Archive for the 'literatura | literature' Category

‘Tis´ , de Frank McCourt

luns, febreiro 23rd, 2004

'Tis`

E unha expresión hiberno-inglesa (pdf) que poderiamos traducir coma "isto e". Escribiuno Frank McCourt, coma unha continuación de as cinzas de Anxela.
Comecei este libro antes que o de as cinzas de Anxela, e podo dicir que sentinme identificado pola temática e sobre todo, por seu sentimento.
Está escrito coma unha continuación do anterior, e comeza falando da viaxe dende Irlanda ata Nova Iorque. Fala en primeira persoa, intercala os seus pensamentos, as suas reflexións..... este irlandés tórnaseme sinceiro, e sintoo preto das inquedanzas galegas. Seu amor a terra, o seu lembrar da sua familia, os pequenos detalles. Un dia vese acosado sexualmente por un sacerdote -católico- cheo. Outro dia ten que afeitarse a cabeza porque un matasanos con titulo e sen miolos dille que a infección de ollos que ten dende que estaba en Irlanda, e causa do cabelo infectado. Ignorancia, sinceridade, experiencias similares a cando saes desta terra a percorre-lo mundo.

Este libro rezuma honestidade, e nestes tempos e algo moi de agradecer. Voto en falta referentes galegos similares, que existiron e inda existen, mais por unha chea de motivos non acaban de sair tódolos que deverían.

Os traballos mal pagados de Nova Iorque, o seu periplo polo exercito, a segunda gran guerra que otorgalle o titulo de profesor, o voltar a Nova Iorque a ensinar literatura..... palabras que sucédense nunha mestura de realismo e senso do humor -algo tan galego, a nosa retranca coma recurso ante o noxo-.
'Tis e unha historia de supervivencia, que amosa coma co esforzo e o traballo, tes posibilidades de sair adiante, e iso da forza, inda que a cada momento sabes que ninguen garante nada. So aqueles que pasaron polo esforzo valoran estas secuencias de instantáneas dunha vida de traballo. Moitos riranse da estupideces que el mesmo recoñece, mais isto sería non ser sensible ante toda a sua traxectoria vital e o longo camiño percorrido

Coido que Frank McCourt concibiu entrámbolos libros coma un so, nembargantes, recomento a sua lectura de calisquer deles: descubrir a sua realidade foi coma redescubrir a miña, e mirar a nosa vida con outros ollos fai renacer nela

Chuzame! chuzame -

Ernesto Sábato, “antes del fin”

martes, novembro 30th, 1999

En ocasións non sei ben se sentirme como un xenio ou coma un parvo. Atopas traballos que son do desagrado da maioria, debido a que que creo carece de calquer tipo de éxito no seu sentido occidental, para rematar despois no soto dunha biblioteca universitaria o libro dun que pasoulle coma min. Estudiou física, e ata ianlle ben as cousas no seu eido, máis o final deixouno porque non lle atopaba sentido. Esa persoa e Ernesto Sábato, do que xa moitas veces me falaran amigos meus, máis non foi ata agora cando atopei algo que me fixo sentir empatía cara a el, do mesmo xeito que voltei a ter esa sensación tan agradable que e atopar un libro que faiche sentir de novo que o millor ata non fixen o parvo nos últimos anos. O millor ata e normal o noxo que sinto cara a certos eidos desta sociedade e o millor tamén o é que inda asi lle vexa sentido a seguir adiante, inda que non preciasamente polos roles que se nos lanzan.

Sábato vai percorrendo anacos da sua vida como so as grandes persoas saben facelo, de xeito sinxelo e fuxindo de ostentacións. Sen falsas modestias pero parándose o mesmo tempo a falar dos seus sentimentos de neno e das suas ilusións e medos.
Seu primeiro libro, "uno y el universo", fala precisamente de cando rachou coa ciencia para adicarse a literatura. Moitos dos seus colegas non lle entenderon. Voltou dende o MIT (ese centro tecnolóxico hoxe tan coñecido por sair de ahí, entre outras, moitas cousas da internet) ata unha chaira en Córdoba (Arxentina, sua terra), e no seu primeiro ano de retornado, entre temperaturas de catorce vaixo cero, coñeceria medico novo que ia visitar uns párentes e logo marchaba a outros sitios de latinoamerica. Máis tarde ese rapaz foi colecido como o Che Guevara.
Encántame unha frase sua que di: "Dada a miña formación científica, a ninguén lle parecía posible que eu puidera adicarme seriamente a literatura" , e chegáronlle a dicir "Perocomo coime vai facer unha novela un físico?"
E so engadir que o seu epílogo, "pacto entre derrotados", resulta xeneroso. Poderia citalo do mesmo que el cita, entre outros, a Miguel Hernández, máis o quw corresponde e lelo.

ISBN: 84-322-0766-7

Chuzame! chuzame -