ASTANO, ano 1985: festival rock, en youtube

Calidonia subiu a rede o festival rock celebrado no ano 1985 como oposicion a masacre do naval.

Atopeino de casualidade buscando, como fago cada certo tempo, a plabra “ASTANO” en diferentes media.

Vin que Calidonia anunciouno hay uns dias no seu blog. Tamén fixose eco disto ZERO VACAS.

Unha gran desgraza que temos inda e que o contrario do que pasou coas masacres industrais noutros paises, nos case non temos nen material documental, nen documentais, ficcion, etc, sobre o sucedido.

Eu vivia en Ferrol, e lembrome dos carteis do festival. Lembro inda millor cando xogabamos no colexio público Ibañez Martín coas pelotas de goma que utilizaba a Policia Nacional contra os nosos pais cando se manifestaban pedindo conservar un posto de traballo co que manternos a nos.

Daquela eu non sabia porque tiña ese nome. Chamase Ibañez Martín porque ese era o nome dun dos ministros de educación de Franco.

Ibañez Martín tamén foi sogro de Leopoldo Calvo Sotelo, ex presidente do governo español.

Un dia descubrin un manifesto sindical nun libro do meu pai, pero non conservo outro material da epoca. Fixeronse moitas cousas, pero nen eu nen moitos temos mais que as nosas lembranzas.
Esta e a ligazon poñendo a palabra “ASTANO” en youtube.

Esta e a ligazon o video da presentacion.

Esta e a ligazon os videos de Calidonia en Youtube.

Por favor, fago dende aqui unha petición, se alguen ten material sobre a reconversión (con ASTANO, BAZAN, etc), quere facelo publico e non sabe como, pode enviarmo o meu enderezo electronico, ou ben o apartado 120 de Ribadeo.

outras ligazons:

Os comentarios están pechados.