alegria! en chuza.org

alegria! en chuza.org

Fixome ilusión que se lembraran de min, pero non me gustou que a xente rife.

Claro, cando das opinión tamén haberia que preguntar se non se sabe, para iso temos a wikipedia.

Graciñas chuza. Xa que non teño subención, polo menos esta ben que alguén se lembre de ti.

Grueiro migra para Blogaliza

Avatar degrueiro.blogaliza.org/
enviado por susinho hai 16 horas 54 minutos

Alegría! Mariano Grueiro revive o seu blog levándoo para Blogaliza. É un dos pioneiros da internet galega, participante do 1º encontro hacker galego, creador polifacético, autor do primeiro podcast en galego e da primeira peli con licenza libre galega, activista sen descanso pola extensión de banda ancha e contra o Plan Galicia, autor do mellor documental sobre a manifa de Nunca Máis… mais un exemplo deses galegos dos que non sabemos nada… até que un día lles dan o nobel.

comentarios

  1. escrito por berto hai 16 horas 48 minutosberto
  2. #2 hahahahahha
    escrito por ascarida hai 16 horas 47 minutosascarida
  3. #3 Irrelevante? Endogamia ou ignorancia?
    escrito por susinho hai 16 horas 42 minutossusinho
  4. #4 Contéstome á miña retórica pergunta. Relacionando, claro.Web de protesto sobre o Plan Galicia

    http://www.enderezo.com/plangalicia/

    Psalmus, peli en CC

    http://www.youtube.com/watch?v=Qh3XqNmJzgk

    No primeiro encontro hacker galego

    http://hacklab.causaencantada.org/html/demo/registo/ardetroia.html

    Podcast en galego

    http://www.podcast-es.org/pipermail/podcast_podcast-es.org/2005-July/001650.html

    Petición para o rural galego

    http://www.petitiononline.com/f2004/petition.html

    Podería seguir, pero supoño que debería ser suficiente.

    Ben. Eliminada a posibilidade da ignorancia -e como algunhas desas apareceron xa eiquí, ou cando isto aínda non existía en sitios como Barrapunto, outro coñecido niño de trolls- supoño que a cousa ficará en pura e simples endogamia.

    É endogámica a comunidade de chuza? Deixo plantexada a pregunta para os chuzanews.

    Como cura de humildade há vir quenindiós.

    escrito por susinho hai 16 horas 24 minutossusinho
  5. #5 E ademáis será amigo teu, eso non o pos no curriculum? pornotube
    escrito por ascarida hai 16 horas 22 minutosascarida
  6. #6 si creo que ninguen dixo que grueiro fixera cousas molonas (de feito chuzaronse cousas do seu blog regularmente), pero o feito de que migrara a blogaliza é bastante irrelevante, polo menos para min…
    escrito por berto hai 16 horas 22 minutosberto
  7. #7 Tomo nota da pregunta, susinho.
    escrito por Modesto hai 16 horas 13 minutosModesto
  8. #8 Que o anónimo X leve o seu blog para blogilandia non é relevante. Que Grueiro -il, non calquera outro… ou é que hai alguén niste país que poida asemellarselle aínda que sexa un pouquiño?- decida cambiar de estratéxia comunicativa, e que escolla Blogaliza sí que o é. Como o foi cando Linus cambiou de CVS, ou cando se lle queimou o portátil a Alan Cox: cuestións que non terían relevancia algunha, de non ser a personaxe que está detrás delas.En calquera caso discutir por iso non ten sentido. Quería deixar constancia da miña perspectiva, e nada máis.

    Ascarida (con ou sen til?): falei máis con Berto do que puiden ter falado nunca con Grueiro, por si che sirve de métrica. Así que non te preocupes, que hai sitio no star system do microcosmos da net galaica dabondo para que brilles todo o que precises. Bonito avatar, por certo.

    Modesto: txatxi. Prometo tomarmo con humor -)

    escrito por susinho hai 15 horas 58 minutossusinho
  9. #9 still trolling youe se muda de móbil, tamén é un cambio de estratexia comunicativa? ortigueira, porno, Galiza, tvg, pocholo, urbanismo
    escrito por ascarida hai 15 horas 47 minutosascarida
  10. #10 déixao estar muller. a cagada xa está feita; non é necesario xustificala e todo kiski ten direito a equivocarse.ademais, qué. estas cousas pasan non? dos erros apréndese.

    hale. non obsesionarse.

    escrito por susinho hai 15 horas 26 minutossusinho

En momentos coma este lembrome de que votei dous anos fora da rede, e os motivos desta. Se por algúns fose, millor que nunca voltase. Se por outros fose, millor que voltase. Voltar co weblog e coas outras cousas a esta Galiza telemática.
insisto: grazas

Os comentarios están pechados.