Hoxe como en 1906

O administrador do blogue da casa pediume que puxese miña opinión no seu blogue, e asi o fixen.

Adxunto o artigo e os posteriores comentarios dos lectores do blogue:

________________

Hoxe como en 1906

No seu momento deixei unha anotación no meu blog en referencia o docudrama da televisión de Galicia chamado “A casa de 1906”. Sego a pensar niso, e iso que reito que nen tan sequera vin o programa. Porque a miña opinión non e sobre o programa en si mesmo, senon polo concepto do programa en si.
Non, non e que non me tome en serio o traballo o redor de todolos profesionais que hay arredor desta serie. E non quero desprezalo, por detalles de producción dos que informa seu blo e sua páxina vexo que foi moi coidado, o conto non e iso. E non e tampouco que non queira mollarme. E que entro noutro punto ben distinto ¿Ata que punto e lesivo o programa para persoas que vivan en condicións de vida semellantes, na actualidade?

Coñezo a moitas persoas que estan en condicións semellantes as que o programa afirma que pertencen a 1906. Eu quero que esas condicións de vida pertenzan o pasado, que señan parte da nosa historia, pero coido que inda non chegamos a ese punto, inda que parte do rural e das cidades galegas si esten no 2006.
A conto de escribir este artigo e ensinar fotos da rodaxe a diferentes persoas, os comentarios foron os seguintes:

“Tal como esta a casa esta preciosa”

“Eu so a tocaria para poñer calefacción”

“¡Eu quero unha casa coma isa!”

E comentarios semellantes cos que coincido. Pero insisto, non falemos xa do programa en si mesmo, senon do seu concepto

Eu contentariame cunha serie, que non digo que seña realizable económicamente, pero si conceptualmente, e que se chamase

HOXE COMO EN 1906
Seria unha casa no rural galego, tal como a que sae no docudrama, ou inda máis real, como do feitico dos anos 60 ou 70 do século 20, no medio dunha aldea rodeada de eucaliptos, que saca auga dun pozo , e sen luz electrica, ou ben que ten luz eléctrica, pero con cortes aleatorios de tensión, que fan que teñas que utilizar un transformador como protector de sobretensións para ver a televisión (porque, ninguen sabe a razon, nesa realidade carente de tantos medios, a televisión chega a tódalas partes) , transformador de corrente da época das televisións de válvulas. Admito que cada vez hay menos sitios asi , pero isto sucede por unha razón sinxela. Pola emigración. centos ou miles de familia emigraron inda nos anos oitenta e noventa do século XX por non poder conlevar ese xeito de vida coa realidade da sociedade actual. Moreas de sitios non teñen xa problemas coa auga e coa corrente, e que non teñen nen internet nen cobertura de telefonia movil. E dado que telefonica privatizouse a finais do século XX e xa non ten obriga de dar o servicio universal coma antes, as veces o unico xeito de estar comunicado e ter o teu coche e ir o pobo para facer a compra,mercar o xornal e ir un ciber onde ler o correo, e copiar e pegar do diskete no que escribiches o dia anterior no ordenador da casa os correos que queres mandar. (para ver como telefonica segue a enganar o rural galego, ler o artigo “Telefónica estafa o rural galego ” de fai duas semanas do meu blo, no cal demostro con documentos esa situación)
Esa e para moitos a sociedade do rural galego de 2006, unha sociedade fora da sociedade da información, porque non ten acceso os medios da sociedade da información, e porque falando xa do eido documental e da biblioteconomia, ten sorte xa se aparece na literatura gris. Ou nen iso. Dende a Union europea non poden facer nada porque esta realidade rural non existe. Non hay documentación, non fan benchmarking , logo non existe.
Nunha casa real do rural, sobrevives so se tes coche , e este e impresicivel, posto que xa que a administación pública inda esta en camiño no eido telemático da administración electrónica, e non podes acceder a rede, e obrigatorio ter coche para facer a compra ou ir o traballo. O autoemprego telemático non e unha opción, e o autoemprego gandeiro pasa por décadas de crise.

