2003? 2005. Praia de Os Castros


Image
Esta non e unha fotografía do 2002 ou 2003. E do 2005. De onte, na praia de Os Castros, concello de Ribadeo, provincia de Lugo. Lembrame a cando de pequeno viamos con normalidade ter unha pedra na bañeira para limpar o chapapote. Os nenos de agora teran a mesma sensación de normalidade. Pero , entón e agora, isto e unha situación anormal.
Galiza tivo unha marea negra. A quinta e mais grande de todas.
A maior marea negra non fixo que Galiza fose declarada zona catastrófica.
A marea negra foi negada.
Se facías fotos do chapapote chamábanche manipulador (por iso eu fixenas dos carteis do plan económico plan galicia )
Pero non por negas os feitos o fuel esvaece. Os políticos de hay tres anos falaban de praias limpas, cando todos sabemos que se deixas un coche riba da area da praia, o millor nun mes non ves o coche, máis será porque está so a uns centímetros baixo a area do sitio no que quedou.
A xente emigra, o caciquismo aumente, moitos temos esperanza, pero hay que comezar por recoñecer os feitos. E os feitos e que a costa , dous anos despois, inda non está limpa, e con ela, todo o ecosistema que depende dela.

Os comentarios están pechados.