o bispo ibizeño non da esmola para o obreiro

O bispo fala da homosexualidade, pero seica dalle noxo falar dos obreiros.
E patético abrir o número da sua revista facendo mencion os obreiros, cando no fondo tanto lle ten: quere utilizalos como icono paradigma dos valores neocristiáns. Enchen espacio para quedar ben, tan so iso. Cando hay vinte anos a xente quedou na rua, o clero so estaba interesado en conservar o que lles deixara o dictador nacido en Ferrol, dáballes igual que os obreiros e fillos de obreiro nacidos en Ferrol se metesen na droga, delincuencia ou emigración: a loita de intereses era algo modificable, a sorte dos obreiros non.
Lacazáns.
Máis nen os homosexuais, nen os obreiros (nen os homosexuais obreiros), son xoguetes, senon persoas.
Mentres outros calarán. Seica Galicia e a esquina española con dereito de pernada de tantos sectores, que so podemos prostituirnos por unha axuda europea.

Sorte que tamén tiñamos xente coma Moncho Valcarce (“o cura das Encrobas”). ¿onde están eles hoxe?

Os comentarios están pechados.