Tamén podemos plantexarnos o programa doutro xeito ¿por qué non se escolleu facer un docudrama sobre a sociedade galega urbana de 1906?
Non foi a mala fé , e seguro que foi para buscar o seguinte contraste:
socidade rural de 1906 versus sociedade urbana de 1906.
Suponse que por orde, esto seria algo asi como o seguinte:
sociedade rural de 1906>sociedade urbana de 1906>sociedade rural de 2006>sociedade urbana de 2006
¿Qué pasaría se fixesemos un programa como “o piso de 1906″ ou ” a casa na cidade de 1906″? Buscouse a inconoloxía rural, o voltar o cerne, o saber de onde vimos. Seria moi interesante a reflexión sobre un hipotético programa que amosasse a sociede galega non no rural, se non nas cidades, en 1906.

Como as veces non e suficiente con todo o que conto, falarei dunha experiencia moi concreta miña. Vivin durante varios meses nunha casiña nunha aldea, rodeada, semellante o programa hipotético do que falaba antes. Tiña corrente eléctrica con moitos problemas: a pesar de ter preto varias torres de alta tensión, o suministro doméstico era patético e eran precisos aparatos de protección contra a sobretensión. A auga colliase dun pozo, e cando un tiña corrente, aproveitaba para encher un xeito de depósito. Se non, a cubos. De precisar auga quente, tiña que quentala en olas , na cociña de madeira. Cando queria quentar algo, o camping gas, ou un microondas se habia corrente. Non estou a falar de 1906, nen de 1984, senon de 2001. As emisoras de radio sintonizanse, pero con dificultade, o mesmo que as televisións. que so vense un par de canles e a raias. O 11 de septembro notei cousas que curiosamente na cidade serian dificiles de observar: unha chea de estelas de avións quedaron debuxadas no ceo. Cheguei a contar entre oito e doce a vez, cando normalmente so chegas a ver un máximo de tres a vez, por ser unha zona de paso das rutas dos avións. Eses dias foi un caos aeroportuario, pero dende as cidades so sabian iso polos medios de masas. Eu so tiven que mirar o ceo para ver como andaban as cousas. Na radio, os dias seguintes , escoitaba que o mundo cambiara, pero dende ali as cousas, deixando de lado as foulas dos avións, seguian igual, como cinco anos despois. So ves explotacións gandeiras que van desaparecendo.


Non quero rematar sen poñer os aspectos positivos, que os ten , o docudrama ” A casa de 1906″: a xuventude galega e os galegos das cidades, poderan ver os costumes que tiñamos os galegos en 1906. E moi positivo o uso da empatía para darmonos conta de cal era a situación daquela. E ver o que avanzamos ou deixamos de avanzar, e comparalo coa situación actual. Costumes como a matanza que agora so poderían facerse con máis dificultade (iso fai que utilicemos inda máis o coche porque non podemos utilizar o autoconsumo) ou a xestión que facemos do noso tempo de lecer, fan que nos plantexemos se non fomos para atras.

Esta e unha sociedade galega real. Un xeito de sociedade galega rural postindustrial da que ninguen fala, pero que esta ahi, a camiño entre o camping gas e as tarxetas de memoria para escribir no ordenador os correos que maña enviarás dende o pobo, cando vaias facer a compra, mentres de camiño ves aldeas pantasmas con explotacións gandeiras xa pechadas a golpe de subención.

Para outro día, deixarei as causas de que tantas casas de 2006 señan como as de 1906, se non sera porque o traballo o seguen a dar os caciques nos povos , e por iso as cousas non cambiaron tanto. Xa en 1906 eran moitos os que tiñan que emigrar porque non eran santo da devoción do cacique local, ou ben porque non podian alimentar os seus a base de esmolas , como agora pasa coas subención que semellan neoesmolas. Ou se non que alguen diga porque trabállase nos concellos por 300 euros. Pero todo isto , outro dia se non non remato.

