O SIMO FRIKI: unha análise

Cando chegabas o SIMO 2006 podías ver un globo de telefónica, cunha foto dunha rapaza brincando.

O que pensei e que so serve para que mires para el e digas “vaia, cantos cartos teñen”

globo movistar

O que pensei eu foi “despois telefónica inda dira que non da internet no rural galego porque non lle e rendible”.

Despois chegabas o pabellón Microsoft.

Si, dixen ben, PABELLON e non STAND.

Microsoft contratou un PABELLON ENTEIRO SO PARA ELES.

tu potencial...

“tu potencial, nuesta pasión”, dicia un dos carteis.

O que pensei foi

“pasión en Microsoft? U-la?”

Cheguei o stand de Lenovo. Os portátiles Lenovo, que son os fabricantes actuais do thinkpad, gustanme. Ali tiñan un a xeito de demostración, coa billa aberta tirando auga riba dun deles, como dicindo “mirade mirade, que aguanta a auga , eh!, vai boa eh e segue funcionando eh”

lenovo mollandose

O problema e que o portatil estaba morto ou apagado. Ali non habia sintoma de vida algunha. En lugar de pechar o grifo ou quitar o expositor, a xente achegabase e o ver que efectivamente non funcionaba, quedabase como agardando escoitar unha xustificación.

E velaqui unha etiqueta RFID vista o trasluz:

etiqueta RFID

Fixen a foto asi para que se vexa ben a parte electronica dela.

Que ninguen sufra por non tela tocado coma min, xa vos fartaredes de velas nuns anos nos cartons de leite, nas pezas da carroceria dos coches e agachadas nas cubertas das revistas.

O tema do engulidor de moviles gustoume, porque e , como outro lixo electronico, un problema por solucionar. Pero aparte diso, atopei moi simpatica a mascota.

tragamovil

Despois del habia un invernadoiro de movistar , que lle chamaban chouruún

stand movistar

Un mozo pinchaba música, en plan dancetrance, e habia cousas moi raras, como unha moto de trial e … non sei, cousas moi especiais. Coido que a xente de marketing de Telefónica cada dia esta máis barrioSalmantinizada.

Habia un pabellon chamado ELAIF (E-Life), que supostamente seria da vida dixital actual…eu non entendin nada

e-life

E tamen outros mozos pinchaban musica, como no CHOURUÚN de TELEFÓNICA.

stand e-life

Fun enton a outro pabellon e ali vin o estand do ministerio de medio ambiente

STAND Ministerio medio ambiente

Non existia nengunha referencia o Prestige, tan so habia unhas revistas de vida rural (!!!!!!) en inglés e editadas pola unión Europea, por un deses organismos que serven para dar traballo os sobriños dos eurodiputados.

E asi foi o conto, vin cousas interesantes pero esta foi a parte mais surrealista da miña visita o SIMO 2006

Os comentarios están pechados.