TELEFONICA: a estafa telematica no rural galego continua

Fai uns dias fixeron chegar o meu poder dous documentos que proban a nova estafa que a empresa de telecomunicacións TELEFÓNICA esta a argallar no rural galego. E esta vez xa nen se trata do acceso a rede no rural galego: son so as altas de liña telefónica no rural galego.

Poñereivos en antecedentes: o parecer, este cliente leva dende o 2002 agardando pola instalación dun teléfono fixo, e a poder ser, tamen ter acceso a internet.

Baixo unha premisa en principio tan sinxela, tornouse imposible por un detalle : o devandito cliente vive no rural galego, nunha aldea da Coruña

Nestes catro anos pasoulle de todo, dende que TELEFONICA (ou TELEFÓNICA) prometeu por activa e por pasiva que “o mes que ven vai o instalador a casa” ata que se lle enviaron cartas dicindolle que “esta prevista a implantación do novo servicio de acceso a internet dentro duns meses”.

Xa hay varios anos que este puxose en contacto comigo para terme o dia da situación, e se hay uns dias decidiuse enviarme estes dous documentos foron por unha razon sinxela: isto linda xa cunha estafa ou tomadura de pelo.

Ben, pois a esta persoa, a que para maior comodidade e para conservar o seu anonimato, chamaremos Pepe, que vive nunha aldea a que chamaremos Neovila, recibe unha carta (menos mal que non din que quitan o servicio de correos por falta de cobertura no rural) co membrete de TELEFONICA. Puxose en contacto comigo e cando lle preguntei de que departamento de TELEFONICA se trata, respostame que o departamento chamase “TELEFONICA“. Non puiden creelo ata que non o vin: non poñia departamento algun, de xeito que se queres reclamar, non poidas, porque so teras unha referencia, pero non sabes se estas a falar co departamento de telefonia rural (¿existira iso?), investigación e desenrolo, etc. A carta ten o logotipo de TELEFONICA e nada mais. Isto e como se te chaga unha carta dun ministerio e pon “MINISTERIO”. E preguntas ¿ministerio de que?¿secretaria de que? e na carta so puxera “MINISTERIO”.

Primero chegou a primeira carta, dicindo no segundo párrafo que “instalarase no seu domicilio unha liña telefónica con tecnoloxía radioeléctrica“.

Parémonos aqui un intre ¿Que clase de tecnoloxía radioeléctrica? Outro TRAC? O TRAC era o sistema utilizado nos anos 90 (1990´s) para poñer liñas telefónicas no rural galego, cando xa a comezos dos anos 90 se desestimara levar o fio de cobre a todo o rural galego. Poderiamos falar moito do porque desta decisión política e económica pero non e o momento, segamos co TRAC: Chegaban o faiado da tua casa e poñían ali o aparato en cuestión. Funcionaba por ondas de radio, técnicamente era como se utilizaras un MOVILINE desos antigos que utilizaban radiofrecuencia analóxica. Despois enchufaban un cable que baixaban ata a cociña ou onde fose o teléfono, e ali conectabas teu telefono fixo. Era un teléfono movil so que os aparatos e as tarifas eran de fixo.

Xa hay varios anos que existe no mercado -tendas de electronica- outra alternativa a ista tecnoloxía e que as veces aconsello: ter un aparato semellante o antigo TRAC, pero funcionando con tecnoloxia GSM.

O trebello e unha caixa que leva seu espacio para que lle poñas unha tarxetiña SIM. Conéctase a rede movil, porque a efectos técnicos e outro movil máis, pero e unha caixa máis grande que un móvil. Por unha das suas beiras ten unha conexión que é un enchufe para poñer un teléfono fixo. Listo, xa temos un neoTRAC. Tecnolóxicamente está máis avanzado, pero para o usuario case parece máis cutre: xa non tes as tarifas do TRAC, e a cobertura e inda moito peor , non existe unha utilización propia do espectro electromagnético, senon que utilizas de xeito compartido as redes de móviles. ¿cando e practico? cando tes cobertura de movil e queres falar cun aparato de telefonia fixa, pola razon que seña.

