Fondos europeos para destruir a ria de Ribadeo

Vou amosar unhas fotografias feitas o ano pasado (concretamente o 27 de marzal de 2005) no peirao de Mirasol en Ribadeo.

Quero denunciar duas cousas:

  1. Que ocultase a cidadadania que isto fixose coa axuda de fondos europeos
  2. Que o concello de Ribadeo adicouse dende principios dos anos 90 do seculo XX , a ir facendo pequenas ampliacións da ria de Ribadeo, cargandose esta pouco a pouco, para que o ser pouco a pouco de cada vez a xente non se una nen proteste polo sucedido.

Digo isto cando , como comenta no seu weblog Antonio Gregorio, vaise facer outra ampliacion máis.

Primeiro amosarei tres fotografias do acceso a obra:

Acceso a obra do recheo do porto #1

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións).
Acceso a obra do recheo do porto #2

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

Acceso a obra do recheo do porto #3

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)
Nestas tres fotografias observase a manipulación: como por lei e obrigatorio poñer os carteis de obra, estes poñensi, si , pero fano de xeito oculto.
Como estan dentro da obra e esta prohibido acceder, a xente non pode ver o seu contigo, que agora amoso nestas duas fotos:

Cartel da obra da ampliacion do porto de Ribadeo

Este cartel podiase ver o lonxe mais ou menos, inda que con dificultade.

O seguinte cartel era xa imposible de velo sen internarse moito:

Cartel da obra da ampliacion do porto de Ribadeo

Vexamo-la incoherencia.
Anteriormente diciasenos que a UE paga cartos por sacar area da ria. E aqui estan a dicirnos que a UE paga cartos por botala a uns metros esa area.

Por culpa das ampliacións teñen máis area, enton quitan a area pero con ela voltan a facer outra ampliación, co cal so van conseguir ter proporcionalmente inda máis area e máis problemas para a navegación.

Seria desexable un minimo de lexislación en deseño gráfico, polo menos en sinalética pública, para que non pasen estas cousas. En detalles asi vese o avanzadous ou non que estamos. Non digo crear un corpo de inspección de deseñadores gráficos, pero tampouco permitar estas cousas, porque entón estos carteis con información pública non cumplen coa sua función.

O igual que o concello de Ribadeo cala co do ruido polas noites, cala tamén con isto.
Conclusión:

Por culpa das sucesivas ampliacións do porto dos mercantes, acumulouse unha gran cantidade de sedimentos en forma de area na ria, provocando o aumento do teson (que e como se lle chama a esa area que sempre puido verse en baixamar. Iso si, en moita menor cantidade que agora). Iso foi a mais e a sua vez esta a provocar máis problemas, como cambio de correntes, ou que no astaleiro das Figueiras cada vez teñen máis problemas para sacar os barcos. En definitiva, cada ampliacion do porto de Ribadeo e rematar un pouco máis coa ria. Xa non so pola propia ampliación, que tamén, senon polas consecuencias colaterais que esta a provocar.

A continuación, unhas vistas xerais da ampliación:

Por certo, este porto e utilizado en boa parte para sacar a pasta de papel da papeleira de Navia -Asturias-

draga e excavadora

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

draga vertendo area no recheo do porto

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

recheo do porto de Ribadeo e paseo maritimo

(preme na fotografia par aumentar e ver anotacións)

3 ResponsesFondos europeos para destruir a ria de Ribadeo to “”

  1. Antonio G Says:

    … deixei pasr o tempo, pero non vexo a continuidade e por eso escribo. a obra está feita, os fondos eran os que era, pero na realidade o que ocntaba non era de ónde viñan, senón quen os administraba (ía poñer ‘mangoneaba’, pero pareceume menos serio…)

  2. Mariano Grueiro » Blog Archive » guantánamo ribadense Says:

    […] Nun artigo de fai tempo “fondos europeos para destruir a Ria de Ribadeo” falaba sobre os recheos que levan facendo nun plan premeditado dende hay case 20 anos para encher de area a Ria. […]

  3. Ortigueira Sostible Says:

    Dende a paltaforma Ortigueira Sostible (www.espacioblog.com/ortigueira) queremos invitarvos a participar na convocatoria feita por grupos do colectivo Rede Litoral Vivo ( http://www.redelitoralvivo.info/) para unha manifestación en Santiago de Compostela o dia 6 de maio en defensa do patrimonio natural e cultural, por un urbanismo racional, sostible e xusto e en contra do proceso de degradación ambiental que está a sufrir o noso territorio. Gustaríanos contar co voso apoio e colaboración en rede para a difusión deste evento co obxectivo de que un gran número de persoas mostre novamente e como fixo noutras ocasións o compromiso da sociedade galega coa conservación do seu medio. Unha aperta.