colonizacion ecoloxica galega

A idea de adicar un apartado a contaminación galega no meu arquivo de flickr, veume cando un par de dias antes de nadal, fun dar unha volta polo entorno da central de As Pontes ( A Coruña ).
Mariano Grueiro e a central de As Pontes
Vin un carro galego decorado con luceciñas de nadal na central térmica de As Pontes.
central térmica As Pontes: el carro gallego
Dende que era pequeno vin un feixe de iconoloxia galega semellante nesa central, e sempre pregunteime ¿Que queren conseguir con ese carro?

¿Facer ver que son moi galegos? ¿Simular que non e unha conquista?

Porque dende pequeno sempre me extranou ver aquela gran chimenea, aquela gran obra, nunha comarca pobre de inversións.
central termica As Pontes
Que alguén me corrixa, pero coido que se nunha zona tan pobre como e esta de onde son, se fixeron a construcción máis alta de toda España, foi porque se non arrasarian co xofre toda a comarca.

E fixerono , inda asi. Choiva áceda durante anos.

¿U-los traballos prometidos? ¿U-la riqueza? Eu so vexo unha terra queimada.

Pero cando de verdade quixen facer algo concreto, foi cando fun ata o que no futuro será a central de ciclo combinado de As Pontes.
carril bici, central ciclo combinado As Pontes
Construiron un carril bici.
carril bici, central ciclo combinado As Pontes
A alguen coma min, que adiqueime varios anos o ciclismo de montaña de competición, tería que aledarme de que na Galiza se faga un carril bici máis.

Pero ese carril e so un panfleto publicitario. E pura pantalla, imaxe.

Claro, a central de ciclo combinado queimará gas natural.

¿Que pensa que creeremos nos que soltan esas chimeneas, frores ouh?

CO2. Dióxido de carbono.

A chimenea de As Pontes solta tanta merda (xofre) que tiveron que importar carbon e mesturalo. Para traer o carbón dende o peirao de Ferrol, tiñan que facer unha estrada, pero venderon esa estrada coma unha futura via de alta velocidade. Despois algo feito con fondos europeos. Despois do ecocidio do Prestige, venderono coma parte do plan Galicia. E no futuro, venderano coma eu que sei.

Esa mesma estrada, na que ENDESA ten moito que ver, foi a que ia botar abaixo o que hay na Mourela.

¿E despois de todo isto teñen valor a dicir que miran polo medio ambiente?

ENDESA, EON, ENEL. A mesma merda e.

Cos listos que falan de que enton a ver de onde se saca a corrente. ¿Acaso pensades que a so uns kilómetros desta central, a xente que vive nas aldeas ten un suministro eléctrico normal? Nen acceso a rede teñen.

Isto e unha colonización. A riqueza galega irase fora, e Galiza será cada dia máis pobre.

Pero co que rematará sendo pobre, e como sega a perder seu espirito.

Se mantemos o noso espirito, poderemos seguir adiante.

Sego a buscar datos desta central. Sei que o CESGA sabe cousas. E tamén hay historias de traballadores, galegos e non galegos. Xa sabedes meu correo.

Colonizacion ecoloxica galega. Non e que sexan ecoloxicos , senon que colonizan nosa ecoloxia.

Ata agora estaban felices porque nos seus informes corporativos non se reflicte sua ecohipocresia.

Ata agora.

One Responsecolonizacion ecoloxica galega to “”

  1. Seve Says:

    A situación que temos aquí lembrame o pobo manchego ó que vai parar Andrés Hurtado na novela “El Árbol de la Ciencia”. Tendo en conta que se desenrola no século XIX non deixa de ser preocupante. Sobre a contaminación en Galiza eu teño algo por certo, está na xente facer algo; esperar que políticos ou institucións fagan algo é coma que nos toquen os euromillóns sen xogar.