ADSL rural: ADSL de primeira, ADSL de segunda = cidadans de primeira, cidadans de segunda

Vin no blog Seve Garcia opinións o respecto do ADSL rural. Coincido con elas.
Outras ligazóns relacionadas co ADSL rural, que non e ADSL nen e rural nen e nada:

http://www.google.es/search?q=adsl+rural&hl=es&lr=&start=10&sa=N

http://www.bandaancha.st/foros.php?temid=1112531

Ley para poñer banda ancha en toda España:

http://www.adslzone.net/article1191.html (esta ley obrigará os operadores a darnos acceso a todos no 2008. e poñen un prazo, o2008. O que non sei e a reacción do governo cando as operadoras comezen coas excusas, coma no 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 )

Protestas por Castela:
http://foros.internautas.org/viewtopic.php?t=2151&

(non sei a estratexia de telefonica, o millor chamalle ADSL rural a solucion para o rural, para que non lle amolen e teña que poñer ADSL de verdade.

Segundo movistar e telefonica, a definición do sistema ADSL da wikipedia non e certa.

Gustariame que a xente, cando todo isto pase, se lembre do que ten pasado. Se lembre dos anos que estivo o rural fora do eido telematico por cuestión exclusivamente políticas e non técnicas

No seu momento, nen rematei de escribir nen publiquei o que xa tiña escrito do libro “carreiros telemáticos”porque pensei que en meses chegaria a rede, e que de tódolos xeitos a xente esqueceriase de todo, comezando polo rural no que non todos queren defender o seu.

Máis tamén penso que a situación do rural e extrema: non poden reclamar os que non teñen nen como facelo. Non teñen presencia no eido telemático galego porque non poden acceder a rede. Na rede, o rural galego case que non existe. E non so no ámbito virtual, no mundo fisico, está deixando de existir.

quen diga queas cousas teñen que ser asi, ser a sua opinión. Quen diga que esa opinión e certa, esta dando a batalla por gañada. Porque isto nunca deixou de ser unha guerra.

A guerra telemática.

Guerra telemática na que uns gañan porque os seus opoñentes, nen se lles deixa chegar o campo de batalla.

Os comentarios están pechados.