Continuamos a ler a carta , na que di que “es preciso que se ponga en contacto con nosotros con la mayor brevedad posible……” .
Vaia, mete medo: catro anos agardando pola instalación dunha simple liña telefónica e agora…QUEREN METER PRISA O CLIENTE! . Xa me imaxino a escena de Pepe dicindolles “…e que hay tres anos que a compañia Z instaloume a liña”. O problema e que no rural galego, so hay unha empresa que teña o monopolio de instalación de liñas telefónicas, e esta empresa chámase TELEFONICA.

No cuarto párrafo di “Agradeceriamoslle unha pronta contestación pola sua parte, confirmando a interese nesta instalación. Noutro caso, entenderemos que renuncia a sua petición , polo que proc ederemos a sua baixa….” CHE CHE CHE CHEEEEEEEEEEE MANOOOOLOOOOO PAAAAAAAARA O CARROOOO SOOOOOOO.
A ver: Despois de catro anos pasando do cliente, agora non so queren que contestes apresa, senon que o fas rapidito, ou dante de baixa. Sen comentarios.

Dias despois , Pepe recibe unha carta identica, so que engadiron en letra legriña un comentario:

AVISO: enviamoslle unha NOVA CARTA que inclue un número de referencia ACTUALIZADO para facilitar as xestion de alta de liña no 1004“.

A cousa vaise complicando máis e deixa ver a filosofia chapuceira de TELEFONICA. E vou razonar punto por punto porque penso que “chapuceira” e un calificativo correcto e non un insulto, a hora de falar de TELEFONICA.

  • Se engades unha nova información o cliente, que xa hay que ser chapuceiro, integrao no corpo da carta. Pero non, o unico que fixeron foi abrir o procesador de textos, e enchufarlle o párrafo.
  • Como danse conta que esta carta e case identica a enviada antes o cliente, poñen o texto, todo o texto, en negriña, para que se saiba que iso que se di nese párrafo e importante. E poñen tamen varias palabras EN MAIUSCULA, como fago eu tamén neste artigo parodiando sua escritura. Supoño que tanto TELEFONICA coa min aprendimos isto da importancia das maiusculas nos chat. Moi ben para unha carta dunha empresa.
  • O parecer levan un rexistro, pero a idea foi posterior o enviar as cartas, primeiro enviaron as primeiras cartas, logo danse conta que faltalles facer unha base de datos documental, e crean un novo campo chamado referencia, e informan nunha nova carta o cliente. E en lugar de explicarllo de xeito sinxelo o que fan e poñelo na mesma carta.
  • Pero a ver ¿ non habia que ir a fume de carozo correndo o pobo máis cercano (porque lembremolo……SE NA ALDEA NON HAY TELEFONOS COMO VAS A CHAMAR O 1004!!!!!!! ) para falar con TELEFONICA ? se facias iso nada mais chegar a carta a tua casa non tiñas número de referencia, co cal non saberían atenderte.

Con todos estos antecedentes, no que o unico que sabes e que a devandita empresa segue igual de prepotente cara o cliente e sen a máis mínima sensibilidade cara o rural , Pepe ponse en contacto con TELEFONICA para que un tecnico vaia a sua casiña na neovila para a instalación.

Semanas máis tarde, chega o técnico.
Vai o faiado e dille a Pepe….

-¡PEPE, NON SE PODE FACER!

E Pepe di

-E logo

E o instalador dille

-E que non hay cobertura

O diálogo transcurre coa pregunta obrigada:

– ¿Pero non se ia poñer un sistema novo?

– Que va, que va…as caixiñas estas teñen coma un movil dentro e conectanse a rede de movistar. Nada hoh, a ver se para máis adiante poñen máis cobertura. Se e que xa levo toda a semana perdida, que ontes estiven na outra aldea de Neocorme e Neoveiro e pasalles o mesmo.

