poboación SO2: un valor de futuro, coma as eiras contaminadas nuclearmente

O foro nuclear da por válida a seguinte tese: as eiras contaminadas nuclearmente, ou millor dito, as eiras que aloxan industria de tecnoloxia nuclear – xa lle estou collendo o truco – , son un valor de futuro, porque endexamais o estado fara ali nada que non teña relación co eido nuclear. Ou dito coas miñas palabras: que teñen tanta merda enriba que son o papacartos perpetuo por decreto.

Poboación SO2: As Pontes e parte da poboación SO2.

Hay uns dias lin no blog de Ortigueira sostible que querian poñer unha central de celulosas en As Pontes.

Hoxe lin que xa non a poñen. Dan a razón de por que ian poñela alí, e por qué non a poñeran.

Ian poñela porque saben abofé que gran parte da poboación de As Pontes e receptiva a instalación de industrias contaminantes debido ao continuo contacto coa central térmica de As Pontes , que e neste momento da empresa ENDESA.

E din que non van poñela porque claro, seria moi longo o tubiño que teria que sair da central cara o mar despois de varios kilómetros. Uhm, e eu preguntome ¿E que pasou no seu momento co SO2? Ah, si, un tubiño de 356 metros!
Endesa ten máis cabeciña que ENCE.

Para poñer unha central de ciclo combinado que funciona con gas de REGANOSA so precisou poñer un carril bici diante da central.
carril bici, central ciclo combinado As Pontes
Ou que fagan como Acciona, que adicase a poñer publicidade por tódolos medios de comunicación. Na era Fraga, moitos medios tremian de quedarse sen publicidade institucional: iso e o que para Acciona e a biodiversidade, o teres mantidiños os xornais para que ninguen teña valor de ter ideas opostas a eles.

Aposta pola poboación SO2, e docil, fai o que queiras, e se queres prescindir dela, ela soiña emigra ou suicidase. (ver taxas de emigración e suicidio, co suicidio achegamonos os paises nórdicos). E se alguen se queixa, sempre podes acusalo de demagogo, manipulador, terrorista ou ignorante

pd E curiosa a linguaxe empregada por La Voz de Galicia. Na sua larpeira liña habitual , non utiliza a expresión ” central de celulosas” nen unha soa vez. En troques diso, pon “ENCE”, que e o nome da empresa. Iso e coma dicir “Endesa non intalara sua Endesa en Madrid”, en lugar de dicir “Endesa non instalara a sua central térmica en Madrid”

Os comentarios están pechados.