plan GaliciaArchive for the '' Category

plan galicia en gacemail , Arxentina

Sábado, Agosto 18th, 2007

O proxecto artistico plan Galicia sae nas novas de Gacemail

os panfletos do plan Galicia … do 2003

Sábado, Agosto 18th, 2007

Atopei un foro no que están a falar duns panfletos que se repartiron cos xornais, anunciando o plan Galicia….en marzo de 2003

http://burlanegra.vieiros.com/foro/read.php?f=3&i=716&t=716&lang=

A ver se hay alguén que teña un deses folletos pola casa, estaría ben telo a mao para dixitalizalo, e asi ver todo o que se leva feito. A min en concreto, serviríame para o proxecto, para estudiar a sua mensaxe e comparala coa dos carteis do plan económico plan Galicia.

Videoblog #04 plan Galicia: SIMO e plan Galicia. Catro anos.

Domingo, Novembro 12th, 2006

O videoblog dexenera, como dexenera a lembranza do Prestige. Catro anos hay xa.
Non hay por onde atopar carteis, pero, ¿dende cando existe unha relación entre costa e plan Galicia?

Neste tempo fun denunciado pola utilización de plangalicia.com, pero hoxe plangalicia.com segue sen ser utilizado por nengunha entidade pública. Funcionarios do grupo A da Xunta de Galiza que me acusastedes…culpaveis! Vergoña tiña que darvos o estafar asi o pobo galego. Non informades de nada do plan Galicia porque o plan Galicia so son un feixe de carteis oxidados. Iso si, o chapapote segue fresco na costa e no monte das Somozas. Merda baixo a alfombra

Sen embargo eu non vos esquecin, nen esquecin voso plan Galicia, nen o Prestige.

Meu proxecto artistico plan Galicia segue adiante, reflexionando sobre a pegada que vos, interesados anónimos doutro réxime, deixastedes na miña terra.

Deixastedes a pegada e roeremola todos. ¿ou non e o que queriades?

E inda cando vou unha feria de celebración da tecnoloxía como e o SIMO, lembrome del.

Non atopeis sinais do plan Galicia. Alguen dira ¿e como se estas en Madrid? Pois o mesmo pasa en Galicia, que excepto polos carteis non hay moitos sinais do plan Galicia, asi que ¿porque non habia de buscalo no SIMO 2006?

[gv data=”lIWlpRrrRtE” width=”425″ height=”350″][/gv]

videoblog proxecto plan Galicia #03: entrevista a Antonio Gregorio

Domingo, Outubro 29th, 2006

Chegamos a edicion 3 do videoblog do proxecto. Non me esquezo do podcast, so e que para facelo antes teño que rematar de actualizar os artigos do blog de blogaliza cos dun dos antigos , e iso levara rato, pero non quita para que sega adiante con este videoblog, que ten unha loxistica moi sinxela.
Hoxe aproveito para entrevistar un amigo meu, Antonio Gregorio, de Ribadeo. Se non coñecedes o blog e queredes estar o tanto do que pasa por Ribadeo, so tedes que pasar por el: http://ribadeando.blogspot.com . Na entrevista preguntolle sobre o plan Galicia dende o punto de vista do ano 2006, e Antonio opina sobre plan Galicia, Nunca mais, e a actualidade da rede na Galiza (por exemplo, caso Brenntag no Umia).

Rodado na terminal 4, T4, do aeroporto de Barajas en Madrid (Antonio viña de Atenas dunha viaxe de traballo , asi que aproveitei deste xeito seu paso por Madrid)
[gv data=”7aK3nlN16WM” width=”425″ height=”350″][/gv]
Ligazon a canle do videoblog proxecto plan Galicia.

videoblog proxecto plan Galicia #02: ¿DONDE-XD?

Domingo, Outubro 15th, 2006

videoblog proxecto plan Galicia #02: ¿DONDE-XD?

[gv data=”t3E9QT9Iwgw” width=”425″ height=”350″][/gv]

Como xa mencionei antes coas fotografias deste lugar, no seu momento desapareceu este cartel do plan Galicia, o primeiro fotografiado (en septembro de 2003) para o proxecto plan Galicia.

¿Donde? - XD

As imaxes estan tomadas en Vilaframil, Ribadeo ( Lugo ), o 25 de decembro de 2005.

Ligazon a canle do videoblog proxecto plan Galicia.

¿ onde esta “DONDE-XD?” ?

