a estratexia de Lois

En Madri fai calor se vas pola rua.
Pero non se te metes nos edificios.
Sorte da corrente galega que serve para enfriar tantos edificios de cristal.
Dende logo, hay que ser imbécil para ensinar, en lacoru ou aqui, a construir determinadas cousas.
Hoxe nunha libreria vin unha revista ianki de arquitectura bastante boa -omito o titulo- que citaba o – cemetery from Portela, at Spain-.
Ben, a min tamen me chaman a atención os cubos feitos de formigón e aceiro cortén de Fisterra, mais o que digo e que o dia que fun a facerlles fotos, non podías pasar ben por culpa que ninguén colleu o sacho para facer uns regos transversais, para deixar correr a auga da chuvia.

Atopome na mesma libreria unha revista que se di galega, pero está toda en castelán -non e bilingue- e con anuncios de academias que a sua vez reciben subención da xunta.
O final, deume por coller Les particules elementaires, de Michel Houllebecq. Promete.
E mentres lia o principio, deume por matinar en Lois Pereiro, e de como a cultura subencionada e a que se chama asi mesma alternativa, estan deixando de lado este autor. Que inxustos son todos eles.
Eu sego a buscar un traballo, e mentres que me lembro de Lois Pereiro, vexo que moitas das cousas que digo que na terra poderianse facer e aqui fanse con exito, non funcionan en madri por ser madri, senon por ser mais importante o que fas que con que jruupi estas.
A estratexia de Lois.
Cadaquén tera suas razóns, pero a min sempre me chamou a atencion un autor galego e que utiliza o galego, tivese que irse.
Non sei nada.

COMENTARIOS:

Barnikel on 29/06/2004
E que hai que ver qué fea é LaCoru en canto a edificios… eu non entendo quén ideou este plan urbanístico e quén o segue pola mesma liña. Hai edificios modernos altos pegados a caseróns con xardín, a edificios vellos e sucios e a torres altas, todo mesturado sen piedade. Non me lembro de se Madrid é así, aínda que supoño que dependerá da zona, como é tan grande a capital…
Ken Somos e Nor Gara on 29/06/2004
Máis a que andas pola capital? co ben que se está ó pé do mar (ainda que sexa en Lakoru). BeiJoS e Musus.
mariano on 29/06/2004

Si, como na terra en ningunha parte. Non me fai moito aquel, pero e so por necesidade (e iso que son o primeiro en dicir que con tantas cousas que quedan por facer na terra, non teriamos que ter problemas de desemprego. Claro, non estou tendo en conta outras presións). Xa contarei máis co tempo.

Os comentarios están pechados.