Videoblog #04 plan Galicia: SIMO e plan Galicia. Catro anos.

O videoblog dexenera, como dexenera a lembranza do Prestige. Catro anos hay xa.
Non hay por onde atopar carteis, pero, ¿dende cando existe unha relación entre costa e plan Galicia?

Neste tempo fun denunciado pola utilización de plangalicia.com, pero hoxe plangalicia.com segue sen ser utilizado por nengunha entidade pública. Funcionarios do grupo A da Xunta de Galiza que me acusastedes…culpaveis! Vergoña tiña que darvos o estafar asi o pobo galego. Non informades de nada do plan Galicia porque o plan Galicia so son un feixe de carteis oxidados. Iso si, o chapapote segue fresco na costa e no monte das Somozas. Merda baixo a alfombra

Sen embargo eu non vos esquecin, nen esquecin voso plan Galicia, nen o Prestige.

Meu proxecto artistico plan Galicia segue adiante, reflexionando sobre a pegada que vos, interesados anónimos doutro réxime, deixastedes na miña terra.

Deixastedes a pegada e roeremola todos. ¿ou non e o que queriades?

E inda cando vou unha feria de celebración da tecnoloxía como e o SIMO, lembrome del.

Non atopeis sinais do plan Galicia. Alguen dira ¿e como se estas en Madrid? Pois o mesmo pasa en Galicia, que excepto polos carteis non hay moitos sinais do plan Galicia, asi que ¿porque non habia de buscalo no SIMO 2006?

[gv data=”lIWlpRrrRtE” width=”425″ height=”350″][/gv]

Os comentarios están pechados.