe da Antártida que de Ortigueira? poderiamos avaliar as fotografias e ver cal e millor. Isto e o mesmo, a priori non podemos dicir que unha obra polo feito de abordar certas eiras teñan que ser marxinadas, máis tampouco podemos consideralas coma unha deidade por sistema.

textos sobre arte galega e deseño, de Luis Seoane

Venres, Agosto 13th, 2004

Lendo estas páxinas non puiden menos de pensar o incrible que resulta a contemporaneidade desta escolma de textos de Seoane.
Recoñecoo, atopeino de casualidade, pese a que no seu momento o buscara e non o atopara. E nestas que teño a ocasión de facerme cun exemplar. Non quedei defraudado, o revés, asombroume a capacidade de Luis Seoane para abordar diferentes problemáticas da arte e do deseño, mentras que deixa sempre a sua opinión.
Ambas cousas, son de agradecer, nestes tempos en que moitos que escreben sobre arte e deseño, nen teñen idea do que falan, nen saben no mundo que viven, e nen teñen o valor de dar solucións, xa non digamos en xeral, para máis considerar o feito diferencial galego e dar solucións reais.

So sinto que estamos lonxe do mundo ideal o que poderíamos ter chegado hay tempo. Máis nese senso son tan inocente coma Seoane, e vexo que maña mesmo poderiamos estar moito máis preto dunha situación ideal, a pouco que tornaramos nosa actitude.
O libro está composto por unha escolma de textos de deseño e de arte. En ámbalas duas, aborda con valor a situación galega que foi contemporánea sua ( século vinte ) , veñen cartas suas con Maside, o que tiña unha profunda admiración, o cal e moi saudabel nestes tempos en que , non sei se por as tensións ou se por sinxelamente como son as persoas, isto está cheo de envexas.
Fala Seoane tamén das suas aportacións a arte galega, a como as veces hay que deixarse de mirar a un , o mesmo tempo que un non pode renunciar as suas orixes, e precisaménte iso e un feito a defender, no mundo enteiro.
Seoane coñece outras vangardas, autores, correntes, e inda así non ten vegoña polo seu, senon que reafírmao.
Na parte adicada o deseño, dunha modernidade…..como dicilo. Xigantesca, anticipa os problemas polos que pasamos os deseñadores galegos, o paso do artesanado a producción industrial, a busqueda do referente galego, a utilización de ferramentas electrónicas para a tarefa do deseño, e que precisamente estas ferramentas non significan renunciar o propio.

En definitiva, e sen desmerecer os textos de William Morris ou Jacobsen este é un libro que calquer artista, deseñadora ou deseñador galego deberían ter na sua biblioteca. Pode supoñer un oasis neste deserto que é adicarse a creación visual ou gráfica galega.

“Textos sobre arte galega e deseño”, del Luis Seoane
edicións a nosa terra
depósito legal (non ten isbn): Vg-72-94

Dous apuntes máis:

esta e a paxina da sua fundación. Non podo deixar de dicir, de xeito constructivo, que mete medo o seu deseño. A verdade e que non puiden vela, precisamente porque, está configurada como ventá emerxente -bloqueado por defecto co Mozilla- que ninguén deixe de ver seu código fonte, non ten perda.

– hay unha páxina estupenda para ver seus murais en Buenos Aires, aqui

Trinity, de Leon Uris

Venres, Xuño 4th, 2004

Xa coñecia de Leon Uris o Exodo, outro coñecido traballo seu, e pola miña interese en Irlanda, supoño que era so cuestión de tempo que dese con este libro, trinity do cal nunca ninguén me falara.
E unha ficción histórica, que se desenvolve no norte de Irlanda entre a gran fame e os momentos previos a revolución do 1916.
Tecendo unha trama entre os diversos colectivos que conviven, vaisenos introducindo pouco a pouco na sua realidade, na sua vida, nos seus costumes, no seu xeito de vida.
E un libro que non podo deixar de recomendar, posto que podo corroborar que da unha visión bastante clara do que era a vida

en Irlanda neses días.
Iso lémbrame que meu proxecto máis vello, Ferro unha novela sobre a Galiza do século XX e que leva xa 12 anos de traballo, terá que sair algún dia…digoo porque vexo que garda grandes similitudes con esta obra

Un escritor debe ser unha persoa humilde

Mércores, Maio 19th, 2004
19/05/2004
Un escritor debe ser unha persoa humilde

Esas son as palabras do escritor checo Bohumil Hrabal.
Aqui podense atopar máis recursos sobre sua vida.
Tamén aqui
Quen puidera ler checo..

Ampliación del campo de batalla

Domingo, Maio 9th, 2004
09/05/2004

De Michel Houllebeq.
Non coñecia este autor, e interesoume sua prosa (lin a traducción o castelán, nos pobos galegos e dificil de atopar a versión en francés, Extension du domain de la lutte
) e sua descripción da realidade.

As veces teño escrito cousas asi, e por ignorancia e por ter unha pésima formación en literatura, non tanto por min como por non ir cunha camiseta que poña “escritor” ou “escritor doente” ou tamén “escritor maldito” (si a de escritor currante, pero excepto Antonio Pernas cando fala en programas de tve 1 de Bukowsky, iso non sae nas camisetas que preven ler os mestres ), pensei que era un mal camiño; agora doume conta que non hay que parar de percorrelo: Houllebeq non tivo problema en describir a crise de valores dun informático que xa non lle ve sentido a vida.
Fai ben.
Un peon de albanel de Neda tampouco lle veria sentido, ou unha nai solteira das que traballan para unha subcontrata que traballa para unha empresa que traballa para zara ( falo de zara empresa, non de zara a protagonista feminina do último libro de LeCarré, que era amiguiño de kubrik, o cal tamén denunciaba as guerras).
Unha paréntese, sen darme conta citei a unha empresa copia-moda (non o digo eu, dino eles, asi como o satisfeitos que estan de baixar a música varias veces o dia nos paises arabes para permitir seus ritos relixiosos) , zara, e un deseñador de moda galego, vaia, máis nomes concretos que na metade das novelas editadas no que vai de ano en galego….Houllebeq e un problema, porque non me sinto culpable despois de facelo (el non fala de erreonce, máis si do erreonce francés, o 205 gti)
Enganchoume dende o momento en que despois de falar dunha secretaria, puxose co C++

Pasou o pascal (entrámbolos, duas linguaxes informáticas) , e rematou falando de Pascal (científico).
A continuación, pasou a outra cousa.
Ben, eu tampouco voltarei a autolimitarme, se aqui non queren velo, en fin, que lean coma min a Michel.
Michel que despois foi a Tenerife, o mesmo que eu fun a la Moraleja, pero iso xa e outra historia.

libros de vello

Mércores, Maio 5th, 2004

Iberlibro, antiqbook e outras son boas ferramentas a hora de buscar libros de segunda mao.
Eu queria vender uns cantos, e mercar outros, asi que utilizarei a rede.
Admitoo , non coñezo librerias galegas que vendan libros de segunda mao pola rede.