Pepe enton lembrase dunha conversa que tivera comigo, cando faleille de poñer na sua casa este sistema: a casa de Pepe non ten cobertura de Movistar, nen de Orange (Amena), e so ten cobertura de Vodafone se sae da casa e anda uns metros. E dicir, que ante unha urxencia medica, millor sera que poida levitar ata 100 metros diante da casa, porque se non tera serios problemas para ser atendido.

O caso de Pepe na sua Neovila, e de tantas neovilas que hay Galiza adiante: a empresa TELEFONICA e tan prepotente que pensa que chega a todolos sitios, asi que sua “nova tecnoloxia radioelectrica” foi nin mais nen menos que utilizar a rede de telefonica MOVISTAR.

E un insulto cara todos eses clientes que nen movil poden utilizar nas suas vilas, pensar en utilizar esa mesma tecnoloxia para darlles unha liña. ¿E que esos directivos e enxeñeiros nunca saen dos seus despachiños da sede de TELEFONICA I+D (telefónica investigación e desenrolo) da avenida de América de Madrid?
Porque para ideas tan brillantes e para un trato o cliente coma este, non facia falta que lles puxeran un edificio propio.
Sera por iso que agora, o igual que xa fixo o Banco de Santander coa sua vila financieira, TELEFONICA vaise montar unha pequena vila no noreste de Madrid. Dase conta que coas novas tecnoloxías rindese máis no rural. Iso si, faran un rural de seu, con acceso a rede. Falan moito de ” responsabilidad corporativa ” , máis a ver cando comezan a ter  responsabilidade coa sociedade. Con toda ela.
Anotacións:

1

Durante estos anos sempre me preguntei como e que o estado central ou o governo galego non toman cartas no asunto , polo menos con medidas puramente lexislativas:

  • obrigar as compañías telefónicas que dan acceso a rede a dar acceso o rural, e mentres non o den, obrigarlles a dar unha solución de maior nivel -satélite, UMTS-, tarifando o servicio básico.
  • o mesmo coa rede das compañias de telefonia movil, se non dan 3G crear tarifas

Isto pode parecer extrano dende o punto de vista dos que sufren esta deixadez….pero temos que lembrarnos o exemplo dos TRAC. Aquelo non deixaba de ser un movil, máis o que pagabas era unha tarifa de fixo

2

Transcripción dos documentos

CARTA UNHA:

Estimado/a cliente,

En primer lugar nos gustaría expresarle nuestro agradecimiento por elegirnos como operador de referencia para sus necesidades de comunicación.

Nos es grato ponernos en contacto con usted para, en respuesta a su solicitud de servicio, reiterarle nuestra disposición a proceder, en breve, a la instalación en su domicilio de una línea telefónica atendida con tecnología radioeléctrica.

Para poder realizar esta instalación en su domicilio es preciso que se ponga en contacto con nosotros a la mayor brevedad posible, llamando gratuitamente al 1004 su Linea de Atención Personal, para concertar día y hora.

Le agradeceríamos una pronta contestación por su parte, confirmando el interés en esta instalación. En otro caso, entenderemos que renuncia a su petición, por lo que procederemos a su baja, sin perjuicio d eque en cualquier otro momento desee realizar una nueva solicitud de servicio.

Quedamos a su disposición para cualquier aclaración, o si desea más información al respecto, pudiendo ponerse en contacto con nosotros gratuitamente en el 1004, su Línea de Atención Personal.

