A terra puta

Estamos matando a terra.
Parecemos xa non vivir dela, senon acabar con ela.
Mata a terra antes que che mate a ti.
Máis o final matarémonos nos.
Que foi da central de As Pontes. Seica morreu a xeración sulfúrica, que agora nada di. Seica estamos todos mortos xa.
Seica.
Seica non.

Seica teremos que comezar a espalla-la nosa realidade.
Seica haberá que poñelo en tódalas linguas do mundo.
A nosa terra non e millor, nin máis fermosa , nen máis puta.
E terra. E parte deste planeta, logo planeta e tamén, logo non poderan dicirnos que e normal acabar cunha parte do planeta para que outra parte…..para que outra parte, non sobreviva, senon que sega a ser asfalto.
A terra puta.
Putos todos. Eu puta, ti puta, puta terra., puta todo.
Por que cada vez que falo da miña terra na miña lingua, outras persoas, na miña linguan din que e normal a terra puta.
Será porque non falamos na mesma lingua.
Terei que utilizar outra, para que xente de aquí e de acolá vexa a nosa terra con outros ollos.
A terra puta.
Escribirei sobre iso, pero non conservarei o referente da lingua. Non será the fucking land, será a terra puta.
Para que un dia poida voltar a falar dela na miña lingua.
Para que un dia, poida voltar a ser terra.

Os comentarios están pechados.