Domingo, Outubro 15th, 2006

O 25 de decembro de 2005 inda existia o cartel que se convirtiu na primeira fotografia do proxecto plan Galicia, titulado “ONDE-XD” pola sua pintada:

ONDE-XD?

(preme a foto para ve-las anotacions) 

Dous meses despois, o 23 de febreiro de 2006, xa non existia ese cartel, cortarano cunha radial:

¿onde foi

(preme a foto para ve-las anotacions)
¿onde foi

¿Quen foi? quen sabe, pero inda que na primeira fotografia non se ve ben o que esta a dereita da estación de autobuses de Vilaframil, no videoblog correspondente a este cartel, vese claramente que dous meses antes non existia o cartel que puxeron a sua dereita…..seguramente quitaron un e puxeron outro.

¿Seria boa idea conservar os carteis de plan Galicia, para lembrar todo o que pasou, non xa co petroleiro Prestige, senon despois?

Moitas veces os carteis do plan Galicia teñen irmans, e este e un deles:

outro dos carteis da Xunta de Galicia xunto o de

Por detras deste cartel vese a empresa que fai estes carteis, trazos

empresa que fai un dos carteis da Xunta de Galicia

videoblog proxecto plan Galicia #01: Meira & Belfast.

Venres, Outubro 13th, 2006

FLAN ALICIA, parte duas

videoblog proxecto plan Galicia #01: Meira & Belfast

[gv data=”-H9kc9liKo8″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Outra nova andaina no proxecto plan Galicia. Ademais de ir recollendo no arquivo fotografico o proceso de como vou buscando carteis para facer a foto definitiva, tamen quixen poñer videos, para amosar o contexto social e da paisaxe que vemos arredor dos carteis do plan Galicia.

Neste cartel, como noutros, o cartel foi posto a beira da estrada. Vemos no video un autobus indo de Ribadeo cara a Meira. A xente pasa e ve que hay cousas feitas. Na outra beira da estrada, outro cartel informativo. Na Galiza fanse cousas.

Esta e a ligazon do videoblog do proxecto artistico plan Galicia.

(nota respecto os dereitos de autor da musica: a menos que cambiaran a lexislacion, non e problema recoller a musica ambiente. Coma neste caso, dun coche coa venta aberta. E inda que Harley-Davidson ten rexistrado o son dos seus motores, coido que non esta rexistrado o son do autobus o pasar)

FLAN ALICIA, WONDERLIZA

Martes, Outubro 10th, 2006

Alo por xuño Antonio Gregorio xa se fixera eco deste cartel.

Chegando a Meira dende Ribadeo, no cruce cara a Piñeiro hay un cartel do plan Galicia

estrada N-640 , cruce de Piñeiro

Esta xunto da estrada, como a maioria. E de segunda xeración (abaixo a dereita ten o pelegrin do Xacobeo 2004). Deulle moito o sol e a septembro de 2006 xa esta azul.

Contra o que pasou con outros , este indica que destinaronse cartos para “Accesos en Piñeiro”.

A relacion e moi evidente: PETROLEIRO PRESTIGE – ACCESOS EN PIÑEIRO – XACOBEO 2004 – TRAGSA

Alguen chegou e quitoulle varias partes as letras, e agora pon: FLAN ALICIA.

estrada N-640 , cruce de Piñeiro

(preme na foto para ver as anotacions)

Alicia no pais das marabillas. Alice in wonderland. WONDERLIZA

estrada N-640 , cruce de Piñeiro

(preme na foto para ver as anotacions)
Terei que voltar un dia coa Mamiya para facerlle unha foto o FLAN ALICIA

Sometimes You Can’t Make It On Your Own. As veces non podes facelo o teu xeito.

Venres, Setembro 22nd, 2006

captura escaneado proxecto plan Galicia

Facia ano e pico que non encendia o escaner.

Fixeno hoxe, a captura de pantalla de arriba amosa o ultimo no que estivera a traballar.

A fotografia e cadrada porque son as diapositivas de cor que fago coa Mamiya C330, en 6×6. De cor porque asi querian ver Galiza despois do Prestige. Mais cores que no arco da vella. Non querian cores. Ahi os teñen.
Sometimes You Can’t Make It On Your Own, di unha canción de U2: As veces non podes facelo o teu xeito.

Bono escribiuna despois da morte do seu pai.

Eu tamen lembrome de meu pai, el xa non esta aqui para ver nada do que faga.

E tampouco me esquezo dos quixeron que parase o proxecto. Han de roelo.