o heroe jacobs e dous fracasados

Poño a tele.
Un home maior,de barba branca, un nonseiqué Jacobs, falando en inglés, di que ‘i’m a failed, I’m a failed!’ (son un fracasado, son un fracasado!).
Lembro entón que é un documental sobre os estranxeiros que foron a España a defender a democracia.
Moitos deles morreron e outros, inda a dia de hoxe, fan toda clase de homenaxes e sintense orgullosos de ter participado na defensa da liberdade. Era coma unha cruzada europea pola liberdade.
Logo sua filla, en castelan con acento indeterminado (castelán de México?) , di “o meu pai o que se refire e que sintese un fracasado porque di que eles inda que pelexaron pola democracia, non puideron facer nada para evitar a chegada da dictadura española”. E outra muller di “unha vez mercámoslle unha disco coas cancions das brigadas internacionais, saiu hay pouco. El emocionouse, e púxose a chorar. Chorou coma un cativo. Foi a única vez na miña vida que o vin chorar”.
E eu sintome outro pouco fracasado, porque acabo de apagar a tele, nunha mestura tamen de vergoña por estar nun pais que se di democrático, pero que inda non fixo -que eu saiba- nengun agradecemento público a todos eses europeos que viñeron a esta terra a defender a democracia, nun país que cos boricua fixo unha das maiores masacres da historia da humanidade (feito que non che din de pequeno, so que no imperio español non se poñía o sol), nun país que fala de querer a paz, pero a costa dos mortos que deron a vida por ela, e seguen sen ser recoñecidos ( E u-la paz dos seus familiares que seica non teñen cadaver o que visitar?).
Teñome que desafogar traducindo artigos científicos do francés porque eran precisamente franceses e outros europeos os que foron a España para defender a democracia.
E eles, inda os que hoxe viven, non o esquecen.
Asi que eu, que desfruto desta liberdade, o que significa que o unico que poden facer e marxinarme, deixarme en paro e facerme un alcohólico mentres matino do porque da sinrazón da estupidez, pero non pegarme dous tiros -polo menos diante de todo o pobo- como facian ata non moito neste pobo, tampouco esquezo seu esforzo.

Os comentarios están pechados.