the snapper, de Roddy Doyle

The snapper, segundo libro que escribiu Roddy Doyle aló por 1990. E segundo libro do que despois chamaría ” a triloxía de Barrytown”. The snapper e a historia do embarazo de Sharon, irmá de Jimmy Rabbitte, protagonista do anterior “the Comminments”, que moitos lembraran pola película. En realidade, estes dous libros, xunto con “The van”, forman o que Roddy Doyle chamaría “a triloxía de Barrytown”.

Barrytown e un barrio imaxinario, no norte de Dublín, con personaxes e fala semellantes as que atopas cando paseas polo norte de Dublín. A min todo Barrytown, e supoño que o igual que outros moitos, fáiseme familiar. Seméllame Ferrol, inda que podería semellarse tamén moitos barrios de obreiros de Galiza.

The snaper e a historia dun embarazo.

Sharon queda embarazada despois dunha festa, ten vinte anos , non sabe quen e o pai do seu futuro fillo, e mentres vive coa sua familia segue co seu traballo no super. A modiño imos percorrendo o camiño do embarazo con ela. Foi unha dozura ver coma Roddy Doyle vaise parando a falarche do seu día a dia, as veces nos escritores que suponse que teño máis preto botoo en falta

One Responsethe snapper, de Roddy Doyle to “”

  1. MILU Says:

    Na aldea de Perros,concello de Sarria,un residente previo arboricidio de castaños pechou con alambradas de bloques de cemento,un souto que sempre estivo aberto e foi de disfrute colectivo,en pleno Camiño de Santiago, este souto xa aparece no dicionario de P.Madoz do ano 1849 “soto hermoso de castaños y al lado una capilla” a asociacion amigos de souto, temolo denunciado o concello e Xunta de Galicia, o mesmo tempo que reinvindicamos un area de ocio descanso. Esta aldea está non enclave paisaxistico, coa casa-torre dos orixes de F.Martin Sarmiento,bordeada polo rio Sarria, con un muiño.