textos sobre arte galega e deseño, de Luis Seoane

Lendo estas páxinas non puiden menos de pensar o incrible que resulta a contemporaneidade desta escolma de textos de Seoane.
Recoñecoo, atopeino de casualidade, pese a que no seu momento o buscara e non o atopara. E nestas que teño a ocasión de facerme cun exemplar. Non quedei defraudado, o revés, asombroume a capacidade de Luis Seoane para abordar diferentes problemáticas da arte e do deseño, mentras que deixa sempre a sua opinión.
Ambas cousas, son de agradecer, nestes tempos en que moitos que escreben sobre arte e deseño, nen teñen idea do que falan, nen saben no mundo que viven, e nen teñen o valor de dar solucións, xa non digamos en xeral, para máis considerar o feito diferencial galego e dar solucións reais.

So sinto que estamos lonxe do mundo ideal o que poderíamos ter chegado hay tempo. Máis nese senso son tan inocente coma Seoane, e vexo que maña mesmo poderiamos estar moito máis preto dunha situación ideal, a pouco que tornaramos nosa actitude.
O libro está composto por unha escolma de textos de deseño e de arte. En ámbalas duas, aborda con valor a situación galega que foi contemporánea sua ( século vinte ) , veñen cartas suas con Maside, o que tiña unha profunda admiración, o cal e moi saudabel nestes tempos en que , non sei se por as tensións ou se por sinxelamente como son as persoas, isto está cheo de envexas.
Fala Seoane tamén das suas aportacións a arte galega, a como as veces hay que deixarse de mirar a un , o mesmo tempo que un non pode renunciar as suas orixes, e precisaménte iso e un feito a defender, no mundo enteiro.
Seoane coñece outras vangardas, autores, correntes, e inda así non ten vegoña polo seu, senon que reafírmao.
Na parte adicada o deseño, dunha modernidade…..como dicilo. Xigantesca, anticipa os problemas polos que pasamos os deseñadores galegos, o paso do artesanado a producción industrial, a busqueda do referente galego, a utilización de ferramentas electrónicas para a tarefa do deseño, e que precisamente estas ferramentas non significan renunciar o propio.

En definitiva, e sen desmerecer os textos de William Morris ou Jacobsen este é un libro que calquer artista, deseñadora ou deseñador galego deberían ter na sua biblioteca. Pode supoñer un oasis neste deserto que é adicarse a creación visual ou gráfica galega.

“Textos sobre arte galega e deseño”, del Luis Seoane
edicións a nosa terra
depósito legal (non ten isbn): Vg-72-94

Dous apuntes máis:

esta e a paxina da sua fundación. Non podo deixar de dicir, de xeito constructivo, que mete medo o seu deseño. A verdade e que non puiden vela, precisamente porque, está configurada como ventá emerxente -bloqueado por defecto co Mozilla- que ninguén deixe de ver seu código fonte, non ten perda.

– hay unha páxina estupenda para ver seus murais en Buenos Aires, aqui

2 Responsestextos sobre arte galega e deseño, de Luis Seoane to “”

  1. Xosé Martínez-Romero Gandos Says:

    No tocante ós muráis de Seoane e a páxina que construímos cos meus amigos Leirado, grazas.
    Pode ver un artigo da revista Grial Nº 172 sobre eles no link
    http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1169123561172-Leirado.pdf
    Grazas polo comentario

  2. grueiro Says:

    Xosé, moitas grazas pola información e polo artigo.