Atentamente,

**********na parte inferior da carta , despois de “atentamente”, non existe nengun tipo de firma nen indicación de departamento algún, está en branco. na parte superior da carta aparte da dirección de destino, so pon “TELEFONICA“************

CARTA DUAS:

a única diferencia coa carta anterior e que antes de poñer “Estimado/a cliente,”, poñen un párrafo en negriña:

AVISO: le enviamos una NUEVA CARTA que incluye un número de referencia ACTUALIZADO para facilitar las gestiones de alta de línea en el 1004

3 Teño acceso a estes orixinais, e autorización de Pepe para reproducilos. De xurdir calquer problema, Pepe non ten problema en sair a luz. Pepe non vive de falar ben ou mal de TELEFONICA – e eu tampouco-, dahi que en principio queira seguir anonimo.

carta unha a Pepe de Neovila

carta duas a Pepe de Neovila

11 ResponsesTELEFONICA: a estafa telematica no rural galego continua to “”

  1. MaRSoP Says:

    Creo que en este caso Telefonica nos toma el pelo tanto a los de aquí como a los de allá, ya que leyendo otros blogs (si recuerdo la dirección lo postearé más tarde) he visto que todas las comunidades rurales tienen iguales o similares problemas de conectividad.. en definitiva, la globalización queda para unos cuantos privilegiados. Quizás fuera de nuestras fronteras no ocurrá lo mismo. O ellos piensan lo mismo de nosotros..

  2. chuza.org Says:

    ADSL Rural de Telefónica: a estafa telemática no rural galego continúa…

    ADSL Rural de Timofóbica… mais cara, mais lenta, menos flexibel, sen posibilidade de tarefa plana… e subvencionado polo ministerior de Industria e pola Xunta¿¿¿???…

  3. grueiro Says:

    http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=42&id=54201

    Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información

    Ven tamen na páxina dese departamento da Xunta:

    Carlos Pedreira

    “Se conseguimos desenvolver solucións para os nosos problemas, podemos vendelas en todo o mundo”
    [27/11/2006] Máis contratos no lugar de subvencións. Esta é unha das medidas polas que aposta Carlos Pedreira, responsable de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Cidade da Cultura, para potenciar á industria TIC do país. Este enxeñeiro de telecomunicacións cre que as administracións deben confiar nos profesionais galegos, para así evitar a “sangría” da fuga de cerebros. “Triunfa localmente e vende globalmente” é a súa receita para o éxito empresarial. Igalia, Imaxin e Lambastream son, na súa opinión, exemplos que demostran que tamén é posible innovar en Galicia e competir globalmente.

    Que necesitan ás empresas de telecomunicacións galegas da administración para asegurar o seu futuro?

    Eu, sobre este asunto, penso diferente ca algúns industriais. As empresas necesitan contratos, e que os que compran, neste caso a administración, teñan confianza nas empresas do país. Para un empresario é moito máis aproveitable un contrato, que lle obriga a ter un produto de calidade, que unha subvención. Unha subvención é algo temporal que non permite consolidar unha compañía. Resumindo, as empresas de Galiza necesitan que lles axuden no momento de desenvolvemento dos produtos, pero tamén despois que as apoien con contratos, evidentemente dentro dun marco de competencia. Hai que ter confianza nas empresas do país. Hai algúns casos históricos nos que se fixo así. Por exemplo, no despregamento da rede de cobertura de televisión analóxica. Iso foi un exemplo que despois se copiou noutras partes do estado e de Europa.

    Pode pasar algo parecido coa Televisión Dixital Terrestre, a TDT?

    As firmas galegas -Egatel, Televés e Itelesis- xa teñen produtos para acadar este despregue. Espero que sigan participando cunha porcentaxe relevante na expansión desta tecnoloxía. O que deberíamos facer é tratar de espallar a fórmula da televisión a outras tecnoloxías, como o despregamento da banda ancha sen fíos.

    Falando da extensión da banda ancha, ultimamente hai moitas noticias sobre a aplicación do WIMAX neste campo. É realmente esta tecnoloxía a solución definitiva para achegar a rede ao rural?

    Digamos que a mellor opción é a fibra óptica. Despois están as solucións vía radio, que están evolucionando de seguido. Primeiro estaba o LMDS, pero era pechado e caro. Agora está o WIMAX que é un estándar aberto. Mais realmente é unha solución a curto prazo, non é a tecnoloxía definitiva. O que parece que non é apropiado son as tecnoloxías de satélite, que estaban previstas para algunhas zonas illadas e teñen limitado o seu crecemento futuro. O camiño é despregar rapidamente e dunha vez o WIMAX, porque xa levamos un ano de demora no despregamento segundo o plano do Ministerio, e continuar achegando o cable ás poboacións, de xeito que o final teñamos moitos bucles de abonado en fibra e poucos en radio, que serán da tecnoloxía que estea vixente nese intre.

