como nos organizamos

O xeito de organizarse di moito dunha sociedade.
Estaba mirando a paxina do autor dunha ferramenta que utilizo para encriptar arquivos, e vexo que relacionase coa sua comunidade, e ten ligazóns un grupo de usuarios de linux, un grupo de xente relacionada coa tecnoloxia, e outro de actividades da sua comunidade, onde podemos atopar cousas tan dispares como unha manifestación de ciclistas espidos para reclarmar seus dereitos a utilizar as ruas, unha manifestación polas victimas de Reagan ou todo tipo de cousas.
As paxinas son sinxelas, pero utilizanse como unha ferramenta.
Mentres, miro a paxina do meu antigo instituto, (que na actualidade ten centos de alumnos) e vexo que ten menos visitas que este gueblo… o cal e coherente coa paxina do meu concello (Ribadeo), que en lugar de aprobeitar a tecnoloxia para achegarse a xente, utilizase para “ter presencia en internet” . Supoño que a mesma mentalidade que tamen fai da rede un lugar para ligar.

Pois nada, que sigan, que sigan tirando 486 que se precisan noutros sitios….ou mesmo aqui.

O final, o esforzo e mentalidade individual, deciden moito,somos libres da vision coa queremos ver nosa realidade. Nos non traballamos nos mesmos sitiosque eles, nen temos os mesmos recursos, pero moitas das decisions, son nosas.

Os comentarios están pechados.