vivir en Galicia e un dereito, mais que lles pese os galegofobos

Vivir na Galiza e un dereito. E o que digo eu.

Lin no 2005 nos mintireiros dous artigos:

O primeiro, dicía que en Galicia queixámonos de vicio. Que pobriñas as eléctricas. Que queremos ter de todo no rural….incluso….¡internet!!!!! , cando -pobriñas as telecos- , saelles máis caro que nun pobo de la mancha.

A ver. Coido que para isto non e preciso este exemplo, pero vou dalo. Eu de toda a vida vivin na miña terra, e sempre me pareceu un grande desprezo afirmacións como as anteriores.
E vindo dun galego, como neste caso (O artigo fírmao Tucho Calvo, o cal respetoo, en tanto en canto cada vez é máis dificil atopar un artigo firmado que veña da Galiza), máis inda.
Nos últimos meses, tiven a experiencia de vivir por Madrid, e non so cambiei de parecer, senon reafirmeime…¡claro que non se pode comparar extender unha infraestructura nun pobo castelán, onde todo e unha chaira, con calquera aldea galega! ¿E qué? ¿Dende cando e iso un problema? ¿non somos todos españois? E aqui -parafraseando a Suso de Toro, co seu libro “españois todos”- ,se somos españois todos, pois temos dereito, pagamos tamén de seu.

E se non, millor inda: como nación independente, temos máis motivo ¿Por que o autor do artigo non di os custes de facer unha estrada ou de poñer fibra óptica en Finlandia, onde non e que chova como na Galiza, e que neva dez meses o ano?
Ajá!

Mirade, eu so sinto que por razóns persoais non lle poida adicar o tempo que quero a escribir o carreiros telemáticos, porque nel coido que poño bastante luz coa realidade telemática que sufrimos.

Agora ben, coincido con Tucho Calvo en que tamén hay persoas mal acostumada que queren telo todo o lado da casa: sei o caso -nome e apelidos- dun directivo de telefónica que fixo que levaran postes ata sua “casa de campo” despois de que os da mesma aldea o tentaran durante quince anos. Tamén coñezo o caso dun dos que leva a deputación provincial de Lugo, que fixo seu chalet nunha zona de Costa, preto da praia de As Catedrais, e a hora de facer os pilares , cargouse unhas mámoas que apareceron debaixo – hay fotografías: o contrario que o mintireiro nunca fago afirmacións de xeito gratuito-.

Segundo artigo do día: cada ano deixan os concellos galegos, unha media de 60.000 persoas.
60.000 persoas que so queren levar sua vida adiante, en que en moitos casos -incluome – so o fan por estricta necesidade, non porque non deixaran de tentar todo o posible quedar na sua terra.

Vou ir máis lonxe.
Éramos calificados pouco menos que de terroristas os que denunciamos dende o principio do ecocidio do Prestige que inda que a nivel ecolóxico ia ser unha das maiores catástrofes europeas, a nivel social sería unha ferida.
Pois velaquí tedes seu riego sanguíneo:

2001 >>>> 58.700
2002 >>>> 75.000
2003 >>>> 80.000

Sí, o presidente da Xunta hay uns días dixo que noso pobo saíra a rua a protestar. Eu por amosar miña opinión e facer un proxecto artístico, recibín unha demanda da Xunta (e dicir, con medios pagados por todos) en Xaneiro, ameazándome con cárcere. Iso e unha vergoña nun país democrático coma o noso. Se queren unha dictadura, ¡que marchen eles!

Vaia, dous artigos e ademáis contradictorios e con carácter.
Pero poñámoslle humor, que noso Daniel (xa sabedes, colleronlle seu apelido para dar premios os galegófobos) , inda que lle doía no corazón cousas como esta, sempre tentaba poñerlle noso humor negro, neghrisimo:

Se sigo poñendo ligazóns os que din mentiras vou rematares facendo un google bombing deses en que que pos ” ladrones ” e saenche os mesmos….
http://www.google.ie/search?hl=en&q=ladrones&btnG=Google+Search&meta
=

Os comentarios están pechados.