Psalmus, a película: presentación internacional desta pelicula galega na rede

Acaba de ser presentada na rede a película Psalmus.

Santi na cadeira e frikicola, Psalmus

Psalmus e unha película rural rodada nunha estrada en Vilaframil (Ribadeo, Galiza) , o 31 de xaneiro de 2004.

A pre-estrea da película tivo lugar en Ribadeo o 3 de septembro de 2004 no auditorio Hernán Naval.
Adxunto a continuación a sinopse da película. Dous anos despois da pre-estrea coido que segue a ser un texto válido. So engadiria que nestes tempos de iPod Video e televisión en 3G polo móvil, esta pelicula foi no seu momento concebida para ser reproducida perfectamente nestes aparellos, inda antes de que aparecesen. As limitacións técnicas convertíanse así noutro xeito de expresión, que inda que agora comeza a ser normal, daquela non o era.

Seguindo co anecdotario, supoño que esta e a primeira película galega con licencia libre e ademáis concebida para poder existir na rede, inda tendo aparte outros formatos (coma dvd con máis contidos, ou proxeccións públicas como na pre-estrea.)

Deixovos xa coa película, que e outra producción de Foula, productora que temos entre Santi e máis eu dende o 2003, na que adicamonos a facer películas con licencia libre. O mesmo día que Apple anuncia a venda de películas pola rede e Edonkey pecha como empresa, aqui tedes este agasallo feito con toda a ilusión e que xa podedes compartir de balde cos vosos.

Podedes abrir a película na sua páxina de youtube: nesta ligazon.
Ou vela aqui debaixo: (despois da película poño a continuación a sinopse)

[gv data=”Qh3XqNmJzgk” width=”425″ height=”350″][/gv]
Psalmus.
unha producción de Foula produccións,
Música: Santiago Sanjurjo
Tècnica: Mariano Grueiro
Escrita protagonizada e dirixida por Santiago Sanjurjo e Mariano Grueiro
Sinopse.
Duas persoas saùdanse e comenzan a falar, coa estrada Galiza-Asturias de fondo (paradigma do paso da vida, das viaxes, do coñecemento, do mundo) e tomando de referente os libros. Establècese entre eles unha especie de diàlogo e bi-monòlogo, a partir do cal sucèdense diferentes àreas temàticas ( a arte, o amor, a guerra, a vida, a terra…). A luz do dia da paso a noite, e a historia continùa. Trescentos enlaces e os automòbiles de fondo serven de fio nesta obra.Aspectos de estilo
E unha “road movie”, pero en parado.
A diferencia das peliculas ianquis, esta road movie e ata prescinde do uso do coche polos protagonistas (o coche e utilizado polos actores secundarios).
A primeira “road movie” (poderìamos traducir este tipo de filmes coma de estrada) de toda a historia do cine mundial, que se fai en parado.
A estrada de fondo (Galiza-Asturias) serve de continuidade no tempo, e paradigma da vida, o mesmo tempo que a iluminaciòn: comeza sendo iluminaciòn natural, tornando cara a escuridade para falar de determinados temas, e rematar cunha càlida luz artificial barrolindiana. As referencias a obras clàsicas son constantes, tanto o detalle citado da iluminaciòn (Barry Lyndon, de Stanley Kubrick, 1975; a destacar que el tamèn fixo a rodaxe en entornos “rurais” da Irlanda), coma a sucesiòn dos feitos ( “en attendant a Godot”, “agardando a Godot”, de Samuel Beckett), ou o uso de localismos na lingua, asi como diferentes linguas, coma o Ulysses de Joyce. De feito, o igual que o Ulysses sucede nun dia, esta obra sucede a tempo real, e durante unha posta de sol.
Os exteriores son reais, nun entorno rural tamèn rural (en contraposiciòn a entornos rurais feitos en estudio).
E por iso unha pelìcula rural?
É unha pelicula real que prescinde precisamente deses tòpicos.
Asimesmo, tècnicamente, e un plano secuencia que ten unha duraciòn de duas horas e varios minutos. (de novo os referentes, esta vez da mao de Andy Warhol, que na sua obra, “Empire” (en referencia o Empire State Building de Nova Iorque) , facia unha única toma de 9 horas da posta de sol, encuadrando o Empire State.
A càmara utilizada foi unha càmara de videoconferencia, traballando o feito da contemporaneide da imaxe texturizada dixital, e a renuncia consciente de corrente a renunciar totalmente primitivista , un feito comparabel o uso da figura humana por Gauguin nas suas obras por illas exòticas. En lugar de renunciar a tècnica dixital para afianzar valores primitivos, utilizouse precisamente o traballo con equipo dixital absolutamente mìnimo ( a captura foi feita con ordenador, renunciando ata a ter unha imaxe en cinta de video dixital), e a unha resoluciòn baixa, para unir asi primitivismo e actualidade. Prescindese tamèn do uso de 24 fotogramas por segundo, utilizando 3 fotogramas por segundo, (un referente tamèn o cine de warhol, que facia proxectar os seu filmes a 16 fotogramas por segundo: desta tècnica dan boa conta os realizadores actuales de publicidade), iconificando asi a perpetua limitaciòn de ancho de banda no rural versus a sociedade de hoxe en dia ( e velaqui o icono de chaplin en “tempos modernos”)

Recursos sobre Psalmus:

One ResponsePsalmus, a película: presentación internacional desta pelicula galega na rede to “”

  1. chuza.org Says:

    Psalmus, a película, dispoñible na rede…

    Mariano Grueiro e Santiago Sanjurjo desenvolveron esta road movie, pero en parado no 2004. Agora está dispoñibel para a súa descarga e disfrute do público en xeral. (Páxina oficial da película: http://www.enderezo.com/foula/psalmus/index.html)…