Invirta en Galicia. Pero non nos galegos, a eles botámolos

Pola mañá, leo unha nova en vieiros. Falaba sobre un anuncio posto no New York Times, promocionando Galiza. Vaia, esta gustoume, asi que fun ve-lo suplemento no que aparecia o anuncio, e seguín a ligazón dun anuncio cara a páxina en inglés de Galicia Calidade. Dende alí vin dúas cousas que odio, polo mal que fan na nosa sociedade.Vou por pasos:

A páxina de Galicia Calidade está feita por un estudio de Barcelona ¿Qué pasou, que na xunta pensan que nos trabucamo-lo xml coas patacas?
Vaia.

Polo menos, hay unha empresa de Lugo.
[nota: xa sei que e o mesmo, e que realmente non son duas cousas diferentes, pero todo isto non deixa de ser unha opinión baseada nunha mirada inocente]
. E o que vexa crítica a estes estudios, e que está na horta e non ve-las verzas. O que critico e a rede de endogamia galega, ¿Por qué coñecemos antes algo que sae a concurso en Francia que na Galiza? Gústame a competitividade, máis aborrezo a tecnoloxia dixital que utiliza este termo coma sinónimo de dedo.

E despois visito unha as moitas páxinas galegas de innovación [por certo, os de Barna esquecéronse de traduci-la páxina o inglés : Fundación para el fomento de la calidad industrial y el desarrollo tecnológico de Galicia. 😉 ]

E despois a economía.
Invest in Galicia. (“invirta en Galiza”).
Paréceme tamén ben que queiran sacar adiante a economia, máis vaia lio que teñen montado. Fálanlle as empresas que isto e millor porque falamos galego e iso danos facilidade a hora de traballar en portugués.
Eu quixera saber porque na miña escola “oficial” de idiomas podo aprender italiano e non portugués. Unha cousa e que me defenda perfectamente, outra que se me contratan para un traballo no que teña que escribir en portugués, descoñeza a sua gramática (Ben, tamén descoñezo a gramática do galego, pero iso xa e outra historia.

Así que quero comezar a visita e vexo que non podo. Non podo, polo menos co Mozilla . Se queren navegar en co explorer, peor pra eles, pero o igual que eu, seguramente un potencial inversor non se molestará en abri-lo explorer, pensará “se esta xente non e quen de facer funcionar unha páxina, coime, como queren que me fie de que poden facer X cousa?”.

Así que quedeime sen ver todo o que me estou perdendo en Galicia.

Pero a min non me saen as contas. Voltemos o principio:

– Pídese que se invirta en Galicia, máis quén vai traballar eiquí se un ten que buscar traballo fora. ¿Búscase enton unha economía de colonias, de escravos contemporáneos de baixa cualificación profesional?
E non farei cábalas, personalizo. Cecais miña cualificación profesional e baixa, máis sera peor se os poucos traballos cualificados que hay aquí non os sacan a concurso, E deixanme so traballos para mover pedras. Non se trata que os fagan aqui por mágoa, senon precisamente por calidade. Se a alguén que fai o mesmo traballo non lle encargas nada, acaba marchando para fora [se sego sen atopar traballo ese e meu destino]. Noutros sitios , únense, porque saben que ese e o camiño. Eiqui estou agardando reaccions o rediseño de identidade corporativa da Xunta feito a dedo.

-Inversión interna. Axudas. Que non me axuden, pero que non poñan problemas. Cada vez que quero ir a falar con alguén das institucións públicas, ou ben mándache por 20 ventás, ou ben pasa de ti , ou rise na tua cara. E se o contas como eu agora teñen a cara de dicir “e que non falaches comigo”. Claro, coma vou falar se me puxeches a 19 persoas no medio. In da por riba.
Pois non pido que te axuden, pero polo menos que non te afundan. Un non é unha mala persoa so por querer gañarse a vida [e a poder ser , tamén dar traballo ] na sua terra.
E se eu, ou calquer outra persoa, non damos conseguido traballo eiqui [a este paso lembrareime do xacobeo’04 como o ano que emigrei], todo o feito diferencial galego vaise lindar coas vacas.
A economia galega quere verse no espello da irlandesa, pero non toma nota dela [educación, apoio o que innova, educación, apoio a infraestructuras telemáticas, educación].
E que os analistas de grupo A non vexan agora ningún aceio de critica política. Non teño o luxo de chamarlle a isto crítica politica, tan so poño en verbas o que todos pensan e ninguen di… por medo a quedar fora da economia seudodixital. Se o teu traballo vale sera recoñecido….e se non e aqui será fora. Se seguen atendendo a endogamia en lugar de a formarse, non lle vexo futuro.

Eu son positivo, pero non será polas cousas que vexo hoxe no eido público.

Comments:|Comentarios
EMF on 16/01/2004
Home, iso do estudio de Barcelona soame a unha campanha do concello de Ourense: “Merca en Ourense”. A campanha, os pasquís, etc… todo foi feito.. en Vigo.

Os comentarios están pechados.