a temática da loita armada vs terrorismo na literatura galega

Meu blog sae coma segundo resultado cando un pon “exercito guerrilleiro” no Google.

Non atopo a suficente información na rede encol desta área.

Lembro isto o coñecer, via chuza, que a Patricia Janeiro coa obra “a perspectiva desde a porta”, por un voto non lle deran o premio Xerais (interesante o blog de Bretemas, de Manuel Bragado, editor de xerais, para seguilo) e que isto fose porque na sua obra fala dunha avogada dun independentista galego.
Teño no asteleiro unha obra na que o protagonista non e xa un independentista galego, senon directamente alguen que pon bombas pola Galiza en certos sitios porque está farto do desprezo a terra que teñen politicos e empresarios galegos ¿Estou xustificando isto entón? Claro que non, pero a realidade esta ahi: hay quen se atopa tan desesperado polo noso sistema que so ve ese camiño. Abofe que o entendo. Por iso mesmo gosto de abordalo  o escribires, máis alguen me dira que eu xustifico tales feitos. Logo pasa o de sempre, explicacións a  forzas de seguridade cando so teñen que ler con atención o que digo. O que me faltaba, que un dia me deteñan por falar disto, mentres que ninguen faga nada porque alguen arruine o medio do que se supon que e España. Se tanta España  é, cona, que deteñan a tanto mafioso dunha vez ¿ouh?

Eu pregunto ¿e non se xustifica máis a violencia co feito de calar ante os que se fixeron millonarios cos cartos de axudas europeas que endexamais chegaron o seu destino final? E ninguén fala deles porque e millor falar do caralludo que vai todo.

Claro, máis entón, ¿e que temos que premiar a este tipo de temáticas? pois claro que non, remitome o caso da fotografia. ¿ten que ser millor unha foto de paisaxe da Antártida que de Ortigueira? poderiamos avaliar as fotografias e ver cal e millor. Isto e o mesmo, a priori non podemos dicir que unha obra polo feito de abordar certas eiras teñan que ser marxinadas, máis tampouco podemos consideralas coma unha deidade por sistema.

One Responsea temática da loita armada vs terrorismo na literatura galega to “”

  1. Agremon Says:

    … xa non é o segundo. O curioso é que agora o segundo é un sitio… catalán.