codigo de busquedas para a galipedia

Escribin un pequeno anaco de codigo para o Mozilla , se o pos na barra de direccións, faiche unha busqueda directa dun termo (podes deixalo como favoritos). Fíxeno baseandome noutras cousas que vin pola rede.
So hay que copiar e pegar:

javascript:Qr=”;if(!Qr){void(Qr=prompt(‘Wikipedia en Galego. Teclea a palabra que queiras atopar’,”))}if(Qr)location.href=’http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Search?search=’+escape(Qr )+’&go=Ir’

Na barra das direccións.
O pegas, daslle a retorno e sairá unha ventaniña preguntando a palabra, so hay que poñela, e levarache directamente a ese termo da Wikipedia en galego. E se non aparece nada,sempre podes editalo e poñer o que poidas 😉

Tamen podes acceder a el premendo aqui

Agardo que lle seña a alguen de utilidade.

(recoñezoo, sei que este pequeno anaco de codigo vai cambiar a historia galega contemporánea. Calquera pode poñelo como ligazón, comezará a poñerse en páxinas persoais, logo en comerciais e por ultimo nas da administración, co tempo a xente animarase máis e mais a encher termos, a granenciclopediagallegoqueporfinengallego perdera lectores e aumentarán os da galipedia, e a nova rapazada seralle dificil entender que houbo un dia no que existian so unhas ducias de termos na galipedia, e preguntaranse que que se facia neses tempos cando non había galipedia. Ride ride, que sabedes que é certo, e non pretendo recoñecementos -o recoñecemento teria que ir os que colaboran co que poden coa galipedia, e este codigo e un xeito de que todos poidan aproveitar todo ese esforzo. Precisamente irase pasando isto anonimamente, de xeito social -cantos weblogs había hay catro anos?- , e chegará -ogalla!!!- a normalizarse 😛 )

Os comentarios están pechados.