1-12-2002. A manifestacion: o espertar do sono (video documental)

Despois de ontes anunciar outro documental galego, teño que darvos hoxe duas novas.

Unha, fun admitido a conta de director de youtube , de xeito que xa poderei subir traballos meus que duren máis de dez minutos (era o que estaba a agardar para poñer na rede os traballos)

O primeiro traballo que subin foi o documental feito o 1-12-2002, ” A manifestación: o espertar do sono”. E sobre a manifestación que tivo lugar ese día en Santiago de Compostela. Foi convocada por Nunca Mais en denuncia do pasado as semanas anteriores co afundimento e ecocidio do petroleiro “Prestige”.
[gv data=”HCxIDLUw4Xw” width=”425″ height=”350″][/gv]

Hay xa camiño de catro anos deste traballo. Estiven no dique seco, por moitas razóns. A demanda con avogados feita pola Xunta polo proxecto plan Galicia foi unha delas (graciñas casa encantada e hacklab compostela) . A cámara coa que fixen este traballo, estropeouse por mor da chuvia dese día. Tiña duas opcións, seguir grabando e estropear a cámara, ou non grabar e agardar que TVE, TVG e demáis televisións me contaran o conto.
Escollin a opción A e tería que agardar a película “Psalmus” – un traballo de Santiago Sanjurjo e meu – para voltar as andadas. Neste momento levo un ano coa rodaxe de “Tanhäuser”, sobre a emigración galega.
Non dou por rematado este traballo de “a manifestación”; gustaríame, inda anos despois, poder entrevistar os protagonistas, isto e, a xente que ali estivo, e que den sua opion, tanto de antes dela, como o que se atoparon ali, e o que ven hoxe en dia.

Durante unha breve temporada, subin a rede o documental. As poucas veces que puiden ir a algunha xuntanza de burla negra (unha en realidade), puxen o meu chiringuito vendendo fotos e peliculas miñas, xa que non tiña outro xeito de distribución.

E agora, inda que sego sen ter medio de distribución físico, polo menos xa podo voltar a poñer cousas na rede:

http://www.youtube.com/grueiro

Pouco a pouco tamén vou subindo miñas fotos eiqui:

http://www.flickr.com/photos/marianogrueiro/

Desfrutade do traballo. E sobre todo, desfrutade do orgullo e dignidade dun pobo que dende ese dia voltou a facer sua a rua.

3 Responses1-12-2002. A manifestacion: o espertar do sono (video documental) to “”

  1. brandelia Says:

    grazas, mariano. ver ese documental na rede é un paso. un dos nosos. un dos teus. sempre cara adiante, amigo. aquel día, mariano, un mundo novo de posiblidades abríase. agora que queda daquelas portas? estarán entreabertas aínda ou alguén as pechou xa? pertísimas e ánimo sempre.

  2. grueiro Says:

    Grazas polo ánimo. Eu coido que a porta comezou a abrirse, e que a inercia trocou de estar pechada, a ir abrindose, pouco a pouco.
    pertas!

  3. carmela Says:

    Eu estiven en Santiago ese día. Case de casualidade atopei o teu documental e volvín sentir esa rabia, impotencia, desencanto, tristeza…pero tamén a emoción de sentir a un pobo que se levantaba amosando a súa dignidade.
    Gracias. Un traballo xenial