videoblog proxecto plan Galicia #03: entrevista a Antonio Gregorio

Chegamos a edicion 3 do videoblog do proxecto. Non me esquezo do podcast, so e que para facelo antes teño que rematar de actualizar os artigos do blog de blogaliza cos dun dos antigos , e iso levara rato, pero non quita para que sega adiante con este videoblog, que ten unha loxistica moi sinxela.
Hoxe aproveito para entrevistar un amigo meu, Antonio Gregorio, de Ribadeo. Se non coñecedes o blog e queredes estar o tanto do que pasa por Ribadeo, so tedes que pasar por el: http://ribadeando.blogspot.com . Na entrevista preguntolle sobre o plan Galicia dende o punto de vista do ano 2006, e Antonio opina sobre plan Galicia, Nunca mais, e a actualidade da rede na Galiza (por exemplo, caso Brenntag no Umia).

Rodado na terminal 4, T4, do aeroporto de Barajas en Madrid (Antonio viña de Atenas dunha viaxe de traballo , asi que aproveitei deste xeito seu paso por Madrid)
[gv data=”7aK3nlN16WM” width=”425″ height=”350″][/gv]
Ligazon a canle do videoblog proxecto plan Galicia.

Os comentarios están pechados.