A enciclopedia galega

A idade media deu saida a un periodo de renacemento , e este a ilustración.
Hoxe vivimos nun periodo medievalista, nunha segunda idade media.
O home -a muller- de agora, quere renacer das suas cinzas deixando atras a guerras, inxustizas e desastres.
Agora temo-la rede.
¿É para qué utilizamo-la rede? Nunca na historia tivemos, nin medios e cecais nen conciencia , de comunicarnos instantáneamente, de intercambiar traballos, de traballar conxuntamente.
Dá tanto vértigo que moitas veces os estados, as nacións, escúdanse en plans triverxerais de mayéutica sintética telemática. As persoas comezan a pensar que rede e igual a cousa de técnicos, e o efecto logrado e xusto o oposto o perseguido. Ben, admito que as veces ese e o efecto que quere conseguirse.

E, ¿ u-la sociedade medievalista? En tódolos sitios, pero este e momento de saltar o renacemento e falar da ilustración.
As enciclopedias, poñe-lo coñecemento nun soporte que poida ser visto por calquera.
Levando máis aló este concepto, seguro que a humanidade o longo da historia pensou niso de ¿ E por qué non podo eu aportar este coñecemento sen pasar na universidade trinta anos da miña vida, para que despois as miñas teses aparezan na enciclopedia? ou ¿ E por qué facerlle durante vinte anos a pelota o catedrático de turno para que me escoite,en lugar de somete-las miñas hipóteses ante as persoas?
Ben,agora xa estamos un pouco máis preto diso. Non temos que recortar máis cupóns para mercar unha enciclopedia gallega
A enciclopedia telemática. Non e un proxecto novo na rede. E tampouco de todo a sua versión galega. Pero isto non e un concurso, a ver quen coñece qué, en todo caso isto sería un concurso de a ver quen quere aportar máis.
O bo das ideas e que un pode comezalas ou crealas, pero unha vez que o barco bótase a mar , non sabemos onde rematarán.
Explico en que consiste (quen saiba o que é non ten por qué ler isto, claro). Trátase dun sitio da rede, onde calquera pode consultar unha enciclopedia.
É un proxecto que abrangue moitas línguas, incluida a galega. Non e de ninguén e é de todos, a sua infraestructura e mínima. Un pode chegar e poñer unha palabra, e se esa palabra está, pode ler o contido asociado a ela.
Pero non so iso.
Tanto se está coma se non, un pode engadir ou modificar contido.
E a maior parte del non está moderado.Non o precisa.
Este é un concepto verdadeiramente revolucionario en canto a coñecemento. Tanto ou máis que a propia rede. Abrangue unha serie de conceptos educativos, de colaboración, técnicos e demais, que o velos si que che fai pensar que avanzamos, que a humanidade foi para adiante.
E detrás non hay unha gran empresa, nen governos, nen plans de axuda europeos, nen nada. So voluntarios, persoas, que queren compartir o que coñecen.
Nin máis, nen menos.
Ante algo así eu plantexome algo. Algo que de seguro que deixará o porto e moi probablemente chegará a moitas mentes directivas, moitas ignorando de onde veu-outras querendo ignorarme, máis esas terán o problema de estar a remolque-
Moitas veces tiven que escoitar a, por exemplo, mestres de lingua galega, o mal que ia todo para a nosa lingua. Que se na administración, que se na literatura… no da rede ou a informática, as veces -supoño que por medo, non o sei ben- xa o dan por imposible. Poden botar horas e horas falando diso. Ben.
Eu digolles que boten a metade dese tempo poñendo entradas na enciclopedia (o nome deste proxecto e wikipedia) en galego.

E fagamos contas.

Imaxinemos que estes mestres adican 10 minutos o dia a poñer entradas na wikipedia galega. Duas. :

ou seña, 200 días X 2 entradas o día = 400 entradas

un so profesor de galego, poderia nun ano facer tantas entradas coma as que hay xa. A xaneiro de 2004, hay 400

Máis agora imaxinamos que hay 100 centros de ensinanzas medias, e 1 profesor de galego en cada un

100 X 400 = 40000 entradas , nun so ano

iso soa ben, asi que e a hora dos alumnos, se hay 100 alumnos en cada centro, e cada alumno pon o ano 20 entradas o ano:

100 x 20 = 2000 entradas x 100 centros = 200.000 entradas

240.000 entradas en total, todo isto de xeito realizable

asi que non pode ironizarse, nen decir “nen que precisamente ti non souberas como son as cousas”. Por iso plantexo todo isto: o tempo empregado en ironizar, poderia empregarse na wikipedia, e os resultados son instantáneos.
Xa sei que a sociedade medievalista fixo da ironia unha defensa frente a frustación de non poder facer cousas, pero haberia que pensar, que isto e exactamente o que parece: queres editar unha entrada, editas a entrada, e a entrada quedou.
Sen subencions, sen papeis, sen declaracions, sen axudantes de grupo r.
Coñecemento bruto.

Falaba das clases de galego, pero isto pode aplicarse a calisquer outra, dende historia, física , matemáticas, etc, tanto polos contidos, como polos referentes que pode suscitar un proxecto así.

Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro

Comments:|Comentarios
goretoxo on 13/01/2004
vaia!! xa era tempo de ter a nosa wikipedia!!! agora habera que buscar voluntarios para facer artigos… …e facer artigos 🙂

azimut on 14/01/2004
Coñecin a wikipedia de chou, e nen sequera pasearame pola testa a idea dos centros de ensino e os profesores de galego. E incrible o enferruxados que estamos. A estatistica é demoledora

un máis, un menos, pero un on 14/01/2004
pois xa comezou. de nós depende o seu uso e desenvolvemento. Adiante vése futuro.

Eskorpio on 21/04/2004
E si é unha enciclopedia en galego ¿porqué aparecen entradas en castelán?

Os comentarios están pechados.