_________________

Comentarios a este artigo no blog de a casa de 1906: (preme aqui para ir) -para comentarios neste blog, vai abaixo de todo-

12 comentarios

Cerrar esta ventana Ocultar comentarios

El usuario anónimo dijo…
a min non me parece o sitio para dicir isto, pero bueno… e non sei que ten que ver co programa, amigo. Creo que te tes que centrar un pouquiño

10 noviembre, 2006 00:07

El usuario anónimo dijo…
anda carlos vai durmir e deixa a xente en paz que despois da tua actuacion hoxe xa me qedou claro a clase de persoa que es

10 noviembre, 2006 01:58

Mariano dijo…
Tes razón, usuario anónimo 1, en que non ten que ver co programa, senon co seu concepto, por iso no seu momento a primeira mensaxe deixeina no meu blo, non no do programa. O administrador deste blo deixoume unha mensaxe no seu blo porque viu axeitado que eu participase nel e así o fixen. Se tratase de opinar sobre participantes etc sen velo si me atoparia descentrado, con motivo.
Con respecto o que falo, coido que e interesante unha carta que viña ontes no xornal de El Pais:

De lo difícil que es vivir en un pueblo

Mónica Escudero Álvarez y Antonio Robles Cascallar – Palacios del Sil, León

EL PAÍS – Opinión – 09-11-2006

Cuando llevas viviendo en una ciudad toda tu vida y tienes de serie teléfono, fijo y móvil, Internet, radio, carreteras, sanidad… no te puedes imaginar que todo esto te lo tienes que currar y mucho si de pronto te vas a vivir a un pueblo. En nuestro caso a un pueblo de la montaña de León, en el Bierzo. Salientes, perteneciente al Ayuntamiento de Palacios del Sil, es un lugar precioso, rodeado de montañas de 2.000 metros donde habitan corzos y osos, con mil rincones pintorescos por los que pasear. Aquí hemos rehabilitado un antiguo pajar para hacernos nuestra casa y estamos trabajando en el que será nuestro futuro medio de subsistencia, una casa rural.
En Madrid, nada más levantarme encendía la radio para escuchar las noticias; mientras salía del metro mandaba un SMS a mi madre; al llegar a la oficina abría Internet para revisar mi correo y echar un vistazo a los diarios digitales. Todo eso ahora es ciencia-ficción. Aquí no hay cobertura para los móviles, Telefónica no pone más teléfonos porque para ello debería tender cableado nuevo y no le resulta económicamente rentable, no hay teléfono público, la cabina más cercana está a 17 kilómetros, del ADSL ni hablamos, la radio se escucha sólo de noche y mal, el médico viene una vez al mes, si hay suerte. Y todo eso ocurre en el siglo XXI, en un país de la UE. ¿No se habla en todas partes de desarrollo rural? ¿Por vivir en un pueblo somos ciudadanos de tercera? Hay vacas en España que están conectadas a Internet y muchos ciudadanos no tenemos acceso a él, ni siquiera algunos podemos hacer una llamada de teléfono. Cuando nuestra casa rural esté funcionando y nos llame un madrileño para reservar habitación para el fin de semana tendrá que venir la vecina con sus bastones a avisarnos de que tenemos una llamada.

10 noviembre, 2006 07:51

Lord Thor, sir of Faerun dijo…
Yo creo que a este tio se le pira mucho la pinza.
Galiza no esta en el tercer mundo, mis abuelos (que viven en castilla a 101km de madrid) tienen una casita preciosa donde e pasado todos los veranos de mi infancia, sin agua corriente, sin luz y sin tv, en los años 80 le expropiaron varias tierras para poner una linea de alta tension, a la cual el no tiene acceso a no ser que pague un transformador, sabemos como son las grandes compañias y lo poco que les importa las personas sin poder economico, pewro no por eso este programa sea “inmoral” como nos quiere hacer ver este paisano, yo creo que es un tio con MUCHO tiempo libre. No solo en Galiza hay gente que no tiene unos servicios minimos, pero son una excepcion.
Y como dije en un comentario anterior,la realidad de este planeta es mucho mas dura que la forma de vida de 1906 o del mas profundo rural gallego. En america, asia africa y oceania hay gente que no puede ni construirse una chabola con palos por falta de medios, y en europa del este la cosa no esta mucho mejor. El mundo esta lleno de guerras, de injusticias y de barbaridades, pero eso no es motivo para que no podamos entretenernos viendo la tele, si este hombre actua asi con todos los programas/series/peliculas de ficcion, no me extrañaria que solo viese el futbol. ¿habra visto la pelicula “ciudad de dios”? esa es una realidad mucho mas dura que la del rural gallego, y veridica, que a dia de hoy sigue siendo asi de dura. Eso hace que sea mas importante este tipo de programas, porque a parte de entretener nos hace concienciarnos de lo dura que es esta vida fuera de las paredes del cubiculo de una oficina. Por eso es tan popular este programa aqui en galicia, porque nos recuerda que las patatas no nacen en una bolsa en el super.
Creo ke me e enrollado de mas y viene el jefe Chao.

