“Si se dispara el dióxido de azufre, por ejemplo, se inyecta más carbón importado en la caldera”. CONTAMINAN PORQUE QUEREN

CONTAMINAN PORQUE DALLES A GANA DE CONTAMINAR.

Baixo a frase “Si se dispara el dióxido de azufre, por ejemplo, se inyecta más carbón importado en la caldera”, ENDESA admite claramente que a central térmica de As Pontes, agora pertencente a ENDESA e no futuro a E-ON, contamina máis porque lles da a gana. Se quixeran contaminaria menos, pero non lles seria tan rendible. Polo menos tan rendible se non teñen que pagar multas por contaminar, ne indemnizacións. Existe unha parte da ecuacion economica correspondente os custes ecoloxicos e humans, pero so falan de parte da ecuacion.

Gracias o blog do meu amigo Antonio Gregorio entereime que o pasado domingo saiu un artigo no xornal El Pais falando da central térmica de As Pontes, e o que o rodea.

Primeiro tirón de orellas, di que non hay oposición no pobo cara a central

¿E eu que son, o defensor da central? unha miñoca? Meu cerne está alí, e meu cerne está cheo de óxido de xofre.

O artigo está firmado por un tal L.G. se alguén o coñece que lle diga que se so mira nos traballadores da central, poucos atopará en contra.

Que mire tamen en todas a miles de persoas que tiveron que emigrar por un entorno hostil, a nivel ecolóxico, social e económico ( non preciso tecnicismos, traduzo: contaminación, caciquismo e reconversión).

Seica di o alcalde que se a central para morre todo.

Coido que está cego, porque o pobo xa morreu.

Foi pouco a pouco, pero morreu. Morreu como o verme vaise metendo na mazá, deixa a mazá e esta apodrece, e quen so ve mazas podres parécelle normal.

A situación actual de As Pontes non e normal. Claro que a xente estará contenta de que lle dean traballo. A xente que ten traballo, porque a outra xa emigrou. Iso chámase hipocresía e caciquismo.

O autor di que “No hay concurso escolar o exposición en la que no salga a relucir. Maquetas sobre la reforestación de la escombrera de la mina, a cargo de la empresa propietaria, Endesa, decoran el Ayuntamiento. Y todo es gratitud hacia la empresa que financió el nuevo polígono industrial, que da trabajo a mil personas.”

Pois eu quero expoñer nas Pontes, e non para darlle as gracias a ENDESA.

Se alguen de As Pontes ten valor para axudarme, xa sabe cal e meu correo.

Se non non pasa nada: miña conta pro de flickr so ten como limite 2 gb de subir fotos o mes, e sen limite para velas.

Endesa: chora coma PEME o que non soubeches defender como empresa con responsabilidade corporativa medioambiental e social real.

Mais, que hay mais para todos, “Los años en los que quemaba 12 millones de toneladas de lignito local, cargado de azufre, han quedado atrás.”

Pois si que pasaron hoh, pero os que xa emigraron non lles van a dar cartiños para voltar e empezar de novo. Lembro de ver a choiva acida. Lembro como todos calaban. Lembro esa puta merda de chiculate sobre os capos dos coches, Lembro esa merda chovendo sobre os pinos. Inda de cando en vez aparece de supeto un como queimado. Foi a choiva acida.

Pero ENDESA pensou e pensa que chega con dar cartos a CORAL, as asociacions para calarnos a boca a todos. ENDESA pensou que pode agasallar democracia.

Mais a democracia non se agasalla. Todos temos dereito a poder asociarnos, a poder desfrutar da cultura. Iso ensinoumo un mestre que se chamaba HERNAN NAVAL , e que tiña algo que vos non, e chamase INTEGRIDADE.

Jesus Abadia, xefe de medio Ambiente da central, di que hay un centro de medición na Coruña e 17 puntos de control

Onde estan os datos das medicions deses puntos de medicion dende 1976? someteronse a auditoria e fixeronse publicos dende esa data? NON, LOGO E TODO MINTIRA.

Agora , señores importantes de ENDESA, diredes misa e falaredes de responsabilidade corporativa, crowdsourcing , teredes unha fundacion ENDESA e inventaredes novas  coas que xustificar voso comportamento ante  os vosos accionistas.

Pois ide dicindo misa tamen en ingles:

Miña misa en ingles chamarase A TERRA PUTA.

E polo menos miña misa non se celebra en igrexas iluminadas a costa de contaminar e agredir a GALIZA.

pd: o blog de Choiva Azeda faise tamen eco do asunto.

