língua

lembrome

A lingua que debera unirnos separa a moitos.
Comezarei por falar do que penso nestes tempos nos cales moitos e moitas teñen medo a asomar o fuciño -as cunetas de hay setenta anos fixeron estragos-.

Ou polo menos do que penso hoxe: eu sempre estou aberto a todo, e gosto de utilizares miña lingua Uns chamanlle dialecto , outros portugues, Daniel chamábale galego.
Nos precisamos utilizalo.
Tento, ademáis, se é posible, calquer eido de normalización 😮 que escribo sobre informática, está ou ben exclusivamente en galego, ou ben inicialmente en galego.
Pois ben, para moitos, isto non e suficiente.
Non fan o mesmo, pero criticanche.
Os que me critican, non critican a administración cando da os libros de tecnoloxía en galego, pero e máis sinxelo criticarme a min.
Critican os que falan castelán porque escribo en galego, e criticanme os que falan galego porque non escribo en 4 normativas (oficial, maximos, reintegracionista, portugués).
Xa quixera eu, máis só teño duas maos!

E da tristura. ¿Qué máis podo facer?
Ontes fixen un comentario nun portal de lingua.
E citoo agora porque isto e algo que pasa a diario e moitas veces, so que o anonimato duns e a frustración doutros fai que non poidamos ler en palabra unha análise sobre esta situación social.
Auto-odio. Outra escisión dun auto-odio galego que é nosa besta escura, que se non controlamos un dia acabará connosco.
Ontes puxen un comentario sobre que preferia calquer normativa do galego antes que utilizar unha lingua que non seña a nosa.
Ní tír gan teanga. ( non hay nación sen língua)
A frase non e miña, e do irlandés (ou gaélico irlandés, ou gailge, coma din eles de si).
Pois non foi suficiente.
¿Motivo? tomouse esa afirmación como que apoio determinada normativa.
Non queria afirmar iso, sen embargo non apioar a normativa duns significaba que apoiaba outra.
O millor ata alguen pensará calquer contubernio deses de finais dos setenta. (mmmm eu tiven que facer unha viaxe de catro horas para ver bienvenido excelencia. Iso si que foi unha trama e diso ninguen fala.

Todo e mais sinxelo, digo as cousas directamente, querendo tirar para adiante, e isto na nosa terra e inasumible,porque deronnos tantos paus que asumimos unha loita continua.
Teriamos que loitar no traballo, na creación.
Vexo a diario persoas que escudanse na sua lingua para falar dos problemas de todo, e moitas veces cando pides que usen a sua lingua con normalidade , “para iso non vale”.
Vaia.
Outras veces, e preciso falar de nosa vida fora noutras linguas. Eu prefiro o inglés, porque nos paises de fala ingles saben pouco de nos. A algún chamanlle a isto fuxir da lingua propia, os mesmos que non se preocupan en defender o que temos.
Eles non foron os que teñen que escoitar “¿eres de Galicia?¿como?¿de Valencia dis?” ou “pensei que falabades todos español”. Os seus libros de texto non amosarán nosa realidade se nos non comezamos por expoñela.
Iso sí, fora moitos falaran nunha lingua que non e precisamente o galego nen o inglés (porque lles educaron que co castelan percorrerían mundo).
Todo e máis sinxelo. Duro pero sinxelo.Quen queira poñer máis e máis normativas, o millor será o camiño.
Que faga coma min e que escriba. Que escriba unha normativa, un diccionario ou calisquer libro, porque eu cando chego a librería, da igual que lles pida outra normativa, non podo conseguila. Iso e unha relidade hoxe en dia nos pobos galegos.
E inda asi gustaríame aprender outras, e xa me compararon cun político madrileño que naceu en compostela, que non sabe falar galego, e que algúns din que rematará como presidente español.Vaia. Culpable de ser galego, e culpable de vivir nun pobo.

Non dixeron nada que estou escribindo sobre a informática en galego, e paso parte do meu tempo traducindo programas. Seguro que eles gostan do seu mesenyer en castelán.
Non dixeron nada da normalización da lingua.
Non dixeron nada diso.
Inda asi, parte da dureza disto e aceptar o que xa apuntaba o comezo: teriamos que camiñar xuntos.
E fácil meterse coas persoas que escriben zhapapote con z.
O dificil e darlle as gracias os que seguimos a dicir o mundo que vemos, en tódalas linguas que coñecemos.
O ano pasado tentei crear un centro de documentación sobre o prestige.
Nos foros chovian as criticas sobre as linguas. Non a hora de traducir cousas, ou conseguir axuda de fora. Non, entre moitos, falando non se sabe ben de que.
Nada de axuda, so un par de persoas ofreceronse a colaborar.
Hoxe, sego a buscares alguen que queira botar unha mao.
¡mhoitos din hamares a terrra, pro so aman suas jramaticas, e jalisia agoniza!
E digoo con tristura.

Se alguen quere botar unha mao a hora de publicar libros de michael moore en galego (normalización), a hora de facer un centro de documentacion sobre o prestige, a hora de facer libros de informatica en galego, a hora de escribir e debuxar libros para cativos en galego, que contacte comigo. Se alguen quere enviarme gramáticas, estudiareinas con gusto. Para o resto, lembrome do que dicia Castelao:
“Lémbrome dalgúns galegos que viven para o seu bandullo, porque son ben asisados e non sofren as inquedanzas dos demais.
Parece que teñen o pesimismo dos vellos e ainda non se aventuraron en nengunha empresa”

Comments:|Comentarios
Santiago Sanjurjo on 10/02/2004
Unha lingua é un medio de comunicarse. Nun proceso de comunicación mediante a linguaxe (véxanse estudios tipo Ferdinand de Saussure para ver este tema máis a fondo) interveñen varios factores: emisor, receptor, código, mensaxe… se falla algún deles non hai comunicación. O que pode pasar (e é o que pasa) é que as normalizacións son arbitrarias, son convencións. Pero se tanto o emisor como o receptor se entenden (aínda que non usen unha normativa, é dicir que o código non sexa oficial), hai comunicación.

Santiago Sanjurjo on 10/02/2004
Fe de erratas: no artigo anterior, onde pon “normalizacións” debe poñer “normativas”

Os comentarios están pechados.