Como sera o 2010. Como e a Galiza de despois do 2000

Acabo de ver un video promocional da empresa NTT Docomo sobre a sua visión de futuro do que se podería acadar no 2010. Emociona, en mestura de ledicia e tristura. Lembroume en certo xeito empresas españolas que queren facer cousas semellantes, falando de NTT e dos seus 38 millons de clientes. Claro, non din que os xaponeses usuarios de NTT utilizan servicios digamos que un chisco diferentes.

Pero lembremo-lo video de NTT . A idea era propoñer un futuro, e lembrome todos esos programas, novas, etc, que nos falaban do ano 2000 e todos facían prediccións.
Algo que lembro con agarimo era un exercicio dun libro de galego. Coido que foi no ano 1985. Tiña unha ilustración, sobre unha historia de dous rapaces, e falaban do que podería ser a Galiza do 2000. Ti non podías por menos que identificarte con eles , e tamen facíaste esa pregunta. O final da historia, había duas ilustracións, unha con mareas negras, contaminación, e cousas, ben moi feas. E outra con vacas no monte, ordenadores modernos, coches polo aire e rias limpas.
E unha magoa porque parece que andamos mais preto da ilustración de cousas feas. E non o digo por queixarme, digoo porque tocounos iso, e as cousas puideron ser doutro xeito.
Poden ser,, inda doutro xeito.
(….)
Voltei a ve-lo video. A xente que sae, tera tamén, o igual que a ilustración do libro de galego do ano 1985, miña idade. Hay un pouco de todo, pero todos utilizan a nova tecnoloxia que vira daquela, na sua vida diaria. E parece moi fermoso. Porque para eso e a tecnoloxía.
Farei un repaso das tecnoloxias que temos hoxe en Galiza e o uso que empregamos.

-ordenadores: infrautilizados. Sobreestimados e subestimados. Máis que ordenadores, faltan libros de informática en galego, e adaptados a nosa realidade.

-telefonía fixa: os Estados Unidos tiveron xa no seu momento na telefonía rural , unha prioridade. E eu penso nas vilas galegas que non teñen teléfono, ou con teléfono sen acceso a rede.

-telefonía móbil: centremonos. Un mobil do 2000 , conectado a un cliente de correo por texto (e con menues e en galego, por suposto) faria posible a conexión de moitas aldeas co resto do mundo. Custe no 2000: 20000 ptas do teléfono e 50000 ptas do ordenador. Custe no 2004 do mesmo equipo: por 20 euros un teléfono e 150 por un ordenador (tirando por arriba). A única dificultade atópase en que a/s compañias telefónicas facturan o gsm de xeito que seria económicamente inviable coas tarifas do 2000 ou do 2004 , pero a vez, a pouco que se pense, seria económicamente rendible.

-tecnoloxias inarámicas: a tvg poderia transmitir unha segunda canle cultural, dende hay anos (o sinal vai por duplicado, e os equipos actuais fan que non sexa precisa tal redundancia). Estaría ben mandar datos. Non se fixo nada diso, pero como xa escribin outra vez, aproveitanse as instalacions dos reemisores, para poñer equipos de transmisión telemática para a comunidade cientifica universitaria.
As redes telemáticas inarámicas, que pudidéronse implantar dende o 2000 na nosa terra, Están tamén infrautilizadas. Comenzanse a utilizar, e inda así, moi infrautilizadas. Moitas das compañías telémáticas pensan tanto nos cartos que perden moitos clientes potenciais (ou seña, que perden cartos). Lémbrome especialmente dunha señorita que coñecín en Donostia no vrao do 2002. Lembro coma R e eukaltel facían daquela un estudio sobre a viabilidade dunha conexión inarámica no rural. Recibían cartos dos fondos de cohesión europeos. Iso e extraño, porque son empresas moi grandes. Non coma outras, pero grandes.
Eu, dous anos antes pedira axuda para algo similar, e nada(digo axuda, fosen cartos, asesoramento, etc). Daquela, tampouco. He hoxe tampouco. Máis a diferencia de antes, agora vexo todos os complexos, nas compañías telemáticas, na administración, en moitos sectores, que nunca, agora tampouco , creron realmente na sua xente.
Pois non queda outra que crer en nos

Internet, publicacións dixitais…non vou seguir, quen queira unha análise máis intensa ou seria, aqui estou.

En duas palabras,que o igual que non se esta a aproveitar nen tan sequera o que a tecnoloxía nos ofrecía hay 4 anos, e probable que dentro de 6 pase algo parecido, máis nos sempre temos parte de responsabilidade.
Do mesmo xeito, agardo que o noso medio non sega parecendo o da ilustración fea aquela…. e tamen depende de nos que iso sexa asi.

Os comentarios están pechados.