que fermoso e Getafe

E coma Ferrol, pero aqui non atopei carteis do plan galicia. Sei que parecerá unha afirmación estúpida, pero e que pensando que hay un cartel do plangalicia preto de Santiago e máis outro no porto da Xesta, un preguntase que e o plan galicia. Queda para outra.
Asi e todo, non me afecta a temperatura. Dende aquí certas cousas son moi fáciles, , tanto que seguro que dende Madri moitos esquecen que alo, aló, aló arriba, a xente fala galego, e non somos salvaxes. Nisto pensaba mentres collia o tren, por certo movido por corrente, e parte da cal ven dende aló (e o que son as cousas, Foster Wheeler está entrando en Madrid pola estrada que leva a aló….¿so casualidade?.para quen non saiba quen e, que busque no google foster wheeler e as pontes, e que vomite para o lado. Vaia, pois o igual que escribo isto dende un ciber onde a xente anda a falares árabe, e non se meten comigo por falarlles en castelán -arabe non sei-, tería que ser normal que moitos asumiran que na nosa terra falamos galego.
Noutro eido de cousas, hoxe atopeime con persoas que saben dar os bos dias, as gracias, e ata axudar. Despois preguntarame algun porque non busco determinadas cousas en compostela. O funcionariado da Xunta ten que comezar a descubrir que Galiza non e -teoricamente- un feudalismo

Os comentarios están pechados.