persoais.enderezo.com e boeing

Que teñen en comun persoais.enderezo.com e Boeing?
Que as duas utilizan a mesma plataforma, a distribución yellow dog linux sobre hardware mac.
Iso si, namais.
A diferencia dalí, no rural galego, inda cando tes acceso a rede, hay cortes de luz.
Sintoo por todas esas persoas que me preguntan que pasou co proxecto de persoais.enderezo.com (por certo, que ninguen o visite polo momento, e que sega a ler: ) , máis este non o abandonei, nen moito menos. O problema e que en canto teño o proxecto algo avanzado, ven un corte de luz e deixame o sistema de arquivos -ext2, ext3…- escachado, de xeito que xa teño recomenzado varias veces.
Así andamos. E probable que no IZAR de Ferrol, esta xente de Terrasoft instale seus equipos, e os directivos -educados en madri- seguramente ignoraran que non demasiado lonxe dali, hay quen fai funcionar a seus equipos dun xeito semellante os utilizados nesas fragatas, máis tamén pensarán , como di a canción, que nunca chove o este de California.
Mentres o CNI español pide expertos en guindos, esta xente ten meritos recoñecidos, e come na sua mao o departamento de defensa estadounidense. Logo queixaranse de Perejil ou do 11M, mais se andan a velas vir, non e por falta de medios, senon por falta de xeito.
Eu o que digo e que en canto poida, arrinco de novo o proxecto de persoais.enderezo.com ( e xa deixarei aviso eiqui cando seña iso 😉 )

Os comentarios están pechados.