    Un dos problemas fundamentais que sinala o documento de achegas dos expertos do PEGSI, no que vostede colaborou, é a fuga de cerebros. Ata que punto é grave e que medidas se poden tomar?

    Esta é unha das principais lacras do país; que marche xente con boa formación técnica é probablemente a maior sangría que pode sufrir Galicia. Nós temos moi bos profesionais e nivel de salarios competitivo e sen embargo non retemos a unha parte importante dos titulados no sector das TIC. Pero creo que a cantidade de xente que marcha fóra agora é un pouco menos, porque o mercado español das telecomunicacións enfriou un pouco, cando foi a explosión dos operadores de telecomunicacións todo o mundo marchaba para Madrid e, menos, para Barcelona. Tamén é certo que isto, que é unha desgracia, pódese converter nunha oportunidade para o futuro, porque moita desta xente que marchou quere voltar. Se conseguimos crear un clima de creación de emprego, habería moitos dispostos a volver e que traerían moita experiencia de fóra.

    Que necesita Galiza para ser quen de facer retornar a estos profesionais xente?

    É complicado. Habería primeiro que crear un clima industrial que permita o retorno. Hai que empezar a mover o capital. A miña experiencia dime que todo o que queiramos facer, podémolo conseguir porque o capital humano é especialmente importante neste sector.

    Non é un soño que poidamos desenvolver unha industria TIC propia?

    Non, eu estou vendo que hai iniciativas novas interesantes. Por exemplo, Igalia, unha cooperativa de enxeñeiros que traballan fundamentalmente con software libre e que exportan o 20% da súa facturación. Imaxin e Lambdastream, que foron premiadas na recente Gala das Telecomunicacións, son outras empresas novas que saben desenvolver produtos que se venden fóra.

    As empresas galegas indican no PEGSI que o software libre é unha das vías de negocio que pode crecer máis…

    O certo é que as comunidades que apostaron polo software libre foron creando un entorno industrial que parece que é máis produtivo que o software propietario. Ademais, a min paréceme moi importante a desmitificación do software. Cos programas libres, o software convértese nun produto industrial máis, que se pode producir facilmente. Hai un aspecto económico importante, si ti queres facer unha aplicación, e tes a túa disposición parte da aplicación xa dispoñible en software libre, realmente podes reducir moito o tempo de produción. Din os expertos do software que o 95% do código xa está escrito, a clave é poñelo na forma adecuada, coa documentación e nos paquetes correctos. O software libre é vital para que as empresas que non son xigantes poidan sacar os seus produtos ao mercado.

    Outros das barreiras identificadas polo PEGSI é que as empresas galegas TIC teñen dificultades para exportar. Vostede escribiu algún artigo sobre este asunto. É realista esperar que unha empresa galega poida competir a nivel internacional?

    Si, por suposto. Televés é unha empresa internacional que está a competir con éxito. A nivel de produtos TIC non hai case nada que sexa imposible. Temos que darnos conta de que e o mercado é todo o mundo. Hai que ser ambicioso e comercializar novos produtos. É moi importante saber que os problemas que nós temos na casa -por exemplo a extensión da banda ancha, o bilingüismo, etc.- son circunstancias que se repiten en moitísimos sitios do mundo. Daquela, se nós conseguimos desenvolver solucións para os nosos problemas, podemos vender eses produtos en todo o mundo. Eu sempre digo “Triunfa localmente e vende mundialmente”. Se logras facer produtos que se venden aquí, podes vendelos no resto do planeta.

    Outra das vías de negocio que as empresas din que van crecer máis é o outsourcing….