5 Responses“Si se dispara el dióxido de azufre, por ejemplo, se inyecta más carbón importado en la caldera”. CONTAMINAN PORQUE QUEREN to “”

  1. Apunta, para non o esquecer. :: ¿O 95% renovable? :: November :: 2006 Says:

    […] Dende a miña natural inxenuidade, direi que a noticia que deu onte a Consellería de Industria non está suficientemente explicada nos seus puntos máis importantes; porque si nón, tería que dicir que tras un titular aparentemente revolucionario e de progreso, agóchase un plan de seguir a apostar por grandes negocios, lucrativos só para as grandes empresas ou para os cazadores de axudas, primas e subvencións, e sin cambio apenas en materia medioambiental ou social. Máis do mesmo. A foto, é da caricatura de vila tradicional que está construída diante do mastodonte térmico da As Pontes de García Rodríguez. Unas pequenas casas de pedra, totalmente valeiras, representativas da vila deprimente que é As Pontes, de aspecto fantasmal para o visitante que fun nalgunha ocasión. Ten toda a razón, Sr. Grueiro. […]

  2. sihomesi Says:

    Este discurso do sr. grueiro (grueiro era unhas das tendas de móveis en as pontes, que pechou) recórdame moito ó que se estilaba nas pontes no ano 1977, máis ou menos, a cargo dos ponteses de toda a vida, que non gustaban da chegada de novos habitantes. Os que vimos de ASturias, Almería, Canarias, o Bierzo a traballar a ENDESA sabemos como algúns deses persoeiros nos trataban. É comprensible que tanta xente foránea causara malestar nas xentes do pobo, pero nunca xustificable e para mín, que participei desde sempre na vida cotián da vila, sempre foi deleznable. Eso sí: tras os primeiros momentos de desconcerto porque vían turbada a súa paz social de séculos, todos corrían a buscar traballo na mina ou na central.
    DIto esto, concordo en que ENDESA puido facer máis polo pobo, pero tamén os sucesivos alcaldes (especialmente os dos famosos Amigos das Pontes) non foron quen de ofrecer unha alternativa seria. O caciquismo en As Pontes é endémico e además está acentuado polas relacións de poder emanadas dunha estructura sindical esclerotizada e abusiva e dunha dependencia persoal e social de ENDESA. Os boísimos soldos de ENDESA serviron para comprar pisos en Coruña, pero non lograron ser investidos en As Pontes, un lugar agora mesmo con serios problemas de vertebración económica e social. Por se alguén dubida desto, pode consultar a páxina web http://www.vieiros.com/aspontes, onde poderá ver a dexeneración social dun pobo. Teño a esperanza que as xeracións máis novas tenten reconstruir un tecido social, violentado polas prexubilacións e pola pasividade endóxena das forzas mortas do pobo.
    Nota: os que emigraron de as pontes están contados e todos eles tiveron unha formación académica que xa quixeran outros (ENDESA pagou durante anos o 60% dos estudios dos rapaces, incluidos estancias, alojamientos e comidas, libros, programas de ordenador ou cousas semellantes). Claro que se estudias dereito, ¿ónde podes trabalar en as pontes?

  3. grueiro Says:

    Apunta , para non esquecer:

    Asi e, hay moitas aldeiñas completamente despovoadas, que curiosamente agora son o novo alicerde da especulación inmobiliaria, e esa xente marchou.

    E sí, apóstase por corporacións e neocorporacións que noutrora papaban o lino e agora seran apóstoles do biodiesel. Temos que tirar para adiante, pero tendo coidado coas rémoras.

    sihome si:

    Tes razon no que dis.
    O teimudo caciquismo e o primeiro interesado en rexeitar os que veñen convivir con nos.
    Con respecto o de que eran os primeiros, e unha mestura de hipocresia e amargura, pero o final non foi máis que pospoñer a crise que rematara por chegar, e será inda máis brava. Se non habia alternativas de traballo nos anos 70 dende certo punto de vista, estas tampouco serán posibeis, baixo ese punto de vista, no 2006. Non podemos conformarnos con que mamá ENDESA ou papá E-On veñan darnos unha esmola. Porque iso e o que e, unha esmola.
    Dito o cal: porque veu xente dende outros puntos de España? non seria pola escasa formación profesional na zona, o igual que agora?

    Iso non quita para o que dis ben: que tamen houbo xente coma ti que polo menos tentou integrarse na vida da vila.

    Non poderia resumir mellor, sihomesi, o resumo que fas do caciquismo: “Os boísimos soldos de ENDESA serviron para comprar pisos en Coruña, pero non lograron ser investidos en As Pontes, un lugar agora mesmo con serios problemas de vertebración económica e social” . Teño dito o mesmo case palabra por palabra.

    A ligazón a sección de vieiros de As Pontes e:

    http://www.vieiros.com/aspontes/

    E cos alcaldes que dicir. Moito conto de cidades dixitais pero durante anos ( a derradeira vez que o tentei foi o ano pasado, no 2005), non tiñan no concello un sinxelo correo electrónico para poder contactar con eles.

    Un punto no que miña visión difire da tua e co da emigración. Miña familia e dali, e de 18 (dazaoito) persoas, 18 emigraron e so unha dende hay tres anos puido voltar. Esas becas e axudas que comentas, a miña familia non chegaron, nen a miña familia nen a moitas. O que se sae do benchmarking desta xente, non existe.
    Respecto o emprego, so sei que se me tivese un proxecto empresarial en As Pontes, non tería complexos a hora de contratar a licencidadas ou licencidados en dereito.

    Nembargantes, agradecese tua visión, porque foi a realidade que viviches.

  4. final Says:

    Hola Grueiro , qué tal , busco vuestro biografìa pero no la veo encima internet !!! x D

    (Soy francésa !)Adios ^^

  5. grueiro Says:

    bonjour final, comment allez-vous ?

    dans le wikipedia français il y a un petit et vieil article.

    http://fr.wikipedia.org/wiki/Mariano_Grueiro

    si vous voulez plus d’information, m’envoyer un email

    grueiro -at- gmail point com
    salut!