A fundación Mozilla tarda dous anos en autorizar a traducción o galego. Non e broma, e magoa.

Inda que esta nova pareza unha broma pesada, esta nova e certa.

E unha magoa tamén.

A fundación Mozilla tarda dous anos en autorizar a traducción o galego.
Pódese confirmar eiqui:

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=282997

Durante ano e medio fun coordinador do grupo de traducción.

O noso traballo foi bloqueado durante dous anos porque deixaronnos agardando unha autorización que non chegaba.

Que non chegaba, de xeito que a xente, como e normal , cansouse de agardar. Algunha xente fixo traduccións pola sua conta.
Pero o que queriamos e facer unha traducción o galego legal. Unha traducción de seu, cos mesmos dereitos que as outras linguas. Unha traducción que poder distribuir libremente, e non as agachadas, porque non tiñamos vergoña dela nen da nosa lingua.
Agardo que polo menos agora o traballo sega adiante.

11 ResponsesA fundación Mozilla tarda dous anos en autorizar a traducción o galego. Non e broma, e magoa. to “”

  1. chuza.org Says:

    A fundación Mozilla tarda dous anos en autorizar a traducción ó galego…

    C+P: “O noso traballo foi bloqueado durante dous anos porque deixaronnos agardando unha autorización que non chegaba. Que non chegaba, de xeito que a xente, como e normal , cansouse de agardar. Algunha xente fixo traduccións pola sua conta.”…

  2. grueiro Says:

    Dise en

    http://listas.mancomun.org/pipermail/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego/2006-October/000061.html

    Que houbo deixadez. Iso non e certo. A única deixadez foi da fundación Mozilla

    Agradecer a toda a xente que tentou botar unha mao. Vos sabedes quenes sodes.

  3. makeijan Says:

    Dous anos… incrible…

  4. lois Says:

    Cabróns, de que van eses fillos de bill gates

  5. grueiro Says:

    Para os que me preguntaron por que no seu momento deixei de ser coordinador (a parte final, o correo o grupo de traballo):

    http://grueiro.blogaliza.org/2006/12/20/amateurismo-e-profesionalidade-no-eido-do-software-libre/

    Ligazon un novo bug (“so” ten un mes) de Javier Rial que tenta sacar a cousa adiante (agardo que vaia para diante) :

    https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=368055#c6

  6. admin Says:

    test

  7. agremon Says:

    A situacióné que o soft libre tamén é desenvolto por persoas, logo non infalibles. E neste caso amosouse o da falla de infalibilidade… grazas polo intento
    Por certo, tocoume teclear ‘blanco’, coido que a primeira verba non galega con sentido dende que ando cos comentarios por aquí.

  8. Xosé Antón Says:

    Eu levo feitas moitas traduccións ao galego e non todas son “oficiais”, non considero por elo que con esa acción menosprecie á miña lingua nin me avergoñe de ela, senón todo o contrario. En algunha ocasión denegáronme ese permiso e aínda que fora para uso persoal e de catro amigos realicei a traducción igual.

  9. grueiro Says:

    ola Xose
    O teu traballo e de louvanza, e non quero coa miña opinión criticalo: a maior parte das cousas que traducin, fixeno do mesmo xeito daqui.
    Máis se aqui insistin neste artigo de seguir as normas que marca a fundación mozilla, e porque dese xeito calquer usuario galego pode acceder directamente a traducción dende a páxina de Mozilla. Os da fundación non poderán chegar e dicirnos “sacade a traducción da vosa web, non estades autorizados”, etc. A iso o que me refiro con que iso e denigrar a nosa lingua.

    Unha aperta e ánimo con ese traballo Xose

  10. admin Says:

    probando. un, dous, tres…

  11. goretoxo Says:

    probando(2), un-doooss-tressssss