Izar …… Crash

22/09/2004

Izar …… Crash

Enrique Martin Robles.

Documental de tve1, a mesma que o 1-12-2001 apagou as cámaras , a mesma que dicia que “la mancha se esta dispersando”.

Esta persoa , responsable de SEPI, fala de :

-competencia
-axudas do governo
-inexistencia no marco europeo

Eu falo de :

– a competencia coreana tamén afecta a Alemaña e Italia.
– estamos cheas de rémoras. E non so de directivos, tamén falo de sindicatos e de obreiros. Sei do que falo. do 100% da miña familia o 100% veñen do naval.

E dígome, que pasaba hay moitos anos, hay corenta anos cando se construian os petroleiros mais grandes. Hoxe segue utilizándose petróleo nos coches, logo segue a precisarse deses barcos, así de sinxelo.

Serìa sinxelo impedir o paso do tràfico internacional. Non me refiro impedir a todos, senon os que non teñan uns minimos requisitos de seguridade. E xa postos, esixir os mesmos estàndares de seguridade a que estan obrigados as empresas europeas. Nunha Galiza independente, non habería problema. E xa que é unha Galiza dependente, xa que Galiza=España, ¿u-las autoridades españolas?

E todo isto aderezado de imaxes tipo modelo dos obreiros navais.
Planos cortos.
Primeiro plano dun con cara de noxo.
Agora plano americano dun o que lle fan entrevista. Cargo sindical.
Todo moi cineverité.

Foi porno-porno-porno, como dirian a poeta subencionada pa-pa-pá e todalas wannabe-your-fucking-pussy galegas.

Si, o mesmo tempo estaba vendo Crash, de David Cronenberg e non podo menos de establecer esta sublimaciòn da sexualidade entre a pa-pa-pá, e as protagonistas de Crash.
Entre os coches de ferro esnaquizado e o esnaquizamento do naval galego.
Entre os obreiros parados e a morte dos protagonistas.

Habera quen a istos comentarios , lle merezan o calificativo de superficiais. A min , mentres, o que me pareceu totalmente superficial foi o salvapantallas que tiñas posto no ordenador o presidente da sepi: unha paisaxe idílica e un indìxena de Perù: a ecoloxía e a humanidade molan, cando non se fan na tua casa. Como todas esas novas fundacións que se fan para dar de comer os neniños, mentres a nosa España explota a seus pais.

A fermosura abstracta dos accidentes de automòbil, e a fermosura abstracta dos restos de barcos abandonados. A dor do parado e a dor do ferido.

En fin, cando esta xente queira contactar (obreiros), botarei unha mao, non antes, xa anda un escaldado. Estan choràndolle as persoas equivocadas, e asì non hay leite que mamar. Miran o teto equivocado. Non me dan magoa, teñen que comezar por ter cabeza, porque se non da igual o que eu fixera, voltarian a caer no mesmo buraco.

Ah, e un de comisiòns obreiras cunha pantalla plana. Iso lèmbrame que unha das personaxes de Crash, utilizaba coma càmara unha Mamiya. Vaia fixaciòn que teño coas Mamiya. A càmara do proxecto plangalicia tamèn e Mamiya, unha C3330. Pantalla plana (por certo, como se traduce “flat screen”? pantalla plana? pantalla chaira? se a Terra Chà e a Terra Chà, porque non unha pantalla non habia de ser cha) pantalla plana do presidente da SEPI, pero seguro que seu operativo e unha versión de windows, virus incluido. Eu preferia un monitor normal, e ter linux. A mamiya do protagonista e unha mamiya press de 6×9.

Unha esecie de escudo feito con metal en maos dun obreiro, durante unha carga policial, e a pintada zapatero cumple.

Mentres, penso onde carallo estaba a cobertura que esta dando tve1 o 1-12-2001. Onde?
Sei onde. Coas càmaras apagadas.
Mentres, xonais con fotos tamèn o xeito de fotos de modelos. Unha pose, outra, outra con fogo de fondo, outra cun detalle das maos dun traballador. Unha desas fotos serà premio galicia en foco 2005. Que o seña, eu a derradeira vez que participei foi o ano pasado. Meu traballo non foi nen seleccionado. Seria malo. E como eu considero que e do mellor que fixen nunca, inda non voltei a participas, posto que o que fixen dende aquela non e mellor, logo non serà nen seleccionado. Logo diranme que por que non se ve nunca meu traballo.

Ah, para quitarlle ferro o asunto. A moza do anuncio do Opel Meriva e moi cautivadora. E o vello seguro que conta boas historias (histo e para querer parecer. Ah, e o h e para despistar.)

jeidi i marco. Educa a tus hijos con valores. Xa rematou a peli e o documental, non sei cal era cal. Educa a tus hijos con valores. Pois eu coido que jeidi era sadomaso, con gusto polo coiro e cadeas.

Os comentarios están pechados.