10 noviembre, 2006 12:32

Mariano dijo…
Defendo a realidade actual do rural galego, iso e todo.

10 noviembre, 2006 16:56

El usuario anónimo dijo…
E vamos a ver…q terá que ver todo este rollo…q non interesa a ninguén..menuda paranoia tio…por dios oh!! como se che vai a pinza!! q terá q ver esta parrafada toda co prooograaama…menudo rollo soltache..bueno..eu xa..nin o acabei de ler vamos!!

10 noviembre, 2006 17:30

El usuario anónimo dijo…
ostras, wells, isto non é un post. É un discurso de carallo

10 noviembre, 2006 17:42

Mariano dijo…
Douche a razón en parte porque e verdade que hay lugares no terceiro mundo onde non teñen absolutamente nada, pero o problema non e ese.
O problema e que no primeiro mundo suponse que as cousas tiñan que ir minimamente ben, pero hay focos tercermundistas moi preto, en moitos casos a poucos kilómetros de cidades que suponse que o teñen todo.
Hay un cidadan de primeira, e a 20 km hay cidadans de segunda en aldeas, que non teñen opción a nada. (xa a palabra o di, “cidadan”, de cidade).
Non teñen máis remedio que irse a cidade.

Trátase do ben que saben vender os políticos a moto. Certos lugares rurais na Galiza non teñen acceso os principais adiantos máis sinxelos dunha cidade ou pequena poboación. Falamos de corrente eléctrica, teléfono fixo e auga corrrente.

O debate non e que no terceiro mundo non teñan nada, que por suposto e terrible, senon o porque e en certos lugares do que se supón que e o primeiro mundo, o abandono e total.
Cal e a razón disto, cando nos Estados Unidos poñen nunha vila unha chea de ordenadores conectados con servicio a todo o mundo? (http://www.terrasoftsolutions.com/showcase/video/451-RR/200505.mp4, e http://www.terrasoftsolutions.com/showcase/video/hpc-room/hpc.mov, minuto 3:01) E ilóxico. E un problema de boa vontade dos governos locais e autonómicos (tamén pasa en Castela e outros sitios, como ben apuntas, non so en Galicia).

Deixan o abandono eses lugares porque consideran que non e importante.

Vaiseme a pinza, teño que recoñecelo, pero estou no meu dereito, sobre todo se vaiseme polo rural galego

10 noviembre, 2006 23:11

Lord Thor dijo…
Hombre, entiendo tu preocupacion, pero son cosas que son asi porque son asi, no puedes comparar Madrid con A Coruña, madrid solo en la ciudad de la imagen tiene 50 salas de cine enormes, y en la coruña entre los rosales y el puerto suman como mucho 30,Es por la densidad demografica, no podemos aspirar a que se iguale los servicios en una ciudad de 250mil habitantes a una aldea de 180, se que no es justo, pero los sistemas capitalistas se rigen asi, incluso en un sistema marxista o feudal, las ciudades tienen mas poder, y por lo tanto mas prestaciones y servicios, lo que digo esque no entiendo que tiene que ver eso con un programa mitad reality mitad educativo, esto quizas nos sirva a la gente cosmopolita (es asi como se llama a los ciudadanos de ciudad) para aprender que la comida no aparece en el super, y que se pueden andar 2km sin cojer el coche, por eso yo aplaudo la intencion de este programa, ke semos muy vagos señores!!! xD

13 noviembre, 2006 12:32

Mariano dijo…
Inda fai dous anos, cando Telefónica xa estaba privatizada, un alto directivo de Telefónica confirmoume de xeito persoal o remate dun congreso o que eu sempre me temin: que cando tiña titularidade pública, o servicio telefónico tiñase como algo universial.
Isto e, que inda que nas aldeas os costes disparabanse en comparanza coa cidade, a cuestión era ofrecer un servicio público, vivisen onde vivisen.
Así, deume exemplos concretos de como nos anos oitenta tentaban facer o que fixera falta para levar teléfono as aldeas, casos nos que os custes ascendian o que hoxe rondaria e superaria as decenas de miles de euros. Tiñan as primeiras placas solares e utilizabanas para centraliñas rurais, etc.
Hoxe nada diso e posible, pese a vivir no mesmo pais e sistema económico.
O estado poderia lexislar para impoñer isto, pero non o fai, pese a que coa tecnoloxía actual levar o acceso o servicio telefónico ou a rede tería económicamente unha diferencia moitisimo menos os anos oitenta.