    Eu creo que nós temos que apostar por segmentos de maior valor engadido. Nunca poderemos competir na produción de liñas de código con China ou India. O que temos que facer é aproveitar os nosos sectores, aplicar as TICS por exemplo, ao sector do automóbil ou da pesca.

    Co PEGSI, Galiza conta por primeira vez cun plan de novas tecnoloxías, que pode aportar ao sector das telecomunicacións?

    O Plan xa debería estar feito hai anos, é unha pena que cheguemos un pouco tarde. O PEGSI é especialmente importante para nós, que carecemos de moitas industrias que xa están desenvolvidas noutras partes de Europa. Se esto se desenvolve adecuadamente, probablemente nos permitirá dar un pequeno salto e incorporarnos a outras actividades.

    Que papel pode xogar a Cidade da Cultura como elemento estruturador da Sociedade da Información en Galiza?

    A Cidade vai por en valor o patrimonio artístico e cultural galego e precisamente o PEGSI ten un capítulo centrado nisto. Ademais, a idea é que a Cidade sirva de escaparate, para que a produción cultural galega sexa accesible dende calquera punto do mundo. O papel da Cidade pode ser importante na xeración de contidos en galego.

  4. victor Says:

    Eu penso que Teléfonica como todas as demais empresas de telecomunicacións aproveitanse da xente co beneplacito do goberno galego e do estado español. Acaso a compañía R totalmente galega fixo ou fai algo pola xente do rural galego?? . Entón que imos esperar de Teléfonica , van o que van os cartos sinxelos e nada mais , e a culpa todos sabemos de quen é , dos gobernos que o permiten ..

  5. PiniBlog » TELEFONICA: a estafa telematica no rural galego continua Says:

    […] Esto non é nada novo, pero está ben o que nos conta Mariano Grueiro Permalink […]

  6. Marco Says:

    Eu estou nunha situación parecida, teño telefono fixo, o que non teño e adsl, o motivo ata o de agora non tiven cobertura agora si, pero resulta que é adsl rural, e eu non estou disposto a pagar mais por menos velocidade, que cara teñen estes de Timofonica.

  7. antonio Says:

    dimo a min que me puxeron un trac lmds e non son capaces de decirme queacceso teño a adsl rural a unica que me dan de 256kbp con 39 euros mais iva e 39 euros de alta vamos o unha adsl de i mega,que paga un amigo meu con chamadas e todo,vamos unha ganga,e todo feito cos cartos dos españoles pero e que non teñen vergonza,e por en cima nos o do rural non podemos contratar con outra compañia con este sistema e so para eles,cada vez que chamo dinme unha cousa distinta non se enteran de nada,como me dixo un amigo meu que trballa para eles en vez de axudar os do rural dambos polo cu,soa mal pero e arealidade da nosa terra,byueno a esperar por eses cabrons.

  8. Pepiño Says:

    Iros a tomar por culo con el gallego de los cojones, no se entiende ná y es un tema que interesa a todos.

    Ale pues eso…

  9. grueiro Says:

    Hola Pepiño

    Si te llamas Pepiño creo que no tendrás problema en entender lo anterior. Ya que en tu dirección de correo haces mención a La Mancha, la semana que quieras quedamos a tomar un café en Illescas (Toledo) y te cuento lo que no entiendas.

    un abrazo

    Mariano

  10. jose enrique Says:

    Hola boas :Son un ciudadan do rural de Panton en Lugo e estamos perdidos con estes de timofonica levo todo o dia pra saber se ca alta velocidade rural(lmds) me van cobrar as chamadas a parte ou entran nunha tarifa plana e non hay maneira non saben nada e o peor que algun non sabe o que eso do lmsd onde vamos asi se alguen de vos sabedes que clase de tarifa aplican agradecerabios que mo comunicaseis, e haber se oubera forma de poder protestar todos xuntos pra que nos den un servicio como…. manda ou polo menos nos fagan unha rebaixa nas tarifas lastima que non aia competencia
    un saudo

  11. David Says:

    hola