E inxusto que non se poidan garantir servicios minimos, posto que asi xa non somos unha sociedade de 2006, senon unha mistura entre focos de poboación de 2006 e outros de 1906.

13 noviembre, 2006 22:08

El usuario anónimo dijo…
Mariano(predona a confianza), a ti nótaseche ben que nunca nunha aldea viviches, deuche o tarantán nacionalista e fúcheste vivir unha esperiencia ó medio do monte. Pois claro que hai aldeas que aindan teñen as condicións que se ven no programa! (que non son para nada as de 1906), porque quedaron abandonadas aló polo setenta e moitao ou ochenta e algo, cando a prosperidade económica en galicia chegou a todos os que estaban dispostos a traballar no mar, fixeron casas con todas as comodidades que se podían pagar daquela e deixaron as das aldeas que pertencian ó señor do lugar, o cal nunca as vende porque vive deses arrendamentos por tres xeneracións e coudad así (por catro pesetas vamos!)
conste que eu tamen tuven a suerte de nacer nun núcleo urbano, e sempre tuven aseo e auga corrente na casa, pero sei o que é ir mexar á corte dandolle a espalda ás vacas, de todas formas non por algunha esperiencia esporádica no rural xa sabes de que falas, eu falo pola boca da xente bella, porque as orellas están pa escoitar, e eles precisamente son os que portan a nosa cultura, a que de verdá debemos gardar; e a toda esa xente encántalle ve-lo programa, asique recomendoche que faigas menos mitin(o teu galego delatate) e vexas polo menos por unha vez o programa, porque parece que és dos que che gusta opinar sen saber, un “falavarato” se dice na miña terra.
PD: un comentario está ben, todos opinamos o que queremos, pero non esteas machacando co politequeo, que tratase de divertirse vendo un programa de televisión, darásme a razón que é mellor que gran hermano, ou tampouco o viches nunca?

17 noviembre, 2006 12:42

Mariano dijo…
Aqui non se trata se demostras quen viviu ou non viviu nunha aldea.
Trátase de manifestar que inda hay xente que vive con moi poucos medios en zonas rurais galegas, ou se non explicame ti, como te chames porque non tes nome, que quere dicir que teñamos xente a dia de hoxe que non teña teléfono fixo nen móvil e que se enferma no medio da noite, ou baixo unha nevada non saiba que facer nen poida avisar a ninguén.

Para unha persoa coma ti e coma min que procedemos de medios urbans parécenos inaudito que poida pasar isto .
E asegúroche que iso non e nengún mitin político, e unha realidade que sucede.

Non estou en contra de que se faga un programa como a casa de 1906.
Estou en contra de que se faga un programa como a casa de 1906 e de que deba parecernos algo exótico ou fora de lugar o que esta a suceder no rural galego, porque iso existe agora dentro e fora de Galiza.

E penso que ser nacionalista non e malo, se non todo o contrario.
Outra cousa e malentender ou malinterpretar o que para un e o nacionalismo.
Aqui non se trata de dicir que e malo ser nacionalista. O malo e non ser racionalista.

19 noviembre, 2006 22:05

 

 

One ResponseHoxe como en 1906 to “”

  1. eu Says:

    Pois a verdade é que esta reflexión está moi ben; e o mellor de todo é que non é unha reflexión ao uso, superficial ou nos parámetros convencionais, que si share, que si esto que si o outro. É unha reflexión centrada na realidade do país que amosa contradicións que moitas veces non queremos ver por que poñer a vista nesas partes da realidade non adoita ser “rentable”. Pero así é como se constrúe e como se transforma o mundo: aportando novas visións, novas perspectivas.

    E á acémila parda esa que acusa a Mariano de vontade de protagonismo, ou non sabes quen é “ese tío” ou estás na puta pola tío! Mais ben será ao revés, aos de 1906 ben que lles vai vir que poña a súa atención nese asunto